25, Maio 2016

Arredor de cen escolares do centro público da Uceira visitaron hoxe, acompañados polas súas profesoras, a praza de abastos, dentro dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia para achegar os mercados de abastos á mocidade.

O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Adolfo Nogueira, recibiron aos estudantes e ao profesorado á porta da praza, que estaba moi engalanada con globos e banderolas co lema desta campaña “Quere o teu mercado”.

Tanto o alcalde como o concelleiro referíronse á importancia das prazas de abastos, que ofrecen alimentos frescos e son un xeito moi cercano e personalizado para realizar a cesta da compra cada día. A continuación realizouse un percorrido polos distintos postos de carne e peixe, onde carniceiros e pescadeiras lles explicaron aos escolares as propiedades dos alimentos e a conveniencia de mercalos na praza.

24, Maio 2016

Por vez primeira dende que existe este rexistro o municipio do Carballiño rebasa a cifra das 4.000 persoas incritas, xa que según os últimos datos actualizados do CERA son 4.015 os electores residentes no extranxeiro que son orixinarios do municipio carballiñés.

En apenas unha década, o CERA carballiñés experimentou un notable incremento, ao pasar dos apenas 3.000 incritos do ano 2006 a estes 4.015 electores residentes ausentes, persoas que están inscritas neste censo electoral e declararon que o seu concello de orixe é O Carballiño.

No ámbito comarcal, aínda que rexistra un leve descenso, tamén e siñificativo o CERA de Boborás, con 2.431 inscritos. Por arriba dos mil electores no extranxeiro tamén se sitúan Maside -con 1.515-, O Irixo -1.057- e Beariz -1.045-.

24, Maio 2016

A Asociación fotográfica O Potiños, en colaboración co concello do Carballiño, convoca para o próximo domingo, 29 de maio, unha nova edición do Festival “Pon unha foto na rúa”.

Este evento ten por obxecto secundar unha iniciativa internacional, á que se adheriu España no ano 2009, dirixida a promover a arte fotográfica en todo o mundo.

O Potiños celebra a terceira edición, e consiste na exhibición de fotografías cedidas polos veciños, que se colocan en paneis ou pendurando dunhas cordas nos soportais e na Praza Maior.

Por isto, o presidente da asociación, Manuel Blanco, que realizou a presentación xunto co concelleiro de Cultura, Diego Fernández, pediu a colaboración veciñal para que aquelas persoas que o desexen acudan á Praza Maior do Carballiño coas súas fotografías para que poidan ser expostas e contempladas polos demáis veciños.

As fotografías poden ser de calquera temática, estilo e tamaño, sempre que midan máis de 10 cm. Este festival fotográfico desenvolverase o domingo, 29 de maio, dende as dez da mañá ata as oito da tarde, ininterrumpidamente, pois contará en todo momento coa presencia dos membros da asociación O Potiños.

Como unha actividade complementaria, esta asociación vai montar unha carpa cedida polo Centro Comercial Aberto, na que instalará un estudio fotográfico completo para realizar retratos artísticos a todas as persoas que o desexen. Estes retratos formarán parte dunha exposición que se realizará nun local da rúa do Paseo. Ao mesmo tempo, nesta carpa, os membros da asociación continuarán recollendo fotografías antigas para formar parte dun fondo fotográfico do Carballiño.

As fotografías serán escaneadas e devoltas aos seus donos no momento. Manuel Blanco asegurou que a colaboración dos carballiñeses coas actividades da asociación era sempre moi importante e que esperaba unha gran participación nestas iniciativas que se desenvolverán o domingo na Praza Maior e nos soportais na rúa do Paseo. Pola súa parte, Diego Fernández agradeceu o traballo que desenvolve esta asociación a prol da fotografía e resaltou que a súa actividade complementa e enriquece a programación cultural do concello, e que por iso hai una mútua colaboración.

23, Maio 2016

O concello do Carballiño convoca ao sector hostaleiro a unha reunión que terá lugar este martes, 24 de maio, ás 17,00 h., no salón de plenos, co obxectivo de incentivar a súa participación na programación dos festexosmáis importantes do verán, fundamentalmente, do Carnaval de Verán, da Festa do Pulpo e das festas patronais do mes de setembro.

A convocatoria parte da concellería de Turismo e Festexos, pero tamén da de Medio Ambiente, pois búscase a implicación deste sector para que colabore na campaña de difusión de boas prácticas na xestión dos residuos urbanos e reciclaxe, posta en marcha hai unas semanas.

Nesta campaña, que xa conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto, o sector hostaleiro é unha peza clave, xa que produce unha gran cantidade de residuos de todo tipo e, ademáis, son lugares de encontro da veciñanza e poden axudar a difundir os folletos e carteis da campaña.

Así, pois, a esta reunión acudirán os concelleiros de Turismo e Festexos, José Manuel Dacal; a concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Cando falta menos dun mes para o comezo da tempada de verán e coobxectivo de sumar incentivos, dende o concello quérese conseguir a maior implicación posible do sector hostaleiro, e por iso nesta reunión do martes proporase a edición dunha guía turística do verán con información das festas e dos eventos culturáis e de lecer, dos lugares de interese e da oferta hoteleira e de restauración.

Asemade, a proposta de varios hostaleiros, trataranse outros temas específicos do sector, como a armonización de prezosd algúns productos de maior consumo nos bares e mesóns.

22, Maio 2016

Los socialistas de Leiro a través de su portavoz municipal Manuel Rodríguez Vázquez mantuvimos una reunión con un grupo de vecinos del pueblo de Vieite en el Ayuntamiento de Leiro, los vecin@s de la calle Cruceiro que nos trasladaron una inquietud grave, por una casa que está en estado de ruina.

Según nos comentaron los vecinos que desde el Ayuntamiento no se están a tomar medida alguna para garantizar la seguridad de la zona ya que dicha casa está en estado ruinoso e incluso nos comentan que presentaron un escrito por registro, poniendo en conocimiento de las autoridades municipales la peligrosidad de la construcción por la caída de cascotes a la vía pública con los consecuentes peligros para la integridad física de los vecin@s que pasan a diario por ella, un dato importante y que nos reseñaron es que hace cuatro años que viene sucediendo y a día de hoy no recibieron contestación del Ayuntamiento, por eso se dirigieron a nosotros como representantes suyos, para ver que medidas se podían adoptar.

El Grupo Municipal Socialista les anima a presentar otro escrito, incidiendo en lo mismo y si las autoridades municipales no toman medidas urgentes, proceder a una recogida de firmas por todo el pueblo de Vieite e incluso en el conjunto del Ayuntamiento, ya que los vecinos están dispuestos a tomar todas las medidas necesarias, dicen: “estar hartos por la pasividad mostrada desde la Alcaldía”, el problema cada día que pasa es mayor, y el deterioro de la casa se acrecienta cada vez más con el paso del tiempo y por factores como la climatología , si pasara algo grave a algún vecino del lugar por la caída de cascotes, que dirán después las autoridades, por eso queremos una solución ya, de una manera o de otra.

20, Maio 2016

Dúas das orquestras de moda e con máis tirón popular na actualidade en Galicia, "La Fórmula" e "El Combo Dominicano" (Na foto) forman a programación musical estelar destas festas de Santa Rita 2016 que se celebran en Dacón do sábado 21 ao lúns 23.

As actividades programadas pola comisión de festas comezan ás 6 da tarde do sábado cunha festa infantil animada polo paiaso Tanito e o seu espectáculo "Sonrisas máxicas". Pola noite, celebraráse unha cea-xuntaza popular, que estará amenizada polo Showman Carlos Padrón e o pregón festivo, a cargo de Manuel Dominguez, chef estrela Michelín. Un folión de lucería completará a programación sabatina.

O dia de Santa Rita, o domingo 22, iniciaránse as misas na igrexa parroquial ás 7,30 da mañá, e sucederánse durante toda a xornada matinal ata que ás 12:30 do mediodia sairá a procesión, seguida de misa solemne. Ofrecerá pasarrúas e concertos a banda de música de Vilanova dos Infantes. Para a festa e a verbena estarán "La Fórmula" e Disco Móvil co DJ Charlie.

Xa finalmente, o lúns 23 haberá alborada coa charanga Castro Bello e o grupo de gaitas "Os achegados". Pola noite, amenizarán a verbena o DJ Lino e actuación estelar de "El Combo Dominicano"

19, Maio 2016

Levamos días sen que o sr. alcalde de Maside diga nada dos "postos de traballo" que se prevían nese concello co gallo da fábrica de "reciclaxe limpa" de neumáticos. E unha mágoa porque somos moitos os que, guiados polas suas verbas e polas suas promesas sempre o apoiamos, votamos, e contábamos con que agora tivésemos unha oportunidade de acadar un posto de traballo dese grande invento de reciclar neumáticos que xa existe en Seseña y en varias localidades de Galicia. http://www.laregion.es/articulo/galicia/cementerio-90-000-neumaticos-ala...

18, Maio 2016

O portavoz do Partido Popular no concello do Carballiño presentou o contido dunha moción que tratará no próximo pleno a Deputación de Ourense e para a que os populares agardan o apoio unánime do resto dos grupos políticos.

A iniciativa ten por obxecto instar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España á mellora, con carácter inmediato, dos servizos públicos de transporte entre O Carballiño e a capital ourensá, aínda que tamén se solicita de modo xeral a revisión da situación das outras vilas máis poboadas da provincia.

“Non podemos permitir que contando con vías de altas prestacións e estando a 15 minutos de Ourense sexan os propios servizos públicos de transporte os que nos estean a alonxar do mundo”, afirmou o voceiro do PP no Carballiño na súa intervención, na que agredeceu a sensibilidade amosada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, “cunha vila e comarca na que residen 30.000 ourensáns”.

Marnotes puntualizou que todos os grupos políticos con representación no Concello do Carballiño, ademais de toda a veciñanza, están unidos na demanda dun mellor transporte público, unanimidade que tamén reclamou aos grupos políticos na Deputación xa que, segundo dixo, “esta moción so debe ser enriquecida, nunca rexeitada, e moito menos motivo de desunión na nosa provincia”.

O voceiro popular no Carballiño foi máis aló ao sinalar que a reunión da semana pasada entre o presidente da Deputación e os representantes políticos municipais carballiñeses “non só axudou a ver a problemática que o transporte público está a xerar no noso territorio, senón que amosou que é un problema fácilmente trasladable a outros lugares da provincia”.

Argimiro Marnotes engadiu que con esta moción dase inicio “a unha aposta firme, a prol dun transporte público provincial e de calidade”, lembrando que así figura no Plan 15-19 da Deputación, xunto con outras iniciativas como o servizo de transporte á demanda ou o metro de superficie.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS