
A Federación de AA.VV. do concello do Carballiño ponse á fronte da protesta cidadán contra o peche dos xulgados prevista no Anteproxecto lei do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Os tres grupos políticos con representación municipal, PP, PSdG e BNG, xa confirmaron o seu apoio á iniciativa veciñal, que espera a adhesión de todo tipo de asociacións e colectivos para conformar unha ampla fronte unitaria da sociedade carballiñesa na defensa da continuidade do partido xudicial. Tamén se agarda o apoio institucional dos concellos da comarca.
Este lúns dia 16, coincidindo coa xornada de feira, recolleránse sinaturas de apoio a esta demanda cidadán. Ademáis, celebraráse unha reunión de traballo na que se abordarán as actuacións que se van levar a cabo, entre elas, a convotaria dunha manifestación.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ven de clasificar a favor dos comuneiros destes dous pobos o monte da Cidade, de 26 hectáreas.
A nova Xunta rectora anuncia que esixirá da Xunta unha compensación económica pola ocupación de 1,4 hectareas do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, recentemente inaugurado.
Ademáis, a singularidade desta propiedade comunal consiste en que outra parte do monte, case cinco hectáreas, corresponden ao xacemento arqueolóxico do castro da Cidade.
No seu momento, o concello de San Amaro cedera á Xunta de Galicia unha parte do monte, con vistas á construcción do centro de interpretación da cultura castrexa, un proxecto no que se investiron 10 millóns de euros.
O presidente da recén constituida Xunta Rectora do Monte Veciñal en Man Común manifestou en Cope O Carballiño que esixirán unha compensación económica pola ocupación dos terreos nos que a Xunta construíu o edificio do parque arqueolóxico "non queremos obras, queremos diñeiro contante e sonante, non queremos problemas con ninguén, pero que ninguén trate de pasar por enriba de nos", manifestou nesta emisora de radio o presidente dos comuneiros, José Modesto Rodríguez.
Dende a Federación Veciñal presentan unha relación de peticións que están pendientes de atender por parte da alcaldia e reclaman a súa execución.
Comunicado da Federación de AA.VV. do Concello do Carballiño
"Esta federacion quere poñer en coñecemento da veciñanza do Carballiño o siguinte:Como e sabido ,esta federacion no mes de febreiro sacou unha nota de prensa informando das peticionsq ue se fixeron a Alcaldia,e que das vinte que demandabamos ningunha se levara a cabo,poloque amosabamos o noso descontento,xa o que se fixo foi dar boas palabras incluso con datas de execucion. Pero feitos cero.
A raiz de sair nos medios o Sr.Alcalde apresurouse a emitir un amplo comunicado ,dicindo pouco menos que o que denunviaba a Federacion era mentira.
Como no dito comunicado entre outras que convocaria a directiva da federacion para limar asperezas,e fixo mesmo que cas demandas feitas por a Federacion,quedan en palabras,
Por elo con esta fecha solicitamos entrevista co Sr.Alcalde para aclarar a situacion e tamen queremos aclarar o seu comunicado.
Mostrabase "sorprendido" por a nota de prensa,pode que con razon ,despois de tres anos de haber feito as deumandas por parte da Federacion e o Alcalde non lle facer nin caso,seguro pensou que con palabras era suficiente.
Que os veciños xulguen,di no comunicado que xestionou coa Deputacion subvencions,certo que lle pedimos a xestion, e contestou :neste caso non teño mais que ofrecermepara pedir unha cita co Presidente para ver que posivilidade existiria de colabora coa federacion, avisarase o presidente da Federacion para a cita na Deputacion,acompañado do Alcalde.asi se fixo.
En canto a que por parte do Concello presta apoyo economico e loxistico a federacion,o que fai no economico e subvencionar a festa das parroquias e loxistico e deixarnos os salons municipais para a reunions ,nos anos que leva este goberno a federacion non recibeu un so euro e as a mais grande parte das Asociacions Veciñais.
Das vinte peticions feitas ,nombra o perimetro de proteccion nos nucleos rurales contra incendios forestais,xa no ano 2012 e 2013 nos decia que iba a redactar unha ordenanza para con ela lebar a cabo o demandado,aghora di ten encargado un proxecto,seguro que a partires de hoxe dira que se une a iniciativa da Deputacion de facer o cinturon verde arredor das parroquias,pero os pobos siguen indefensos ante a grave amaza dos lumes.
En canto o asfaltado, votaballe aculpa a climatoloxia,que xa estaban concretados e presupostados,estes dias di o concelleiro que teñen que esperar a que lle cedan a titularidade das ruas ou xestionar que asfalte a Conselleria correspondente,de coña!!!.
Tamen queremos aclarar que, desde esta Federacion nunca se intentou que non se atendera a veciñanza no concello,faltaria mais,o que non lle gusta a esta federacion e que se fagan obras pedidas por amigos para favorecer a amigos,e non se fagan as obras que solicitan as Asociacions que son para ben da comunidade.
Estas son peticions pendentes ,das cales algunha lle puxo fecha de execucion.
Subvencion as distintas AA.VV.,Posta en funcionamento do consello de participacion cidadana,Locais para as distintas AA.,pasos peonis nas Ruas de Ribadavia e Avda.Compostela,Beirarruas na carretera do Irixo ,(cuartel e piscina),rotonda cruce piscina /Mudelos,seguridade peonil no cruce de Toscaña/ Crt de Pontevedra,perimetro seguridade incendios forestais no rural,Publicitar/Señalizar lugares de interes turisticos do Concello,Proteccion contra caidas no Balneario e en Aquilino Sanchez(esta en fase execucion),Facer o posible por evitar os escrementos de cans nas calles,Solucionar o problema dos puzos abandonados. Sobor de todo no rural,Evitar a reparacion e almacenaxe de vehiculos na rua,Levar adiante o compromiso de ter servicio veterinario os festivos en epoca de matanza,Restablecer o servicio de taxis noturno,solucionar de unha vez o tema Grumir ou Ges.
Estas son parte das nosas inquedanzas,que cremos xustas,pero que parece que a outros non lle gustan".
Afirman que en "Semana Santa o Concello non programou ningunha actividade ou oferta de cara ao turismo de feito a presencia de autocaravanas no camping foi practicamente nula".
"O mesmo aconteceu coa Oficina de Turismo da Alameda, que nin sequera abriu durante eses días, o que fixo que os escasos visitantes cos que contou a vila chegaran incluso a queixarse na Policía Local pola falla de información", subliñan..
Coa chegada do bo tempo, novamente preséntase unha tempada favorable para o turismo, pero a día 1 de xuño (o pasado domingo) as instalacións e a recepción do camping permanecían pechadas.
Apuntan que a tempada turística vai de maio a setembro, polo que estas instalacións deberían estar en perfectas condicións e abertas ao público dende hai un mes. “Moito nos tememos que as instalacións non se atopen en perfecto estado para o seu uso, e por iso se manteñan pechadas”, afirma o PSdeG.
“O Camping e o Museo Etnográfico poderían ser un gran motor económico do Carballiño, sempre e cando se promocionen axeitadamente”, engaden.
Poñen como exemplo o Concello de Ribadavia, que ven de desenvolver un programa de colaboración cos hoteis de Vigo, mediante uns convenios innovadores, para atraer o turismo á vila.
“Iso chámase traballar, non só figurar”, lembran os socialistas, en alusión ao grupo de goberno do Carballiño “que nos tres anos que leva no Concello non só non foi capaz de presentar unha soa iniciativa para atraer visitantes á vila, senón que nin coida nin potencia os recursos que xa temos. Só pasan por esta zona para ir xantar, o resto pouco lles interesa, e menos á concelleira de turismo, que en tres anos non debeu pasar por alí nin tres veces”.
Mancomunidade Turística
“Non sabemos si é por incapacidade, vagancia ou desleixo, pero o certo é que nestes tres anos Marnotes e o seu equipo non demostraron ningún interese por promocionar ao Carballiño como destino turístico”, afirma o PSdeG.
Por elo, propoñen que a Mancomunidade Turística Terras do Avia, composta polos concellos de Leiro, Boborás, O Carballiño e Ribadavia, organice programas conxuntos de actividades e ofertas turísticas para atraer visitantes.
“Esta sería unha solución para tentar reactivar o turismo, e por tanto a economía, nestes concellos, o que acompañado do coidado axeitado e da promoción das instalacións e patrimonio que temos, pode ser unha boa medida para espertar o interese dos visitantes”.
Agardan que “a Mancomunidade Turística consiga suplir a nula capacidade do actual grupo de goberno para poñer en marcha calquera actividade”.

Non pudo ser, o Arenteiro despide a tempada cunha derrota en Verín no partido de volta das semifinais Copa Deputación, que priva aos verdes de chegar á final do Couto do vindeiro 14 de Xuño, que finalmente desputarán os verinenses e o Ourense B.
C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, D. López, Lois, Dabarca, Alex, Gallego, Bardelás, M. Sotelo, Martín e Óscar. Tamén xogaron Breogán, Manu, Canexón e Caneiro
Goles:
1-0. Minuto 57. Xogada polémica, xogadores e afeccionados do Arenteiro reclaman o clamoroso fora de xogo de Fran, o árbitro e o liña desentendense, e dianteiro do Verín non perdoa.
2-0. Minuto 78. Dun córner a favor do Arenteiro nace o segundo gol local. Patadón sobre o campo do Arenteiro que colle de sorpresa a zaga verde e Pablo García, so e sen oposición, bate a Pachi dun tiro raso.
2-1. Minuto 90. Penalti sobre Manu que tranforma Dabarca.
O Partido: Con dúas partes moi diferenciadas, na primeira o Arenteiro controlaba ben atrás e aproximabase con perigo á portería local, ata en tres ocasións os verdes puderon adiantarse no marcador, pero nin Alex nin D. López -éste por dúas veces- non souberon definir. A falta de pegada volveu condenar ao Arenteiro que xa, tras o descanso viuse claramente superado por un Verín que saíu en tromba e foi claro dominador do partido ata os minutos finais. No cómputo dos 180 minutos de eliminatoria o Verín é xusto gañador e finalista da Copa Deputación 2014.
Peche de tempada
Con este partido de semifinais de Copa Deputación baixa o seu telón deportivo a tempada, e toca xa pensar na 2014-2015. Para o vindeiro dia 20 deste mes de Xuño, convocaráse a Asamblea Xeral de Socios, na que a Xunta Directiva presentará o balance deportivo, social e económico do Club.

Son tres alumnos e unha alumna do IES nº 1 do Carballiño, que conseguiron matrícula de honra neste curso 2013-2104.
Marcos González Martínez, Marc Barreiro Pereira, Lorena Dacoba Conde e Carlos Manuel Corral Casas obtiveron os expedientes máis brillantes da súa promoción. Os seus intereses de futuro apuntan aos estudos de Ciencias Empresariais, Turismo ou Enxeñería Química, aínda que de momento o que toca agora é gozar dunhas merececidas vacacións.
A matrícula de honra concédese a aqueles alumnos que obtiveran no segundo curso de bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos.
Así o comunicou o alcalde do Carballiiño Argimiro Marnotes ao resto de alcaldes da comarca no transcurso dunha reunión celebrada na casa do concello.
A creación do grupo municipal de emerxencias xorde -indican dende o concello- tras a aprobación no parlamento galego do proxecto de lei de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da lei 27/2013. Neste proxecto de lei desbloquéase o marco de competencias que poden desenvolver os concellos.
Segundo sinalaba Marnotes isto é o que acontecía no Carballiño cos servizos de emerxencias. Dende o ano 1992 O Carballiño contou cunha agrupación de voluntarios de Protección Civil, posteriormente a Xunta de Galicia subvencionou a formación dos grupos de intervención rápida, ata o pasado ano. O alcalde, "consciente de que O Carballiño non podía quedar sen este servizo dos grupos de emerxencias" , concluíu a posibilidade de incluír a este grupo dentro do organigrama municipal "algo que ata agora nunca se fixera", manifestou.
Este grupo actuará en todo o municipio do Carballiño, e Marnotes fixo saber ao resto de alcaldes da bisbarra que agora terá que buscarse é a fórmula de conveniar o servizo deste grupo de emerxencias neses concellos. As posibilidades que se barallan son as fixar unha achega de cada unha do resto de concellos baseada no número de habitantes de cada un, ou ben cobrar por cada servizo que este grupo de emerxencias realice neses municipios.
A posta en marcha deste novo grupo de emerxencias municipal doCarballiño non depende en ningún momento do inicio da actividade no parque de bombeiros, xa que as actuacións deste grupo non serían as mesmas que as propias do parque intercomarcal.
O Partido Popular gaña estas eleccións europeas no municipio carballiñés con 2.238 votos, o PSOE obtén 1.274 votos. AGE consigue 370 votos e o BNG, 311. O resto das formacións políticas suman un total de 714 votos.
As dúas grandes formacións políticas ceden apoio popular en relación coas eleccións de 2009. Os que máis perden, os socialistas, tanto en termos relativos como absolutos, ao pasar do 37,06 de porcentaxe dos votos en 2009 ao 25,21% nestas eleccións de 2014. O PSOE perde no municipio carballiñés 816 votos. O Partido Popular quedase co 44,29% do electorado que emitíu o seu voto, aínda que perde 694 votos en relación aos comicios europeos de fai cinco anos.
Tamén retrocede o BNG, que obtivo 311 votos fronte aos 422 de fai cinco anos atrás. Alternativa Galega de Esquerda pasa a ser a terceira formación en número de votos no concello do Carballiño, con 370 votos. Evidentemente, se sumamos os votos das dúas formacións, temos un aumento de 259 votos.
A revelación destas eleccións a nivel estatal, PODEMOS, consigue 218 votos, UPyD 107, e CompromisoXGalicia, 52 votos.
O avance dos partidos minoritarios é siñificativo, ao pasar de 219 votos en 2009 aos 714 que suman nestas eleccións. Tamén aumentan tanto o número de votos en blanco -154 fronte aos 51 de fai cinco anos- e os votos nulos, que foron 149 fronte aos 44 de 2009.
A participación descendeu no municipio do Carballiño, xa que no ano 2009 votaron 5.684 persoas. Desta vez, fixerono 5.201 electores.

Mesmo resultado en Espiñedo neste partido de semifinais de Copa Deputación que no encontro xogado por ambos en liga, empate sen goles. A eliminatoria queda, asi pois, aberta cara o partido de volta en Verín o próximo domingo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, D. López, Lois, V. Gallego, Prada, Alex, Martín, Bardelás e Oscar. No tramo final do partido tamén xogaron M. Sotelo, Manu, Caneiro e Canexón.
O Partido: Os verdes estiveron máis serios na primeira parte, aínda que tan so nunha internada de Prada nos albores do partido conseguiron levar perigo ante a portería visitante. Na segunda parte o Verín foi o equipo que estivo máis entonado e gozou das mellores ocasións para desnivelar o partido. Destacar, unha vez máis, a excelente entrada de afeccionados no Estadio de Espiñedo.

Consideran que os socialistas carballiñeses non son os máis indicados para dar leccións de ética a ninguén porque "durante 16 anos o que fixeron foi utilizar a moitos traballadores do concello nas campañas electorais".
O portavoz do Partido Popular, que compareceu acompañado polas concelleiras Pilar Caride e Purificación Alberte, constestou ás criticas feitas dende o Partido Socialista sobre diversos aspéctos da xestión municipal. Martín Nogueira indicou que "cando din que o concello do Carballiño despedíu xente porque era do PSOE están mentindo, ninguén se botou fora deste concello, sí é certo que houbo finalizacións de contrato e recortes de subvencións, o que si temos que facer é unha política responsable e velar pola economia do concello".
¿que un xuíz afirma que se despide xente por motivos ideolóxicos? -preguntouse o portavoz dos populares- ´"pois está recoñecendo que moitos destes traballadores son do PSOE e outra pregunta sería entón ¿cómo entraron a traballar no concello? o que sí ninguén pode decir é que este grupo de goberno utilizou a traballadores da comarca para traballar nas campañas electorais ou mesmo como interventores nas eleccións", manifestou.
Referíuse tamén aos procedementos de selección, tanto nos concursos para adxudicar postos de traballos como nos obradoiros de emprego, "hai circustancias personais dos aspirantes que non deben desvelarse, pero sí podemos recordarlles como seleccionaban os socialistas os alumnos para as escolas-taller". Mesmo recordou como tanto Francisco Fumega como o exalcalde Carlos Montes foran contratados como directores "supoño que polos seus méritos".
De forma concreta, o portavoz do Partido Popular relatou o caso da praza de educadora de servizos sociais "si unha educadora vai impartir clases de tmantemento para persoas maiores parece lóxico que sexa titulada en educación física".
Finalmente, Nogueira respondeu a Nogueira. Martín Nogueira reprochoulle a Adolfo Nogueira - o concelleiro socialista- a súa xestión na asociación de comerciantes do Carballiño "non é Adolfo o máis indicado para dar leccións de moralidade e transparencia", subliñou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 629
- 630
- 631
- 632
- 633
- 634
- 635
- 636
- 637
- …
- seguinte ›
- última »