24, Agosto 2016

As noites de cine na Praza Maior de Maside durante esta semana marcan o prólogo ás festas de San Vitorio, que celebra a vila de Maside, e que vivirá os seus dias grandes os dias 27 e 28 de Agosto, sábado e domingo.

Antes, o venres 25, Maside irá entrando en ambiente festivo coa "Noite Folk e Troula", coa actuación do grupo "Calandracas" e outros espontáneos, que animarán os bares e cafeterias de Maside.

O sábado 27 ofrecerá pasarrúas da Banda de Música de Barbadás, que ofrecerá un concerto na Praza Maior ás 13:30 horas. A Coral A Torre será a encargada de solemnizar a misa solemne na hora ao san Vitorio na igrexa parroquial.

A verbena do sábado estará amenizada polas orquestas New York e Catedral, e as 12 da noite está programada unha sesión de fogo de lucería.

A Banda de Música do Carballiño é a invitada para os pasarrúas e concerto do domingo 28, mentres que o Orfeón do Carballiño cantará a misa solemne. 

Para a verbena do domingo estará en Maside a orquestra tango, e ademáis, na noite do domingo será a actuación musical estelar deste San Vitorio 2016 "La edad de oro del pop español", coa participación de varios artistas que triunfaron nas décadas dos 80 e os 90 do século pasado.

Os dous dias, a Alameda de maside será o escenario que acolla unha singular Feira-mostra de artesanía, na que os artesáns son nenos e rapaces ata os 16 anos de idade.

23, Agosto 2016

O concelleiro de Fai O Irixo, Florentino Pérez, ven de presentar no rexistro municipal  dúas mocións para tratar no pleno corporativo, e nas que achega dúas propostas que teñen como finalidade poñer en valor o potencial turístico que representa a riqueza natural e paisaxística do municipio.

Dunha parte, o concelleiro promove a solicitude de inclusión no catálogo de árbores senlleiras de Galicia de 3 exemplares, que reúnen todos os requisitos para elo, como son o castiñeiro de Surribas, a corticeira de Munín e a carballa das Campinas.

Noutra moción, Florentino Pérez propón á institución municipal a creación de rutas de visita a algunhas formacións vexetais e árboreas de especial relevancia, e representativas da fraga galega, nas parroquias de Espiñeira, Frouce e Reádigos. Trátase de zonas de fácil acceso, á carón de estradas, polo que o concello tan so tería que acometar algunhos traballos de limpeza, e sinalización.

 

22, Agosto 2016

O grupo municipal do Partido Popular lamenta a que entenden é falta de compromiso do actúal grupo de goberno coa organización da Festa do Cabalo, que este ano chegaba a súa 29ª edición.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular, prema no arquivo adxunto:

22, Agosto 2016

Fai falta ter morro pra decir na radio que o "equipo redactor" do PXOM de Maside dimitiu. Sobre todo cando no ano 2011 o alcalde de Maside cacareaba que o PXOM sería presentado á veciñanza nos "vindeiros días". Deixo o enlace pra os escépticos. https://www.youtube.com/watch?v=KpippG7n1u0

Foi concedida unha subvención de máis de 100.000 euros para a redacción do PXOM. A pregunta do millón é ¿Devolvéronse os cartos da subvención cando o "equipo redactor" dimitiu? E outra pregunta ¿Existe oposición? Ou resulta que a felicidade de deambular polo "hemiciclo" impide aos ínclitos/as compoñentes da oposición pois eso, facer oposición. Porque hai que recordarlle a algún/a que de hemiciclo nada, unha sesión plenaria nun concello non é un hemiciclo, porque ni tan siquera ten forma de medio círculo. Ten forma de medio rectángulo pero algúns/as queren descubrir a cadratura do círculo, como o que di que o equipo redactor (integrado por unha persoa) dimitiu ¿Dimitiu ou se lle fixo dimitir?

20, Agosto 2016

Me gustaria que el engalanamiento que se está haciendo estos dias en el pueblo de Maside,con motivo de las fiestas,se mantuviese el resto del año,me refiero a pabellón infrautilizado,pistas de pádel en estado tercermundista,pista exterior deportiva destrozada,cunetas llenas de maleza,alameda sucia,etc...

No se puede vivir de apariencias.

También pediría que se terminase el ''TREJEMANEJE'' que hay respecto a la concesión de varias actividades socio-culturales,todo el mundo nos conocemos y saben de lo que hablo.

Por último pederia al Sr Alcalde que este año no tenga la desfachatez de hacer balance televisivo y en prensa de sus ''logros'',ha sido penoso,pero seguramente su ego no se lo permita

19, Agosto 2016

En moitas ocasións non son as respostas as que están mal plantexadas, senon as cuestións que se formulan as que xa adoecen de orixe dun sesgo radical. Porque o que fixo a pregunta respecto ao rural, esquece o que se fai cos cartos públicos cando se invita a un exército de larpeiros sen ir máis lonxe na Festa do Polbo. Polo tanto, xa non se trata nin de ubicacións, nin de colores políticos, porque tanto da Xan como Pericán. Trátase de qué pasa coa totalidade da casta política. Porque eu podería plantexar a seguinte cuestión con respecto aos cartos públicos ¿E qué pasa cun que non pode pagar unha tallada de pulpo? Por qué eses larpeiros teñen que poñerse as botas cos cartos públicos e os que non teñen nin un can teñen que pasar fame. Polo tanto eu reformulo a pregunta. ¿Qué pasa coa casta política? E por extensión tamen fago a seguinte reflexión ¿Acaso a casta política segue pensando que vivimos no seu paraiso de artificio?

19, Agosto 2016

Do venres 19 ao domingo 21 de Agosto a Praza Maior do Carballiño acolle a IX edición da Feira do Stock que organiza O Carballiño Centro Comercial Aberto.

Un total de 24 establecementos comerciais participan este ano neste evento, que sorteará ata 1.000 euros en premios entre todos os clientes que acudan ata a Praza Maior.

O horario de apertura será de 19 a 23 horas o venres, mentres que sábado e domingo os stands permanecerán abertos en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 22 horas.

Ademáis, coincidindo con esta Feira do Stock, O Carballiño Centro Comercial Aberto celebra,sábado e domingo, unha nova edición da ruta das tapas de verán.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS