14, Setembro 2016

Pregúntase o concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea onde están os beneficios que para o concello carballiñés ou para a economia do municipio representa a súa pertenza á asociación do Eixo Atlántico.

As manifestacións de Bernardo García chegan, precisamente, despois de reunirse no Carballiño o foro termal desta asociación, reunión que se celebraba este pasado martes no Aparthotel Arenteiro "na que se invitou a unha asociación de balnearios e establecementos termais privados, e con clara vocación de lucro", por eso, quere saber "se esta reunión tivo algún tipo de gasto para o concello".

O concelleiro de Alternativa Veciñal-En Marea recorda como a cuota que ten que pagar o concello carballiñés pola súa pertenza a esta asociación do Eixo Atlántico ascende a 18.000 euros ao ano, e por eso pide ao alcalde que "encargue un estudo espefícico co balance de beneficios e gastos e asi poder tomar unha decisión informada cando nos próximos orzamentos do ano 2017 haxa que volver aprobar esa aportación económica a favor desta asociación".

 

13, Setembro 2016
13, Setembro 2016

Alcaldes, concelleiros e representantes das cidades, vilas e balnearios de Galicia e do norte de Portugal, integrados no Eixo Atlántico, acordaron constituir unha rede termal na Eurorrexión. A proposta cobrará viabilidade a través dunha comisión que estudiará un programa de actuacións e financiamento para que este novo foro do Eixo Atlántico sexa efectivo a finais deste ano ou comezo do próximo.

O acordo foi comunicado polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión desenvolvida esta mañá no Carballiño a instancia do alcalde desta vila, Francisco Fumega.

A comisión estará formada por seis representantes de cidades, vilas e balnearios galegos e portugueses, que deberán presentar este programa no próximo mes de novembro para ser analizado noutra reunión que se celebrará na localidade porguesa de Chaves.

Precisamente, o presidente da cámara municipal desta cidade e presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, referíuse ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas termáis con que conta esta área xeográfica.

Asemade, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu a asistencia a esta reunión, na que únicamente faltaron o alcalde de Mondaríz e a alcaldesa de Lugo, por problemas de axenda relacionados coa campaña electoral, pero que contou coa presencia de representantes de 12 concellos e 17 balnearios e termas de Galicia e norte de Portugal, así como do xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.

Xoán Mao referiuse aos sete puntos estratéxicos nos que se ía basear esta nova rede termal da Eurorrexión: promoción dos hábitos saudables, investigación en colaboración coas universidades, promoción conxunta dos establecementos termais, fidelización do turismo en base aos 7 millóns de cidadáns que residen nas cidades e vilas do Eixo Atlántico, captación de recursos de financiamento con programas e plans europeos, formación e visibilidade dos recursos propios , tanto termais como históricos e patrimoniais.
Neste sentido, Mao chamou a atención sobre dous dos principias elementos de promoción turística de Galicia, como son a gastronomía e o termalismo, e destacou as dúas fortalezas coas que conta O Carballiño, localidade anfitriona desta primeira xuntanza, como son o pulpo e os balnearios, como principias recursos e reclamos para atraer ao turismo. Tamén loubou a experiencia da Eurocidade Chaves-Verín como un exemplo a seguir para acadar a excelencia da que hoxe gozan en Europa cidades balnearias como Budapest.

Finalmente, o secretario do Eixo Atlántico agradeceu a iniciativa do alcalde do Carballiño, que considerou de relevancia crear unha seccion de cidades e vilas termais no marco do Eixo Atlántico.

A esta reunión que se desenvolveu durante toda a mañá no hotel Arenteiro da vila carballiñesa, asistiron alcaldes, presidentes de cámaras municipais, concelleiros e outros representantes dos concellos de Lobios, Ourense, Ribadavia, Caldas de Reis e Verín, por Galicia, así como de Santa María da Feira, Guimaraes, Chaves, Vidago, Resende, Melgado e Santo Tirso, por Portugal. E, por parte das instalacións termais, representantes dos balnearios e termas de Lobios, Laias, Mondaríz, Lugo, A Chavasqueira, Outaríz, Presigueiro e Verín, por Galicia, e Sao Jorge, Taipas, Chaves, Pedras Salgadas, Vidago, Caldas de Aregos, Melgado e Caldas-Santo Tirso, por Portugal. Ademáis dos dous balnearios do Carballiño.

13, Setembro 2016

O IES Nº1 do Carballiño inaugura este curso académico 2016-2017 coa conferencia “Construye tu futuro conservando el pasado" a cargo do conservador e restaurador no Museo e Nacional de investigación de Altamira Alfredo Prada Freixedo, arqueólogo e restaurador no Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira onde desde o ano 2006 realiza traballos de conservación relacionados tanto coa cova de Altamira como comaterial arqueolóxico albergado no Museo.

O acto terá lugar o xoves día 15 de setembro ás 12:30 horas no Salón de Actos do centro educativo. O conferenciante de honra e ex-alumno do centro, Alfredo Prada é Diplomado en Conservación e Restauración (especialidade Arqueoloxía) pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia e Licenciado en Xeografía e Historia (Historia da Arte) pola Universidade de Santiago de Compostela.

O seu labor profesional está avalado por numerosas publicacións sobre o patrimonio arqueolóxico da arte rupestre relacionado coa Cova de Altamira e está avalado igualmente pola participación en numerosos proxectos arqueolóxicos financiados por prestixiosas entidades e universidades nacionais e estranxeiras.

A conferencia será o remate da primeira xornada do curso, na que previamente, ás 12:00 horas, se levará a cabo o reparto do alumnado de bacharelato nas aulas.

12, Setembro 2016

A instalación das atraccións de feira con moitivo da celebración das festas patronais obriga ao corte do tráfico en diversos tramos das rúas máis céntricas da vila.

Trátase das rúas Conde Vallellano, Rúa Norte, Xullo R. Soto e Curros Enríquez. Así, dende hoxe e durante toda a semana, os tramos afectados son: Rúa Conde Vallellano, dende a intersección coa rúa Aldara ata o cruce coa rúa do Paseo. Xullo R. Soto, dende o cruce da Alameda ata a intersección coa rúa Cuba. Rúa Norte, na súa totalidade. Rúa Curros Enriquez, dende a intersección coa rúa Conde Vallellano ata a Praza de San Ramón.

Asemade, os días 15, 16 e 17 permanecerá cortada a rúa Aldara, no tramo da Praza Maior, dende primeira hora da tarde e ata a madrugada, pola colocacións das orquestras.

O sábado 17, día da festividade de San Cibrao, a partir das 11,30 h., e ata as 12,30, restrinxirase o tráfico nas rúas Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara e Cesáreo Tizón pola procesión do patrono do Carballiño.

PARADA DE TAXIS
Asemade, a parada de taxis da rúa Norte (Alameda) pasa á rúa Conde Vallellano, entre as confluencias coas rúas dos Canteiros e Evaristo Vaamonde.

CONTENEDORES DE LIXO
Os contenedores do lixo que se atopan na Alameda e na rúa Xosé Pontes, preto do bar Soldado, cambiarán a súa ubicación á parte baixa da Alameda, fronte á panadería La Creme, e á rúa Cerca e dos Canteiros, respectivamente.

9, Setembro 2016

Este sábado, 10 de Setembro, máis de 200 persoas asistirán aos actos conmemorativos do 50 aniversario da fundación da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, 50 anos de existencia dun proxecto cooperativista que é a dia de hoxe o máis antigo e, dende logo que pola súa actividade e natureza xurídica, único na comarca.

A primeira xunta provisional da cooperativa foi creada o 19 de setembro de 1966, sendo o impulsor e primeiro presidente da mesma Don Antonio Gonzalez Bernárdez, sacerdote, ainda en activo a dia de hoxe, na parroquia de Loureiro.

Tres meses despois o Ministerio de Traballo aproba a inscrición da mesma no rexistro nacional. No ano 1976 a cooperativa adquire a primeira pasteurizadora e obtén o título de Central Leiteira.

En 1988 iníciase a produción da fábrica de queixos, máis tarde a de iogures e por último en 1999 consegue fabricar o primeiro Kéfir galego. En toda a súa traxectoria a cooperativa recibiu diversos galardóns e recoñecementos.

Actualmente segue innovando e ampliando o seu mercado, actuando como elemento dinamizador da parroquia.

Este sábado no campo da festa de Loureiro - O Irixo, máis de 200 persoas celebrarán este 50 aniversario  cunha misa e un xantar.

7, Setembro 2016

Denunciamos a falta de talento na execucion destas obras, deixando mil peligros para os rapazes. Temos unha rampla de acceso sin valla e sin estar aberta. E un anaco de patio con acolchado e con terraplens descomunales, sin estar vallado, para que os nenos non caian.

E tamen temos varios niveis de cemento, ideais para caidas.

Con estas deficiencias, comunicamos que os nenos non asistiran o colexio.

7, Setembro 2016

O barrio histórico de Flores prepárase para acoller un ano más a Feira Festa de Artesanía Pepa Loba, que acada a XXI edición e que estará dedicada aos oficios tradicionais dos forneiros e panadeiros.

Precisamente, neste barrio ainda hai un forno activo, e houbo un tempo no que había dous, o da Portuguesa e o do Guisante, pero os fornos máis vellos estaban en Señorín, e ata alí ían a cocer as panadeiras, que volvían cos cestos cheos de pan á cabeza.

A referencia a estes oficios foi comentada hoxe por Rosa Núñez durante a presentación deste evento, que se organiza para poñer en valor o pasado histórico deste barrio.

Ao acto tamén asistiron o alcalde Francisco Fumega, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e José Manuel Dacal, así como diversos integrantes da asociación que promove esta feira.

Francisco Fumega agradeceu o labor da xente que fai posible a recuperación da historia da vila, e puxo de relevo a consolidación da Feira como un referente cultural nas festas patronais.

A Feira Pepa Loba desenvolverase do venres, 9 ao domingo 11 de setembro, cun amplo programa de actividades e animación de rúa e concertos.

Haberá 54 postos de venta de produtos artesáns repartidos polas rúas do barrio, e 12 representacións de oficios artesáns en vivo, como ferreiros, zoqueiros e cereiros, entre outros. Estas demostracións terán lugar na Eira de Flores, onde tamén se celebrarán os concertos e o acto de apertura.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, un dos eventos máis vistosos e chamativos da feira será o desfile de Pepa Loba, no que tamén se escenificará á escritoria Emilia Pardo Bazán e ao seu marido José Quiroga, que terá lugar na tarde do sábado recorrendo a Rúa do Paseo, Praza Maior e o barrio de Flores, ata a Eira.

A apertura será o venres, 9, as 20,30 h., na Eira, a cargo do historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, que falará dos forneiros e panadeiros. As Pandereteiras de Mandrás porán a animación musical. E pola noite haberá queimada e entrega da auga máxica de Flores. Apertura de postos de venda e artesanía en vivo.

O sábado 10, a partir das 12,00 h., apertura dos postos de venda, obradoiros e demostracións artesanáis. Animación musical a cargo do grupo Os Tres Galeguiños, e cantares de cegos, con Andrés Fernández. Ás 17,00 h., Campeonato de Brisca das mulleres de Flores. Ás 19,30 h., comezo do recorrido de Pepa Loba e paseo en carro da Pardo Bazán e Jose Quiroga, coa colaboración de Tiruleque e Saro, dende a Praza dos Liborianos, Rúa do Paseo, Praza Maior, Baixada a Flores e Eira de Flores. Ao remate, ás 21,00 h., concerto do dúo BLUES DO PAÍS, na Eira. Ás doce da noite, concerto de ANDASOA, tamén na Eira.

O domingo 11, ás 12,00 h., concurso de Chave na Eira, e apertura dos postos de venda e artesanía. Ás 14,00 h., XANTAR e pola tarde troula, animación de rúa e demostracións de artesanía en vivo.

6, Setembro 2016

Trátase da actiividade máis antiga e tradicional dentro da programación festiva do Setembro carballiñés.

Por vez primeira, e tras 71 de historia no programa de festas, o "concurso de gando da raza rubia galega" xa non aparece este ano.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS