1, Abril 2025

O alcalde do concello de Beariz, realizou en COPE O Carballiño as súas primeiras manifestacións públicas nun medio de comunicación, desde que na pasada semana trascendeu a decisión da Comisión Europea de elixir a mina de litio de Doade como proxecto estratéxico para a Unión Europea.

Manuel Prado dixo que o concello de Beariz está en disposición de escoitar a todos para acreditar a viabilidade deste proxecto, que corresponderá aos técnicos facer o seu traballo, que tería que ser respectuoso e sostible, e sendo así constituiría un gran impulso económico para Beariz e a comarca do Carballiño.

Escoita aquí a entrevista en COPE O Carballiño ao alcalde de Beariz:

 

1, Abril 2025

A Xunta de Galicia formalizou a prórroga e modificación do contrato da concesión do Hotel Monumento de San Clodio, en Leiro (Ourense), que habilita á empresa Hoteles Turísticos Unidos, S.A. (Hotusa) a seguir proporcionando a atención turística deste establecemento emblemático da oferta turística de Galicia en xeral, e da provincia de Ourense en particular, cunhas condicións que buscan mellorar a atención ao público.

O contrato terá unha vixencia de cinco anos máis, adaptándose ás necesidades de amortización e do investimento realizado no mantemento dunhas instalacións destas características. O documento inclúe a explotación do Hotel Monumento por parte de Hotusa, empresa que, con sede en Chantada, alcanza a cifra de preto de 700 traballadores entre oficinas e hoteis que xestiona na Comunidade galega. O documento inclúe tamén melloras nas condicións do servizo e atención turística e de hostalería que se presta no Hotel Monumento de San Clodio.

En virtude do contrato, o Hotel Monumento de San Clodio deberá cumprir uns períodos mínimos de apertura máis amplos que ata o de agora, que serán todas as fins de semana comprendidas cada ano desde o Entroido ata a Semana Santa. Ademais, desde Semana Santa ata o 12 de outubro deberá estar aberto de forma ininterrompida e continuada todos os días, do mesmo xeito que as pontes de Todos os Santos e a Constitución.

En canto ás instalacións, o contrato tamén estipula, como novidade, que a cafetería e o restaurante deberán estar abertos nos mesmos períodos sinalados con anterioridade e inclúe ademais que deben contar con servizo de atención aos clientes de forma continuada. O contrato refírese tamén de forma específica ao claustro que deberá estar aberto no período indicado e tamén no Nadal.

O documento culmina unha fase de tramitación entre a Xunta e a empresa concesionaria antes de que rematase a vixencia do anterior contrato con data límite o 31 de marzo. No contrato non se inclúe a explotación do spa-vinoterapia por ter vencido este en decembro, circunstancia que obriga a unha licitación que sairá publicada proximamente.

1, Abril 2025

Esto e unha fotodenuncia do mal estado dos columpios da Veracruz. Non sei a que están esperando... para arranxalos. Calquer día temos un problema cos nosos fillos.

Agradecería a vosa difusión que o comentarades na radio. Grazas un saudo

31, Marzo 2025

O Grupo Provincial Socialista interpela directamente á Deputación Ourense en relación co estado de obras no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) tralo incidente ocorrido no Materno Infantil, onde esta fin de semana se produciu o desprendemento dun teito.

“Trátase dunha situación preocupante que reflicte non só problemas estruturais nas instalacións e no avance das obras, senón tamén unha evidente falta de planificación e compromiso por parte da Xunta de Galicia”, afirmou Álvaro Vila, voceiro socialista na Deputación.

Vila subliñou que as obras do CHUO, iniciadas en 2020 co obxectivo de modernizar as instalacións e adaptalas ás necesidades actuais, “levan anos sendo motivo de queixas por parte dos traballadores, sindicatos e usuarios”.

O voceiro socialista denunciou os retrasos acumulados e destacou a “execución deficiente e impacto negativo que os traballos están a ter sobre as propias condicións de seguridade do inmoble”. Para Vila, “despois dun incidente tan grave como o desprendemento dun teito nunha área tan sensible, é inaceptable que non se ofrezan respostas claras”. Por todos estes motivos, o Grupo Provincial Socialista rexistrou unha serie de preguntas para dirimir se “a Deputación de Ourense está en condicións de garantir que as obras non están paralizadas desde hai semanas” e “que medidas se están tomar para protexer a seguridade de pacientes, persoal sanitario e visitantes”.

Vila considera que a corporación provincial debe interpelar “con urxencia” á Xunta de Galicia para que “asuma a súa responsabilidade”. “Non podemos permitir que a saúde dos ourensáns se tome á lixeira e non sexa unha absoluta prioridade”, sentenciou.

Desleixo da Xunta coa provincia

O socialista evocou retrasos noutros importantes proxectos para a provincia prometidos polo goberno de Alfonso Rueda. Entre estes, a ampliación do centro de saúde de Verín, “cuxas obras aínda non comezaron malia ser anunciadas hai máis de dous anos”; ou a renovación dos equipos médicos do hospital comarcal do Barco de Valdeorras, “unha necesidade urxente que segue estancada”, lembrou Vila.

Segundo este, “non se trata de casos illados, senón que semellan un patrón que xera serias dúbidas sobre a capacidade e vontade do goberno galego para cumprir os seus compromisos con Ourense”, indicou Vila. Para rematar, Álvaro Vila lanzou unha chamada á acción tanto á Deputación como á Xunta de Galicia porque “as ourensás e os ourensáns merecemos respostas claras e accións concretas por parte da Xunta de Galicia”.

“Non podemos seguir agardando mentres a saúde pública non cesa deteriorarse. Non é sen tempo que o goberno galego, como máxima administración competente do servizo na nosa comunidade, deixe de lado a súa lasitude e asuma as súas responsabilidades para comprometerse coa seguridade e futuro do noso sistema sanitario”, concluíu o socialista.

31, Marzo 2025

No solar que hai fronte á gasolineira Piteira ao lado do lavadoiro de coches que pechou seguen saíndo augas penso que residuais ou fecais polo cheiro tremebundo que emanan. A ver si arranxaran o problema xa que da moi mala imaxe sobretodo agora que a rúa quedou moi bonita.

29, Marzo 2025

Ignacio Campo González (Dacón, 1997) foi proclamado hoxe novo presidente da agrupación local do Partido Popular de Maside, logo do congreso celebrado esta tarde na Casa da Cultura, onde o presidente provincial, Luis Menor, pediu ao novo equipo directivo que abra o PP á “participación da veciñanza” como ponte entre as necesidades da xente e o traballo político municipal.

Luis Menor subliñou no seu discurso que este congreso supón a apertura dunha nova etapa no partido, tendo en conta que a última convocatoria data de 2014. Agradecendo o compromiso de Juan Álvarez, ata agora presidente local, Menor animou a Ignacio Campo a consolidar un partido “onde a cidadanía teña a oportunidade de participar activamente, de ser escoitada e de influír no futuro da súa comunidade”.

“Aquí comeza o camiño”, advertiu o líder provincial dirixíndose ao novo presidente local, “pero non vas estar só” apuntou lembrando a sólida implantación da formación popular en todo o territorio da provincia e a vocación de goberno do PP. Un partido, engadiu, que é quen de sentar as bases desde o Goberno da Xunta e o apoio da Deputación para crear un área empresarial, a cabalo co Carballiño, con máis de 1,2 millóns de metros cadrados de superficie, no que será o segundo parque empresarial da provincia. Un proxecto “que non foron quen de facer os gobernos socialistas de Maside en 20 anos”.

PROXECTO ILUSIONANTE PARA O CONCELLO

Ignacio Campo, actual portavoz municipal do PP, agradeceu o apoio da militancia e tivo palabras de recordo para o seu pai, Casimiro Campo, que foi portavoz popular na corporación local “e o meu primeiro referente da vida política local”.

O xa presidente do PP de Maside afirmou que esta é unha nova etapa na que contará con novas persoas cara o futuro, “pero tendo en conta o presente e sen esquecer o moito que fixeron aqueles que traballaron a reo no pasado”. Todos xuntos, asegurou, “imos recuperar ese proxecto ilusionante que xa tiñamos para o noso concello”.

Os socialistas, lamentou, “non deron a talla”, comprometéndose a traballar desde o partido, e desde a corporación “non para conseguir grandes obras, senón para lograr que se executen todos aqueles proxectos que melloren a calidade de vida das persoas, demostrando que somos un partido no que confiar”.

JOSÉ GONZÁLEZ DESTACA A ESTABILIDADE E CAPACIDADE DE XESTIÓN DOS GOBERNOS DO PP

No acto desta tarde tamén participou o responsable de Emprego, Comercio e Emigración do Goberno galego e afiliado popular en Maside, José González, quen destacou a estabilidade e capacidade de xestión dos gobernos do PPP tanto en Galicia como a nivel municipal e provincial, destacando o labor de Luis Menor ao fronte da Deputación de Ourense. Tamén subliñou que o traballo da oposición en concellos como Maside é clave manter o debate político vivo e fortalecer alternativas sólidas que beneficien á cidadanía e contribúan a seguir dinamizando o tecido laboral. “Así é como se constrúe o futuro: creando emprego, proporcionando solucións aos desafíos do mercado e atraendo investimento. Fronte á inestabilidade e a improvisación doutros, nós garantimos progreso e certeza”, manifestou.

PRESIDENTE PROVINCIAL DE NOVAS XERACIÓNS E PORTAVOZ MUNICIPAL

Ignacio Campo González, graduado en Dereito, achegouse á política os 16 anos integrándose en Novas Xeracións, organización xuvenil da que é presidente provincial desde 2020. A súa traxectoria activa na vida política avanza cando forma parte das listas do PP de Maside nas eleccións de 2019, candidatura da que sería cabeza de lista nas seguintes municipais (2023).

28, Marzo 2025

Os socialistas do Ribeiro, pregúntanse en que se diferencia a política do Presidente Alfonso Rueda da de Alberto Núñez Feijoo, ou a de #Luis Menor da de José Manuel Baltar, pois calquera deles seguen impostando nos investimentos con todo tipo de alharacas, para despois desentenderse de como se xestionan por parte dos seus alcaldes os medios adquiridos co diñeiro de todos. Consideran os Socialistas do Ribeiro que polo menos a Conselleria de Medio Rural debería tomarse a molestia de ler o informe do Consello de Contas de Galicia do 2022 no que se tento, por primeira vez, fiscalizar a contas das Mancomunidades de Galicia do período 2016/2021 e no que se recolle a imposibilidade de validar como información útil a información achegada, impedíndolle deste xeito a elaboración dun informe fiscal serio e rigoroso.

Os Socialistas do Ribeiro veñen desde 2017 denunciando as incoherencias das magnitudes económicas e conceptos que se recollen nas contas da Mancomunidade e como reflicte agora o informe do Consello de Contas de Galicia entre outras anomalías. Cremos necesario lembrarlle á Xunta de Galicia que é a que financia preto do 60% do orzamento da Mancomunidade do Ribeiro, polo que está obrigada a velar pola xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos de todos, pero como sempre o mellor é mirar para o outro lado, a pesar da existencia do informe do Consello de Contas.

Só catro datos do Servizo de Protección Civil, Prevención de Extinción de incendios no período 2017/24 prestado pola Mancomunidade. a). O custo total deste servizo paso de 112.058,42€ en 2017 a 171.007,03 € en 2024, é dicir un incremento do 52,6% en oito anos. b). O parque de maquinaria da Mancomunidade componse de catro rozadoras, dúas motobombas, dúas multilif, unha pa, un tractor e unha cabeza tractora. c). As horas traballadas por estas maquinas en 2017 foron de 1.559 horas, un 10% das 15.714 horas laborables dispoñibles para traballar e 1.026 horas traballaron as maquinas en 2024, un 5% das horas laborables dispoñibles. d). Os datos de consumo de combustible e reparacións das maquinas no período 2017/2024 reflicten magnitudes económicas totalmente incoherentes.

Desde o Ribeiro agradeceriamos á Xunta de Galicia e á Deputación que ademais de vendernos eses proxectos e investimentos como motores económicos e dinamizadores da zona e creadores de postos de traballo, comprométanse a que de verdade sexan motores de longa duración e creadores de postos de traballo, controlando e fiscalizando a execución e o logro dos obxectivos do proxecto, esixindo á Mancomunidade do Ribeiro o cumprimento da normativa vixente no relativo á elaboración das contas da mesma, segundo o Consello de Contas de Galicia, un cumprimento que a Mancomunidade do Ribeiro segue sen recoller nas contas do 2024.

28, Marzo 2025

Vaia cos tertulianos de cope que agora son expertos en industria, medioambiente e quimica.
Falan da mina de litio de Doade e nin saben as problematicas que esa mina trae para a nosa terra. Non sei si se informan das cousas ou simplemente falan por falar, porque demostraron con este tema moita ignorancia sobre todo o señor Nogueira que vai de entendido en todo e  cre que todo o sabe.
A mina acabará cos montes e coa limpeza da auga. Sinon xa veredes co tempo.

28, Marzo 2025

Esta Semana Santa será a máis densa da historia en canto ao número de actividades programadas pola Cofradía da Vera Cruz en colaboración coa parroquia, o concello e a Deputación Provincial. No programa que se presentou este venres no salón de plenos do concello destaca a incorporación dunha nova imaxe da Nosa Señora da Esperanza, que se suma aos dous pasos da procesión do Xoves Santo, así como dous roteiros culturais polas igrexas da vila e da contorna. Estas novidades teñen como obxectivo seguir potenciando a Semana Santa carballiñesa coa expectativa de que a próxima edición conte xa coa declaración de Interese Turístico de Galicia, para o cal xa se realizaron todos os trámites pertinentes.

No acto de presentación, que foi conducido pola periodista e presentadora do Telexornal da TVG Raquel Domínguez Carrete e que contou coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega, do cofrade maior, Rafael Melero, entre outros integrantes do colectivo, e o párroco Jorge Juan Pérez, anunciouse que o pregón correrá a cargo do expresidente do goberno español Mariano Rajoy, que pasou unha boa parte da súa infancia na vila carballiñesa, onde o seu pai exerceu de xuíz do partido xudicial do Carballiño dende mediados dos anos 50 ata ben entrados os anos 60 do pasado século.

Tres conferencias, dous roteiros guiados, unha exposición, un concerto de música e seis procesións e actos litúrxicos que contarán co acompañamento de sete bandas, tres corais e oito saeteiros e saeteiras conforman o intenso programa desta Semana Santa, que se detalla a continuación.

PROGRAMA SEMANA SANTA O CARBALLIÑO 2025.
Organizan: Cofradía da Vera Cruz do Carballiño. Unidade de Atención Parroquial do Carballiño.
Colaboran: Excmo. Concello do Carballiño. Excma. Deputación de Ourense.
Patrocina:Pulpería Asador Veracruz.
Arreglos florales: Arte Floral Rita Soto, Flor de Lis.

CICLO DE CONFERENCIAS:
«Ante la Semana Santa: Dios, fundamento de la Esperanza».
Sede: Iglesia Parroquial de San Cibrao.
Horario: 20:30 horas.
Entrada: Gratuita.
Modalidad: Presencial.

-31 de marzo, lunes.
CONFERENCIA: «La Pasión según la Sábana Santa, el rostro de la Esperanza: Formación».
PONENTE: Prof. D. César Barta Gil. Licenciado en Física, investigador y miembro del Centro Español de Sindología.

-1 de abril, martes.
CONFERENCIA: «La Pasión según la Sábana Santa, el rostro de la Esperanza: Oración».
PONENTE: Prof. D. César Barta Gil. Licenciado en Física, investigador y miembro del Centro Español de Sindología.

-2 de abril, miércoles
CONFERENCIA: «Iconografía de la Esperanza, un mensaje de luz y de fe»
PONENTE: Prof. D. Francisco Javier Limia Gardón. Doctor en Historia del Arte, profesor escritor y comisario de exposiciones.

SEMANA SANTA MUSICAL:
Concierto «Sonidos Cofrades».
-5 DE ABRIL, SÁBADO.
20:30 horas. Templo de la Vera Cruz.
-Participa: Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.
-Destacado: Se realizará Pasacalles previo.

PREGÓN DE LA SEMANA SANTA DE O CARBALLIÑO:
6 DE ABRIL, DOMINGO DE PASIÓN.
•SANTA MISA Y PREGÓN DE LA SEMANA SANTA DE O CARBALLIÑO.
12:30 horas. Templo de la Vera Cruz.
Pregona: Excmo. Sr. D. Mariano Rajoy Brey. Presidente del Gobierno de España 2011-2018.
Participa: Coral de Ruada. Dirige: D. Xoan Antón Vázquez Casas.

EXPOSICIÓN: «O Camiño da Cruz».
Con motivo de la celebración de la Semana Santa 2025, la Cofradía de la Vera Cruz pone en marcha una nueva edición de la exposición «O Camiño da Cruz».
Fecha: 6 al 20 de abril de 2025.
Lugar: Templo de la Vera Cruz. Iglesia Parroquial de San Cibrao.
Hora: Según el horario del Templo.
Entrada:Gratuita.
NOTA: No se podrá visitar durante los actos litúrgicos.
Con esta muestra se nos invita a adentrarnos en el auténtico mundo cofrade realizando un recorrido por las principales iglesias de O Carballiño, donde se nos mostrarán varios de los pasos y enseres relacionados con sus procesiones de Semana Santa, junto con una selección fotográfica representativa de cada una de ellas. En palabras de Jesús: «Toma tu cruz y sígueme».

RUTAS URBANAS EN LA SEMANA SANTA:
«Peregrinación de las Siete Iglesias».
Fecha: 15 de abril, Martes Santo.
Hora: 9:30 horas.
Punto de Encuentro: Templo de la Vera Cruz.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Santa María de Arcos – Capilla de la Residencia de los Hermanos Prieto – Capilla del Colegio Sagrado Corazón – Santa María de Mesego – San Roque de Señorín.
Organiza: Unidade de Atención Parroquial do Carballiño.

«Historia, arte e arquitectura relixiosa no Carballiño».
Fecha: 17 de abril, Jueves Santo.
Hora: 11:00 horas. Duración: 2,5 horas.
Punto de Encuentro: Entrada del Cementerio Parroquial, frente al cruceiro.
Itinerario: Iglesia Parroquial de San Roque de Señorín, Iglesia Parroquial de San Cibrao, Capilla del Colegio Sagrado Corazón, Capilla de la Residencia de los Hermanos Prieto, Templo de la Vera Cruz.
Colabora: Centro de Estudios Chamoso Lamas
Guías: D. Juan Manuel Rodríguez y D. Xosé Luis Sobrado.

PROCESIONES:
Procesión de Traslado de la Virgen Dolorosa.
Fecha: 11 de abril, Viernes de Dolores.
Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Misa).
Itinerario: Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa dos Canteiros – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Nuestra Señora de los Dolores.
Banda: Sección Musical de la Cofradía Franciscana de la Vera Cruz, Santiago de Compostela.

Procesión Litúrgica de Ramos.
Fecha: 13 de abril, Domingo de Ramos.
Hora: 11:15 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Teresa Miras Portugal – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Jesús Triunfante entrando en Jerusalén, también llamado «a borriquiña».
Participan: Grupos de Catequesis de la Parroquia de San Cibrao do Carballiño.
Banda: Banda de Guerra de la Brigada Ligera Aerotransportable «Galicia VII».
Destacado: En la Nueva Plaza de la Vera Cruz tendrá lugar la Bendición de Ramos y Palmas.

Procesión Penitencial de la Sentencia y la Esperanza.
Fecha: 17 de abril, Jueves Santo.
Hora: 20:30 horas (al finalizar la Santa Cena).
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Rúa Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Nuestro Padre Jesús de la Sentencia y la Misericordia, y Nª Sª de la Dulce Esperanza de O Carballiño.
Participa: Legio VII Civitas Limicorum, con su tercio de tambores.
Destacado: Se estrena el paso de NªSª de la Dulce Esperanza custodiada por nazarenos de la Cofradía.

Procesión del Cristo de la Salud.
Fecha: 18 de abril, Viernes Santo.
Hora: 12:00 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Aldara – Praza Maior – Rúa Cesáreo Tizón – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Cristo de la Salud.
Banda: Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.
Destacado: El Cristo de la Salud va custodiado por 14 penitentes que portan cruces en representación del Vía Crucis.

Procesión Solemne del Santo Entierro o «dos Caladiños».
Fecha: 18 de abril, Viernes Santo.
Hora: 21:00 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa Evaristo Vaamonde – Rúa Teresa Miras Portugal – Rúa Aldara – Rúa Cesáreo Tizón – Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Vulcano – Rúa Tomás Mª Mosquera – Praza Maior – Rúa Rosalía de Castro – Rúa Curros Enríquez – Rúa Antonio Palacios – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Santa María Magdalena y San Juan al pie de la Cruz, Santísimo Cristo Yacente y Nuestra Señora de los Dolores.
Bandas: Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, de Ferrol. Banda de Música de Vilatuxe.
Coro: Orfeón do Carballiño. Director: D. Christian Casas.
Destacado: Abren filas la Cruz Procesional, el Estandarte de la Cofradía y el Lignum Crucis custodiado por las secciones de nazarenos, penitentes descalzos y mantillas.

Procesión Gloriosa de la Resurrección.
Fecha: 20 de abril, Domingo de Pascua.
Hora: 11:00 horas.
Itinerario: Templo de la Vera Cruz – Rúa dos Canteiros – Rúa Curros Enríquez – Rúa Rosalía de Castro – Praza Maior – Rúa Tomás Mª Mosquera – Rúa Vulcano – Iglesia Parroquial de San Cibrao – Rúa Cesáreo Tizón – Rúa Aldara – Rúa dos Canteiros – Templo de la Vera Cruz.
Pasos: Sagrado Corazón de Jesús y Virgen de los Dolores ataviada con traje de Gloria.
Banda: Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.

PROTOCOLO GENERAL DE LLUVIAS:
En caso de lluvia la Junta de Gobierno de la Cofradía de la Vera Cruz recuerda a todos los cofrades y asistentes que los actos de la celebración de la Semana Santa continúan en los templos. Si a la hora establecida de inicio de la Procesión está lloviendo, y sin demorar la suspensión de la Procesión en más de 30 minutos, se celebrará un acto litúrgico en el interior del Templo.

La Música de Nuestras Procesiones.

•BANDAS:
- Sección Musical de la Cofradía Franciscana de la Vera Cruz, Santiago de Compostela.
- Banda de Guerra de la Brigada Ligera Aerotransportable «Galicia VII».
- Tercio de tambores de la Legio VII Civitas Limicorum.
- Real Banda de Gaitas, da Excma. Deputación de Ourense.
- Banda de Cornetas y Trompetas Acotaga, Ferrol.
- Banda de Música de Vilatuxe, Lalín.
- Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno, Ferrol.

.CORALES:
- Coral de Ruada, Ourense.
- Coro Parroquial de San Cibrao do Carballiño.
- Orfeón do Carballiño.

•SAETAS:
-Chema Ares.
-Christian Casas.
-Sandra dos Santos.
-Maite López Martínez.
-Samino Otero.
-Luís Rodríguez.
-María José Rodríguez.
-Basilio de la Fuente.

ACTOS LITÚRGICOS:

5 – 11 DE ABRIL,
•SANTA MISA Y SEPTENARIO DE LA VIRGEN DE LOS DOLORES.
9:00 horas. Iglesia Parroquial de San Cibrao.

11 DE ABRIL, VIERNES DE DOLORES.
•SANTA MISA.
20:00 horas. Iglesia Parroquial de San Cibrao.

•PROCESIÓN DE TRASLADO DE LA VIRGEN DOLOROSA.
Al finalizar la Santa Misa. Iglesia Parroquial de San Cibrao.

13 DE ABRIL, DOMINGO DE RAMOS.
•PROCESIÓN LITÚRGICA DE RAMOS.
11:15 horas. Templo de la Vera Cruz.
*Bendición de Ramos y Palmas en la Nueva Plaza de la Vera Cruz.
•SANTA MISA.
Al finalizar la Procesión. Templo de la Vera Cruz.

17 DE ABRIL, JUEVES SANTO.
•CELEBRACIÓN DE LA CENA DEL SEÑOR.
16:30 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
19:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
*Durante la misma se realizará el Lavatorio de pies y el Traslado del Santísimo Sacramento al Monumento donde permanecerá para la adoración solemne de los fieles.

•PROCESIÓN PENITENCIAL DE LA SENTENCIA Y LA MISERICORDIA.
20:30 horas. Templo de la Vera Cruz.

•CELEBRACIÓN DE LA HORA SANTA.
23:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

18 DE ABRIL, VIERNES SANTO
•PROCESIÓN DEL CRISTO DE LA SALUD.
12:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

•CELEBRACIÓN DE LA PASIÓN DEL SEÑOR.
16:30 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
18:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

•PROCESIÓN SOLEMNE DEL SANTO ENTIERRO O «DOS CALADIÑOS»
21:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

19 DE ABRIL, SÁBADO SANTO.
•SOLEMNE LITURGIA DE LA VIGILIA PASCUAL
18:00 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
22:00 horas. Templo de la Vera Cruz.
*Durante la misma se realizará la Bendición del fuego, la luz y el agua.

20 DE ABRIL, DOMINGO DE PASCUA.
•PROCESIÓN GLORIOSA DE LA RESURRECCIÓN.
11:00 horas. Templo de la Vera Cruz.

•CELEBRACIÓN DE LA RESURRECCIÓN DEL SEÑOR.
12.30 horas. Templo de la Vera Cruz.
18:00 horas. Capilla de Nª Sª de los Desamparados (Residencia Hermanos Prieto).
19.00 horas. Templo de la Vera Cruz.

28, Marzo 2025

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o estadio de fútbol de Espiñedo, no Carballiño, para comprobar as melloras de eficiencia enerxética realizadas co apoio do Goberno galego. As obras contaron cunha achega de 60.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, dotado con 5 millóns de euros.

Agora, o concello carballiñés agarda outra aportación deste mesmo departamento autonómico para levar a cabo esta mesma mellora no campo de fútbol da Uceira.

As melloras centráronse na iluminación, coa substitución dos actuais proxectores por outros con tecnoloxía Led e a reforma do cadro de mando eléctrico da instalación. Segundo sinalou a directora xeral, os obxectivos da actuación son favorecer o aforro enerxético e adaptar a iluminación á normativa técnica de instalacións deportivas, que indica a calidade da iluminación segundo a categoría na que se xogue.

Natalia Prieto lembrou que desde o 13 de marzo xa está aberto o prazo da nova convocatoria das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética, dirixida a concellos de menos de 15.000 habitantes, e animou as administracións locais a solicitalas. O orzamento para este exercicio mantense nos 5 millóns de euros.

Ademais de darlle prioridade a instalacións deportivas, educativas, sociais, sanitarias ou culturais, nesta liña valórase o tipo de investimento, con maior puntuación para a instalación de caldeiras alimentadas con enerxías renovables ou a renovación e reformas de cubertas. A maiores, téñense en conta as melloras da envolvente térmica, na instalación eléctrica ou na iluminación, entre outras, así como a necesidade específica das actuacións previstas.

Achegas de ata 60.000 euros
As achegas poden ascender ata os 60.000 euros por concello, sen que a contía poida exceder o custo da actuación, que debe ser dunha única fase e supoñer a posta en servizo inmediata do proxecto.

A directora xeral explicou que a través desta medida se busca atender as necesidades das localidades de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia. No pasado exercicio houbo case un cento de concellos beneficiarios en toda Galicia. Deste total, 28 son da provincia de Ourense aos que se destinou un orzamento superior aos 1,5 millóns de euros.

A iniciativa enmárcase no apoio da Xunta ás administracións locais, co Fondo de Cooperación Local como instrumento central de colaboración económica para garantir a suficiencia financeira dos concellos. Natalia Prieto lembrou que neste exercicio o Fondo de Cooperación Local medra ata os 168 millóns de euros, 10 millóns máis que en 2024.

As axudas do fondo adicional súmanse ademais a outras convocatorias tamén xa publicadas, como a Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros, ou as axudas plurianuais á eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder e cun presuposto de 5 millóns de euros. A elas sumarase proximamente a da liña de apoio a proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, posta en marcha en 2024 e dotada con 8,5 millóns de euros.

As obras no campo de fútbol deEspiñedo forman parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello do Carballiño co apoio da Xunta a través das distintas ordes de axudas ás administracións locais. Neste marco de actuación o Goberno galego investiu nos últimos anos preto de 900.000 euros neste municipio.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS