20, Marzo 2017

O concello do Carballiño ven de asinar un convenio co INEM, a través do Servizo de Colocación de Emprego, para contratar a 21 persoas para os servizos de limpeza, xardíns e infraestruturas viarias, co obxectivo de suplir a carencia de persoal nestas áreas e cubrir as necesidades máis urxentes destes servizos durante a tempada de primavera-verán.

A selección deste persoal, que será contratado por un período de catro meses, dende hoxe ate o 20 de xullo, efectuono o Servicio de Colocación de Emprego.

Os programas do INEM incluidos neste convenio son tres:

•Plan de choque para o adecentamento de espazos públicos do concello do Carballiño. Inclúe 6 persoas para labores de limpeza (5 varrendeiros e 1 operario de máquina) e 3 xardineiros.

•Plan de Choque para a recuperación de infraestruturas e vías de comunicación. Inclúe 6 persoas (2 peóns de construcción, 1 canteiro, 2 peóns de obras públicas e 1 peón agroforestal). •Plan de recuperación do Paseo do Arenteiro. Inclúe 6 persoas (2 oficiais carpinteiros, 1 canteiro, 2 axudantes xardineiros e 1 peón xardineiro).

Dende as áreas municipais de Persoal, Medio Ambiente, Medio Rural e Obras Públicas considérase que estes plans contribuirán a paliar a carencia de persoal do concello e lograr un bo nivel de limpeza e mantemento de rúas, prazas, xardíns, parques, paseos fluviais, camiños e outro tipo de infraestruturas viarias municipais. Ademáis, o feito de que entren en funcionamento no comezo da primavera garante que se poidan mellorar estes servizos na tempada de maior afluencia de visitantes e xente nas rúas. De ahí que se espera que para esta próxima semana Semana Santa, O Carballiño ofreza a mellor imaxe posible dos espazos públicos.

19, Marzo 2017

"Pulpeiriñas do Arenteiro” é o título da primeira canción que ten como referencia as protagonistas dun dos pratos gastronómicos máis populares de Galicia: as pulpeiras.

Con música de Xosé Luis Foxo e poemas de Felipe Senén, o director da Real Banda de Gaitas de Ourense e o historiador carballiñés están dando forma á primeira cantiga adicada ás pulpeiras e á Festa do Pulpo do Carballiño.

É unha composición creada para ser interpretada con gaita, pandereta, voz solista e coro, e susceptible de pasar a formar parte do elenco de cantigas populares que se solen cantar nas romarías.

De aí que Xosé Luis Foxo se decidise por unha modalidade musical a modo de romance, cunha parte lenta para ser cantada, ao xeito do cantar do arrieiro, combinada con outra musical máis rítmica, a modo dunha muiñeira antiga.

Así mesmo, as estrofas escritas por Felipe Senén teñen a estrutura dun cantigueiro popular, e recollen os elementos principais que acontecen arredor da tradición pulpeira do Carballiño. Son oito estrofas, cuxo número resulta coincidente co número de rabos do pulpo, otorgándolle, polo tanto, un gran simbolismo.

Esta composición é unha iniciativa promovida polo concello do Carballiño, a través das concellerías de Cultura e Turismo, para dar maior realce a este evento gastronómico e conquerir a denominación de Festa de Interese Turístico Internacional que, tanto Xosé Luis Foxo como Felipe Senén, acolleron dun xeito absolutamente desinteresado e cunha gran ilusión.

Está previsto realizar nas próximas semanas unha grabación desta cantiga, que terá como subtítulo “Himno da Festa do Pulpo do Carballiño”, co obxectivo de que sexa a canción que abra un CD adicado ás cantigas populares con intervención da Real Banda de Gaitas de Ourense, ademáis doutras formacións e artistas.

Así mesmo, efectuarase unha presentación pública desta composición nun lugar emblemático do Carballiño. Para isto estase á espera de pechar un calendario conxuntamente coa Deputación, por tratarse da primeira festa de intererese turístico internacional que podería acadar a provincia.

O concello do Carballiño "quere agradecer a Xosé Luis Foxo, a Felipe Senén e á Deputación provincial de Ourense a colaboración prestada para crear e dar difusión a esta composición, que redundará na promoción da Festa do Pulpo pero tamén da provincia como símbolo das manifestacións festivas e gastronómicas de Galicia".

O obxectivo do concello do Carballiño "é acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional e por iso estase elaborando un programa de presentacións que axuden a conseguilo e para o que se contará coa implicación da Deputación Provincial e da Dirección Xeral de Turismo, con que existe unha estreita relación".

17, Marzo 2017

Catro procesións (a do Traslado, a de Ramos, a da Sentencia e a Misericordia, e a dos Caladiños); catro conferencias dos historiadores David Chao, Xosé Luis Sobrado, Francisco Fumega e José Manuel García Iglesias, e, por primeira vez, un pregón a cargo do arcebispo de Belcastro e secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, nomeado polo Papa Francisco, José Francisco Carballo, son as principaispropostas da Cofradía da Veracruz do Carballiño para esta próxima Semana Santa.

O programa foi presentado este mediodía no concello do Carballiñonun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o cofrade maior Rafael Melero; o párroco da vila, José Benito Sieiro e representantes de entidades e firmas colaboradoras como o Centro Comercial Pontevella, Aceites Abril e Restaurante a Fuchela, entre outros.

Como novidadedeste programa destaca unha exposición que leva o tíitulo de “A Paixón según Playmobil”, e consiste nunha representación da Paixón con preto de 2.000 pezas de playmobil, que é a primeira vez que se exhibe en Galicia. Esta exposición será inaugurada o sábado 25 de marzo, abrindo o programa de Semana Santa da Cofradía da Veracruz, que nesta edición, a décima, terá unha gran difusión a través de grandes vallas publicitarias en Ourense, en Vigo e no Carballiño.

Complementariamente con esta mostra, poderá verse unha escola gráfica conmemorativa do décimo aniversario da cofradía.

O símbolo principal do cartel de promoción é unha sinxela cruz de madeira inclinada, nunha clara alegoría o décimo aniversario da cofradía. E como elemento diferencial reprodúcese un prato de pulpo e unhabágoa, e debaixo o lema: Devoción, gastronomía e termalismo.

Con isto a cofradía quere resaltar non só o aspecto relixioso da Semana Santa, senón tamén as potencialidades turísticas do Carballiño, como son o pulpo e os balnearios.

Por primeira vez prográmase un pregón cunha personalidade vencellada ao Papa Francisco, e unha representación teatral sobre a Paixón de Cristo, que terá lugar o 11 de abril. Con excepción das conferencias, que serán no Asilo os días 25, 28 e 30 de marzo e 1 de abril, todos os demáis actos desenvolveranse no Templo da Veracruz.

Cobra especial relevancia a Procesión do domingo de Ramos, coa estrea da nova figura “A Borriquiña” do escultor sevillano Isorna, e por segundo anoconsecutivo “A Madrugá” (procesión nocturna do Xoves Santo). Rafael Melero, irmán cofrade maior, asegurouhoxe que contan con 250 cofrades, e que este ano adquiriron noventa novos capirotes para as procesións. Ademáis fixo un relatorio de todo o feitonestes últimos dez anos. Rosendo Fernández destacou a colaboración entre as institucións e as entidades públicas e privadas como modelo para conquerirobxectivos. 

Francisco Fumega dixo que este ambicioso e novidoso programa íase complentar cunha programación cultural do concello que se ía presentar nos próximos días. Ao respecto adiantou que para esas datas xa estaría inaugurado o novo balneario das Caldas de Partovia e sería un aliciente máis para visitar O Carballiño.

O acto foi presentado polo xornalista radiofónico ourensán Vidal López, e contou cunha numerosa asistencia, como o portavoz municipal do PP, Argimiro Marnotes, concelleiras e convidados de todos os estamentos carballiñeses.

17, Marzo 2017

O primeiro boas tardes, son un veciño do Carballiño e dame pena e bagoa a situación da seguridade desta vila, para empezar este finde semana ocurriron feitos cunha rapaza desta vila, polo que di ela nos medios socias,que son de veradeira pena e o pior de todo e que seguramente non é a única pero sí en denunciar os feitos e poñelos en coñecemento de todos os veciños. Dende o meu punto de vista dende fai anos a seguridade nesta vila e nefasta xa que nin uns nin outros son capaces ( os politicos) de manter unha policía local en condicios e porque digo esto, por que é faceta dos poderes públicos en este caso goberno municipal e concelleiros é facer que nos sintamos mais seguros e como se consigue esto, principalmente da policía, pero como ben di aquí si hai policía pero porque o exixe a lei de bases de reximen local porque se e´por eles.....neste concello segue habendo roubos, roces entre veciños así como malos entendidos e sobre todo moito tráfico e moi mal regulado( cousa que e´normal o non haber quen o regule) así pois cantas veces nos quedamos sen patrullas pola noite ou pola tarde cun axente e os auxiliares non estan para isto( cando veñan claro esta e se veñen) e ainda así eu prifiro 3 axentes todo o ano que non 4 auxiliares 6 meses.

Volvendo os feitos deste finde semana, como os pais e nais podemos quedar tranquilos despois de isto?, pois nin siquera vexe unha patrulla pola noite, a que esperan os responsables municipais para tomar as medidas idoneas?  pois seguro que cando pase algo, van seguir ata o da gora, votandose os uns os outros a culpa.

É verdad que os sr. policías mais non dan feito xa que un policia ou ningún poda facer mais eso está claro pero o sr. Alcalde o que debería facer e convocar prazas por quenda libre xa que por moito que diga que non si que pode, senon como fan o resto dos concellos Ribela, Lalín......ou este concello quedaselle grande, por que aqui imos para atras, sr. Alcalde a xente xubilase( algún en uns meses e outros por enfermidade) e xa son poucos non cree que este ano era bo convocar 3 ou 4 prazas porque a este ritmo non chegamos e como xa dixen a xente preocupase e quere seguridade para os seus fillos e fillas.

O pior e que non é por cartos por que un policía de nova creación sae mais barato e mmillor pero claro esto non é compatible cas aceras. Grazas e perdoen as molestias

17, Marzo 2017

Arredor de 300 alumnos e alumnas, así como profesores e profesoras, de oito centros educativos da comarca do Carballiño celebrarán o próximo martes, 21 de marzo, o Día Internacional da Árbore, da Auga e da Poesía, que se conmemoran o 21 e 22 de marzo.

O acto terá lugar ás 11 da mañá na Insua dos Poetas, na Esgueva, en Madarnás. O evento foi presentado esta mañá no Instituto Manuel Chamoso Lamas polo director deste centro, José Manuel Vázquez, e o director do IES nº 1 do Carballiño, Manuel Amil.

Oito centros educativos da comarca estarán representados neste evento no que se dará lectura a poemas, se realizarán representacións dramatizadas, se cantarán cancións e se prantarán árbores. O protagonismo será para os alumnos e alumnas dos centros educativos que, ao remate do acto, prantarán oito árbores autóctonas. Cada centro elexiu unha árbore diferente: Boborás, un buxo; Boborás, un salgueiro; Cea, unha sobreira; Chamoso Lamas, un carballo; Irixo, unha cerdeira; Sagrado Corazón, un amieiro; Vila do Arenteiro, un loureiro, e o Ies nº 1, un érbedo.

A este acto tamén asistirá o alcalde do concello do Carballiño e o director xeral de Política Lingüística, entre outras autoridades.

16, Marzo 2017

Na comparecencia na que Marco A. Reboredo fixo balance do traballo desenvolvido como concelleiro nos dous últimos anos, fíxose acompañar de outro ex-concelleiro e ex-responsable do consello local do BNG, Xosé Dobarro.

"Estou aquí na miña condición de militante inactivo do BNG para mostrar o meu apoio a Reboredo polo traballo que fixo tanto como responsable local no seu momento como concelleiro durante estes últimos anos, e lamentar a actitude que tivo o BNG en relación a este asunto", dixo Dobarro.

Pola súa parte, Reboredo tamén lamentou chegar a esta situación e pedíu disculpas aos votantes do BNG "e tamén aos que persoamente me votaron por non poder rematar este mandato".

Asegurou o xa excconcelleiro carballiñés que a súa intención en todo momento foi a de seguir formando parte do grupo municipal do BNG dende que fai 9 meses decidíu darse de baixa na nesta formación política "en varias ocasións intentei reconducir esta situación, pero eso non foi posible, e incluso se foi enquistando co paso do tempo, polo que penso que o mellor é renunciar á acta de concelleiro e facilitar que entre a persoa que considere oportuno o BNG", subliñou.

Tras abandonar o BNG, éste pedíulle que renunciase á acta, aínda que Reboredo optou por continuar como concelleiro non adscrito, agora, finalmente, decide retirarse da vida política municipal "aínda que seguiréi participando en política", manifestou Reboredo.

 

13, Marzo 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisaron as obras de mellora da seguridade viaria executadas na estrada OU-212, que comunica a localidade da Ermida co Concello de Beade a través dos municipios de Beariz e Avión, actuacións nas que o Goberno galego investiu máis de 250.000 euros.

A Xunta levou a cabo actuacións de reforzo de firme en varios puntos da estrada nun treito de 6 km, desde a travesía de Beariz cara ao norte, ata o enlace coa estrada N-541.

Estes traballos contaron cunha achega dun importe duns 157.000 euros. Nesta mesma estrada, en xaneiro tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme nun treito de 2 quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada a Liñares, xa no termo municipal de Avión.

Esta infraestrutura viaria, pero neste caso, xa no núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización.

13, Marzo 2017

O cine club Carballiño organiza en colaboración co Instituto Goethe de Madrid un ciclo de cine alemán para a vindeira fin de semana. Os días 17, 18 e 19 de marzo o Auditorio Municipal do Carballiño albergará una extensa programación composta por seis obras emblemáticas do cine alemán das últimas cinco décadas.

A entrada a todas as sesión será gratuíta grazas á colaboración co Instituto Goethe, que cedeu os dereitos e as copias de xeito desinteresado. O ciclo iniciarase o venres 17 ás 20:00 horas cun dos maiores éxitos de crítica e público do do cinema xermano: Bagdad café, de percy Adlon, que consagrou á súa actriz protagonista, Märianne Sagebretch. Ás 22:30 proxectarase Alicia en las ciudades, primeira dunha serie de películas que o director Win Wenders rodou nos USA.

Precisamente o segundo día do ciclo iníciase coa que probablemente sexa a obra máis coñecida deste director, París Texas, obra mestra dun dos directores máis prolíficos e interesantes da historia do cine. O seu pase será ás 20:00 horas. A continuación, ás 22:30 poderemos ver Freistatt (Refugio). Trátase dunha oportunidade case única no noso país, xa que esta película do 2015 non se estreou comercialmente én España e só se poido ver en festivais.

O domingo 19 rematará o ciclo con dúas películas máis: La vida en obras (18:00 horas) e Contra la pared (20:00 horas). A primeira é una deliciosa comedia dramática de 1996 coa que W. Becker (Good bye Lenin!) acadou sona e recoñecemento internacional, así como un gran éxito de público. A segunda é un drama de Fatih Akin que trata sobre a inmigración, coa que acadou o Oso de Ouro no Festival de Berlín do ano 2004, o premio Goya á mellor película europea, 5 premios do cine alemán (entre eles mellor película), o Premio á mellor película Europea.

Todas as sesión serán en versión orixinal en alemán subtituladas ao castelán. Durante o ciclo farase tamén una colaboración coa Asociación protectora de animais do Carballiño, recollendo comida para cans na entrada do auditorio. Todos aqueles que queiran poderán colaborar aproveitando que a entrada é gratuíta.

13, Marzo 2017

Un grupo duns trinta alumnos e alumnas do colexio Vila do Arenteiro visitaron hoxe o punto limpo, dentro da campaña de promoción desta instalación posta en marcha hai uns meses pola concellería de Medio Ambiente.

Precisamente, a concelleira Érika Paz acompañóu aos escolares no percorrido que realizaron xunto con profesoras do centro. Técnicos do servizo de recollida do lixo explicaron nunha aula da mancomunidade as distintas fases do proceso de recollida e tratamento de lixo, así como a necesidade de reducir, reciclar e revalorizar os residuos sólidos urbanos, facendo especial fincapé no servizo do punto limpo.

Posteriormente, dirixíronse á zona de depósito de residuos perigosos ou contaminantes como pinturas, pilas, etc., que se atopan en contenedores nunha caseta pechada, e á zona de contenedores de depósito de residuos voluminosos como mobles, electrodomésticos, etc., que conta con seis grandes contenedores descubertos.

Está previsto que o próximo xoves visiten estas mesmas instalacións alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón, e nas semanas seguintes o farán outros demáis centros educativos do Carballiño.

Con esta campaña, que se desenvolve co lema O Carballiño, vila limpa e sostible. Depende de ti, inténtase promover o uso do punto limpo pola cidadanía. A través de charlas, folletos e diverso material de difusión, a campaña pretende informar e concienciar á poboación sobre as posibiidades deste servizo municipal, que é gratuito, e que está acondicionado para albergar obxectos domésticos inservibles como mobles, colchóns, electrodomésticos e similares, e residuos perigosos do fogar como aerosoles, fluorescentes, disolventes, pinturas, etc.

O punto limpo atópase na estrada do Carballiño a Cea, fronte ao matadoiro, está operativo de luns a venres, en horario de 10,00 a 14,00 h., pero tamén permite que ese tipo de obxectos se depositen á beira dos contenedores da rúa calquera xoves non festivo, chamando previamente ao teléfono 662199635 para dar aviso.

13, Marzo 2017

Fai ben pouco os socialistas denunciaban a inpetitude do goberno do PP pola perda de subvencións. http://copecarballino.es/denunciacidada/o-psdg-denuncia-ineptidude-do-go...

Agora que están no goberno, e que perden subvencións ¿Como temos que chamalos? ¿Ineptos? Ou resulta que o concelleiro de cultura ten dereito de pernada e se se perden subvencións pra biblioteca non pasa nada. Resulta que o rapaz cobra por adicación parcial, o mesmo argumento que expoñian os do PSdeG cando chamaban ineptos aos do PP. Os do PSOE falaban de desidia e inepcia ¿Como temos que chamar á sua formación?

Outra cousa e que non se entende é cómo se desgañitan falando de igualdade e non hai ningunha muller que na sua formación cobre por adicación parcial ¿É que non se dedican nin parcialmente? A ver que mo expliquen, a concelleria de igualdade non se dedica ¿nin parcialmente a igualdade? Entón por qué non cobra. Por qué solo cobran o alcalde, Adolfo, e o de cultura. É que semella e que todos somos iguais pero se es home es máis igual, ou se eres fillo dun alcalde veciño eres máis igual. Que salga Adolfo a explicar esta paradoxa que este explica o que faga falta, e de paso que explique coa sua habitual frescura o tema da recadación e de que a dona do alcalde traballe alí dende hai ben anos, cobrando claro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS