O Concello vén de gañar ó colectivo de hosteleiros o primeiro partido da "Copa Terrazas" por un gol a cero, tras un penalti por derrubo do dianteiro de servizos e que foi transformado polo medio alternativo.
Unha victoria que serve para afianzar a autoridade municipal tras 40 anos de goberno da maioría minoritaria da hostelería. Uns propietarios de establecementos que se beneficiarion da entrada do euro ó incrementar os prezos nun 70% (i.e.: un café pasou de 100 a 167 pesetas) e logo adueñáronse, ante a apatía gubernamental, das rúas, beirarrúas e prazas do pobo con veladores, tarimas e barras, entre as cales a Policía Local detectou 60 totalmente ilegais.
Está ben o das terrazas en primavera e verán, pero tamén é certo que son innecesarias co frío e a choiva do outono e do inverno, pero é urxente un meirande control sobre a delimitación do espazo que ocupan, número de mesas e se os seus titulares abonan en tempo e forma a taxa pertinente. O 1-0 está a repercutir, xa, no que marcou o tanto, e, con toda probabiilidade, no conxunto gañador e a súa relación co sector. Que non esquezan os virtuais perdedores que durante oito meses sobreviven grazas ós veciños do Carballiño e que unha maior apoio ás iniciativas municipais será visto con bós ollos por éstes. Aínda queda o partido de volta.
Hoxe día 25 de xaneiro Adif xa confirmou que a primeiros de febreiro a venda de billetes e informacion ao viaxeiro na estacion de tren do Carballiño quedará suprimida e substituida, previsiblemente, por unha maquina autoventa.
Hai que evitalo por todolos medios. ¿Onde están os gobernantes que promulgaron aquela mesa pola defensa do transporte público?

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, visitou o Camiño Mozárabe ao seu paso polo municipio de San Cristovo de Cea para comprobar os resultados da sinalización para a súa homologación por parte da Real Federación Hípica Española como itinerario ecuestre
A ruta xacobea atravesa, no ámbito comarcal,os municipios de San Cristovo de Cea e Piñor, e ten unha variante que achega os peregrinos ata o mosteiro de Oseira.
Durante a visita a responsable de Turismo da Xunta destacou que con esta iniciativa refórzase a sinalización xa existente nesta Ruta Xacobea para a práctica ecuestre, informando dos puntos conflitivos para o paso de cabalos e das derivacións propostas para salvar os mesmos. “Así, o Camiño Mozárabe será a primeira ruta que se homologará como itinerario ecuestre en Galicia”, afirmou.
Nava Castro sinalou que as obras levadas a cabo para iso que, segundo resaltou, levaron consigo unha inversión de máis de 48.000 euros, consistiron na roza, poda e clareo en puntos determinados, na retirada dos restos silvícolas ata pista forestal, nos movementos de terra para acondicionar o firme do camiño e no marcado da propia sinalización. Neste senso, explicou que a sinalización consistiu no marcado da sinalización horizontal, consistente en marcas de pintura, e na instalación dos elementos de sinalización vertical -postes de dirección e localización, postes de seguimento e paneis informativos-.
Con todo, o itinerario ecuestre proposto que, segundo resaltou a directora de Turismo de Galicia, ten unha lonxitude total de 236,6 km, atravesa as provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, desde o municipio de A Mezquita ata Santiago de Compostela, solapándose coa actual Vía da Prata.
Nava Castro manifestou que con esta iniciativa cúmprese outra das actuacións previstas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago. “Sen dubida, un gran reclamo para todos aqueles amantes dos cabalos e do mundo ecuestre que terán a oportunidade de facer esta vertente mozárabe do Camiño de Santiago con total facilidade e seguridade”, concluíu.

A Xunta convidou aos concellos da área metropolitana de Ourense a tomar parte activa no proceso de reordenación do transporte público iniciado polo Goberno galego para, dese xeito, garantir a configuración do mellor mapa de servizos para os seus veciños.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén co obxectivo de informarlles dos avances que está a realizar o Goberno galego en relación coa mellora do transporte público na zona.
Nese sentido, a conselleira trasladou que o departamento que dirixe está a traballar para coordinar a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano co proceso de reordenación das liñas de transporte interurbano que prestan servizo nestes municipios e que se aplicará este mesmo ano.
Segundo explicou Ethel Vázquez, o obxectivo desa reordenación é garantir que os cidadáns, especialmente os do rural, teñan acceso a un servizo de autobús máis útil e atractivo, polo que a previsión do Goberno galego é valorar facer posible que o autobús urbano preste servizo en concellos limítrofes cando estea xustificado por razóns de demanda.
A conselleira avanzoulles, ademais, que esta mesma semana terán lugar diversas reunións cos concellos nas que os técnicos do seu departamento explicarán aos representantes municipais os detalles do proceso de reordenación do transporte e as fórmulas para a súa participación.
O obxectivo do Goberno galego é que cada concello poida expoñer en detalle cal é a súa situación en relación co transporte público, as demandas e prioridades dos veciños nesta materia para, a partir de aí, establecer o xeito máis eficaz e eficiente de prestar ese servizo.
Recientemente tivo lugar un "accidente laboral" no Concello de Maside. Os feitos parecenmo o bastante graves como pra ter que denuncialos eiquí. Resulta que nunha queima controlada a concelleira con dedicación parcial diu a encomenda a unha das operarias do Concello de avivar o lume cunha lata de gasolita, e claro, a termodinámica é tozuda, e tivo lugar un incidente que por fortuna non pasou a maiores, o lume fixo estalar a lata con queimaduras de considerable magnitude pra operaria, que sigue de baixa.
Como pedirlle explicacións aos irresponsables municiapis é como pedirlle peras ó ameneiro, pregúntome se existe oposición, se se entera destas cousas, se pide explicacións. Porque esta concelleira con dedicación parcial, non pode desenvolver unha actividade laboral ¿Qué pasaría se a benintencionada concelleira sufrise queimaduras? ¿Ou se tivesemos que lamentar un peor desenlace? Quén pagaría os danos á concelleira por estar desenvolvendo unha actividade fora das súas funcións. A oposición debe pedir responsabilidade porque esto non é unha broma. A concelleira non ten a formación nin a experiencia pra exercer de capataz dun grupo de operarios. A experiencia é facil de demostrar que non a ten. E a formación, co estas ideas de bombeira tampouco.
Outra cuestión que me plantexo e qué sucedería se a concellera ten un accidente co coche do concello cando amablemente vai recoller aos veciños da Fontela co coche do Concello. E outra cuestión que me plantexo é, por qué se os irresponsables do Concello asumen ise risco cos veciños da Fontela, non fan o mesmo co resto dos veciños que traballan no concello, algúns dos cales van a pe dende lugares como Piñeiro, San Paio etc...
Aí o deixo es espero que a oposición desperte, e espero que a operaria teña unha pronta recuperación e que a oposición pida explicacións e esixa que non se xogue co lume, porque cando xogas co lume o máis probable é que te queimes.

Cinco persoas, tres adultos e dous menores, resultaron afectadas por inhalación de fume ao declararse un pequeno incendio na súa casa, na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
As vítimas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario de Ourense Segundo as informacións facilitadas polos servizos de Emerxencias ao 112, o incendio afectou unicamente á televisión do salón da vivenda, situada en Cabanelas.
Todo puido deberse a un curtocircuito. Aínda que o lume foi sufocado polos propios particulares,non obstante o fume afectou a toda a vivenda.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 3:30 horas da madrugada deste pasado domingo para alertar da situación. O persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.
Os veciños e veciñas de Astureses están moi enfadados e enfadadas por non poder facer uso do seu local social debido a que un veciño obstaculiza un dos camiños públicos de acceso a este e o Concello de Boborás de momento non leva feito nada por impedilo.

O concello do Carballiño presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a LV Festa do Pulpo como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados de Galicia.
Tanto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, nomeárona como un referente turístico de Galicia cada segundo domingo de agosto.
"É unha das celebracións gastronómicas máis antigas e multitudinarias de Galicia. O pasado ano congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70 toneladas de pulpo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións. E, como anticipo desta magna romería, elaborouse a tapa de pulpo máis grande do mundo, nun prato de 5 metros e 37 centímetros de diámetro, que contiña 750 kilogramos de pulpo, equivalentes a unhas 2.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar na próxima edición, anque non será doado", dixo o alcalde no acto de presentación, que se desenvolveu no stand de Galicia e estivo organizado e presidido pola directora de Turismo, Nava Castro.
A este acto asistiron o alcalde e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, así como o portavoz de grupo municipal popular, Argimirio Marnotes. Foron i invitados xunto aos demáis concellos con festas declaradas de interese turístico internacional e nacional, como é o caso da Festa do Pulpo.
Na súa intervención, Fumega destacou, ademáis, os cinco elementos que garanten o éxito da festa durante cada edición: "a tradición e o bo facer das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño; o viño do Ribeiro; o pan de Cea, e un entorno natural extraordinario como é o parque municipal, con máis de 30 hectáreas de arbolado e zona verde”. "É unha festa que conxuga á perfección a tradición secular na forma de elaborar o pulpo e os demáis produtos gastronómicos, cun ambiente popular no que xogan un gran papel a música e o folclore de Galicia",engadiu.
Finalmente, referiuse ao obxectivo de lograr a internacionalidade. Ao respecto, dixo: "A Festa do Pulpo do Carballiño conseguiu certa relevancia en Galicia e no resto de España, e desexamos traspasar as fronteiras nacionais para que chegue a otros países. Con este obxectivo, o pasado ano lle dedicamos a festa a tres cidades do Norte de Portugal, e esta próxima edicación lla dedicaremos a outra cidade europea".
E concluiu: "Queremos invitalos para que nos visiten este proximo verán e acudan á cita do domingo, 14 de agosto, onde os recibiremos cos brazos abertos na LV Festa do Pulpo do Carballiño”.
Como soportes para a difusión e presentación da festa en Fitur, onde acuden cada ano ducias de miles de visitantes e profesionais das axencias de turismo, touropoeradores e medios de comunicación nacionais e internacionais, o concello acudiu cun video promocional duns 3 minutos de duración, resaltando os elementos esenciais da Festa do Pulpo e da programación cultural das semanas precedentes, así como un folleto turístico escrito en cinco idiomas.
A representación institucional carballiñesa tamén asistiu, unhas horas, á presentación do stand e da oferta turística de Galicia que realizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e , ao longo da mañá, mantiveron contacto con axencias de turismo e touroperadores, así como con representantes de medios de comunicación que realizan a cobertura informativa desta edición de Fitur.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 546
- 547
- 548
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- 554
- …
- seguinte ›
- última »