11, Outubro 2015

Un córner lanzado por Marcos Sotelo na primeria parte, que salvou con apuros o meta local, foi toda a pólvora mostrada neste partido polo Arenteiro ante a portería rival, á que so conseguíu aproximarse nun par de accións máis a balón parado, pero sen crear perigo, asi dificilmente pode sacarse algo positivo nun partido. E aínda asi estivo a punto de facélo, porque o equipo vigués marcou o gol e pouco máis. Como circustancia atenuante para os verdes, subliñar que xogou dende o minuto 56 con 10 futbolistas ao resultar expulsado Ocampo por doble cartón amarelo. Tres minutos despois, no 56, chegou o gol local nunha boa combinación da dianteira viguesa.

CD Arenteiro: Israel, Gele, Maxi, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Marc, Bardelás, Lois e Esteban.

Partido xogado no campo Manuel Pahiño da barriada viguesa de Navia, e que siñificou a segunda derrota dos verdes no presente campionato de liga. O vindeiro domingo recibirá en Espiñedo ao Porriño Industrial na que será a 9ª xornada da Preferente Galicia Sur.

8, Outubro 2015

En plena campaña preelectoral o agora tenente alcalde solicitara a incrición no padrón municipal de habitantes do concello de Piñor, pero o concello, daquéla gobernado polo alcalde socialista Francisco Fraga denegáralle a petición por entender que non cumplía os requisítos.

Uxío Rodríguez acudíu a vía do contencioso, e agora o xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Ourense ven de darlle a razón, recoñecendolle o seu dereito a figurar no padrón municipal como veciño do lugar de Albarona.

A sentencia estima o recurso que promoveu contra a resolución do concello de Piñor e acorda a súa alta no padrón municipal do concello de Piñor.

A sentencia, que ordena o pagamento das costas á administracción denunciada, observa "desviación de poder e ilícito penal" na conducta do concello e mesmo manifesta que "lamentablemente en el caso que nos ocupa cuestiones políticas han provocado esta situación y la reticencia de la adminstracción de proceder a su incripción".

Pola súa parte, o grupo  socialista fixo público un comunicado no que afirma que o exacalde non ten coñecemento da sentencia e  reafirmanse nos motivos polos que no seu momento o concello de Piñor denegou a solicitude de inscrición, nin residía antes nin reside agora no concello de Piñor,  sentencian os socialistas.

O

7, Outubro 2015

O Carballiño contará en pouco tempo cun centro de dia para a atención de persoas maiores, un proxecto que promove a empresa Gesmedical, recentemente adxudicataria do servizo de axuda a domicilio do concello carballiñés.

As instalacións ocuparán unha superficie de 1.500 metros cadrados, nos baixos dun edificio sito na rúa de Ourense, fronte á gasolineira Piteira.

A empresa ten moi avanzado o proxecto para a apertura deste centro de dia no Carballiño, que terá inicialmente 65 prazas dispoñibles para a atención das persoas usuarias, fundamentalmene, persoas maiores.

Dase a circustancia que, no último pleno celebrado pola corporación  carballiñesa aprobouse por unanimidade dos grupos políticos unha moción do goberno municipal para instar á Xunta á construcción dun centro de dia no Carballiño de xestión pública, que no caso de concretarse, sumaríase a este outro promovido pola iniciativa privada.

7, Outubro 2015

O anuncio de instalación dun proxecto industrial dedicado á reciclaxe de neumáticos no municipio de Maside, ven de reactivar á "Plataforma Masidá", que se constituira en 2012 para opoñerse á privatización do servizo público de abastecemento de auga.

Agora anuncia a súa postura contraria a este proxecto industrial ao considerar que é altamente contaminante.

Comunicado da "Plataforma Masidá"

Plataforma Masidá es una iniciativa vecinal que surgió con motivo del rechazo social que provocaba el proceso de privatización del agua de Maside en diciembre de 2012.

En la actualidad Maside se enfrenta a uno de los mayores desafíos de su Historia. Una empresa pretende instalar una incineradora de neumáticos en territorio masidao, muy próxima a un núcleo muy poblado como es Outeiro Grande, y próxima a un colegio público, el CPI de Maside. Debemos llamarla incineradora en virtud de la legislación española. Está recogido como tal en la Directiva 2000/76/CE de incineración de residuos y en el REAL DECRETO 653/2003 de 30 de mayo, que incorpora la citada Directiva al ordenamiento jurídico español. Dice su Artículo 3: “Instalación de incineración: cualquier unidad técnica o equipo, fijo o móvil, dedicado al tratamiento térmico de residuos mediante las operaciones de valorización energética o eliminación, tal como se definen en los apartados R1 y D10 del anexo 1 de la Orden MAM/304/2002, de 8 de febrero, con o sin recuperación del calor. A estos efectos, en el concepto de tratamiento térmico se incluye la incineración por oxidación de residuos, así como la pirólisis, la gasificación u otros procesos de tratamiento térmico, como el proceso de plasma, en la medida en que todas o parte de las sustancias resultantes del tratamiento se destinen a la combustión posterior en las mismas instalaciones.

A fecha de hoy conocemos que la empresa en cuestión ya tiene una instalación en Alcázar de San Juan. Es una planta de incineración de neumáticos mediante el sistema de pirólisis, tambien llamado termólisis. 

Ante las numerosas noticias relacionadas con la planta entre las que podemos destacar una apertura de diligencias de la Fiscalía por presunto delito ambiental, y un procedimiento judicial por presunta prevaricación administrativa, un grupo de vecinos decide desplazarse por sus propios medios a las instalaciones de Alcázar de San Juan. Las conclusiones a las que llegan los vecinos están expuestas en la página de Facebook Plataforma Masidá.

Las líneas de actuación de Plataforma Masidá serán las siguientes:

1) Informar a todos los vecinos de Maside en todo lo relativo a la Planta, para ello contamos con la página de Facebook (Plataforma Masidá).

2) Si llegado el momento, este proyecto se concreta, Plataforma Masidá se constituirá como Asociación para tener plena capacidad jurídica.

3) Estamos estudiando la posibilidad de recurrir a los servicios de consultoría jurídica especializados en materia ambiental.

4, Outubro 2015

O Partido Popular esixe do alcalde do Carballiño que anule a orden de suspensión do turno de noite na Policia Local do Carballiño previsto para esta semana, entre o 5 e o 11 de Outubro. Os populares tamén piden ao alcalde que cese ao concelleiro de Seguridade.

Doutra parte, o Oficial Xefe da Policia Local fai público un comunicado no que aclara a súa postura sobre este asunto.

O Alcalde Francisco Fumega compareceu ante os medios para transmitir ante a cidadanía "unha mensaxe de absoluta tranquilidade" e salientou que está garantida a seguridade a través da Garda Civil "que reforzará as noites con dúas patrullas", anunciou o rexedor.

Fumega manifestou que " non é desexable pero trátaase dunha situación herdada" e remarcou que o concelleiro Adolfo Nogueira conta coa súa absoluta confianza e apoio. O propio Nogueira lamentou as críticas do Partido Popular, xa que as mesmas -dixo- teñen como finalidade "alarmar" á cidadanía.

Para ver os comunicados de prensa de Partido Popular e da Xefatura da Policia Local, prema nos arquivos adxuntos:

2, Outubro 2015

Un encontro no que que ambos equipos fixeron escasos méritos para gañar, e que resolveu unha acción persoal de Marcos Sotelo no minuto 11 ao transformar un libre directo que se colou pola escadra da portería rival.

Un deses partidos "malos de solemnidade" na que ningún dos equipos estiveron a altura, aínda evidentemente por xogar o Arenteiro na casa e pola diferencia de potencial entre ambos, sería dos verdes de quen habería que esperar algo máis do vimos esta tarde en Espiñedo, onde o mellor -de largo- foron os tres puntos.

O Arenteiro volveu acabar o partido en inferioridade numérica ao ver Dafonte doble cartón amarelo, o segundo nunha acción no que se leva limpamente o balón ante o xogador rival.

CD Arenteiro: Isra, Ocampo, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Sanginés, Marc, Lois e Esteban.

 

 

 

2, Outubro 2015
2, Outubro 2015

O 30 de setembro pechaba a oficina municipal de Turismo da Alameda, co cal dábase por pechada a tempada estival na vila carballiñesa, cun saldo de visitantes censados de máis de 2.200, procedentes de distintos puntos da xeografía nacional e internacional. Os datos corresponden o informe relaizado polas dúas traballadoras que estiveron atendendo en dita oficina e, tal e como reflicten en dito informe, non recolle o número total de visitantes a O Carballiño durante o verao, xa que moitos dos que acudiron a vila e a bisbarra, non pasaron por dita oficina, e outros pasaron directamente polas dependencias municipais de Turismo.

Un ano mías a procendencia dos turistas a O Carballiño é maioritariamente da comunidade autonoma galega, despuntando tamén o turismo procedente de Madrid, Canarias ou Cataluña.

A maior demanda de información destes visitantes foi relativa o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, e, como non, sobre donde comer pulpo a feira, sen esquecer o interés dos visitantes o respecto do Balneario, Parque Etnográfico ou zona de camping municipal.

Detectouse tamen por parte das axentes de turismo a demanda dos visitantes de información sobre as actividades culturais e de ocio programadas dende o concello, así como o funcionamiento das piscinas municipales e as rutas de senderismo da zona.

Por outra banda, a situación xográfica do Carballiño, permitiu que moitos visitantes escolleran esta vila para, dende aquí, coñecer outras zonas de Galicia. Neste senso foron moitos os turistas que, aloxados no Carballiño, solicitaron información sobre zonas como as Ribeira Sacra, Santiago, as Cíes ou a praia das Catedrais. Esto indica como O Carballiño debe seguir potenciadose como un destino turistico perfecto para coñecer o resto de Galicia, o estar a menos dunha hora das principais capitais galegas, e dos principais puntos de interese para os visitantes doutras comunidades aoutónomas.

Dende a área de Turismo falouse tamen cos hoetis da vila, os que recoñeceron que fora un veran algo máis activo, con ocupación algo superior o ano pasado sobre todo no mes de agosto, destacando tamen que as estancias no Carballiño prolongaronse entre os 8 e os 15 días, “o que foi tamen mellor para a osteleria e o comercio local”.

Nese senso xa adiantou Dacal que estase a elaborar un paquete turístico en colaboura entre os hosteis, osteleria, comercio e Concello, no que se ofrezcan grandes ventaxas para os turistas.

O edil de Turismo sinalaba que “o balance do veran carballiñés creemos foi bo, tendo en conta estes datos da nosa oficiña municipal, os que debemos engadir un importante nùmero de turistas que se achegaron a O Carballiño para actos moi concretos, como a Festa do Pulpo, o Entroido de Verán ou as propias festas patronais, Xociviga e Fetega”.

Manolo Dacal aseguraba que “estos informes nos permiten programar xa a vindeira tempada de verán, coñecendo os puntos a mellorar, así como o que dememos seguir apostando por elas”. Dacal non deixaba pasar por alto as queixas rexistradas na citada oficiña de Turismo “xa que delas tamén podemos aprender para mellorar e ofrecer ainda mello a O Carballiño como principal destino turìstico do interior galego”.

Entre esos puntos a mellorar no apartado turistico estaría a mellora na sinalización das zonas como o camping, muiños, etc..os horarios de apertura de certos monumentos e lugares de interes como o museo etnográfico, ou a deficiencia das instalacións infantis do Parque Municipal”.

Todas estas queixas, afirmaba Dacal “están sendo xa analizadas e algunha delas subsanadas, como a limpeza nas zonas de maior atractivo turistico, e seguiremos arranxando estes pequenos erros para seguir medrando como destino turistico”.

Contas da Festa do polbo

Na mesma rolda de prensa Dacal diu os datos económicos da Festa do Pulpo 2015, nos que se destaca que o custe total da mesma foi de 135.501 euros, sendo a aportación económica do concello de tan so 45.226 euras, xa que o resto foi solventado cas aportacións da venda de entradas o recinto, 26.560 euros, a aportación da Xunta e o  Inorde, 25.000 e 12.000 euros respectivamente, a aportación de Abanca, 11.000 euros, e  o pago dos bares, minibares e postos de venta que sumaron, entre todos, máis de 16.000 euros. Con todo elo o recaudado para a festa foi de 135.501 euros, “polo que o balance non pode ser mellor, o que denota unha boa xestión municipal desta gran festa carballiñesa”.

2, Outubro 2015

O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño ven de presentar un escrito dirixido á secretaría municipal no que fai varias preguntas nas que pide aclaracións sobre a compatibilade da dedicación exclusiva que ten recoñecida polo pleno o alcalde Francisco Fumega.

Para ver o escrito do Partido Popular prema no arquivo adxunto:

1, Outubro 2015

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos alcaldes de Cenlle, Punxín e San Amaro, Gabriel Alén, Manuel Vázquez e Ernesto Pérez para analizar con eles os problemas de abastecemento de auga nestes concellos, que solicitaron a colaboración do goberno provincial para mellorar o subministro de auga nestes tres municipios ourensáns. Na xuntanza, que tivo lugar no Pazo Provincial, Manuel Baltar expresoulles aos rexedores que a Deputación de Ourense "estudará as posibles vías de cooperación para levar a cabo actuacións que permitan modernizar a rede de abastecemento nestes concellos", e dixo que a Deputación "está a elaborar un estudo económico para ver o grao de colaboración do ente provincial, tamén coa participación dos tres concellos".

Os alcaldes avaliaron co presidente provincial as obras que se están a executar e que consisten na ampliación do bombeo e tratamento de auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Razamonde e a construción de depósitos de cabeceira en cada un dos concellos afectados e as respectivas redes.

Con esta actuación preténdese dar solución definitiva aos problemas que o subministro de auga de consumo humano representa para os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro.

Como a ETAP está ubicada no Concello de Cenlle e a auga vai ser distribuída aos municipios dende a mesma, plantexase o problema da xestión no futuro da citada ETAP, ante o cal Manuel Baltar comprometeuse a que a Deputación de Ourense estudará a posibilidade de asumir conxuntamente cos concellos a dita xestión técnica e económica, dado que esta excede as capacidades materiais, financeiras e persoais dos municipios afectados. "A función principal do goberno provincial e cooperar cos concellos e asistilos, como vimos facendo neste e noutros ámbitos de actuacións", explicou Manuel Baltar, quen engadiu que un ben tan prezado e necesario como a auga "necesita de solucións eficaces e dunha xestión eficiente que garanta o mellor servizo para os cidadáns".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS