22, Xaneiro 2015

Mariela Montero Rodríguez recibíu como premio unha viaxe a Galicia, tras gañar o concurso de oratoria no que participa o estudantado de secundaria de Panamá.

Acompañada da súa profesora-adestradora e a vicecónsul de Panamá en España, a xoven foi recibida no transcurso dun acto institucional na casa do concello do Carballiño, ao que asistiron concelleiros e concelleiras das corporacións municipais de Boborás e O Carballiño. Despois, a comitiva visitou os dous institutos de secundaria carballiñeses e o templo da Veracruz.

O alcade Argimiro Marnotes lembrou a gran relación existente entre a nosa comarca e Panamá, a través da emigración, con numerosas familias orixinarias da comarca emigrantes a Panamá " e tantos dos nosos veciños que traballaron nesa colosal obra do canal de Panamá", remarcou o rexedor municipal.

Mariela agradeceu a acollida, manifestou ter a sensación de "estar como en casa" e invitou aos carballiñeses e galegos en xeral para coñecer Bocas del Toro, a súa terra natal en Panamá.

21, Xaneiro 2015

O Bloque Nacionalista Galego ven de dirixir un escrito á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á que piden compromiso para recuperar a participación na Festa dos Maiores, que con carácter anual ten lugar no parque municipal do Carballiño.

O BNG achégalle á Conselleira "a preocupación como organización política polo notable descenso de participacion, na última edición de 2014, xustificabase ese desceno porque ao parecer a consellería non sufragou o coste dos autobuses que desplazan aos maiores desde os distintos concellos de Galicia".

Entende o Bloque, e asi o manifestan á Conselleira, que "podian tomarse algunhas medidas para promocionar a festa, e como suxerencia, poderian dar as instruccións oportunas ás direccións dos distintos centros sociais da súa competencia, para que fagan a previsión para o pago dos autobuses".

Deportivo e Banda Orquestra para a Festa do Polbo

Noutro escrito, éste dirixido ao goberno municipal do Carballiño, o BNG  propón ao concello do Carballiño, e toda vez que a Festa do Polbo de 2015 está adicada a cidade de A Coruña, que se fagan as xestións oportunas e canto antes posible para contar este verán e nas datas previas á festa coa presenza no Carballiño do Real Club Deportivo da Coruña, que desputaría un partido amigable no Estadio de Espiñedo co Club Deportivo Arenteiro.

Outra das actividades que propoñen os nacionalistas é unha actuación da Banda Orquestra da Coruña no Carballiño nesas mesmas datas.

21, Xaneiro 2015

O Carballiño Centro Comercial Aberto fixo entrega de 43 sudadeiras seregrafiadas ao equipo Balonmán O Carballiño.

Desta maneira, o CCA continúa mostrando o seu compromiso co deporte local, e cos distintos equipos e entidades que representan a O Carballiño nas competicións deportivas.

No acto de entrega, no polideportivo Paco Chao, estivo presente o Presidente do CCA Julián Garriga e a Xerente Cristina González, que felicitaron aos integrantes do Balonmán O Carballiño pola súa actividade.

20, Xaneiro 2015

A casa sita no lugar de Figueirido, na parroquia de Pazos de Arenteiro, estaba deshabitada. Quedou completamente destruida a estructura de madeira, quedando unicamente en pe as paredes exteriores, que son de pedra.

Veciños da localidade advertiron o fume que saía do inmoble e deron aviso ao 112, aínda que os servizos de emerxencias tardaron algo máis dunha hora en chegar ao lugar do sinistro, según o testimonio dos propios veciños, que participaron activamente no control do lume, evitando que se propagase ás casas colindantes.

Pola súa parte, os servizos de emerxencias mobilizaron aos efectivos do GES do concello de Avión e voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Carballiño, que acudiron con camións de bombeiros.

A Garda Civil investiga a orixe do lume, xa que a casa non contaba con electricidade, polo que se descarta a posibilidade do cortocircuíto.

19, Xaneiro 2015

"Ningún veciño vive mellor que hai 20 anos dende que levamos con este Goberno do Partido Popular", afirma o Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, que considera ao popular Francisco José Fernández Perez como un "pésimo e nefasto alcalde, que está a levar a Leiro ao desastre, senón o está xa". 

O Portavoz socialista Manuel Rodríguez apunta un Cámping "inexistente debido ao pasotismo e á parálise destes señores, asi como as novas instalacións do Balneario de Beran que están pechadas; o Mosteiro de San Clodio que leva pechado tamén 5 meses", recorda o PSOE,  "despois de que gastasen nel hai poucos meses 300.000 euros de diñeiro público en mellorar as súas instalacións".

En materia de emprego, o PSOE asegura que non existe ningunha política enfocada a crealo, "máis ben o pouco que se crea pode ser de tres a cinco meses que se reparten os amigos do Alcalde".
Pola contra, nos 20 anos de Goberno do actual Grupo e este Alcalde, o PSOE asegura que as taxas e impostos municipais, como é o caso do IBI, "en vez de baixar cada ano soben máis e máis". Non existen bonificacións, a auga para o consumo é máis cara dende que se privatizou, a única beneficiada a empresa concesionaria, e segue sen saberse nada do Plan Integral de camiños e rúas de todo o municipio, entre outros asuntos.

"En resumo, denotamos unha total ineptitude, desidea e política de brazos cruzados que leva a cabo Fernández e que trouxo aos veciños mais paro, mais Impostos, peche dos principais motores económicos de Leiro (Balneario, Mosteiro, Cámping) e menos desenvolvemento económico", conclúe sinalando o Grupo Socialista no Concello de Leiro.

19, Xaneiro 2015

O BNG carballiñés manifesta a "preocupación e malestar pola situación na que se atopa o servizo de emerxencias do concello do Carballiño, xa que a partir deste martes 20 de xaneiro os voluntarios deixan de facer gardas".

Ata o pasado dia 31 de Decembro o concello carballiñés tiña contratados 12 traballadores, un servizo que se financiou a trávés do plan de cooperación "e agora quedámonos sen un servizo tan necesario par a cidadanía do Carballiño".

Engaden os nacionalistas que esta situación "pon de manifesto o liderazgo do alcalde do Carballiño, e sen querer ser alarmistas acusamos ao Partido Popular e ao seu alcalde de imprudencia temeraria".

Por último, desde o BNG critican "os imcumprimentos do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa que afirmou en varias ocasións  que o parque de bombeiros estaría en funcionamento no ano 2014".

 

18, Xaneiro 2015

Nunha mañá de duro e puro tempo invernal, preto de 400 atletas desafiaron á meteoroloxía para convertir nun novo éxito de particpación estas probas deportivas organizadas polo concello de Boborás na matinal deste domingo 18 de Xaneiro.

O cross popular de Boborás chegaba este ano a súa 15ª edición, e o gañador na categoria absoluta foi o atléta ourensano Javier Paredes.

O vencedor absoluto na competición senior de canicros foi Victor Conejo, do Club Deportivo San Paio, de Santiago de Compostela.

18, Xaneiro 2015

Os verdes prolongan a súa racha negativa de resultados tras perder o primeiro partido da segunda volta do campionato de liga en Baiona, nun encontro no que moi pronto- minuto 3- púxolle de cara para o Arenteiro tras adiantarse no marcador por medio dun penalti transformado por Sanginés. O árbitro pontevedrés Vilar Álvarez perxudicou ao Arenteiro con dous graves erros na segunda parte.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, D. López, D. Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo, Bardelás, Sanginés, D. Vázquez e D. Quiroga. Tamén xogaron Martín Pérez, Brais e Marcos Sotelo.

Goles:

0-1. Minuto 3. Penalti sobre D. Vázquez que executa Sanginés.

1-1. Minuto 46. O mellor xogador do encontro, Zamo, supera á defensa verde e bate sen problemas a Pachi.

2-1. Minuto 81. Erro de marcaxe da defensa do Arenteiro que aproveita Migui.

O Partido: Comezou ben o Arenteiro no primeiro tramo do partido, pero logo cedeu a iniciativa en favor dos locais, que chegaban con demasiada facilidade á area dos carballiñeses. Asi e todo, co empate no taboleiro dúas decisisións arbitrais condicionaron o partido, a primeira un clamoroso penalti sobre Sanginés cometido polo porteiro local, o árbitro  pontevdrés Vilar Álvarez non quixo pitalo, o que ademáis siñificaría a expulsión do meta local. A segunda, un gol anulado a Martín Pérez por suposto fora de xogo, despois dunha falta lanzada por D. Arbo, o balón pega nun defensor local e vaise ao poste, e logo Martín Pérez remata ao fondo da portería. Á marxe da actuación arbitral, o Arenteiro non interpretou ben o partido, deixandose contaxiar co xogo vertical do Erizana, que empregando as súas armas e virtudes gañou tres puntos que sacan aos de Baiona do descenso directo. 

15, Xaneiro 2015

A Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia pide que "se interese  o procesamento de Manuel Vázquez Fernández como autor (artículo 28 párrafo primeiro do Código Penal) dun delito de prevaricación continuada (artículos 404 e 74 do Cödigo Penal)".

Desta maneira, o fiscal contesta á petición do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que semanas atrás instaba ás partes implicadas a presentar as súas alegacións, ao mesmo tempo que solicitaba o posicionamento sobre o procesamento do exalcalde carballiñés.

No  escrito no que pide o procesamento, a fiscalía reitera a súa argumentación, incidindo nas irregularidades cometidas nas contratacións de traballadores municipais no concello do Carballiño durante os anos nos que Pachi Vázquez exerceu como alcalde do Carballiño.

 Comunicado de prensa de Pachi Vázquez

En relación coa causa que se instrue no TSXG por prevaricación administrativa en razón dunha querella interpostapola Fiscalía, así como das propias alegacións efectuadas por esta Fiscalía, quero precisar o seguinte:

 A contratación de persoal no concello do Carballiño durante a miña etapa como alcalde realizousesempre no marco da legalidade, e así se demostracunha serie de documentos que se adxuntane polasdeclaracións efectuadas polos técnicos municipaisno TSXG

 Das declaracións realizadas por estestécnicos do concello do Carballiño ante o TSXG infírese que en absoluto se produciu ninguna ilegalidade na contratación de persoal do concello durante o meumandato como alcalde.

 Todas as testemuñas realizadas corrobororaron que en ningún caso propuxen directa ou indirectamente a contratación de ningunha das persoas relacionadas na querella.

 As demáistestificais practicadas taméncorroboraron a existencia de expedientes de contratación, incluso as que nalgún momento sembraron algunhadúbida, pero que finalmente admiten a súa existencia.

 Para corroborar o procedemento administrativo seguido na contratación de persoal, se remite ao TSXG unha serie de documentos que demostran as convocatorias públicas de empregolevadas a cabo entre os anos 2001 e 2005, así como os informes de que non consta reparo de legalidade algún,correspondentesaos anos 2003, 2004 e 2005.

 Por todo isto, se solicita o archivo do procedemento, en base a que non hai indicios de ciminalidade e non cabe abrir un proceso.

Asemade, con respecto ás alegacións presentadas pola Fiscalía, resalta que, no seu informe, se especifique que “no caso de que se chegue á fase procesal ad hoc, non formulará petición de responsabilidade civil e sópodería interesar a nulidade das resolución e decretos asinados polo Sr. Vázquez, senmáis consecuencias ulteriores”.

De todos modos, quero reiterar a miña confianza na xustiza, que estou seguro tomará en consideración a miña petición de archivar a causa, sobre todo, a raíz das declaraciónstotalmente aclaratorias efectuadas polas personas que tiveron a responsabilidade da Secretaría e Intervención do concello do Carballiño durante o meu mandato como alcalde.

 

 

11, Xaneiro 2015

Os verdes despiden a primeira volta da liga en Preferente cunha derrota na súa visita ao Marcón Atlético pontevedrés, probablemente no partido a domicilo máis flouxo do Arenteiro no que vai de campionato.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Carlos, D. Arbo, Pana, Dafonte, V. Gallego, Bardelás, Sanginés, Martín Pérez e M. Sotelo. No intermedio D. Quiroga saíu no lugar de M. Sotelo, e no minuto 77 triple cámbeo, Ocampo, D. López e Brais sustituiron a Sanginés, Dafonte e D. Arbo.

Goles:

1-0. Minuto 22. Desaxuste entre liñas do Arenteiro e Sapi entra sen oposición na área do Arenteiro para marcar a placer.

2-0. Minuto 75. Xogada idéntica a do primeiro gol, perde o balón o Arenteiro no medio do campo e nun único pase o Marcón At. desborda a defensa verde e Gelillo bate a Pachi.

3--0. Minuto 89. En pleno festival local Martín fai o terceiro.

3-1. Minuto 92. Victor Gallego maquilla o resultado cun tiro raso e axustado ao pau que bate ao porteiro ruso do Marcón At., Vladimir.

O Partido: A fulgurante saída dos locais encontraría pronto o seu premio, ante un decepcionante Arenteiro que non parecía o mesmo equipo doutras tardes, desdibuxado e impreciso. Tralo descanso, no inicio da segunda parte o Arenteiro xogou os únicios minutos aproveitables do partido, con varias aproximiacións ante a portería local pero sen chegar a crear perigo real, mentres que o Marcón At. dedicabase a esperar os momentos propicios para saír á contra, e asi foi como aproveitandose dos fallos no centro do campo dos verdes redondearon unha merecida e xusta victoria. Para colmo de males, na última xogada do partido o árbitro ensinaba o segundo cartón amarelo a V. Gallego, que desta maneira perderáse a próxima cita co Erizana en Baiona, no inicio da segunda volta do campionato.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS