
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, veñen de asinar un convenio de colaboración polo que se executarán as obras de acondicionamento da praza pública no lugar de Alvite. A Xunta de Galicia asumirá o 100 por cento das obras, 60.500 euros; mentres que a Administración local será a encargada de redactar o documento técnico e de contratar e executar as obras.
Coa mellora deste espazo preténdese potenciar as infraestruturas e servizos públicos do concello, para mellorar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns.
Na actualidade, este espazo carece de pavimento e mobiliario; polo que coa obra tratarase de adaptalo ao seu uso, consistindo a actuación na pavimentación e acondicionamento da parcela cunha superficie aproximada de máis de 4000 m2.
Os traballos que serán necesarios levar a cabo para o acondicionamento desta praza consistirán na retirada da terra vexetal, execución de base de pavimento e de cimentación de muretes, na construción de pequenos muretes de cachotería servindo de bancos e salvando os desniveis e na pavimentación de formigón para aparcadoiro de coches e aplacado de pedras irregulares ou sábrego compactado para sendeiro.
Tamén se colocarán varandas de madeira nos desniveis e alumeado público e os traballos rematarán co axardinamento con céspede, plantación de árbores, sebes ou rocalla para delimitación da praza.
Esta actuación está enmarcada dentro do Plan Hurbe que ten entre os seus obxectivos poñer en valor os espazos públicos, ao tempo que melloran a calidade de vida dos veciños. Este plan trata de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible, sen prexuízo de actuacións puntuais nas cidades. Tamén este tipo de actuacións están orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes.
A casa do concello do Carballiño acolleu a reunión da Xunta de Seguridade para a Festa do Pulpo, que se celebrará o próximo 10 de agosto no Parque Municipa. Esta xunta estivo presidida polo subdelegado do goberno e o alcalde do Carballiño, acompañados dos representantes da Garda Civil, Policía Local e Autonómica, 061, Protección Civil, Grumir, e Cruz Vermella.
En total será case 90 persoas as que traballarán ese día para velar pola seguridade dos asistentes á festa, calculándose que serán, como mínimo, 70.000 as persoas que asistirán a esta edición. O mando único deste operativo de seguridade recaerá na figura do alcalde.
Os recursos humanos e técnicos para este operativo será o seguinte: 25 garda civís dotados con vehículos e medios precisos para o seu labor, así como 4 gardas civís de tráfico. A policía autonómica participará tamén con axentes e vehículos necesarios para este operativo.
Pola súa banda a policía local achega 15 axentes, así como 5 vehículos policiais.
En tarefas de regulación do tráfico e seguridade tamén actuarán 10 voluntarios de Protección Civil, xunto cun técnico, un supervisor, 12 grumires voluntarios, con tres vehículos todo terreo.
Tamén se contará con 5 grumires voluntarios para tarefas de extinción de incendios e salvamento, que contarán cun camión autobomba lixeiro, así como outro pesado e un rural, e un vehículo de altura. Outros 4 grumires voluntarios encargaranse do salvamento e socorrismo acuático, con dúas embarcacións pneumáticas, chalecos.
No que se refire ao apartado sanitario, contarase cun médico especialista en medicina de urxencia, 4 grumires voluntarios, 15 voluntarios de Cruz Vermella, dispoñendo para desenvolver os seus labores cun posto médico avanzado, tres ambulancias asistenciais, equipadas con todo o material preciso para as súas funcións. Habilitarase tamén unha zona no mesmo parque municipal para a aterraxe de helicópteros, en caso de que fosen necesarios.
A todo este operativo hai que engadir os 15 traballadores municipais dos departamentos de obras, electricidade e medio.
O PSdeG denunciou o desmantelamento da Escola de Danza do Carballiño, que "non só viu reducido o número de alumnos nun 80 por cento neste curso, senón que por enriba supuxo un maior custo para o Concello".
Afirman que a Escola Municipal levaba varios cursos a cargo da Escola de Danza Nati Fleta Centro Coppelia de Ourense, que se encargaba de organizar os grupos e impartir as clases, ata que o goberno do PP decidiu cambiar a xestión e que fose outra empresa a que se ocupase da escola, ao parecer debido ás discrepancias entre a empresa e o concelleiro de cultura.
Así, "no curso 2011-2012 con Nati Fleta, a Escola contou con 201 alumnos inscritos nas modalidades de ballet, bailes de salón, sevillanas-flamenco, danza oriental, pilates e fanki, e supuxo un custo mensual para o Concello de 250 euros. Pola contra, ao concederllo a unha nova empresa, o número de alumnos reduciuse ata pouco máis de 40, polo que tamén se incrementou o custo para o Concello, que roldou os 6.000 euros", aseguran.
Os socialistas consideran un despropósito e unha vergoña que os intereses persoais dos concelleiros do goberno do PP leven a perder unha iniciativa cultural como esta, que tiña un gran número de seguidores na vila, e o que é máis grave, que fagan perder cartos a todos os carballiñeses.
Por iso, esixen ao Concello que presente as contas de gastos e ingresos da Escola neste curso, e ademais que expliquen os motivos que levaron a este cambio na xestión, "xa que todo apunta a que se trata dunha cuestión persoal".
Comunicado do concello do Carballiño
El grupo de gobierno de O Carballiño lamenta que, una vez más, los socialistas carballiñeses hablen sin conocer de lo que hablan o con datos escasos y totalmente sesgados. Este comentario llega después de las críticas del grupo municipal del PSOE sobre la actual escuela municipal de Danza y, más en concreto, de la no contratación de la anterior empresa que impartía los cursos en esta escuela municipal. Tanto el edil de Cultura como el alcalde se preguntan qué tipo de interés une a los socialistas y a la citada empresa para que se interesen tanto los unos en los otros.
Sobre la contratación de la empresa que imparte los cursos de las escuelas de danza el edil de Cultura lo dejó muy claro “al llegar al gobierno municipal comprobamos que se estaba contando año tras año con la misma empresa, lo que suponía según el servicio de intervención, un encadenamiento de contratos, sugiriendo el propio servicio de intervención que se debía dar la oportunidad a todas las empresas del mismo sector. Cosa que hicimos, invitamos a todas las empresas que pudieran llevar las escuelas, incluso a la que ya lo llevaba, y por la que se interesan tanto los socialistas. Esta empresa remitió un escrito al concello diciendo que no le interesaba trabajar con este ayuntamiento y, claro, tampoco la íbamos a obligar”. Eso sí, puntualiza el edil de Cultura, antes de iniciar este proceso de contratación de la nueva empresa, se le pagó todo lo que se le adeudaba a la anterior, deuda que venía de los gobierno municipales anteriores.
Esa empresas que no quiso trabajar con el ayuntamiento, montó una escuela privada en O Carballiño, cosa que aplaudimos como iniciativa particular, y los alumnos escogieron la escuela que más les gustó, la municipal o la privada.
Sobre la fianza cobrada por el concello a la citada empresa, por la celebración de un festival, el alcalde señalaba que “esto ya fue contestado en pleno al grupo socialista, pero vemos que ellos no quieren solucionar problemas o preocuparse por los vecinos, solo quieren hablar cuando nadie les puede contestar para hacer creer a los vecinos que tienen razón pero, por suerte, los vecinos de este pueblo ya les conocen”. Sobre la citada fianza Argimiro Marnotes recordó, nuevamente, que simplemente aplicaron una ordenanza aprobado por el PSOE cuando gobernaban en O Carballiño, que no era otra que la de cobrar una fianza a las empresas privadas, por el uso de las instalaciones públicas “señalan los señores del PSOE que no se cobró al PP por el uso de la casa de la Cultura. Otra vez verdades a medias de estos señores del PSOE, ni se cobró al PP ni se cobra al PSOE ni al BNG, ni a cualquier otro grupo político ya que la ordenanza, que ellos aprobaron cuando mandaban, señala que solo se cobrará a las empresas privadas, y el PP no lo es, como creemos que tampoco el PSOE, y por eso no se cobra a estos colectivos”.

O xogador militou varias tempadas co CD. Ourense, tanto en 3ª División como en Segunda B. Esta vindeira tempada xogará co CD Arenteiro na preferente autonómica.
Tras escoitar varias ofertas -algunha de superior categoria- o extremo ourensano decidiuse finalmente por incorporarse ao proxecto do Club Deportivo Arenteiro.
Ademáis, o club negocia as fichaxes dun defensa e un centrocampista, para cerrar definitivamente a plantilla para o regreso do equipo á preferente.

Pendientes da previsións meteorolóxicas, bastante incertas para a vindeira semana, os responsables de organización da Festa do Polbo, o alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira Pilar Caride, presentaron a programación de actividades que se inician este vindeiro venres dia 1 de Agosto.
Prema o arquivo adxunto para ver o programa de festas.
A plantilla de CD Arenteiro comezará os adestramentos o 29 de Xullo, e o dia seguinte, o mércores 30 de Xullo xa desputará o primeiro partido da pretempada ante a U.D. Barbadás, o equipo da 3ª división. Xogaráse dende as 20:45 horas no campo da Uceira, ante a imposibilidade de facélo nun Espiñedo no que se está traballando na mellora do terreo de xogo.
Xa no mes de agosto -o dia 7- o equipo desplazaráse atá Lalín, onde xogará -20,45 horas- no Cortizo cun equipo co que volverá este ano o Arenteiro coincidir en competición oficial, na preferente sur.
O xoves 14, víspera de festivo, o Arenteiro recibirá ao Verín C.F. no Estadio de Espiñedo nun partido que se iniciará ás 21 horas.
O martes 19 de agosto xogará o Arenteiro no campo do Sangoñedo coa S.D. Chantada, equipo da preferente norte. Para o xoves 21 está programado outro partido no Miguel Ángel de Ourense co Pabellón da División de Honra Xuvenil. O domingo 31 será o primeiro partido de liga, aínda pendientes do calendario.
A Federación de Comercio de Ourense e as distintas asociacións gremiais e comarcais como son a Asociación de Empresarios de Verín, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Carballiño, Establecementos Asociados do Ribeiro, Federación de Empresarios da Terra de Caldelas, a Asociación de Pasteleiros e Confiteiros de Ourense así como a Asociación de Floristas de Ourense e Provincia veñen de firmar un convenio de colaboración para realizar actuacións de revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial ao amparo da subvención tramitada pola Federación de Comercio de Ourense ante a Dirección Xeral de Comercio.
Indicar que todas as actuacións de promoción do comercio local solicitadas no expediente da Federación de Comercio de Ourense de acordo coas bases estipuladas na Orde do 25 de febreiro de 2014 pola Consellería de Economía e Industria, foron aprobadas na súa totalidade.
Os convenios asinados coas distintas asociacións permiten levar a cabo actuacións por un importe global de 22.052,44 euros para realizar actividades promocionais do comercio local entre as que cabe destacar a colocación de vinilos ou paneis nos escaparates de locais baleiros ubicados nas localidades de Verín e Carballiño, tamén permiten a elaboración de láminas explicativas sobre o comercio do Carballiño, a elaboración dun vídeo promocional do comercio do Ribeiro e a realización dun sorteo de cine nesta localidade, e tamén para incentivar a demanda comercial os pasteleiros e confiteiros de Ourense así como os floristas da provincia darán uniformidade e profesionalidade aos asociados mediante chaquetillas profesionais no caso dos pasteleiros e mandís no dos floristas, e na Terra de Caldelas como xa ven sendo habitual a edición de calendarios.
O Grupo Municipal do PSdeG cuestionou a moción aprobada polo PP no derradeiro pleno para pedir, con carácter de urxencia, a reapertura da residencia do Cornuval, tendo en conta que esta mesma petición xa a fixeron os socialistas hai dous anos e Marnotes e o seu goberno amosaron un pasotismo absoluto ao respecto.
Pregúntanse “por qué hai dous anos, cando pedimos ao Concello que instase á Xunta a súa reapertura tras as obras de ampliación, non nos fixeron nin caso e agora queren facelo de xeito urxente e poñendo ao Goberno galego a data límite do 31 de decembro para abrir as instalacións”.
Consideran que “isto non é máis que un tento vergoñento de propaganda electoral de Marnotes, que seguramente sabe que a Xunta ten previsto algún proxecto e tenta anotarse o tanto, porque xa sabemos que as súas peticións ante o Goberno galego caen sempre en saco roto xa que non lle fan nin caso”.
“É patético que Marnotes leve tres anos demostrando día tras día o seu pasotismo e ineficacia coas cuestións que máis importan aos cidadáns, e veña agora a tentar poñerse medallas porque se achegan as eleccións”, sinalan.
Por elo, reclaman ao alcalde que “xa que lle entrou a ansia de traballar e facer todo o que non fixo antes, tamén pode instar á Xunta a abrir o parque de bombeiros, ou dotar ao Carballiño de efectivos de protección civil, xa que agora mesmo estamos desprotexidos ante unha emerxencia”.
Entre a lista de “deberes pendientes” tamén están cambiar a ubicación do Centro de Saúde, a reapertura do matadoiro, a dotación dun local de ensaio para grupos locais ou construír a estación intermodal.
Os socialistas instan a Marnotes a poñer tamén como data límite o 31 de decembro para cumprir estes compromisos que el mesmo fixo cando se presentou á alcaldía, “e se non é capaz de facelo, que recoñeza a súa ineptitude como alcalde do Carballiño e se marche para a casa”.
“Marnotes pasará á historia como o alcalde que menos fixo polo Carballiño, que nunca estivo tan abandonado como agora; o que máis subiu os impostos, o que máis compromisos electorais incumpriu e o que só foi quen de promocionar a nosa vila visitando os xulgados”, conclúen.

O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol emitíu unha resolución na que outorga ao club carballiñés a praza que quedara vacante na preferente tras a renuncia de C.D. Ourense B.
Asi pois, Club Deportivo Arenteiro xogará na vindeira tempada 2014-2015 no grupo sur da preferente autonómica. O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol concede a praza ao Arenteiro "por mellor dereito deportivo".
Preme no arquivo adxunto para ver a resolución do Comité de Competición:
Esta vindeira semana será decisiva para coñecer o futuro deportivo inmediato de Club Deportivo Arenteiro que, xunto o Domaio C.F. de Moaña, están a espera de saber se finalmente van ocupar ou non a vacante que deixou o Ourense B na Preferente Autonómica.
O Domaio, que foi cuarto clasificado no grupo pontevedrés da 1ª autonómica acadou 64 anos na última liga, mentres que o Arenteiro clasificouse terceiro no grupo ourensano, no que acadou 74 puntos. Os dereitos deportivos parecen estar claramente a favor do Arenteiro, pero ante as presións que están exercendo dende as Rias Baixas tampouco se descarta que a Federación deixe o grupo con 19 equipos para a tempada 2014/2015.
O club carballiñés xa trasladou á Federación a súa inquietude pola tardanza en tomar unha decisión, nunha absoluta situación de incertidume que se prolonga dende finais do mes de Xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 626
- 627
- 628
- 629
- 630
- 631
- 632
- 633
- 634
- …
- seguinte ›
- última »