13, Xuño 2016

A concellalía de Turismo e os establecementos hostaleiros integrantes da Ruta das Tapas promoverán unha ruta especifica na semana grande da Festa do Pulpo.

Será, por suposto, unha xornada na que os pinchos que se elaboren estarán adicados a este produto, cuxo día de celebración ainda está por decidir.

O concelleiro José Manuel Dacal; o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga, e representantes da hostalería asistiron hoxe no concello ao sorteo dos premios entre os clientes que participaron nesta ruta ao longo da tempada. Asemade, fixose un balance da mesma.

José Manuel Dacal asegurou que a iniciativa foi un éxito e que se repetirá, incluso con máis locais dos inscritos actualmente, que son 29.

Houbo arredor de 2.000 papeletas cubertas para optar aos premios entre os clientes nalgunha ou varias destas edicións da Ruta das Tapas. A única condición que se esixía era que tivesen cada unha o selo de seis establecementos hostaleiros, como minimo.

Os premios consisten en 5 bonos por valor de 200 euros cada un para mercar no comercio do Carballiño, e unha viaxe para dúas persoas por xentileza da bodega Pazo Tizón.

Así pois, realizouse o sorteo e o resultado foi o seguinte:

Premios de 200 euros: Eulogio, Juan Pedro Alonso, José Manuel Sobrado, José Trigás Vázquez e José Fernández Nogueira.
Premio dunha viaxe: Pilar Caballero.

Noraboa aos afortunados e afortunada.

11, Xuño 2016

Fartos das condicions na que esta o noso colegio esto e unha vergonza. Cheos de mandar escritos, e ninguen fai nada. Nin directora, nin educacion, nin inpeccion. Ata o dagora, so o concello tera unha reunion con nos.

10, Xuño 2016

Os do Concello dicían o outro día que a situación da Biblioteca era herdada e que acudirían á Xunta. Agora din que son incompetentes pra extinción de incendios, e que tamen é competente a Xunta, e doutra banda cooperan coa Xunta e a Deputación pra o plan de mellora de estradas ¿Alguén entende este guirigai? A única explicación que lle encontro é o que eles mesmos recoñecen, que son incompetentes pra todo. E iso que cando estaban na oposición parecía que comerían o mundo. Falaban da Biblioteca e parecía que serían capaces de competir coa Biblioteca Nacional, falaban do Balneario e parecía que ampliarían os horarios, mellorarían as prestacións, e de paso traerían a praia da Lanzada o Carballiño.

O mellor o que hai que eliminar non son as deputacións, senon certos concellos que goberne quen goberne, sempre son incompetentes pra todo. E que sirven pra colocar o fillo, a irmá, o amiguete, e fanfarronear facendo gala orgullosamente da propia incompetencia.

10, Xuño 2016

O actual goberno de Piñor "estableceu como prioridade a mellora do firme das estradas do concello, motivo polo cal, recén chegados ó goberno fixemos unha análise polo miúdo da situación actual das estradas do concello, se valorou e se estableceu unha priorización na sua execución",manifestan dende o concello.

Coas últimas choivas o deterioro agravouse polo que o Alcalde de Piñor, José Luis González, afirma que "todas as obras teñen que ter unha planificación tanto temporal como de execución polo que era necesario a chegada do bo tempo para que deran comezo nas condicións óptimas".

As estradas que o concello de Piñor arranxará durante o verán e ata a entrada do outono serán:
1. Estrada da Eirexe de Torcela ao Outeiro .
2. Estrada de Vilar á Eirexe de Torcela.
3. Estrada de de acceso ó pobo Outeiro de Torcela.
4. Camiño de Coiras a Carbadelliña .
5. Camiño de Outeiro de Loeda que une coa estrada que vai a Carballiño.
6. Reparación do firme da estrada de Piñor a Loeda.
7. Pavimentación das rúas do pobo de A Corna.
8. Pavimentación da estrada de Coiras ó cruce de Sextos.

Segundo o Alcalde de Piñor, José Luis González; “As obras de mellora do firme das estradas están financiadas polo Concello de Piñor, pola Xunta de Galicia e pola Deputación de Ourense; que pon de manifesto que a colaboración entre Administracións é necesaria coa finalidade de levar adiante proxectos nos pequenos concellos do rural. Trátase de obras moi demandadas polos veciños e que sen dúbida permitirán mellorar a súa calidade de vida, e un incremento na seguridade viaria; posto que teñen que pasar por elas diariamente.

O Alcalde afima que é “consciente de que estas non son todas as necesarias pero sí son as máis urxentes e as que afectan a máis poboación; son coñecedor da necesidade do acceso ó pobo de Sextos, da estrada de Senra, e da necesidade de unha boa capa de rodaura para a estrada de Loeda-Piñor que acometeremos o próximo ano; así como outros pequenos camiños que nunca tiveron asfalto e son merecentes delo. Este é o primeiro ano de lexislatura e traballamos para dotar Piñor e os seus pobos de bos accesos que non supoñan unha traba na accesibilidade para os seus veciños”,subliña o alcalde de Piñor.

9, Xuño 2016

Bo día a todos/as

Quero denunciar o mal estado (de novo como todos os anos) do PR 76 é dicir, a parte que comeza no muiño das lousas e mais a entrada ao camiño

Dito percorrido é de uso habitual por veciños, pescadores, corredores e senderistas que veñen doutras zonas e comezan ahí

É unha vergoña, está impracticable, é imposible pasar por alí

Qué pasa ocn este equipo de goberno? tanto que se criticaba que os do PP tiñan as zonas verdes descoidadas...que si a peña dos namorados, os escalóns do muiño das lousas, etc.

Que pasa ahora con esas críticas? Pois está todo peor que antes. Segue todo sen arranxar

Espero que non lle voten a culpa á herdanza recibida.. como lin hai uns días...que pouca vergoña

Eso sí...cando hai que dar un premio....o concelleiro é o primeiro en chegar....para a foto claro

Haber se somos serios e cumplimos

Esixo a limpeza das zonas verdes XA

uN SAÚDO

8, Xuño 2016

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Alfonso Marnotes, acompañado da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Diaz, anunciou que O Carballiño contará cunha "Lanzadeira de Emprego".

Esta iniciativa consiste nun programa que inclúe asesoramento, orientación e formación para mellorar a procura dun posto de traballo.

O municipios do Carballiño e Ourense son os únicos dous no ámbito provincial que van contar con este programa, do que se van beneficiar 120 persoas.

O proxecto establece unhos obxetivos de inserción laboral dos traballadores que participen nel, tendo que acadar un emprego como mínimo do 25% dos participantes.

Obradoiro de Emprego para os concellos do Carballiño, San Amaro, Boborás e Maside

A Xunta tamén anunciou a concesión dun novo obradoiro de emprego intermunicipal para os concellos do Carballiño, San Amaro, Boborás e Maside.

Ofrecerá formación e emprego a 20 persoas e contará cun orzamento de 180.000 euros.

8, Xuño 2016

As brigadas municipais de obras e medio ambiente acondicionan estes días o entorno do Parque no que se vai desenvolver o próximo sábado, 11 de xuño, a Festa dos Maiores. Neste labor tamén colaboran os traballadores de protección civil lavando as rúas centrais e desatascando os sumidoiros con auga a presión.

Ademáis da limpeza xeral, con desbroces, corte de herba e retirada de ramas, procédese á revisión e limpeza das instalacións de aseos, así como das fontes, tomas de corriente e de auga, e a montaxe da infaestrutura de mesas e bancos para o xantar do recinto oficial.

Asemade, ultímase o operativo da policía local e protección civil para cubrir as necesidades de tráfico e seguridade deste evento que reúne cada ano a milleiros de persoas chegadas de toda a provincia e de Galicia para compartir unha xornada de lecer neste marco natural do Carballiño.

Cativeiras previsións de asistencia

Lonxe quedan, fai unhos anos atrás, aquelas edicións multitudinarias nas que a asistencia a esta Festa dos maiores rebasaba as 30.000 persoas.

Nas últimas edicións celebradas constátse o declive desta convocatoria festiva, de feito as previsións para este ano apuntan a apenas 40 autocares que están reservados para achegar aos participantes ata O Carballiño, procedentes de diversas localidades galegas

6, Xuño 2016

O concello do Carballiño renuncia á contratación de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais, "por entender que se trata dunha competencia autonómica que debería asumir directamente a Xunta de Galicia, e porque non pode asumir o custo adicional que representa este servizo para as arcas municipais, nin contar coas instalacións adecuadas para albergar aos brigadistas".

Neste senso, as condicións que se establecen para realizar esta contratación -manifestan dende o concellos- resultan de difícil cumprimento para o concello, xa que esíxense 50 hectáreas de desbroce de monte por cada brigada e resultan difíciles de realizar e certificar.

O motivo principal "é que se leva ás brigadas a camiños e a montes de difícil acceso onde non poden entrar maquinaria pesada, como os tractores, e así resulta imposible acometer o traballo e cubrir os obxectivos", subliñan.

Por outra parte, considérase mais idóneo o desbroce daquelas zonas forestais próximas ás vivendas, que pudieran poñer en perigo bens e persoas, e isto non se contempla. No fondo -indican dende o goberno municipal- existe unha clara discriminación con respecto ás prioridades e ao papel que deben xogar os concellos nesta cuestión, quedando relegados a un segundo plano na toma de decisións pero debendo asumir a responsabilidade dun servizo para o que non é competente nin para o que non conta cos recursos necesarios e suficientes.

Por todo isto, o concello do Carballiño vese na obriga de renunciar á contratación destas brigadas, que é un servizo de ámbito autonómico e que, como tal, debe asumir directamente a Xunta de Galicia.

O Partido Popular lamenta "a deixadez, irresponsabilidade e vagancia" do grupo municipal de goberno.

Para acceder ao comunicado do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

 

5, Xuño 2016

Na aldea de Marañís levan a meirande parte do inverno e da primavera sen auga da traída.

Un pozo particular vai mitigando as necesidades dun elemento tan esencial na vida cotiá.

Cada dous por tres teñen que estar chamando ó alcalde para que mande ós traballadores do concello a solucionar os problemas que tén a rede de abastecemento que trae a auga ó pobo.

Hai auga no manatial pero non chega en cantidade suficiente ó pobo para satisfacer as necesidades da veciñanza. Ata hai mes e medio a situación víñase repetindo cada certo tempo sendo a secuencia dos feitos a seguinte: falta de auga na billa, os veciños chaman varias veces ó alcalde porque éste non colle o teléfono, finalmente localízano e dilles que mandará a un traballador municipal para que arranxe o problema.

O traballador vai, fuchica un pouco na rede da traída, o depósito énchese e así ata pasados uns días ó cabo dos cales hai que repetir a mema historia. Pero hai mes e medio o 1º Ralli Mix de Piñor, atravesou o pobo, deixando ós veciños incomunicados durante a fin de semana que durou a proba, ademais de abrir pistas en fincas particulares sen permiso dos donos. Isto provocou escritos de veciños de Marañís, incluso cartas ós medios de comunicación, queixándose da situación. A primeira vez que quedaron sen auga dende que pasara o do Rali Mix o que lles dixo ós veciños foi que a agua non era cousa do concello e que se tiñan que arreglar eles mesmos posto que tamén tiñan tempo para criticar e mandar escritos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS