3, Febreiro 2017

Os orzamentos municipais do Carballiño saíron adiante cos votos do PSOE e de AV. O voto do señor García Nóvoa foi crucial e alguns hosteleiros non o esquecerán, independentemente de que este concelleiro ten a razón no asunto das terrazas (e así lla deu o Concello), e tampouco os habitantes da avenida residencial.

A postura contraria dos señores Marnotes, Ferreiro e Reboredo máis ben sonou a demagoxia, xa que non foron quen de plantexar unhas partidas alternativas.

Os problemas de desemprego e servizos sociais que afectan gravemente ás familias non se debatiron, sobre todo cando se están a esixir solucións urxentes.

Teremos beirarrúas novas e máis externalización para beneficio de empresas de fóra, pero non traballo para os parados nen axudas ós máis desfavorecidos, a dous anos escasos dunhas eleccións á alcaldía.

Pero delo tampouco se falou na tertulia. Seica a meteoroloxía é noticia.

3, Febreiro 2017

O sainete protagonizado polo grupo de titiriteiros que habitan o concello pon de manifesto que a democracia pode ser secuestrada por intereses e caprichos dunha soa persoa ¿Onde está o interese xeral? ¿Onde queda a dignidade e os principios de cada partido? Fume-ga aproba co seu voto de calidade uns orzamentos viciados,  e que teñen como fundamento o mercadeo dos intereses persoais, os intereses persoais  do Fume-ga pra prorrogar a venta de fume, e os intereses e caprichos persoais dun concelleiro da marea, que unhas veces sube e outras baixa. Pero ¿Onde quedan os orzamentos que deberían servir ó interese xeral? ¿Onde queda a soberanía do Carballiño? EN ESTOCOLMO

3, Febreiro 2017

Tal como lles viñemos avanzando dende esta emisora de radio, o concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea foi o gran protagonista da sesión plenaria da corporación que serviu para aprobar o orzamento elaborado polo goberno municipal socialista.

Bernardo García propiciu, co seu voto favorable, a aprobación dun presuposto para o ano 2107 que ascende a 9,8 millóns de euros.

Explicou o concelleiro que, aínda sendo crítico con algúns aspéctos do orzamento, facilitaba a súa aprobación ao asumir o alcalde o compromiso das peticións formuladas dende Alternativa Veciñal: remate de beirarrúas na avenida do Parque, na zona dos chaléts e construcción de novas beirarrúas na antiga estrada de Pontevedra, entre o parque e o acceso ao camping municipal, asi como o acondicionametnto da rúa da Saleta. Tamén a apertura dunha emisora municipal de radio ou a remunicipalización da recadación municipal.

A asusencia da concelleira socialista Marina Ortega, de baixa médica, motivou un empate a oito votos favorables -7 do grupo socialista e o de Bernardo García- e oito votos en contra deste orzamento, os do resto da oposición, PP, BNG e o concelleiro non adscrito, todos foron moi críticos co proxecto do grupo socialista. Desfixo o empate o voto de calidade do alcalde.

 

3, Febreiro 2017

Reflexo da deixadez dos dirixentes de MASIDE é a foto adxunta.

Si, si, xa, xa, a culpa é dos propietarios dos solares que non limpan, nin cortan, culpa do cura por non pedir o Santo Pai, que evite isto, a culpa pode ser, dos que imos trabajar e pasamos por ali, ou dos peóns que van facer as compras o pobo, ou  dos rapaces que pasan no bus escolar cara o colegio, ou......... .Acontecerá unha desgracia é diràn que " la culpa fue del cha, cha, cha"

1, Febreiro 2017

O pulpo á feira do Carballiño foi protagonista unha vez máis na inauguración do 18º salón gastronómico internacional Xantar.

Os concelleiros de Turismo e Cultura, Diego Fernández e Xosé Manuel Dacal, así como o alcalde, Francisco Fumega, foron, xunto co alcalde de Leiro e presidente da mancomunidade turística Terras do Avia, os anfitrións na recepción das autoridades que se detiveron no stand a degustar o pulpo, as cañas fritidas do Cerviño e os melindres de xema do Corral, xunto co pan de Cea e o viño do Ribeiro.

O Carballiño promove nesta feira a Festa do Pulpo e os eventos festivos e gastronómicos máis próximos, como son o Entroido e a Festa da Cachucha.

O concello de Leiro difunde a celebración da Festa da Vendima, que se celebra nesta localidade ribeirán o derradeiro domingo de agosto, mentres que Boborás da a coñecer a singular e tradicional Festa das Mudacións e a súa secular Danza de Xuvencos. Ribadavia aposta pola Mostra Internacional de Teatro e a feira do Viño.

O salón Xantar celebrará este venres o día da Mancomunidade Turística Terras do Avia, polo que o stand desta asociación que integran os concellos do Carballiño, Ribadavia, Leiro e Boborás voltarán a ser protagonistas.

1, Febreiro 2017

 Alucinei ao escoitar ao Bernardino que pon como condición aos orzamentos do Concello que se arranxen as dúas rúas que curiosamente son onde ten propiedades el (Avda. do Parque) e a súa dona (Rúa Saleta). Supoño que este acordo o pasou polas reunions do “círculo de lectores” da marea, e que lle diron autorización por ser ambas prioritarias para o interese xeral do noso pobo.
Viva Cuba libre e viva o viño blanco.

31, Xaneiro 2017

O debate e a votación dos Presupostos Municipais para este ano 2017 será o tema central da sesión plenaria convocada para este xoves, 2 de febreiro, ás 7 da tarde.

Ata un total de dezaséis puntos figuran na orde do día deste pleno da corporación, que é o primeiro que se celebra neste ano. Así, ademáis dos orzamentos, figuran diversos expedientes sobre a compra da Casa Soto, do matadeiro municipal e da declaración de servicios prioritarios no concello, entre outros.

Debatiranse tamén cinco mocións; dúas do BNG sobre Pena Cobertoira e o acceso universal ao sistema sanitario; unha de AV-SON sobre o cumprimento da ordenanza de terrazas; outra do concelleiro non adscrito relativa ao transporte público, e, finalmente, outra do PSOE sobre a supresión da venda de billetes na estación do tren.

Neste pleno tamén se aprobará a nova composición das comisións informativas, órganos colexiados e grupos políticos, co novo “membro non adscrito”.

30, Xaneiro 2017

Non se pode falar dende o anonimato e criticar sen saber.Esa  furgoneta pickup que circula pola principal pediu permiso na Policía Local (Axente Sr. Casas) pra recoller roupa donada por carballiñeses pra os refuxiados de guerra sirios e levala a Ribadav ia ,centro de recollida pra zona occidental de Ourense.Son Bernardo, de Alternativa Veciñal.Agradecemoslle a colaboración ao dono da furgoneta.

30, Xaneiro 2017

Pode resultar un pouco frío acudir ás cifras cando falamos dunha lacra que afecta a nosa sociedade. Pero peor é botarse en plancha sen facer unha fonda reflexión e achacar os problemas da violencia de xénero aos recortes. 

No gráfico elaborado polo Instituto Nacional de Estatística que aparece na parte superior dereita da páxina do propio INE vemos a evolución de vítimas mortais por violencia de xénero dende o ano 1999. Hai que recordarlle aos indocumentados do PSdeG do Carballiño, que a flamante lei de violencia de xénero elaborada polo recén chegado zapaterismo foi aprobada en decembro de 2004. Dende esta data o número de vítimas mortais non fixo máis que crecer. E estamos falando de datas de derroche total (Plas E, eres de Andalucía, e café para todos se son amiguiños da rosa). A non ser que os do Carballiño digan que o ZP tamen facía recortes, seria interesante que explicasen como os recortes do PP son os causantes do aumento do número de vítimas dende a lei de ZP do 2004 http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926144037&...

Señores e señoras do PSdeG do Carballiño, fagan o favor de ter un chisco de dignidade, e non boten tan pronto a lengua a pacer. En política tamen se aprecia o rigor, e se non son capaces de telo, en ciertas ocasións seria mellor que calasen un pouco.

30, Xaneiro 2017

Fai falta ter poucos escrúpulos pra achacar a violencia machista aos recortes do PP. O PSdeG carballíñes parece non ter ningún tipo de vergoña. Dan vergonza allea. Parecen alimañas que queren sacar tallada política de todo. Botanlle a culpa de todo ao resto da xente, e non falan dunha Lei de violencia de xénero absolutamente ineficaz que puxo o seu creador contra a picota, o ex ministro socialista que fora xulgado pola sua propia Lei por violencia de xénero, López Aguilar. http://www.elmundo.es/espana/2015/04/06/5522e7a7e2704e443c8b4572.html

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS