26, Xaneiro 2015

O TSXG atende asi a petición do Ministerio Fiscal e acorda o procesamento do excalde do Carballiño, que deberá comparecer en declaración indagatoria o vindeiro dia 3 de Febreiro e abonar 2.000 euros como fianza en previsión de costas.

A fiscalía apreciara "relevantes e significativos indicios de criminalidade" na súa actuación, xa que os contratos levaronse a cabo "de maneira absolutamente arbitraria, atendendo exclusivamente a afinidades de tipo político, persoal ou doutro tipo".

O auto que acorda abrir proceso a Pachi Vázquez por un presunto delito de prevaricación continuada resalta que o exalcalde, aínda estando advertido da ilegalidade "continuou contratando con habitualidade ao persoal en rexime laboral sin un mínimo expediente, nin unha mínima acreditación do mérito e capacidade dos elexidos e sen publicidade algunha".

Tamén cita o auto un decreto do exalcalde "no que sin ningún procedemento ou xustificación amparada lexitimamente no ordenamento xurídico acorda sen maís recoñecer a condición de traballadores indefinidos a 6 traballadores que con anterioridade tiñan contratos temporais realizados sen ningún procedemento  ou amparo legal".

A maioria das 37 contratacións de traballadores que motivan o procesamento de Pachi Vázquez durante a súa etapa como alcalde do Carballiño foron feitas entre os anos 2003 a 2005.

Unha vez coñecido o auto do TSXG o exalcalde, e na actualidade deputado do PSdeG no parlamento de Galicia, volve proclamar a súa inocencia e anuncia que presentará un recurso contra o mesmo.

25, Xaneiro 2015

Partido tostón, pesado para o afeccioando o que ofreceron  Arenteiro e Nogueira, ambos equipos apostaron polo fútbol directo e tan so a incertidume no marcador mantivo a atención ata o pitido final. Se por ocasións de gol desperdiciadas fose, o Arenteiro sería claro vencedor.

C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, D. López, D. Arbo, Pana, Dafonte, V. Gallego, Bardelás, Martín Pérez, D. Vázquez e M. Sotelo. No tramo final do partido tamén xogaron Sanginés e D. Quiroga.

O Partido: Sen apenas fútbol, o Nogueira xogando ao patadón dende o primeiro minuto, e o Arenteiro nun querer e non poder constante. Porque queren sí que quixeron, non se lle pode negar ao equipo entrega e tesón durante toda a tarde, pero fáltalles coordinación e frescura para volver a unha dinámica positiva. Ainda asi, o Arenteiro pudo gañar este partido se aproveitase alguna das súas claras, clarísimas ocasións de gol que tivo. Na pimeira parte, Dafonte cun tiro que se desviou por pouco e V. Gallego cunha gran volea que se foi ao longueiro puderon adiantar ao Arenteiro. Aínda máis claras foron as oportunidades perdidas na segunda parte, pero nin Martín Pérez, nin D. López, nin Arbo nin Victor Gallego acertaron ante a portería visitante. Para o Nogueira Kike e Guille desperdiciaron as únicas ocasións que os de Luintra fixeron en toda a tarde. Xa no minuto 90 unha gran intervención do meta do Nogueira Jacobo eviotu o gol, tras un tiro de D. Quiroga que se colaba na cepa do poste.

22, Xaneiro 2015

Mariela Montero Rodríguez recibíu como premio unha viaxe a Galicia, tras gañar o concurso de oratoria no que participa o estudantado de secundaria de Panamá.

Acompañada da súa profesora-adestradora e a vicecónsul de Panamá en España, a xoven foi recibida no transcurso dun acto institucional na casa do concello do Carballiño, ao que asistiron concelleiros e concelleiras das corporacións municipais de Boborás e O Carballiño. Despois, a comitiva visitou os dous institutos de secundaria carballiñeses e o templo da Veracruz.

O alcade Argimiro Marnotes lembrou a gran relación existente entre a nosa comarca e Panamá, a través da emigración, con numerosas familias orixinarias da comarca emigrantes a Panamá " e tantos dos nosos veciños que traballaron nesa colosal obra do canal de Panamá", remarcou o rexedor municipal.

Mariela agradeceu a acollida, manifestou ter a sensación de "estar como en casa" e invitou aos carballiñeses e galegos en xeral para coñecer Bocas del Toro, a súa terra natal en Panamá.

21, Xaneiro 2015

O Bloque Nacionalista Galego ven de dirixir un escrito á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á que piden compromiso para recuperar a participación na Festa dos Maiores, que con carácter anual ten lugar no parque municipal do Carballiño.

O BNG achégalle á Conselleira "a preocupación como organización política polo notable descenso de participacion, na última edición de 2014, xustificabase ese desceno porque ao parecer a consellería non sufragou o coste dos autobuses que desplazan aos maiores desde os distintos concellos de Galicia".

Entende o Bloque, e asi o manifestan á Conselleira, que "podian tomarse algunhas medidas para promocionar a festa, e como suxerencia, poderian dar as instruccións oportunas ás direccións dos distintos centros sociais da súa competencia, para que fagan a previsión para o pago dos autobuses".

Deportivo e Banda Orquestra para a Festa do Polbo

Noutro escrito, éste dirixido ao goberno municipal do Carballiño, o BNG  propón ao concello do Carballiño, e toda vez que a Festa do Polbo de 2015 está adicada a cidade de A Coruña, que se fagan as xestións oportunas e canto antes posible para contar este verán e nas datas previas á festa coa presenza no Carballiño do Real Club Deportivo da Coruña, que desputaría un partido amigable no Estadio de Espiñedo co Club Deportivo Arenteiro.

Outra das actividades que propoñen os nacionalistas é unha actuación da Banda Orquestra da Coruña no Carballiño nesas mesmas datas.

21, Xaneiro 2015

O Carballiño Centro Comercial Aberto fixo entrega de 43 sudadeiras seregrafiadas ao equipo Balonmán O Carballiño.

Desta maneira, o CCA continúa mostrando o seu compromiso co deporte local, e cos distintos equipos e entidades que representan a O Carballiño nas competicións deportivas.

No acto de entrega, no polideportivo Paco Chao, estivo presente o Presidente do CCA Julián Garriga e a Xerente Cristina González, que felicitaron aos integrantes do Balonmán O Carballiño pola súa actividade.

20, Xaneiro 2015

A casa sita no lugar de Figueirido, na parroquia de Pazos de Arenteiro, estaba deshabitada. Quedou completamente destruida a estructura de madeira, quedando unicamente en pe as paredes exteriores, que son de pedra.

Veciños da localidade advertiron o fume que saía do inmoble e deron aviso ao 112, aínda que os servizos de emerxencias tardaron algo máis dunha hora en chegar ao lugar do sinistro, según o testimonio dos propios veciños, que participaron activamente no control do lume, evitando que se propagase ás casas colindantes.

Pola súa parte, os servizos de emerxencias mobilizaron aos efectivos do GES do concello de Avión e voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Carballiño, que acudiron con camións de bombeiros.

A Garda Civil investiga a orixe do lume, xa que a casa non contaba con electricidade, polo que se descarta a posibilidade do cortocircuíto.

19, Xaneiro 2015

"Ningún veciño vive mellor que hai 20 anos dende que levamos con este Goberno do Partido Popular", afirma o Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, que considera ao popular Francisco José Fernández Perez como un "pésimo e nefasto alcalde, que está a levar a Leiro ao desastre, senón o está xa". 

O Portavoz socialista Manuel Rodríguez apunta un Cámping "inexistente debido ao pasotismo e á parálise destes señores, asi como as novas instalacións do Balneario de Beran que están pechadas; o Mosteiro de San Clodio que leva pechado tamén 5 meses", recorda o PSOE,  "despois de que gastasen nel hai poucos meses 300.000 euros de diñeiro público en mellorar as súas instalacións".

En materia de emprego, o PSOE asegura que non existe ningunha política enfocada a crealo, "máis ben o pouco que se crea pode ser de tres a cinco meses que se reparten os amigos do Alcalde".
Pola contra, nos 20 anos de Goberno do actual Grupo e este Alcalde, o PSOE asegura que as taxas e impostos municipais, como é o caso do IBI, "en vez de baixar cada ano soben máis e máis". Non existen bonificacións, a auga para o consumo é máis cara dende que se privatizou, a única beneficiada a empresa concesionaria, e segue sen saberse nada do Plan Integral de camiños e rúas de todo o municipio, entre outros asuntos.

"En resumo, denotamos unha total ineptitude, desidea e política de brazos cruzados que leva a cabo Fernández e que trouxo aos veciños mais paro, mais Impostos, peche dos principais motores económicos de Leiro (Balneario, Mosteiro, Cámping) e menos desenvolvemento económico", conclúe sinalando o Grupo Socialista no Concello de Leiro.

19, Xaneiro 2015

O BNG carballiñés manifesta a "preocupación e malestar pola situación na que se atopa o servizo de emerxencias do concello do Carballiño, xa que a partir deste martes 20 de xaneiro os voluntarios deixan de facer gardas".

Ata o pasado dia 31 de Decembro o concello carballiñés tiña contratados 12 traballadores, un servizo que se financiou a trávés do plan de cooperación "e agora quedámonos sen un servizo tan necesario par a cidadanía do Carballiño".

Engaden os nacionalistas que esta situación "pon de manifesto o liderazgo do alcalde do Carballiño, e sen querer ser alarmistas acusamos ao Partido Popular e ao seu alcalde de imprudencia temeraria".

Por último, desde o BNG critican "os imcumprimentos do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa que afirmou en varias ocasións  que o parque de bombeiros estaría en funcionamento no ano 2014".

 

18, Xaneiro 2015

Nunha mañá de duro e puro tempo invernal, preto de 400 atletas desafiaron á meteoroloxía para convertir nun novo éxito de particpación estas probas deportivas organizadas polo concello de Boborás na matinal deste domingo 18 de Xaneiro.

O cross popular de Boborás chegaba este ano a súa 15ª edición, e o gañador na categoria absoluta foi o atléta ourensano Javier Paredes.

O vencedor absoluto na competición senior de canicros foi Victor Conejo, do Club Deportivo San Paio, de Santiago de Compostela.

18, Xaneiro 2015

Os verdes prolongan a súa racha negativa de resultados tras perder o primeiro partido da segunda volta do campionato de liga en Baiona, nun encontro no que moi pronto- minuto 3- púxolle de cara para o Arenteiro tras adiantarse no marcador por medio dun penalti transformado por Sanginés. O árbitro pontevedrés Vilar Álvarez perxudicou ao Arenteiro con dous graves erros na segunda parte.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, D. López, D. Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo, Bardelás, Sanginés, D. Vázquez e D. Quiroga. Tamén xogaron Martín Pérez, Brais e Marcos Sotelo.

Goles:

0-1. Minuto 3. Penalti sobre D. Vázquez que executa Sanginés.

1-1. Minuto 46. O mellor xogador do encontro, Zamo, supera á defensa verde e bate sen problemas a Pachi.

2-1. Minuto 81. Erro de marcaxe da defensa do Arenteiro que aproveita Migui.

O Partido: Comezou ben o Arenteiro no primeiro tramo do partido, pero logo cedeu a iniciativa en favor dos locais, que chegaban con demasiada facilidade á area dos carballiñeses. Asi e todo, co empate no taboleiro dúas decisisións arbitrais condicionaron o partido, a primeira un clamoroso penalti sobre Sanginés cometido polo porteiro local, o árbitro  pontevdrés Vilar Álvarez non quixo pitalo, o que ademáis siñificaría a expulsión do meta local. A segunda, un gol anulado a Martín Pérez por suposto fora de xogo, despois dunha falta lanzada por D. Arbo, o balón pega nun defensor local e vaise ao poste, e logo Martín Pérez remata ao fondo da portería. Á marxe da actuación arbitral, o Arenteiro non interpretou ben o partido, deixandose contaxiar co xogo vertical do Erizana, que empregando as súas armas e virtudes gañou tres puntos que sacan aos de Baiona do descenso directo. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS