
A LV Festa do Pulpo do Carballiño será promocionada na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, que se celebra a próxima semana, como un dos eventos destacados entre as festas de Galicia coa denomiación de interese turistico nacional.
Para isto, a próxima semana desprazaranse á capital de España o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, para participar nun acto, que terá lugar o venres, 20 de xaneiro, por invitación da directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.
Neste acto exhibirase un video promocional da Festa do Pulpo do Carballiño, de 3 minutos de duración, con imaxes da Tapa de Pulpo máis grande do mundo, da oferta cultural de concertos e actividades de ocio da primeira quincena de agosto e, por suposto, do propio día da festa no parque municipal.
Asemade, distribuirase un folleto con información da festa escrito en cinco idiomas (inglés, francés, portugués, español e galego). Neste acto, convocado por Turismo de Galicia para os medios de comunicación, touroperadores e axencias de turismo nacionais e internacionais, tamén intervirá o alcalde carballiñés, para presentar e promocionar o evento.
Nestes dias estase ultimando a dedicatoria desta próxima edición, así como algúns dos aspectos máis relevantes do programa cultural e festivo.
O obxectivo desta 55 edición é avanzar na consecución da declaración de festa de interese turístico internacional, polo que se otorga un gran significado á dedicatoria da festa, así como á promoción dentro dunha feira de tanta relevancia como é Fitur.
Por outra parte, tanto o alcalde como o concelleiro de Turismo, confirmaron a asistencia á recepción que ofrecerá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no stand de Galicia, o mesmo día da celebración do acto promocional das festas galegas de interese turístico nacional, o venres 20 de xaneiro.
Fai tempo que eres o dono dos meus desvelos. Meu alcalde amado, meu amigo.
Houbo un tempo no que fixeches nacer en min a ilusión.
Recoñezo que me seduciches coas túas palabras. A túa voz profunda, varonil, que me inspiraba confianza. A túa presencia e o teu porte señorial. Prometíchesme a lúa e as estrelas i eu, inocente, creín en tí. Cheguéi a sentirme feliz de facerte o meu alcalde. o alcalde de tódolos masidáos.
Representabas, meu alcalde amado, meu amigo, un amencer para o noso pobo despóis dunha moi longa noite.
Non tiña oídos para outra cousa que non foran as túas palabras... Urbanismo, parque empresarial, me decías. Ata me prometiches un parque aromático en todo o concello. Imaxinéi longos paseos por ese parque na túa compaña, satisfeito de compartirmos o noso tempo xuntos.
Tamén me contabas que convertirías a nosa querida Rañoa nun balneario. Nada menos.
¡Cánto orgullo sentín facéndome a idea de verte persoalmente dirixindo a execución do proxecto! A Rañoa, meu amado alcalde, onde agora algún inconsciente, en nome do Concello, dedícas a cortar polo pé as árbores que tantos anos nos diron sombra.
Namoréime das túas maneiras, da túa prestancia, de eso que agora os modernos chaman "talante", coa túa preocupación por min e por tódolos veciñoas. Ata me asegurabas que ibas mudar o vello campo do Outeiro Grande, e convertilo nun complexo deportivo con aparcadoiros, pistas de atletismo e non sei cántas modernidades máis.
Qué gran home, repetía o meu maxín cada vez que se falaba de tí, meu amado alcalde, meu amigo. Un home cuio pensamento está sempre no máis razoable e no máis puro. Por elo, fixéchesme ver que o máis valioso que temos, os nosos nenos, contarían cuhna gardería. E os xóvenes terían ó seu dispor unha escola taller para menores de 25 anos, decías. Todo gracias a tí, meu amigo. Tan subiugado me tiñas, que daquela volveríate facer alcalde unha e mil veces se ti mo pediras.
Fago o posible por resistirme á sensación de engano. Anque o tempo, que fai morrer a paixón, obstínase en avanzar e fai caer os velos que cobren os ollos dos namorados, e tamén as máscaras tralas que se esconden os que prometen o ouro e o mouro e, en realidade, non teñen nin vontade nin capacidade para corresponder como deberían.
Coido que hoxe, co corazón partido, non podo máis que xuntar algunhas palabras, remedando as cantigas de tempos pretéritos...
Decídeme ondas do mar,
ondas do mar de Vigo,
se sabedes das promesas
do meu alcalde amado, do meu amigo...

Varios milleiros de persoas participaron nos eventos organizados dentro do programa Nadal Cultural, que se desenvolveu dende o 2 de decembro, coa apertura da pista de patinaxe, ata este domingo, 15 de xaneiro, cos monólogos de Touriñán.
Precisamente, este humorista galego marca un novo hito dentro do ciclo “Carballiño Comedy2”, ao ofrecer tres funcións, o sábado e o domingo, con cheo absoluto do auditorio municipal, que ten unha capacidade para preto de 430 persoas. Xunto co monólogo de Enrique San Francisco, que tamén abarrotou a sala, e a obra musical infantil “Pinocho”, así como do ciclo de cine infantil e a obra “O Apalpador”, más de 2.500 persoas terán asistido aos eventos celebrados neste recinto municipal.
A asistencia teria sido ainda maior, se non fose que se tiveron que suspender as dúas representacións teatrais das compañías Teatro del Norte e Chévere por indisposición dun actor e dunha actriz, respectivamente.
Ademáis do extraordinario éxito dos monólogos, cuxas entradas agotáronse hai xa varias semanas, e que continuarán coa actuación do humorista Ángel Martín o sábado 18 de febreiro, para a cal xa se poden reservar as entrdas, os eventos que suscitaron a maior participación neste Nadal Cultural foron o concerto de Dasoul e Danny Romero, na discoteca Isis Pharia; o baile de Nadal da sala Paulino; o concerto de Fin de Ano da Real Banda de Gaitas de Ourense, a Banda Escola de Gaitas do Carballiño e a Coral Polifónica Casino do Carballiño, no templo da Veracruz; o III Festival de Canto de Taberna, e, por suposto, a Cabalgata de Reis.
Entre todos, arredor de 20.000 persoas poideron disfrutar dos espectáculos e actividades programadas pola concellería de Educación e Cultura, ou por outras entidades coas que colaborou esta concellería.
Actualmente, estanse programando os próximos eventos festivos, que son o Entroido e a Festa da Cachucha, que se celebrarán a última semana de febreiro e primeira de marzo.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a formalización do contrato de redacción do proxecto básico e de execución, e a dirección de obra para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto investir nesta restauración arredor de 900.000 euros, unha intervención que se levará a cabo en varias fases. A formalización do devandito contrato, por un importe superior aos 48.500 euros, pódese consultar no enlace.
O obxectivo da intervención é velar pola conservación deste senlleiro mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, e que constitúe ademais un importante atractivo cultural e turístico para a súa contorna.
As actuacións previstas como prioritarias para acometer por fases inclúen obras de restauración e mellora na cuberta, na carpintería, nos parámetros e nas pinturas murais principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento. Tamén se realizará un estudo básico do inmoble e das súas necesidades de cara á súa conservación e á elaboración dun estudo de conservación preventiva, e dun documento técnico que sirva de base para a futura redacción dun plan director do monumento.
En concreto, está previsto acometer a substitución íntegra da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallóns, así como de toda a carpintería da fachada principal. Así mesmo, realizaranse traballos de limpeza e mantemento dos paramentos dos espazos de maior valor cultural e procederase á pavimentación no espazo da escaleira monumental na planta baixa. Tamén se revisará a carpintería, farase un estudo de iluminación e se mellorarán as condicións ambientais da sancristía, da sala capitular e do claustro dos medallóns.
O proxecto de restauración abrangue tamén ás pinturas murais da cabeceira, dos retablos e portas policromadas así como os elementos de carpintería de madeira orixinais do mosteiro.

O Partido Popular asegura que mentres os efectivos de Atención ás Emerxencias realizan labores de persoal de limpeza nas instalacións do colexio da Uceira, o servizo de emerxencias permanece desatendido.
Culpan desta situación "á incompetencia" do concelleiro de seguridade e persoal, e requiren ao alcalde do Carballiño para que tome medidas no asunto.
Pola súa parte, o concelleiro aludidos nas críticas polos populares, Adolfo Nogueira manifestou no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio que "non hai ningún problema para que estes traballadores poidan realizar esa función, polo que dixo non entender a denuncia do Partido Popular.
Aclarou, ademáis, que se trata dunha situación transitoria ata que non se proceda á contratación por parte do concello de persoal espefícico para esta función, a limpeza dos centros escolares públicos
Nogueira recriminou ao Partido Popular que critique que este feito "cando no goberno de Marnotes deixaron a O Carballiño sen servizo de emerxencias".
Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

Esta formación política da un prazo dunha semana para que se cumpla a normativa e o concello comunique aos hosteleiros a obrigatoriedade de proceder á retirada de tarimas, mesas, sillas ou outros elementos análogos da via pública.
Dende Alternativa Veciñal-En Marea, Manuel Nogueira recordou que "durante o mes de Xaneiro deben desmontarse totalmente as terrazas, para facilitar as tarefas de conservación e visionalizar que a rúas son espazos de dominio público".
"Non temos nada contra os hosteleiros, pero sí contra este goberno municipal que fai a vista gorda, miarando a outro lado, ben por desidia ou facer política a conta dunha ordenanza municipal, creando ao noso entender unha rede de favores e favoritismo", manifestou Manuel Nogueira.
Decididos a facer a normativa reguladora, Alternativa Veciñal-En Marea anuncia que "de non ser asi presentará unha querela contra o alcalde do Carballiño, concelleiro responsable e Policia Local, porque entendemos que se está actuando de mala fé coa única idea de crear unha cadea de clientelismo".

A Deputación provincial comezou as obras de mellora do acceso ao Balneario Caldas de Partovia, que está próximo a inaugurarse.
A reforma consiste na ampliación do vial e asfaltado, co obxectivo de facilitar o acceso dos vehiculos e autocares ata a zona de aparcamento e de entrada do balneario, que están totalmente rematados. Este vial, que antes era moi estreito e apenas permitía o paso de microbuses, pasará a ter unha anchura duns 6 metros, polo que facilitará o acceso a calquera tipo de vehículos en ambos sentidos.
Para conseguir esta anchura procédese ao retranqueo do terreo colindante, rebaixando unha parte do mesmo e recheando outra parte coa pedra e terra sobrantes. Posteriormente, realizarase o labor de allanado e o asfaltado final.
Trátase dunha infraestrutura previa á inauguración e apertura deste novo balneario, que terá lugar nas próximas semanas.

O pleno extraordinario fora solicitado polos 3 grupos da oposición PSOE, Fai O Irixo e Polos Veciños- o pasado dia 2 de Decembro de 2016. Non obstante,o alcalde Manuel Penedo non procedeu a súa convocatoria.
Por este motivo o pleno extraordinario celebraráse, sen convocatoria do alcalde, este próximo mércores día 11 de xaneiro ás 12 horas,convocandose por imperativo legal xa que así o establece a lei unha vez que non foi convocado polo alcalde nos 15 días preceptivos para elo.
O pleno extraordinario contén 13 puntos, 8 mocións do Psoe, 4 mocións de Fai O Irixo, e 1 moción de Polos veciños.
Este é o terceiro pleno extraordinario que teñen que solicitar no trascurso do último ano para poder tratar a maioría das súas propostas que o alcalde mete no caixón.
Os socialistas lamentan que o alcalde e o equipo de goberno non sexan quen de convocar un pleno para tratar mocións de intereses para mellorar a vida dos veciños e veciñas do Irixo.
Recordan os socialistas que o último pleno foi no mes de agosto, fai máis de 5 meses, cando deberían celebrarse cada dous, tendo mocións pendentes de levar ó pleno dende o pasado mes de xullo de 2016, fai máis de 6 meses, e "que o goberno do Irixo, alcalde, tenente de alcalde e a concelleira con dedicación, lle custan ó concello do Irixo máis de 70 mil euros, e non son capaces de convocar os plenos do concello", manifestan.
"Un goberno esgotado, sen ganas e sen proxecto máis que o de cobrar e manterse no posto indefinidamente sen traballar e achegar propostas de futuro para facer do Irixo un concello vivo e próspero para tódolos veciños e veciñas do Irixo por igual", recalcan dende o PSOE local.
A orde do día do PLENO EXTRAORDINARIO é a seguinte:
1º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A REPARACIÓN E REHABILITACIÓN DO CRUCEIRO DE ORROS, E CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN E POSTA EN VALOR DO ENTORNO E DO CRUCEIRO DA RÚA E DA SUA PRAZA NA PARROQUIA DE LOUREIRO. (Rexistrouse o día 29 de xullo de 2016.)
2º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA O MANTEMENTO, LIMPEZA E REPARACIÓN DAS HUMIDADES DO CENTRO ESCOLAR DE O IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)
3º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A CONSTRUCCIÓN E/OU APERTURA DUN CENTRO DE DÍA NO IRIXO. (Rexistrouse o día 19 de agosto de 2016.)
4º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA O RECOÑECEMENTO PÚBLICO CUNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A LABOR E IMPORTANCIA DA COOPERATIVA DE LOUREIRO E DO SEU FUNDADOR PARA O IRIXO. (Rexistrouse o día 9 de setembro de 2016.)
5º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A ORGANIZACIÓN DE REUNIÓNS INFORMATIVAS POR PARROQUIAS SOBRE BENEFICIOS E PERXUIZOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA NO IRIXO. (Rexistrouse o día 23 de setembro de 2016.)
6º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. (Rexistrouse o día 4 de novembro de 2016.)
7º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A CONTRATACIÓN DAS EMPRESAS DO IRIXO NAS OBRAS PÚBLICAS DO CONCELLO DO IRIXO. (Rexistrouse o día 11 de novembro de 2016.)
8º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA QUE SE REFORCE CON OUTRA AMBULANCIA O SERVIZO DE EMERXENCIAS DO PAC DO CARBALLIÑO DO QUE DEPENDE O IRIXO. (Rexistrouse o día 25 de novembro de 2016.)
9º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA INSTAR Á CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL PARA QUE PROCEDA Ó DRAGADO DE SEDIMENTOS DO LEITO DO RÍO VIÑAO Ó SEU PASO POLOS LUGARES DAS LAXAS E DA PONTE. (Rexistrouse o día 9 de agosto de 2016.)
10º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA QUE A XUNTA DE GALICIA ASUMA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO E MANTEMENTO DO CENTRO DE SAÚDE DO IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)
11º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA A CREACIÓN DE RUTAS DE ÁRBORES E FORMACIÓNS VEXETAIS SINGULARES DO CONCELLO DO IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)
12º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA A PRESTACIÓN DE AXUDAS Á MOBILIDADE DENTRO DO CONCELLO. (Rexistrouse o día 18 de outubro de 2016.)
13º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE POLOS VECIÑOS PARA A CREACIÓN DUNHA ESCOLA TALLER AGROALIMENTARIA NO CONCELLO. (Rexistrouse o día 17 de xuño de 2016.)
EL PSOE atribuye al grupo de gobierno de Leiro el mostrar, una vez más, una actitud que se podría definir como falta de respecto institucional”. Critica que la Directora Xeral de Turismo y la Delegada de la Xunta en Ourense que visitaron este pasado jueves el Concello y no se les avisó ni invitó cuando el concejal del grupo municipal socialista es representante elegido por los vecin@s de Leiro.
No obstante, al PSOE no le sorprende este hecho ya que en el transcurso de esta legislatura como en anteriorestienen dado muestras sobradas de respetar bien poco todas las normas de buen gobierno.
El oscurantismo y opacidad con la que gobiernan comienza a ser la tónica habitual, ejerciendo poca o nula transparencia y evitando tener que rendir cuentas ante la ciudadanía o sus representantes democráticamente escogidos.
Pero lo que sí nos sorprende es que, desde la Xunta,no se sea mas cuidadoso en estas cuestiones del respeto institucional.
Por lo que este regidor municipal piensa que el Concello es de su propiedad y que puede hacer lo que le de a la gana, pero los socialistas le recordamos que nosotros fuimos elegidos por la ciudadanía, por lo que tenemos los mismos derechos que este señor, que se cree el amo de todo y no es así, por lo que le pedimos más respeto hacía este Grupo Municipal ya que estamos en Democracia, no en una Dictadura, que puede hacer lo que le de a en gana, para eso están las leyes y las formas para cumplirlas.
Grupo Municipal Socialista de Leiro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron as obras de rehabilitación do mosteiro de San Clodio de Leiro destinadas a converter a nave lateral deste edificio histórico no primeiro spa de viñoterapia de Galicia.
Nesta visita a San Clodio, estiveron acompañadas polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernàndez Pérez, que exerceu de anfitrión.
Nava Castro lembrou que neste novo servizo turístico empregaranse produtos derivados da uva e do viño, entre outros elementos, para distintos tratamentos termais que formarán parte da oferta actual do Hotel Monumento de San Clodio.
Así, manifestou a directora de Turismo de Galicia que “este novo spa de viñoterapia será de gran atractivo, por un lado polo tipo de tratamentos que nel se ofrecerán e, por outro, pola súa propia arquitectura”. “Os usuarios gozarán do descanso nun edificio de máis de 500 anos de historia”, engadiu.
Este novo establecemento constará de vestiarios, tres salas de masaxe, dúas individuais e unha dobre, con tratamentos específicos de viñoterapia; unha sala de relax, unha sauna, un baño de vapor, duchas de contrastes, spa-piscina de 40m2 e zonas de descanso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 543
- 544
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- 550
- 551
- …
- seguinte ›
- última »