A concelleira do BNG, Áurea Francisco Lorenzo, anuncia que trasladará ao pleno municipal do Carballiño o apoio a esta ILP que propón 100 medidas para a creación de emprego.
O BNG do Carballiño apoia esta campaña e as medidas presentadas pola central sindical e defenderá no pleno do Concello esta iniciativa na que se solicita á corporación municipal manifestar o seu apoio sobre a ILP e animar á veciñanza do concello a animar a asinar a proposta.
A voceira do BNG , Aurea Francisco salientou 'a gran sintonía do BNG coa CIG e coas propostas e as medidas para a creación de emprego que a central sindical quere trasladar para o seu debate nos concellos e no parlamento' engandido que para o BNG a prioridade é o emprego, 'con cada día máis recortes e ataques aos dereitos sociais a falta de emprego empurra a moitas persoas a situacións límite, a moita mocidade á emigración e á nosa cidade a unha situación alarmante, todo o que sexa traballar para pór en marcha mecanismos e medidas que permitan crear emprego de calidade contará co apoio do BNG' indicou.
O levará a pleno o apoio a esta ILP e a medidas para axudar a sentar as bases dun desenvolvemento económico e social máis sustentábel e que suporían un aumento do emprego e unha mellora de dereitos sociais e de calidade de vida para a maioría da poboación "a través doutra política fiscal, do incremento do gasto social, do investimento público, da creación de entidades financeiras públicas ao servizo da cidadanía e de políticas que constrúan unha sociedade máis xusta e democrática", remarcou.
Os socialistas lembran que cando pechou o matadoiro o alcalde comprometérase "a abrir novamente en pouco tempo".Sinalan que dende entón “todo foi unha sarta de mentiras e promesas incumpridas”.
Afirman que o único que fixo o alcalde en todo este tempo foi “darlle largas aos traballadores e carniceiros e xogar co pan da xente que está agardando dende hai 18 meses por unha solución”.
Apuntan que o último compromiso de Marnotes foi o anuncio da posta en marcha do matadoiro a través dun convenio co Clúster da Carne, asinado a finais do pasado ano. “Segundo anunciou o alcalde, en tres meses o matadoiro estaría funcionando, o que supón un novo incumprimento porque polo de agora nada se sabe desa reapertura, e os traballadores e carniceiros están cada vez máis preocupados”.
“Mentres Marnotes vai de incumprimento en incumprimento e de mentira en mentira, as instalacións do matadoiro están cada vez máis deterioradas e abandonadas, sendo incluso cortado o subministro eléctrico hai unhas semanas”, denuncian.
Os carballiñeses siguen incrementando o número de partidos imbatidos nesta liga, son xa 22, tras gañarlle ao Club Deportivo Velle no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha excelente entrada de afeccionados.
C.D. Arenteiro:Pachi, Carlos, Oscar, Diego López, Lois, Alex, Marcos Sotelo ( Maartín ), Victor Gallego, Diego Quiroga ( Alex Santiago ), Bardelás ( Omar ) e Prada (Manu ).
Goles:
1-0. Minuto 9. Triangulación perfecta dos verdes, Bardelás cede o balón a Marcos Sotelo e éste centra medido á cabeza de Victor Gallego, que marca.
1-1. Minuto 24. Tras unha xogada sen aparente perigo, o centrais do Arenteiro cometen un exceso de confianza e Soso aproveita para empatar.
2-1. Minuto 58. Xogada pola banda esquerda cun bo centro de Diego Quiroga e un gran remate raso de Walter Martín.
O Partido: As oportunidades de gol fallidas poideron pasarlle factura ao líder, non obstante o empuxe final do Velle no tempo de desconto -7 minutos prolongou o árbitro o partido-non chegou a concretarse en ningunha ocasión clara. Asi e todo, o mellor da tarde foron os 3 puntos, xa que o Arenteiro estivo por debaixo das súas posiblidades.

O documento elaborado polo equipo redactor estará "a disposición de todos os veciños para que poidan presentar suxestións" antes de proceder á aprobación do avance incial.
"Queremos facer un exercicio de transparencia na elaboración dun proxecto que é vital para o futuro do Carballiño, por eso antes da aprobación inicial, e de que se abra no seu momento o periodo de alegacións, pensamos que podemos adiantar moito se antes xa incorporamos todas esas propostas no documento que se remitirá despois á Xunta, tratase de que todos os veciños vexan de forma concreta como lles afecta o plan, e poidan facer suxerencias tanto a nivel particular como daquelas outras cuestións a nivel xeral", indicou o alcalde do Carballiño no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio.
Marnotes avanzou que "tan pronto teñamos o documento do equipo redactor, e pode ser en cuestión de dias, facilitarémos o documento en formato informático a todos os interesados e abrirémos un periodo de catro ou cinco meses para a presentación de suxerencias, que se estudiarán en cada caso, e esto nada ten que ver coa tramitación que logo deberá seguirse cando se abra o periodo de alegacións, é unha decisión deste grupo de goberno, involucrar á cidadanía neste futuro Plan".
Tamén anunciou que se promoverán charlas informativas sectoriais co equipo redactor, cos grupos políticos, asociacións veciñais, promotores "e incluso queremos levar estas charlas ós institutos, porque nos parece importante que os máis xóvenes se involucren no Carballiño do futuro, que a fin de contas, será o deles", subliñou Marnotes.
O Carballiño ten, por imperativo legal, a obriga de adaptar o seu Plan Xeral á vixente L.O.U.G.
O documento elaborado polo equipo redactor prevé acadar unha edificabilidade máxima de 3.593.886 metros cadrados, unha superficie que reduce a edificabilidade do actúal PXOM en vigor no municipio dende o ano 1999.
A edificabilidade máxima necesaria para o futuro prográmase con 13 sectores de solo urbanizable, situado no entorno do núcleo urbano. Suporía poder contar no termo municipal para o ano 2.027 entorno ás 20.000 vivendas, entre as xa existentes e as de nova contrucción.
As zonas verdes acadarán unha superficie de 306.734 metros cadrados, moi superior á mínima necesaria que establece a L.O.U.G, que é de 233.608 metros cadrados.
No que respecta aos núcleos rurais a edificabilidade estimada para o núcleo rural hsitórico tradiconal é de 192.600 metros cadrados e para o núcleo rural común é de 389.928 metros cadrados.
"Se resultan certos os documentos que o xefe da empresa 5 Jotas presentou nun xulgado de Vigo" confirmase que todo foi unha montaxe política do alcalde de Cea e do PP de Ourense en beneficio propio", afirma o concelleiro socialista Guillermo Dopazo.
O rexedor municipal, José Luis Valladares, deberá pasar polo xulgado nº 1 do Carballiño no vindeiro mes de abril, para prestar declaración como imputado nun presunto delito de suborno, do que foi acusado por José Manuel Costas, o empresario do fallido proxecto industrial que ía a situarse en Cea e que está procesado por un delito de fraude fiscal. Valladares negara, no seu dia, todas as acusacións e anunciara a presentación dunha querela, despois de transcender que o citado empresario manifestara que o alcalde lle pedira "diñeiro negro" para escriturar a nome da empresa os terreos do parque empresarial do Fonde de Cea.
Os socialistas esixen explicacións por parte do Partido Popular e consideran que "estamos ante una caso gravísimo de corrupción política, que supón a dimisión inmediata do alcalde e do secratario do concello".
Os socialistas lamentan a “absoluta desidia amosada polo concelleiro” que non tramitou unha subvención autonómica para as Xociviga.
O PSdG refírese ao titular do departamento municipal de cultura, Rodrigo González,quen nunha entrevista recente nun medio de comunicación recoñecía que a convocatoria de axudas lles collera “un pouco fora de xogo” por publicarse o 31 de decembro e que non se enteraron ata o 7 de xaneiro.
“Estas declaracións amosan o escaso interese do responsable da área de cultura polas actividades culturais dese pobo, xa que tarda unha semana en coñecer a convocatoria de axudas”, sinalan.
Nesta mesma entrevista, recalcan dende o Partido Socialista tamén manifestaba o concelleiro que “había un proxecto feito, pero que finalmente non se presentou porque un dos puntos da orde de axudas especificaba que non se podía subcontratar”. Os socialistas critican que este sexa o motivo para renunciar a unha subvención xa que podería cambiarse o esquema de organización se o concelleiro se preocupase en coñecer con tempo suficiente a convocatoria.
“Parece que ao Concello do Carballiño lle sobrasen os cartos para deixar escapar así as subvencións” critican os socialistas, á vez que lamentan que “en lugar de tentar reforzar esta actividade e atraer máis xente, a área de cultura demostra que lle da igual, que non ten ningún interese”.
Por elo, os socialistas consideran que “dentro do descontrol, o caos e a desidia que impera no Concello do Carballiño, a Concellería de Cultura é o paradigma”, o que se reflicte tamén “no descontento e na preocupación dos colectivos culturais ante o desinterese que amosa o grupo de goberno por eles e polas súas actividades”.
“O Concello só se dedica a subir taxas para recadar máis, pero non fai investimentos nin melloras para O Carballiño”. Mentres, “temos un alcalde máis preocupado en resolver cuestións persoais relacionadas coa Xustiza que en defender a cultura, os servizos públicos e a calidade de vida dos cidadáns”.
O mesmo desinterese - prosiguen os socialistas nas súas criticias, "é o que amosa o Concello coa Biblioteca Municipal, que leva tres meses practicamente pechada á espera de cubrir a praza de bibliotecario". Unha situación “vergoñenta” para O Carballiño que merece “un servizo bibliotecario en condicións, cun horario axustado ás necesidades dos usuarios e cunha inversión axeitada en modernización e actualización de fondos, e, como mínimo, un servizo de atención ao público”.
Lembran tamén as queixas dos usuarios polo mal estado das instalacións, con humidade, goteiras, mal funcionamento da Wi-fi, falla de fondos bibliográficos e por enriba, cun sistema de calefacción que durante meses estivo estragado.

Os verdes consiguen gañar por fin un partido no José Arjiz, desta vez ante un equipo como é o actúal Verín plagado de ex-xogadores de terceira e preferente, pero está visto que a actitud coa que o Arenteiro encara os partidos nesta liga sigue dándolle un enorme resultado.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Quiroga e Prada. Tamén xogaron Martín, Omar, Oscar e Manu.
Goles:
0-1. Minuto. Xogada que inician Victor Gallego e Carlos, e que culmina cun encaixe de bolillos Marcos Sotelo cun zurdazo inalcanzable para o meta local Piollo.
O Partido: Verín e Arenteiro sairon con moito respecto mútuo, ofrecendo unha primeira parte moi igualada e sen apenas ocasións de gol. Tralo descanso, os carballiñeses estiveron máis frescos que o seu rival, e tras marcar o gol, souberon nadar e gardar a roupa, de feito Pachi non pasou por ningún apuro, o Verín tan so o intentaba a balón parado mentres que o Arenteiro volvía mostrarse como un bloque sólido e solvente que lle dan unha victoria que deixa ao Verín a 11 puntos dos carballliñeses.
A comparsa "Alí Babá" dos Arrieros de Dacón levouse o primeiro premio do concurso, o segundo foi para "As chicas do 600" de Crecente, mentres que "O Xardín Encantado" da asociación O Castro de San Amaro quedouse co terceiro premio. O cuarto premio correspondeu ao Fénix da Asociación Lumareda. O Xurado outorgou o quinto premio aos Caníblaes dos Azucarados de Maside, e o sexto premio aos Trangallás do Irixo.Tamén foi distinguida a comparsa do colexio Vila do Arenteiro, como a de mellor animación.
O desfile foi seguido por miles de persoas, dende a Policia Local do Carballiño vironse desbordados pola gran afluencia de público e de vehículos, moitos deles tiveron que aparcar nas aforas do Carballiño "fixemos un operativo coas previsiós de outros anos, pero vimonos desbordados", subliñou a esta emisora de radio o responsable da Policia Local, Francisco Valeiras.

Folións de entroido e charangas amenizan esta xornada festiva. Á hora do xantar a celebración trasladase aos 20 restaurantes do Carballliño que sirven o cocido da Cachucha e dende as seis da tarde sairá o gran desfile das comparsas que participan no concurso aplazado o pasado martes.
Xa a partir das oito da tarde, completará a programación da Festa da Cachucha a actuación da Orquestra La Oca, na Praza Maior, onde será a entrega de premios do concurso de comparsas.
O tempo acompaña, temos un dia absolutamente primaveral no Carballiño, o que está contribuindo a animar o ambiente festivo.
Eran os aforros de toda a vida deste carballiñés, que emigrou con 15 anos de idade, e ao que Bankia colocou obrigacións subordinadas no ano 2009. Agora, unha sententencia, que xa é firme, do Xulgado nº 1 do Carballiño condena a Bankia á devolución do diñeiro e imponlle o pagamento das costas do procedemento xudicial.
A avogada carballñesa Rita Alén explicou a COPE O Carballiño que a sentencia ordena "a nulidade do contrato de suscripción, ao entender que Bankia non fixo unha correcta comercialización do producto contratado, que vendeu como seguro e non de risco".
Recolle a sentencia que o conxunto documental aportado pola entidade non é suficiente para acreditar que suministrou ao cliente unha información clara e precisa cando lle ofreceu este producto no ano 2009, comunicandolle que a liquidez sería inmediata cando en realidade o vencemento do contrato fixabase no ano 2019. Tamén fai referencia a situación persoal deste emigrante "sen estudos, que non era un inversor, senón un simple aforrador".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 635
- 636
- 637
- 638
- 639
- 640
- 641
- 642
- 643
- …
- seguinte ›
- última »