11, Abril 2014

Comezaron as obras, que terán unha duración de 14 meses. O proxecto supera os 2,5 millóns de euros de investimento privado.

O alcalde do Carballiño referíuse ao futuro balneario como "proxecto extratéxico para O Carballiño, para a nosa economia local, fundamentalmente para os sectores da hostelería e o turismo". Marnotes recordou como no seu dia "o pleno do concello por unanimidade acordou unha bonificación do 95% no imposto do ICIO, porque consideramos que o proxecto é clave para O Carballiño".

O futuro balneario de As Caldas de Partovia contará con seis modernas bañeiras, yacusi, un circuíto frio-calor, asi como unha piscina dinámica. No acto de presentación do proxecto, Carlos Garriga, da empresa propietaria, avanzou que a apertura das futuas instalacións balnearias crearán "entre 25 e 40 postos de traballo, en función da época do ano".

Os promotores tamén adiantaron que nunha segunda e posterior fase construiráse unha piscina exterior e un hotel.

11, Abril 2014

O Grupo Municipal do PSdeG reclamou hoxe que se manteña o partido xudicial do Carballiño e criticou o anteproxecto de Lei do Goberno  que pretende crear un partido xudicial único por provincia.

 Os concelleiros socialistas Adolfo Nogueira e Yolanda Otero explicaron que esta reforma suporá que os veciños de toda a comarca terán que desprazarse aos xulgados de Ourense para calquera xestión, o que sumado á suba das taxas xudiciais será “un golpe mortal ao dereito igualitario de todos os cidadáns para acceder á xustiza”.

 Nogueira apuntou que a centralización en Ourense implicará unha maior lentitude na resolución das causas xudiciais, ademais dun novo ataque aos dereitos da cidadanía. Apuntou que os socialistas levan dende 2012 presentando iniciativas contra esta reforma e advertindo do que ía suceder.

 Neste senso, acusan ao alcalde do Carballiño de enganar novamente aos cidadáns, xa que “rásgase as vestiduras ante a prensa, pero en 2012 votou en contra da moción que o PSdeG levou á Deputación provincial para que non se fixese esta reforma, e logo no Carballiño votou a favor, segundo dixo, porque lle gusta desconcertar á oposición”.

 “Agora tenta poñerse a medalla de defensor, pero o certo é que en Ourense e Santiago axeónllase ante os seus xefes”, explicou Nogueira, quen lembrou que xa fixo o mesmo  coa Residencia do Tempo Libre ou a incineradora.

 “Hai dous anos puido facer algo por parar isto, pero tomouno como unha broma e agora estamos a punto de perder os xulgados do Carballiño”, lamentou.

 Os socialistas consideran que a supresión do partido xudicial é “un novo cravo no ataúde no que Marnotes parece querer enterrar ao Carballiño”.

 “De ser unha vila que contaba con todos os servizos, cada vez temos menos: a Residencia do Tempo Libre abre seis semanas, o Matadeiro leva ano e medio pechado, Protección Civil funciona grazas aos voluntarios, o Parque de Bombeiros segue sen data de apertura… O único que se abre neste pobo son baches”, afirmaron.

Os concelleiros socialistas anunciaron que emprenderan diversas medidas para concienciar a cidadanía desta situación e para impedir este agravio. Estas iniciativas pasarán pola información nas rúas e recollida de sinaturas, ademais de levar mocións aos plenos de todos os concellos da comarca pedindo que se manteña o partido xudicial do Carballiño.

 

11, Abril 2014

A traballadora, que agora denuncia ao alcalde do Carballiño por un presunto delito de prevaricación, fora despedida en 2012.

O goberno municipal xustificara catro despidos de traballadores para cumplir co plan de axuste. Non obstante, esta traballadora, adscrita ao departamento municipal de servizos sociais, aducira que o seu despido obedecía a "motivos ideolóxicos", tal como posteriormente recollera a sentencia que considerara como nulo o despido, polo que a traballadora recuperou o seu posto de traballo.

Tras a denuncia da traballadora, o Xulgado nº 2 do Carballiño abríu dilixencias previas, requerindo a Policia Xudicial diversa documentación relativa ao caso nas dependencias municipais.

6, Abril 2014

A errática definición ante a portería rival privou ao Arenteiro dunha victoria no campo do Polígono San Cibrao. Ata oito claras ocasións de gol, incluido un balón ao poste e outro ao longueiro, tiveron os verdes para gañar un partido no que fixeron méritos para bastante máis que un empate.

C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, Lois, Diego López, Dabarca, Alex, Manu, V. Gallego, D. Quiroga, Bardelás e Oscar. Tamén xogaron Martín e Canexón.

Goles:

1-0. Minuto 11. Corner sobre a portería de Pachi, despiste na defensa do Arenteiro e Canal, libre de marcaxe no segundo pau, remata a placer.

1-1. Minuto 46. Victor Gallego, cabecea un balón que non atrapa o porteiro local.

O Partido: Desta vez sí que mereceu moito máis o Arenteiro, que foi dominador absoluto do partido de principio a fin, pero perdonou en exceso ante a portería defendida por Alberto. Xa na primeira parte, antes e despois do gol dos locais, o Arenteiro pudo marcar pero tanto Quiroga como Manu, que enviou o balón ao longueiro co meta local xa batido, non tiveron a súa tarde. Tras o descanso, o dominio do Arenteiro aínda foi maior, cos verdes envorcados en busca do gol da victoria, que non quixo chegar, e eso que Martín por dúas veces de cabeza -unha delas ao poste- e Victor Gallego e Alex tiveron ocasións inmellorables para voltear o marcador. 

 

5, Abril 2014

O anteproxecto da Lei de Organización do Poder Xudicial aprobado no consello de ministros deste pasado venres suprime todos os partidos xudiciais comarcais e crea o "Tribunal de Instancia" que terá ámbito provincial.

O Carballiño quedará relegado a ser sede desplazada da demarcación provincial, algo asi como unha "simple delegación" da sede provincial. Nin xiquera partidos xudiciais cun gran número de habitantes se salvan desta reestructuración, como é o caso da urbe con máis poboación de Galicia, Vigo.

O anteproxecto tamén contempla a desaparición do Xuíz de Paz, aínda que se manteñen os Xulgados de Paz municipais para realizar funcións "de apoio e de rexistro civil".

No proceso para a aprobación da lei escoitaráse ás Comunidades Autónomas, a Xunta de Galicia terá un ano para presentar a súa proposta de mapa xudicial, a efectos de organización territorial, que tamén deberá acompañarse dun informe do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Comunicado do Concello do Carballiño

El alcalde de O Carballiño Argimiro Marnotes aseguró, nada más conocerse el anteproyecto de la ley de organización del poder judicial aprobado en el consejo de ministros, que hará todo lo que esté en su mano para evitar que se elimine el partido judicial de O Carballiño. La intención del alcalde es remitir tanto al ministerio como a la Xunta de Galicia la oposición a esta regulación del mapa jurídico, solicitando al estamento autonómico que “vele por la no desaparición de este partido judicial”.

Marnotes ya había manifestado su oposición a esta reorganización del mapa judicial, cuando se empezó a hablar de la misma, remitiendo escritos a la Xunta, y manteniendovarias reuniones con los profesionales de la villa para ofrecerles todo el apoyo del ayuntamiento. Algo que retomará en estos momentos, brindándose tanto a abogados, como procuradores y personal de los juzgados de O Carballiño, para todo cuanto puedan necesitar del ayuntamiento en este asunto.

Argimiro Marnotes entiende que esta pérdida del partido judicial seria tremendamente perjudicial para los vecinos del municipio, ya que tendrán que desplazarse hasta la capital provincial para cualquier trámite relativo a los procesos judiciales “siendo esto un paso a tras en los objetivos de los concellos, que lo que pretendemos es ofrecer la mayor comodidad a nuestros vecinos, creando ventanillas únicas y renovando servicios que posibiliten realizar todas las gestiones con la administración sin necesidad de desplazarse”.

Por otro lado Marnotes entiende que a nivel económico y social sería un grave perjuicio para O Carballliño la eliminación de los juzgados, y sobre todo un detrimento en la vida laboral de los trabajadores del mismo, que deberían también desplazarse a nuevos destinos, con el consiguiente cambio de vida que eso supone, e incluso la imposibilidad que puedan tener algunos para realizar estos desplazamientos.

El alcalde de O Carballiño confía en que la Xunta sepa entender esta problemática, que quizás sea distinta en cada comunidad autónoma, pero que Galicia debe seguir apoyando el funcionamiento de sus sedes judiciales comarcales, invirtiendo en ellas, tal y como viene haciendo en los últimos años.

Cabe recordar que los juzgados de O carballiño fueron reformados hace poco tiempo, invirtiéndose en ellos un dinero público que, de desaparacer el partido judicial, habría sido una mala inversión. También recuerda Argimiro Marnotes el esfuerzo que supuso para O Carballiño conseguir el segundo juzgado, y que seria una lastima perderlo ahora.

El anteproyecto aprobado relegaría a O Carballiño a ser sede desplazada de la demarcación provincial.

3, Abril 2014

Un equipo do "IES. Manuel Chamoso Lamas", FUMEGA S.L. integrado polos alumnos Brais Fernández Rodríguez, Iván González Decabo e Álvaro Penedo Civeira, xunto co seu profesor Fernando Pérez Torres, clasificouse para participar na final nacional do concurso de simulación empresarial Young Business Talents.

Para chegar á final, que disputarán vos cen mellores equipos de España, debían clasificarse entre os dezaséis primeiros postos  de Galicia, que acadaron meritoriamente ao acadar a primeira posición na fase galega.

Para participar neste concurso, os alumnos do 1º de Bacharelato Humanístico empregaron unha sesión por semana, dende novembroa ta febreiro, da materia de Economía, durante a cal acudían á aula de informática do Centro para introducir toda-as decisións relativas á organización e xestión dá súa empresa.

Os equipos participantes debían dirixir unha empresa de produtos decoidado e hixiene persoal co obxectivo de acadar ou máximo beneficio a partir da produción dá mesma. Polo tanto, a misión dous alumnos consistía pricipalmente en tomar ás decisións pertinentes relativas a todas as áreas funcionais da súa empresa. 

Este concurso permitiulle ós alumnos desenvolver capacidades tan valoradas hoxe en dia como o traballo en equipo ou o emprego das novas tecnoloxías, ademais de aplicar os seus coñecementos teóricos á realidade empresarial.

A final, a diferenza do resto de fases, será presencial e disputarase en Madrid os días 4 e 5 de abril entre vos cen mellores equipos de España, con premios de entre catrocentos e mil douscentos euros para aqueles equipos clasificados nos vinte primeiros postos.

31, Marzo 2014

Están dispostos a seguir con esta protesta ata conseguir "un mediador" para negociar a xestión do servizo municipal de abastecemento de auga neste municipio.

No último pleno celebrado o pasado venres non conseguiron o seu obxetivo, xa que o goberno municipal do alcalde popular Manuel Vázquez acordou seguir adiante coa intención de buscar un novo xestor do servizo, tras rescindir recentemente o contrato que fora asinado con Aquagest polo anterior alcalde socialista, e que motivou dende fai maís dun ano o movemento veciñal que defende unha xestión directa do servizo por parte do concello.

Organizados arredor da "Comisión Veciñal da Auga" manteñen un "retén" permanente no salón de actos do consistorio. Defenden que a xestión pública do abastecemento de auga e saneamento abarataría o coste do servizo, que pasaría dos 98.000 euros anuais que prevé o concello aos 45.000 que calculan tería se a xestión fose enteiramente pública.

31, Marzo 2014

Afirman que a empresa adxudicataria  tiña a compromiso de subrogar os contratos das traballadoras, as condicións que mantiñan con anterioridade á concesión do servizo á empresa GALAUREA S.A.

"O alcalde do Carballiño non pode lavarse as mans e mirar para outro lado, o alcalde está cos fortes e deixa de lado ós débiles", manifestou  Paco Fumega. O portavoz socialista considera que o concello mantén unha actitude de "desidia e total pasividade cando se están vulnerando dereitos adquiridos por unhas traballadoras, non se piden melloras, tan so respectar o que había", en relación as condicións de traballo.

Seis destas traballadoras, son 14 en total, presentaron unha demanda contra a empresa pola perda de dereitos laborais. Tamén demandaron a mediación do alcalde carballiñés, éste manifestou que "unha vez que as demandas están no xulgado, non cabe máis que esperar a resolución xudicial".

30, Marzo 2014

Club Deportivo Arenteiro non conseguíu pasar do empate no partido correspondente á 28ª xornada de liga na 1ª autonómica xogado no Estadio de Espiñedo nunha tarde invernal, de moita choiva e pouco fútbol.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos ( Prada m. 14 ), Oscar, Diego López, Dabarca, Alex, M. stelo ( Canexón m. 66 ), V. Gallego ( Omar, m. 80 ), D. Quiroga, Manu e Martín ( Bardelás, m. 62 ).

Goles

1-0. Minuto 65. Manu pelexa un balón rexeitado pola cobertura visitante ao borde da área grande, encara con decisión ao seu marcador e tras canealo e cun tiro preciso bate a portería do Barbadás.

1-1. Minuto 83. Vilachá, tras un rexeite de Pachi. O xogador do Barbadás, sen oposición, so ten que empurrar o balón.

O Partido: Tras o letargo inicial do Arenteiro, que tirou os primeiros 20 minutos de partido, os verdes protagonizaban un carrusel de aproximacións á portería do Barbadás, pero sen resolución cara o gol. Tras o descanso, o xogo do Arenteiro era un querer e non poder ata que chegou o gol de Manu no m. 65, tres minutos despois perdoaba V. Gallego a sentencia e a partir de ahí, incomprensiblemente, o Arenteiro foise do partido, propiciando as ocasións do Barbadás ata que chegou o empate, resultado xusto visto o cómputo dos 90 minutos.

29, Marzo 2014

Comunicado da Real Academia Galega 

A Real Academia Galega ratifícase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable, tal como estableceu xa no seu Vocabulario ortográfico da lingua galegae no Dicionario da lingua galega, polas seguintes razóns:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que "entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira".
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

Comunicado da alcaldía do concello do Carballiño

Dende o concello do Carballiño queremos, en primeiro lugar, agradecer á Real Academia Galega que debatesen a proposta elevada dende esta casa do concello sobre a inclusión do termo Pulpo no noso dicionario, malia que finalmente esta proposta non fose aceptada, non sabemos se pola maioría ou a totalidade dos académicos.

Esperaremos a contestación que nos de a Real Academia sobre o resultado do citado debate. Escrito que remitiremos á súa vez ao Centro de Estudos Carballiñeses, que foron os que elaboraron o informe para solicitar esa inclusión no noso dicionario.

Entendiamos con esta petición que se podía enriquecer o noso dicionario, incluíndo termos que, aínda que non galegos de orixe, se usados pola maioría dos galegos. Algo similar ao que acontece co termo Carnaval, que ten o seu termo galego Entroido, pero que non por iso se deixou de incluír no noso dicionario. Pero os que máis saben sobre o noso idioma son os académicos, e eles decidiron que o Pulpo non pode convivir co Polbo.

Tamén quero dicir, como alcalde desta vila que, aos que están contentos porque só póidase dicir Polbo, como aos que estean desgustados por que Pulpo non poida compartir espazo na nosa lingua con polbo, que non deixen de vir ao Carballiño a probar e a degustar o noso máis afamado prato, polo que se coñece a esta vila dentro e fóra de Galicia e, por sorte, nos catro puntos cardinais, o polbo a feira, realizado polos nosos pulpeiros e pulpeiras dende hai séculos. A todos, aos uns e aos outros, que non deixen de vir á nosa vila á nosa festa, xa que todos teñen cabida e todos son ben recibidos.

Para finalizar dicir que a maior concentración gastronómica de Galicia, recoñecida de interese turístico nacional e a un paso de conseguir este recoñecemento no ámbito internacional, seguirá chamándose Festa do Pulpo, tal e como está rexistrada dende hai un ano. E que o máis importante desta festa é que O Carballiño sexa recoñecido en todo o mundo, que todos queiran vir a coñecelo e a probar ese cefalópodo elaborado como só saben facer as nosas  pulpeiras e pulpeiros, nas súas  pulperías ou coas súas caldeiras en calquera lugar do mundo.


Comunicado da Mesa Pola Normalización Lingüística O Carballiño / Ribeiro

Dende A Mesa pola Normalización Lingüística do Carballiño / O Ribeiro sentímonos compracidos coa decisión que a Real Academia Galega ven de tomar a respecto da, desatinada e absurda, petición de Argimiro Marnotes de que a palabra "pulpo" fose admitida como forma correcta e patrimonial na nosa lingua.

E sentímonos compracidos por varios motivos, un deles porque esta decisión ven ratificar a nosa opinión sobre que a lingua e as decisións que haxa que tomar a respecto dela, sexan de carácter puramente lingüístico ou sociolingüístico, deben ser tomadas nos organismos especializados, non por políticos cuxas intencións, ás veces, non van máis alá do simple oportunismo ou, no mellor dos casos, parten dunha ousadía que, sen levar malas intencións, confunde poder con sensatez.

Por outra parte sentímonos avalados ao saber que se nos dá a razón cando alertabamos abertamente da ilóxica solicitude -coido que fomos os primeiros en denuncialo-. Precisamente por expresar abertamente o ilóxico, fomos branco de afiadas críticas xurdidas da pluma dalgúns que non son capaces de admitir estas cando se dirixen a eles. E precisamente contra nós cando só diriximos un escrito aos medios no claro convencemento de que continuar coa polémica só contribuiría a que o nome do señor Marnotes saíse na prensa e a crear unha disputa que xamais existiu no Carballiño. A Mesa nunca se puxo na tesitura de pretender que os veciños ou veciñas falen o galego dun ou doutro xeito, faltaría máis (outra cousa son as institucións e os que as dirixen), nin o fará nunca. Iso si, tampouco vai deixar que catro señores ou señoras, intenten deformar ou deturpar unha lingua como a nosa, por mor de intereses espurios.

Agora que, supoñemos, este tema xa se dará por pechado, tamén nos gustaría emprazar ao Alcalde do Carballiño a que, do mesmo xeito que nós teriamos que acatar unha decisión diferente da RAG, el faga o mesmo, sexa coherente e, cambie a denominación da actual "Festa do Pulpo" pola forma patrimonial e única oficial en galego de "Festa do Polbo". Facer o contrario, após levantar polémica e gastar recursos, non sería nin sensato nin democrático.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS