Se vostede conseguiu ver o " expediente dos eólicos" no mesmo está, sí ou sí, o trazado das liñas de alta tensión, xa que forman parte do proxecto. O expediente son miles de páxinas, que pode vostede consultar no mesmo enlace do BOE onde supoño que viu o dos eólicos.
Esa utopía da que vostede fala: os 5 parques Eólicos dos que partirían esas liñas de alta tensión, son un proxecto publicado no BOE. As fases dun proxecto deste tipo son:
1. Unha promotora solicita ao Goberno ou Xunta ( neste caso Goberno) construir un parque eólico e presenta o proxecto.
2. A Administración publica o proxecto no BOE ou DOG ( segundo sexa tramitado pola Administración Central ou Autonómica, neste caso BOE) e da 30 días á xente para que o consulte e presente alegacións ( fase que rematou a mediados de xullo e por eso houbo movemento respecto a estes parques eólicos).
3. A Administración estudia o proxecto da promotora e as alegacións presentadas e decide se lle da autorización ao proxecto ou non.
Respecto á decisión xudicial da que fala, non ten nada que ver con este proxecto de 5 parques eólicos ( que son 2 deles os que mandan a alta tensión polo Carballiño). O dictamen do Tribunal Europeo era a resposta a unha consulta elevada polo TSXG por unha serie de criterios enfrontados entre este e o Supremo en parques xudicializados, caso que non é o que nos ocupa. Porque estes 5 parques ainda non foron aprobados, xa que se atopan na fase 3 anteriormente descrita, polo tanto non están en fase xudicial.
Agardo terlle dado algo de luz no asunto, que non tiña vostede os conceptos moi claros.
Hai que falar ben claro. Son veciño de San Fiz do Barón dende fai moitos anos e dicir que non houbo queixas polas dúas liñas de electricidade que atravesan o pobo é faltar a verdade. Pola primeira, a que ben da central de Cabanelas, vaia se houbo queixas xa que atravesa o pobo polo medio e por riba de viñedos e fincas productivas. Inda eran tempos da dictadura e as queixas ian como ian. Camelouse o pobo e os seus ánimos ca excusa de poñer un transformador para dar servizo eléctrico o pobo. A segunda e mais recente, a que ben de Moldes de cara Cenlle, non hai mais que ir a internet e ver as denuncias que fixo o comprador do Pazo Ludeiro.
A realidade e a verdade é que eses eólicos so existen en papel, son un proxecto, e o verdadeiro problema e a linea de evacuación da electricidade que levan consigo. A data de hoxe somentes conseguin ver os proxectos dos eólicos. Se alguén ten o proxecto da liña electrica e ver por onde vai, se agradece que o publique. Eu inda non fun quen de conseguilo para ver.
Seguramente vou cabrear a moita xente, ou no millor dos casos non van estar dacordo comigo. Pero estou convencido delo. Xa teño uns anos e a experiencia suple outras cousas.
A mín o que me preocupa e a dichosa liña, que non pase preto das miñas fincas e moito menos preto da casa. Dicir que hai que loitar para que non se faga o parque eólico para que non haxa liña eléctrica de evacuación e unha utopía. Xa non estamos a falar dun só parque eólico, estamos a falar de 5 que van no mesmo expediente. Calquera que veu a prensa estes días, puido leer que teñen luz verde dende a xustiza. Sinto ser eu quen o diga, pero eses parques eólicos non os para nin Dios, ca excusa de interés xeral xa sabemos como van esas cousas. O mais que poderemos facer e que esa liña pase lonxe das casas e das fincas productivas. Quen queira ver outra cousa vai levar unha hostia como un piano.
Acabamos de recibir Unha clase maestra de parte da denuncia mencionada do que é desinformar. Ou para entendernos mellor, unha mostra de que quen está menos informado, é o mesmo que adoita creer que o sabe todo e ven a darnos leccións ao resto.
A cuestión da que vostede fala non son " postes", é unha liña de alta tensión, desa que chispea cando está vostede cerca, e desa mesma que ten consecuencias na saúde de quen vive cerca, desa que che poden plantar encima da túa casa e condenarte de por vida, ademáis de perder absolutamente o valor da propiedade na que vives, porque nadie vai querer vivir nunha casa cun mamotreto deses cerca.
Nega vostede que se traten de eólicos, aquí lle fala alguén moi informado: o proxecto trata de instalar 2 parques eólicos, que estarían nos concellos de San Cristovo de Cea, Carballedo, Chantada...e as liñas de alta tensión que transportarían a electricidade dende eses eólicos é a que pasaría por pueblos do Concello de Carballiño, que con toda a razón, se levantaron en contra dos proxectos, porque lles van romper a paz, a saúde e a vida. Para evitar que esa liña de alta tensión se faga, hai que alegar en contra deses eólicos que vostede di que non existen, xa que se eses parques eólicos non se constrúen, esas liñas de alta tensión, obviamente, tampouco.
Agardo que o entendera e se informe antes de virnos a dar clases aos demais.
Un afectuoso saúdo
Esta ben que a xente fale e diga que os veciños de Banga non queres seica unhos eólicos ou algo asi,non son eólicos,son postes de rede eléctrica e non pasan nin polo pueblo,xa hay un que pasa por Cansansedo e Banga e ahi nadie se queixou en anos e ágora si que nin pasa nin cruza o pueblo.
ANTES DE FALAR E OPINAR INFORMADEVOS BEN DAS COUSAS PORQUE LOGO A XENTE INTERPRETA MAL O ASUNTO .

COPE O Carballiño emitíu o programa especial dos venres de verán desde o concello de Avión.
Co seu alcalde, Antonio Montero, repasamos a actualidade municipal.
Con Isabel Gabián avanzamos o que será o venres 8 de agosto unha nova edición da Festa Mexicana.
E con Amancio Bruquet, da asociación cultural Vive Avión, falamos no programa da gran riqueza patrimonial, etnográfica e arqueolóxica, paisaxístico e natural, das terras de Avión.
Escóitao aquí:

A Consellería de Economía e Industria acaba de remitir á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a súa tramitación ambiental o borrador do Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (PEOSE) do parque empresarial de Carballiño-Maside, que afecta a estes dous municipios da comarca do Carballiño e que prevé crear 886.478 metros cadrados de solo para uso industrial.
Este proxecto conta con dúas zonas de actuación diferenciadas, xa que está localizado en dous municipios en ámbitos lindeiros entre eles. A primeira supón unha ampliación do actual parque empresarial do Carballiño ata o suroeste; e a segunda desenvólvese integramente no concello de Maside, ao sueste da estrada OU-504.
O acceso viario ao novo parque empresarial farase a través dun enlace a distinto nivel desde a estrada OU-504, no caso do sector de Maside; mentres que no caso de O Carballiño empregaranse as conexións do parque xa existente. A localización desde novo polígono é estratéxica para toda a comarca, xa que está próxima ao acceso da autovía AG-53, que une a Autovía das Rías Baixas con Santiago de Compostela e a AP-9.
O borrador do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que agora se remite á aprobación ambiental prevé crear 886.478 m2 de solo industrial, dos que 517.710 m2 son de superficie útil. Desde xeito, a Xunta, a través de Xestión do Solo de Galicia – Xestur, multiplicará por 2,6 a superficie do parque actual, que conta con 341.395 m2, e que está practicamente esgotado, xa que tan só hai unha parcela dispoñible.

O Concello do Carballiño xa está inmerso na celebración da 63ª edición da Festa do Pulpo. Esta fin de semana, a Concellería de Turismo organiza a II Mostra de Viño do Carballiño, unha posta en valor da viticultura e do traballo realizado polas adegas da comarca.
A iniciativa, impulsada por primeira vez no 2024, gaña peso nesta segunda edición: o número de adegas aumenta ata 10 e haberá presenza internacional grazas á presenza da Adega de Favaios, procedente de Alijó, a vila lusa irmandada co Carballiño.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, destaca a boa resposta do sector vitivinícola, así como do público. “Agardamos que este ano as adegas e os asistentes tamén marchen cun bo sabor de boca”, apunta o edil, que convida a veciños e visitantes a achegarse ao recinto ferial durante a fin de semana.
Dez adegas
A II Mostra de Viño conta coa participación de 10 adegas: Casal de Armán, Viña Costeira, Adega do Eladio, Outeiro de Barra, Eulogio Collarte, Pazo Tizón, Eduardo Bravo, Adega de Favaios, Viña Carpazal e Adega Cotarelo. Cada unha delas presentará os seus mellores viños, que o público poderá degustar durante as dúas xornadas da mostra. Casal de Armán, adega creada nos anos 90 pola familia González Vázquez, presentará varios dos seus caldos, todos eles realizados con uvas do val do Avia. Viña Costeira sorprenderá ao público coa variedade de viños escollida, na que haberá oco para grandes coñecidos, pero tamén para novas propostas que pouco e pouco gañan máis adeptos. Pola súa parte, Adega do Eladio, creada en 2004, amosará a calidade dos seus caldos, elaborados a partir de uvas recollidas en viñas propias, herdadas de pais a fillos desde hai séculos. Outeiro da Barra presentará as súas dúas variedades, baseadas na tradición, a innovación e a creatividade. O colleiteiro Eulogio Collarte dará conta da calidade dos seus caldos e do seu proceso de elaboración a partir de uvas de Cenlle. O Pazo Tizón, de Moldes, recentemente galardoado coa medalla de ouro no Concurso Mundial de Bruselas 2025 pola calidade do Cuvée Treixadura 2022, dará conta do seu bo facer vitivinícola. Eduardo Bravo presentará os seus viños, elaborados coas uvas colleitadas en Paraxe de Flor de Vides. A adega Viña Carpazal levará á mostra os seus viños de autor cuxa personalidade radica nas uvas procedentes de antigos viñedos nas beiras do Miño. A Adega Cotarelo, situada no Barral, tamén nas beiras do Miño, levará os seus viños elaborados ao xeito tradicional. Por último, a Adega de Favaios de Alijó presumirá dos seus caldos do Douro, unha das zonas vinícolas máis emblemáticas de Portugal.
Programación
A II Mostra de Viño do Carballiño abrirá as súas portas este sábado 2 ás 12,00 horas coa actuación musical de Pola bica baila o can. O recinto pechará as súas portas ás 15,00 horas e volverá abrir ás 20,00 horas. Ás 21,00 horas o grupo Tres Pesos será o encargado de poñer a ambientación musical. A mostra pechará ás 00,00 horas.
Xa o domingo, o recinto abrirá as súas portas ás 12,00 horas coa actuación musical de Perrito Piloto. De novo, a mostra pechará ás 15,00 horas para volver abrir ás 20,00 horas. A agrupación Amigos do Acordeón Terras de Celanova será o encargado da animación musical a partir das 21,00 horas. A II Mostra de Viño rematará ás 00,00 horas.

O Concello do Carballiño vén de iniciar a renovación de mobiliario urbano coa substitución dos bancos da Praza Maior e a instalación de 40 novas papeleiras en diferentes ubicacións da vila. A intervención, realizada desde a Concellería de Política de Benestar Comunitario no marco do plan CooperOU, mellora a comodidade do espazo público e favorece a limpeza das rúas.
A concelleira, Rosa Fuentes, destaca a importancia da actuación, que supuxo un custe de preto de 12.000 euros. Nestes días de tanta actividade, veciños e visitantes puideron desfrutar xa dos novos bancos, cuxo deseño ergonómico está pensado para favorecer o repouso.
A actuación de substitución dos bancos foi adxudicada á empresa Mobipark. Pola súa banda, a colocación das 40 papeleiras repártese entre a empresa adxudicataria de limpeza viaria, FCC, e a propia concellería.
Estamos a só uns días de entrar no mes de agosto e achegámonos á semana grande do Carballiño, a do Pulpo.
Por sorte, e a pesares do desgoberno que padecemos, a afluencia de turistas é notable, coma tódolos anos e ben se nota en factores coma a gran número de vehículos que circulan a diario polas nosas rúas e avenidas.
Lamentablemente dende o Concello semellan decididos a ser sempre un problema permanente en vez de ser un proveedor de servizos de calidade a veciños e visitantes.
Agora atopámonos que xa dende hai días, polas vacacións do operario titular e a incapacidade para suplir o servizo con outros traballadores, como se facía de toda a vida, o Carballiño está sin servizo de grúa municipal.
Si, así é. A finais de xullo, co pobo cheo de xente e os endémicos problemas de aparcamento igual ca sempre, pois o goberno PPSOE deixa aos veciños sen grúa.
Dende Espazo Común demandamos a reposición inmediata deste servizo imprescindible e rogamos que este desgoberno deixe de ser un xerador de problemas absurdos que perxudican gravemente á cidadanía.
Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.

O PSdeG-PSOE destaca a “aposta decidida” do Goberno encabezado por Pedro Sánchez pola provincia, que en 7 anos avanzou coma “nunca antes”, gracias aos “importantes” investimentos en materia de política social, emprego, mocidade e infraestruturas. As e os socialistas consideran que estes 7 anos de Goberno socialista “foron anos de política útil fronte ao ruído, de feitos contra o bloqueo, anos de crecemento, de xeración de emprego, de ampliar dereitos e de reforzar a convivencia”.
PSdeG-PSOE de Ourense e Xuventudes Socialistas ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na que valoraron “moi positivamente” tódalas iniciativas levadas a cabo polo PSOE dende o Goberno central e que provocaron “importantes avances na provincia de Ourense”. Na rolda interviron a deputada no Congreso por Ourense, Marga Martín Rodríguez; o senador, Rafael Rodríguez Villarino, e o secretario local das Xuventudes Socialistas, Miguel Gómez.
A deputada no Congreso, Marga Martín Rodríguez, fixo balance da parte social, destacando os importantes avances en materia de emprego, de subida do salario mínimo interprofesional, de subida das pensións ou da creación do ingreso mínimo vital. “Este Goberno fixo algo que o PP dicía que era imposible, que era subir os salarios e crear máis emprego e os datos demostran que tiñamos razón porque o SMI subiu un 61% e acabamos de conseguir os 22 millóns de afiliadas e afiliados á seguridade social”.
A representante do PSdeG-PSOE de Ourense na cámara baixa puxo o foco nos datos da provincia, lembrando que en 2018, cun goberno do PP, en Ourense había 104.333 persoas afiliadas á seguridade social, namentres que hoxe son 108.226. Tamén destacou as pensións, nunha provincia que conta con 108.847, pensionistas e que pasaron de cobrar 732 euros a 976. En relación ao salario mínimo interprofesional pasou de 736 euros a 1184, beneficiando a 13.000 persoas na provincia, cunha suba mensual de 448 euros. E en relación ao ingreso mínimo vital, cabe sinalar que 11.500 persoas benefícianse hoxe del e foron máis de 9 millóns de euros os que viñeron para Ourense nesta materia.
“Estamos ante un Goberno que traballa, que xera máis emprego, que mellora os salarios, que amplía dereitos, que reforza a convivencia e que garante as pensións dos ourensáns e as ourensás”, apuntou Marga Martín. A deputada socialista finalizou afirmando que da man do PSOE “mellora a calidade de vida da cidadanía da provincia”.
Pola súa banda, o senador do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, fixo fincapé nos importantes investimentos en materia de infraestruturas. O representante socialista na cámara alta destacou que “cando o PP tivo oportunidade de facer algo pola provincia, impediuno, bloqueando o desenvolvemento, namentres que dende o PSOE fixemos todo o contrario e impulsamos medidas para mellorar a calidade de vida e rematar coa discriminación nunha das provincias máis envellecidas do Estado”.
En relación cas infraestruturas Villarino lembrou o AVE, “que chegou a Ourense gracias a un goberno socialista, despois de que da man de Rajoy se tapiaran túneles e se paralizaran obras por importe de 1.000 millóns de euros, namentres Feijóo e Rueda impulsaban un pendello na estación de autobuses”. Neste senso tamén apuntou á variante exterior “unha obra na que se destinan polo momento 300 millóns de euros, aos que se suman outros 300 na electrificación da liña a Monforte e que o ex ministro De la Serna chegou a dicir que non merecía a pena construíla”.
Villarino tamén subliñou obras importantes como a variante norte, que “permitirá que vellos soños da cidade como o boulevard termal se fagan realidade”; os 35 millóns destinados ao complexo cultural de San Francisco; os máis de 15 millóns nas obras do Museo Arqueolóxico; os investimentos no regadío da Limia con 42,2 millóns; a mellora do saneamento do río Barbaña e da EDAR de San Cibrao con máis de 35 millóns; os 9 millóns en dixitalización; ou os 6 destinados a BRIF de Laza. “Todos estes investimentos demostran as vantaxes que ten para a provincia contar cun Goberno socialista”, finalizou o senador do PSdeG-PSOE de Ourense.
O secretario local das Xuventudes Socialistas, Miguel Gómez, puxo o foco na mocidade e nos investimentos do Goberno para os mozos e mozas da provincia”. “As becas aos estudantes permitiron impulsar o ascensor social, duplicándose as contías e beneficiando a máis de 70.000 galegos e galegas”, subliñou. Tamén puxo o foco no bono de transportes que “durante 2 anos permitiu que a mocidade e os estudantes non tiveran que pagar nada nas súas viaxes” e destacou que “o Goberno xa traballa na tarxeta de transportes única, un abono mensual que permitirá á mocidade e aos traballadores viaxar por todo o país en transporte público sen gastos adicionais”.
Gómez tamén destacou durante a súa intervención a subida do salario mínimo interprofesional, do que afirmou que “era vergoñento cando gobernaba o PP e hoxe segue medrando e resulta moi importante para a mocidade”. Por último apuntou a que este Goberno “ten proxecto e paga a pena seguir loitando”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »