
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañado da concelleira de deportes, Silvia Baranda, presentou esta mañá na casa do concello o proxecto para a construcción dun ambicioso complexo deportivo na Uceira, que inclúe a construcción dun novo estadio de fútbol, asi como a reforma integral do campo de fútbol base xa existente na actualidade e un novo campo de fútbol-8. O alcalde tamén contempla unha pista de atletismo nesta mesma zona.
Agora, o reto do concello carballiñés é chamar ás portas das distintas administracións para lograr a financiación necesaria para a execución deste proxecto, que según a memoria presentada hoxe estaría entre os 10 e os 12 millóns de euros.
Abrindo o arquivo adxunto podes ver a memoria detallada deste proxecto:

A posibilidade deslizada por Pachi Vázquez en COPE O Carballiño sobre unha moción de censura no concello do Carballiño, a a construcción dun complexo deportivo na Uceira segundo o proxecto presentado esta mañá polo alcalde do Carballiño, foron os asuntos destacados desta nova edición da tertulia semanal.
Na mesma, participaron Manuel Nogueira, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Fátima Gómez, con Xan Pinal como moderador.

O líder de Espazo Común non eludíu as preguntas formuladas por varios oíntes sobre a posiblidade dunha moción de censura ao alcalde Fumega e recoñeceu contactos nos útlimos dias co Partido Popular porque "o alcalde nin goberna nin ten trazas de gobernar, o cámbio político e imparable no Carballiño, e so depende de que o Partido Popular baixe o dedo".
Estas manifestacións de Pachi Vázquez coinciden coas últimas críticas feitas esta mesma mañá polo grupo municipal de Espazo Común nas que culpan ao alcalde de ser o único responsable por "bloquear a recalificación dos terreos lindeiros con Espiñedo e asi impedir a súa reforma" co que elo representa como "perxuizo para o CD Arenteiro, para a economia local e para a imaxe do Carballiño".
Escoita no seguinte PODCAST de COPE O Carballiño, a intervención íntegra de Pachi Vázquez:

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, avaliaron o proxecto municipal para dotar de saneamento o núcleo de Ratel.
Durante unha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela, estudaron a actuación prevista, que ten como obxectivo recoller as augas residuais deste núcleo de poboación e tratalas nunha foxa séptica. A maiores, acordaron que Augas de Galicia avaliará unha proposta de actuación na rede de saneamento municipal que proximamente remitirá o Concello.
Deste xeito, a Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.
A maiores, no encontro tamén abordaron outras cuestións como a xestión de residuos ou a conservación do patrimonio natural. Nesa liña, cómpre lembrar que Beariz forma parte da ZEC Serra do Cando e Serra do Candán, incluída dentro da Rede Natura.

O alcalde do Carballiño atendeu as queixas, suxerencias e preguntas que realizou a audiencia de COPE O Carballño.
No transcurso desta intervención radiofónica, o alcalde Fumega valorou como moi positivos para O Carballiño os datos que reflicte o padrón contínuo, que eleva a poboación empadronada no municipio ata os 14.568 habitantes, establecendo desta maneira un record hístorico de persoas inscritas no padrón municipal de habitantes.
Escoita no PODCAST de COPE O Carballiño a intervención íntegra do rexedor municipal:
Los peatones de la Avenida Julio Rodríguez Soto de O Carballiño, se enfrentan a una situación de riesgo debido al cierre de la acera izquierda a la altura de la Parrillada Cornin. La Policía Local ha instalado una baliza para cortar el paso por la acera, ante el peligro de caída de un muro perteneciente a una propiedad privada.
Los residentes que viven en los números 61, 63, 65, 67 y otros afectados, se ven obligados a transitar por la carretera, poniendo en peligro su seguridad, ya que el paso de peatones más cercano también se encuentra inhabilitado.
La comunidad se pregunta: ¿Cuánto tiempo más deberán enfrentarse a esta situación? La falta de una ruta segura para los peatones es una preocupación creciente, y se solicita a las autoridades una solución pronta y eficaz.
Na rúa Alberto vilanova, a rua q vai cara o centro de saúde, estamos sen alumeado público dende a tormenta do venres pola noite.
Igual temos sorte e para a próxima tormenta volven acender as farolas....

A Deputación de Ourense pon en marcha unha nova iniciativa para impulsar o itinerario xacobeo Camiño Mozárabe-Vía da Prata para “continuar con esa senda de crecemento de peregrinos que actualmente vén rexistrando”, sinalou o presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, na presentación desta iniciativa hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial.
“Trala boa acollida que tivo esta experiencia en Semana Santa, propoñemos unha nova acción de dinamización para facilitar aos potenciais usuarios a peregrinación neste itinerario xacobeo co obxectivo de revitalizalo”, explicou Rosendo Fernández.
Esta iniciativa está pensada, sobre todo, para “involucrar a propia poboación local para que coñezan mellor este itinerario, aínda que tamén está aberta á participación de outros visitantes”, sinalou o presidente do Inorde.
Deste modo, ponse en marcha un servizo de transporte para que realicen o Camiño cada domingo -do 26 de maio ao 23 de xuño- por etapas de aproximadamente 20 km cada unha, coa facilidade de que este autobús os levará ao punto de inicio da etapa e os recollerá ao remate para volver a traelos a Ourense. Disporán de tempo suficiente para desfrutar dos diferentes puntos de interese en cada etapa e coa garantía de obter a “Compostela” ao finalizar o itinerario.
Cinco etapas
Así, o primeiro domingo, o 26 de maio, realizarán a etapa Ourense – Cea (21 km) que inclúe unha visita a Oseira, o segundo domingo, 2 de xuño, será o traxecto Cea-Dozón- Puxallos, un percorrido de aproximadamente 22 km. A terceira etapa será o 9 de xuño e levará aos peregrinos desde Puxallos a Silleda (22km); no cuarto domingo, 16 de xuño, terá lugar a cuarta etapa que vai de Silleda a Vedra-Susana, sendo un percorrido de 23 ou de 30 km. E, por último, o 23 de xuño peregrinarán a quinta etapa de Susana a Santiago de Compostela, o tramo máis curto, de 10 km aproximadamente.
Ademais, contarán ao longo desta experiencia cun autobús de apoio a media etapa e cun guía especializado que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño. Os interesados en realizar o Camiño xa poden inscribirse a través da páxina web www.conocegalicia.es por un prezo de 49 euros.
Como novidade tamén se pode realizar a inscrición por etapas, por un prezo de 15 euros. Xa está dispoñible a posibilidade de realizalo ao completo ou por etapas no mes de setembro, concretamente, do 15 de setembro ao 13 de outubro. En todo caso, as inscricións están abertas para que a xente poida organizarse e anotarse con tempo segundo a súa dispoñibilidade.

A Xunta destinará 1,2 millóns de euros á construción da residencia municipal de maiores de Piñor. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou o espazo no que se instalará este centro xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Piñor, José Luis González.
O Goberno galego financiará o 70% das obras, o que supón a asignación máxima que pode outorgar. Unha contía que forma parte do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co que a Xunta custeará unha vintena de proxectos de mellora, reforma ou construción de residencias e centros de día de titularidade municipal. O 30% restante irá a cargo da Deputación de Ourense.
O proxecto de Piñor consistirá na modificación e ampliación das instalacións que ata agora ocupaban un centro social. Con esta actuación dotarase ao concello de 41 prazas residenciais para persoas maiores.
A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que o Plan de Investimentos en centros de atención residencial e diúrna de titularidade municipal supón un impulso histórico da Xunta á rede galega de atención e coidado a maiores.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución pola que se inclúe no Catálogo galego de árbores senlleiras o gran castiñeiro de Surribas, que se localiza na parroquia de Froufe do Concello do Irixo. Este exemplar de Castanea sativa Mill, que está situado no monte comunal de Surribas, ten unha altura de 15 metros, un perímetro de 4,9 metros e unha idade aproximada de 200 a 250 anos.
Conta con 2 ramificacións principais cunha abertura central protexida con pedras e terra e, no seu conxunto, está cuberto cun gran tapiz de musgo, que fai deste un exemplar interesante desde o punto de vista estético ademais de representar un valioso legado e un gran valor natural.
O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta pública e en constante actualización, xa que poden propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e entidades públicas ou privadas que teñan entre os seus fins a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este inventario de carácter administrativo foi obxecto de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a incorporación de exemplares con valores salientables.
Neste sentido, no catálogo son susceptibles de incluírse todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- seguinte ›
- última »