23, Xaneiro 2017

A Xunta convidou aos concellos da área metropolitana de Ourense a tomar parte activa no proceso de reordenación do transporte público iniciado polo Goberno galego para, dese xeito, garantir a configuración do mellor mapa de servizos para os seus veciños.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén co obxectivo de informarlles dos avances que está a realizar o Goberno galego en relación coa mellora do transporte público na zona.

Nese sentido, a conselleira trasladou que o departamento que dirixe está a traballar para coordinar a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano co proceso de reordenación das liñas de transporte interurbano que prestan servizo nestes municipios e que se aplicará este mesmo ano.

Segundo explicou Ethel Vázquez, o obxectivo desa reordenación é garantir que os cidadáns, especialmente os do rural, teñan acceso a un servizo de autobús máis útil e atractivo, polo que a previsión do Goberno galego é valorar facer posible que o autobús urbano preste servizo en concellos limítrofes cando estea xustificado por razóns de demanda.

A conselleira avanzoulles, ademais, que esta mesma semana terán lugar diversas reunións cos concellos nas que os técnicos do seu departamento explicarán aos representantes municipais os detalles do proceso de reordenación do transporte e as fórmulas para a súa participación.

O obxectivo do Goberno galego é que cada concello poida expoñer en detalle cal é a súa situación en relación co transporte público, as demandas e prioridades dos veciños nesta materia para, a partir de aí, establecer o xeito máis eficaz e eficiente de prestar ese servizo.

23, Xaneiro 2017

Recientemente tivo lugar un "accidente laboral" no Concello de Maside. Os feitos parecenmo o bastante graves como pra ter que denuncialos eiquí. Resulta que nunha queima controlada a concelleira con dedicación parcial diu a encomenda a unha das operarias do Concello de avivar o lume cunha lata de gasolita, e claro, a termodinámica é tozuda, e tivo lugar un incidente que por fortuna non pasou a maiores, o lume fixo estalar a lata con queimaduras de considerable magnitude pra operaria, que sigue de baixa.

Como pedirlle explicacións aos irresponsables municiapis é como pedirlle peras ó ameneiro, pregúntome se existe oposición, se se entera destas cousas, se pide explicacións. Porque esta concelleira con dedicación parcial, non pode desenvolver unha actividade laboral ¿Qué pasaría se a benintencionada concelleira sufrise queimaduras? ¿Ou se tivesemos que lamentar un peor desenlace? Quén pagaría os danos á concelleira por estar desenvolvendo unha actividade fora das súas funcións. A oposición debe pedir responsabilidade porque esto non é unha broma. A concelleira non ten a formación nin a experiencia pra exercer de capataz dun grupo de operarios. A experiencia é facil de demostrar que non a ten. E a formación, co estas ideas de bombeira tampouco.

Outra cuestión que me plantexo e qué sucedería se a concellera ten un accidente  co coche do concello cando amablemente vai recoller aos veciños da Fontela co coche do Concello. E outra cuestión que me plantexo é, por qué se os irresponsables do Concello asumen ise risco cos veciños da Fontela, non fan o mesmo co resto dos veciños que traballan no concello, algúns dos cales van a pe dende lugares como Piñeiro, San Paio etc...

Aí o deixo es espero que a oposición desperte, e espero que a operaria teña unha pronta recuperación e que a oposición pida explicacións e esixa que non se xogue co lume, porque cando xogas co lume o máis probable é que te queimes.

22, Xaneiro 2017

Cinco persoas, tres adultos e dous menores, resultaron afectadas por inhalación de fume ao declararse un pequeno incendio na súa casa, na parroquia carballiñesa de Cabanelas.

As vítimas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario de Ourense Segundo as informacións facilitadas polos servizos de Emerxencias ao 112, o incendio afectou unicamente á televisión do salón da vivenda, situada en Cabanelas.

Todo puido deberse a un curtocircuito. Aínda que o lume foi sufocado polos propios particulares,non obstante o fume afectou a toda a vivenda.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 3:30 horas da madrugada deste pasado domingo para alertar da situación. O persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.

20, Xaneiro 2017

Os veciños e veciñas de Astureses están moi enfadados e enfadadas por non poder facer uso do seu local social debido a que un veciño obstaculiza un dos camiños públicos de acceso a este e o Concello de Boborás de momento non leva feito nada por impedilo.

20, Xaneiro 2017

O concello do Carballiño presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a LV Festa do Pulpo como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados de Galicia.

Tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, nomeárona como un referente turístico de Galicia cada segundo domingo de agosto.

"É unha das celebracións gastronómicas máis antigas e multitudinarias de Galicia. O pasado ano congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70 toneladas de pulpo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións. E, como anticipo desta magna romería, elaborouse a tapa de pulpo máis grande do mundo, nun prato de 5 metros e 37 centímetros de diámetro, que contiña 750 kilogramos de pulpo, equivalentes a unhas 2.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar na próxima edición, anque non será doado", dixo o alcalde no acto de presentación, que se desenvolveu no stand de Galicia e estivo organizado e presidido pola directora de Turismo, Nava Castro.

A este acto asistiron o alcalde e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, así como o portavoz de grupo municipal popular, Argimirio Marnotes. Foron i invitados xunto aos demáis concellos con festas declaradas de interese turístico internacional e nacional, como é o caso da Festa do Pulpo.

Na súa intervención, Fumega destacou, ademáis, os cinco elementos que garanten o éxito da festa durante cada edición: "a tradición e o bo facer das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño; o viño do Ribeiro; o pan de Cea, e un entorno natural extraordinario como é o parque municipal, con máis de 30 hectáreas de arbolado e zona verde”. "É unha festa que conxuga á perfección a tradición secular na forma de elaborar o pulpo e os demáis produtos gastronómicos, cun ambiente popular no que xogan un gran papel a música e o folclore de Galicia",engadiu.

Finalmente, referiuse ao obxectivo de lograr a internacionalidade. Ao respecto, dixo: "A Festa do Pulpo do Carballiño conseguiu certa relevancia en Galicia e no resto de España, e desexamos traspasar as fronteiras nacionais para que chegue a otros países. Con este obxectivo, o pasado ano lle dedicamos a festa a tres cidades do Norte de Portugal, e esta próxima edicación lla dedicaremos a outra cidade europea".

E concluiu: "Queremos invitalos para que nos visiten este proximo verán e acudan á cita do domingo, 14 de agosto, onde os recibiremos cos brazos abertos na LV Festa do Pulpo do Carballiño”.

Como soportes para a difusión e presentación da festa en Fitur, onde acuden cada ano ducias de miles de visitantes e profesionais das axencias de turismo, touropoeradores e medios de comunicación nacionais e internacionais, o concello acudiu cun video promocional duns 3 minutos de duración, resaltando os elementos esenciais da Festa do Pulpo e da programación cultural das semanas precedentes, así como un folleto turístico escrito en cinco idiomas.

A representación institucional carballiñesa tamén asistiu, unhas horas, á presentación do stand e da oferta turística de Galicia que realizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e , ao longo da mañá, mantiveron contacto con axencias de turismo e touroperadores, así como con representantes de medios de comunicación que realizan a cobertura informativa desta edición de Fitur.

18, Xaneiro 2017

 Señor concejal de Seguridad del Concello de O Carballiño, le rogaría empleara

su tiempo en otros menesteres. Para nada hay que limitar el aparcamiento de

los coches del casco urbano de O Carballiño, eso le interesará a usted sabe Dios

el motivo. Apenas hay donde aparcar, nos vemos negros, dando vueltas...ya que

hay incluso para motos aparcamientos y el número exagerado de plazas de discapacitados, que

para ver una ocupada tienes que hacer guardia. Yo vivo en el centro y quiero aparcar en el

centro y hacer mis compras y cargarlas en mi coche... no ir hasta la calle Otero Pedrayo.

Lo que tiene que hacer es más plazas en el casco. Menos calles peatonalizadas... para

terracitas y echar una mano a los que trabajamos y tenemos que dejar el coche en la calle, no

en el parking como le interesa Dios sabe a quién... Atienda cuestiones importantes

como es el paro en la Villa. Ayuden a crear empresas, esto es un pequeño apunte.

 

17, Xaneiro 2017

O municipio do Carballiño rexistra con data de 31 de Decembro de 2016 un total de 4.100 afiliacións á Seguridade Social, incrementando en 200 persoas o número de cotizantes en relación a Decembro de 2015, daquéla 3.900 afiliados.

Desta  maneira, O Carballiño continúa á cabeza no rankíng provincial de afiliacións á Seguridade Social, exceptuando a capital, tendo case 500 cotizantes máis que Verín e perto de 700 máis que O Barco de Valdeorras, que ocupan as seguintes posicións.

Por sectores, O Carballiño conta con 2.521 afilados ao réxime xeral e 1392 ao rexime de autonómos, 181 ao rexime do fogar e 6 ao agrario.

Tamén se incrementa en termos interanuais o número de afiliacións á Seguridade Social no conxunto dos concellos da Comarca, con 92 novos cotizantes en relación a un ano atrás. A do Carballiño tamén é, tras a da capital, a segunda comarca da provincia con máis afiliacións.

A suma total de afiliados á Seguridade Social nos 9 concellos da comarca, según este último dato actualizado, ascende a 6.359 persoas. En todo caso, un número moi por debaixo se retrocedemos aos anos anteriores á crise, xa que fai unha década a comarca rondaba os 7.000 afiliados.

15, Xaneiro 2017

Non te escoita, noso amigo, teu amor non é correspondido. O teu espellismo non ten nin talante nin talento, tan só barrunta milongas ó vento.

Sacaríamos as feridas das feridas como as notas saen das notas,tomaríamos os teus membros desencaixados polo teu fondo desamor pra tornalos nunha lira que afinase sen rendir pleitesía, a melodía das tuas fondas agonías.

O amor fai dos seus amantes bos sabios como o ceo.

E xa sabes noso amigo, que a pureza das tuas penas esta moi dentro de ti.

Enterra a lembranza das promesas incumplidas, e non teñas pena por quen as fixo, que xa convertiu en lixo a ilusión máis puramente concebida.

Ou mellor bótaa ó mar, porque a terra está plagada de escombros e inmundicias de almas miserables que desexan e ansían a a túa pureza profanar. Pero non tentes sustituir o vacío da túa paixón con vicios mundanos como desenterrar burros ou enrolarte en brazos políticos armados.

Que poidas esquecer o teu alcalde querido é o noso cometido, as ondas do mar, as ondas do mar de Vigo.

A serpe de tres cabezas vive das bocas de escravas travestidas, de outeiros sacudidos, das proas das naves naufragadas a través da fogosa escuma nos beizos do mar, que van pechando con figuras extranas, derrotadas,un triste ciclo que é mellor olvidar.

A escuridade péchase coa Luz e coa repugnancia fronte os actos que non merecen compaixón.

E non temas noso amigo, virá un tempo mellor, un tempo sen o teu amado alcalde, o teu alcalde querido...

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS