14, Febreiro 2014

O venres 14 de febreiro foi unha data especial para Cipriano Caamaño, o dia da súa xubilación como médico no centro de saúde de Boborás. Dende agora, terá máis tempo para dedicarlle ás súas responsabilidades como alcalde.

Atras quedan 33 anos de dedicación profesional no centro de saúde de Boborás, a onde chegou en 1982 tras iniciar a súa traxectoria como médico de familia no centro de saúde de A Pobra de Trives.

Trala xubilación de Cipriano Caamaño está agora por ver se o centro de saúde de Boborás conserva as tres prazas de médico, ou se pola contra o Sergas amortiza a praza, tendo en conta o descenso rexistrado nos últimos anos na poboación que atende o centro de saúde da localidade, na actualidade arredor de 2.600 persoas.

 

12, Febreiro 2014

A solicitude foi presenta no rexistro municipal do concello carballiñés asinada por cinco concelleiros do grupo socialista, un pleno extraordinario para debatir sobre a imputación do alcalde e votar a súa continuidade no cargo.

"Someter a votación deste pleno da Corporación a continuidade no seu posto como alcalde de Argimiro Marnotes dada a extrema gravidade dos feitos e como afectan, negativamente, ao noso concello", éste é o "acordo" que propón o grupo socialista á corporación municipal, e que acompaña dunha moción na que expoñen "o feito de que se levante un acta de carácter oficial na que quedarán reflectidas as respostas do alcalde, a diferencia do expresado nos medios de comunicación, terá carácter vencellante".

AO BNG GUSTARÍALLE QUE O ALCALDE PEDISE DISCULPAS

A concelleira do BNG, Áurea Francisco, aproveitou unha intervención nesta emisora de radio para para manifestar, en relación a este asunto da imputación do alcalde que "a humildade non quita a valentía". Ao BNG guataríalle que o alcalde pedise disculpas á cidadanía do Carballiño "por arrastrar o nome do Carballiño polo lameiro da corrupción, e tamén por todas as promesas imcuplidas do programa electoral".

En relación á solicitude de pleno extrardinario por parte dos socialistas, Áurea Francisco manifestou "lamentar que chega tarde, porque o BNG non ten o número suficiente de concelleiros para convocalo, a postura do BNG neste asunto é exquisita, nos pedimos a demisión de todos os imputados, comprendo que esto PSOE e PP non o fagan, porque menudo revuelo".

11, Febreiro 2014

O DOG publica hoxe o Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local do Puzo do Lago, no Concello de Maside, que se converte no primeiro declarado definitivamente na provincia de Ourense e no terceiro en Galicia.

O interese natural do ENIL Puzo do Lago radica na súa diversidade vexetal con especies autóctonas que xunto ao resto de fauna, flora e patrimonio arqueolóxico entre outros aspectos, configuran un conxunto paisaxístico de 30,60 hectáreas merecedor dunha protección especial que o ampare e o conserve, ademais de rexenerar os valores degradados pola actividade humana.

Entre os valores naturais deste espazo destacan unha lagoa artificial que representa un importante ecosistema de humidal conservador; a presenza da vexetación máis característica de Galicia, a carballeira atlántica; é un área que presenta un alto valor arqueolóxico, ao albergar un exemplo de explotación mineira da época romana.

Tendo en conta todos os valores naturais, culturais, estéticos e científicos do lugar, o Goberno autonómico aproba este documento co fin de establecer un modelo de xestión que alcance os obxectivos de conservación e faga compatibles os usos tradicionais e públicos. Deste xeito, a través de directrices axeitadas se regularán e harmonizarán as competencias que realice a Administración, o uso privado, así como as distintas actividades que se desenvolvan dentro deste espazo natural.

As determinacións do presente Plan de Conservación entrarán en vigor o día seguinte da súa publicación no DOG, e continuarán en vigor ata que non se revise o Plan polo cambio significativo e suficiente das circunstancias ou criterios que determinaron a súa aprobación. En calquera caso, a falta de modificacións excepcionais, deberá revisarse pasados 5 anos.

A figura do ENIL
A Lei de Conservación da Natureza (Lei 9/2001, de 21 de agosto) define os espazos naturais protexidos como aqueles que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales.

O Espazo Natural de Interese Local (ENIL) é unha das categorías nas que se clasifican estes espazos naturais protexidos. A súa declaración é competencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mentres que a xestión é responsabilidade municipal.

10, Febreiro 2014

O orzamento do novo proxecto de Obradoiro intermunicipal ascende a 300.000 euros, dos que os 3 concellos deberán aportar 43.000 euros. Durante seis meses dará traballo e formación a 39 desempregados dos tres municipios.

O novo obradoiro contará con catro módulos, dos que dous actuarán no concello do Carballiño -albanelaría e carpintaría- e os otros dous en Boborás e San Amaro, respectivamente. Ademáis do alumnado, completarán o cadro de persoal un director, cinco profesores-monitores e un administrativo.

No caso do concello carballiñés, os traballos centraránse fundamentalmente na recuperación do patrimonio etnográfico nas parroquias de Mudelos, Seoane e Arcos, e na mellora dos accesos ao cemiterio de Señorín.

No concello de San Amaro acometeráse a reforma da antiga escola da parroquia de Anllo. No concello de Boborás a actuación prevista é a recuperación e acondicionamento dunha ruta de sendeirismo.

9, Febreiro 2014

O Club Deportivo Arenteiro sumou ante o Sporting Celanova outros 3 puntos que lle permiten afianzarse como líder da 1ª autonómica, son xa 18 os partidos consecutivos que levan os carballiñeses invictos nesta liga, 15 victorias e 3 empates. Tras as intensas chuvias dos últimos dias, que tiveron continuidade nas horas previas e durante o encontro, Espiñedo atopábase en moi mal estado, aínda asi o árbitro decidiu xogar o partido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, M. Sotelo ( Oscar, m.77),V. Gallego ( Alex. m. 74), Quiroga, Bardelás ( Robin, m. 77) e Manu ( Martín, m. 71).

Goles

1-0: Minuto 20. Quiroga aproveita un pase medido de Manu dende a banda dereita.

2-0. Minuto 49. Marcos Sotelo practicamente a placer tras un erro do porteiro visitante, ao que perxudica o mal estado do terreo de xogo.

2-1. Minuto 66. Acorta distancias Codeso, tras unha falta lanzada por Chamo.

3-1. Minuto 70. Tras unha recuperación de balón de Victor Gallego, éste habilita para Quiroga, que cruza ante a saída do meta celanovense.

4-1. Minuto 93. No último suspiro do partido amplia diferencias Carlos Escudero.

O Partido: A actitude dos xogadores do Arenteiro volveu a ser decisiva para encarar un partido nos que os carballiñeses tiñan un doble rival: o Sporting Celanova e o mal estado do terreo de xogo, non obstante o empuxe dos locais moi pronto situou o partido ao seu favor, o Sp. Celanova apenas disfrutaría de maís ocasións que a do propio gol e so a balón parado foron capaces os de San Rosendo de achegarse, moi de cando en vez, aos dominios de Pachi.

7, Febreiro 2014

O auditorio do Carballiño acolleu a celebración da sexta edición da Gala do Deporte do Carballiño, que con carácter anual organiza a Área de Deportes do concello carballiñés.

Na mesma, entregaronse os trofeos aos deportistas carballiñeses que destacaron pola súa traxectoria durante o última ano 2013, nas máis diversas modalidades deportivas. Tamén se recoñeceu a colaboración dos patrocinadores.

Como mellores deportistas carballiñeses do ano, Vicente Crespo, campión de europa e terceiro no campionato do mundo co equipo de España en pesca con mosca, e Alba Martínez, campioa galega de triplo salto.

Ademais destes dous deportistas foron premiados tamén o Aparthotel Arenteiro e Autocares Rodríguez, polo seu patrocinio en numerosas probas, competicións deportivas e as escolas municipais de futbol.

Chema Ferreiro e Fernando Guerra , como  mellores deportistas veteranos, a Andadina do Pulpo como mellor proba deportiva do pasado ano, Sandra Senra como deportista revelación, e Miguel Angel Romeu “mechas” por toda unha vida no deporte carballiñés.

Así mesmo repartíronse diplomas a deportistas destacados, como os alumnos do a escolaa municipal de futbol, que xa deixaron ésta logo de pasar por todas as categorías, ou ao piloto e copiloto de rallies de históricos Alfonso Gracía e Jesús López. O capítulo de diplomas pechouse cos de Manuela Fernández e Guillerme Iglesias, pola súa participación en andainas de máis de 50 quilómetros, e Alfonso Medela, campión galego de Canicross.

7, Febreiro 2014

Os valdeorreses do Centro de Deportes Barco, na actualidade un dos equipos punteiros da Preferente, será o rival de C.D. Arenteiro nos cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol, asi o deparou o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 

O primeiro partido xogaráse no Barco de Valdeorras o 17 de Abril, Xoves Santo, e a volta en Espiñedo o dia 1 de Maio, tamén xoves. No caso de superar esta eliminatoria, o C.D. Arenteiro enfrontaríase en semifinais co vencedor da eliminatoria Melias-Verín.

6, Febreiro 2014

Escoita a entrevista a Argimiro Marnotes no programa "A mañá de COPE O Carballiño" referíndose á súa imputacion na operación Pokémon.

4, Febreiro 2014

Asi se propón no plan estratéxico de termalismo impulsado pola Xunta e Deputación para a provincia de Ourense. A residencia carballiñesa ofrecerá entre as súas prestacións futuras aloxamento para "un recorrido termal" polo Bañiño de Arcos, os balnearios do Carballiño e Partovia, a Rañoa de Maside e as augas de Brués.

O documento, presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén recolle outras actuacións no ámbito da comarca do Ribeiro, como son as vilas termais de Berán e Laias. Feijóo referíuse ao proxecto como "unha folla de ruta que permitirá á provincia de Ourense blindar o seu liderado no termalismo".

O investimento en todo o ámbito provincial, no coxunto das preto de cen actuacións previstas, acada os 94 millóns de euros. Desa cantidade, o 45% corresponde ás aportacións do sector privado e o resto -55%- de carácter público, que se financiarán con aportaicóns da Unión Europea no marco do novo reparto de fondos 2014-2020.

2, Febreiro 2014

Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente. Excelente entrada en Espiñedo, máis de 400 afeccionados.

C.D. Arenteiro:Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar ( Dabarca, m. 68 ), Alex, Marcos Sotelo Martín, m. 71, Victor Gallego,  Diego Quiroga ( Manu, m. 75), Alex Bardelás e Miguel Prada ( Omar, m. 87 ).

Goles:

1-0.Minuto 23. Diego Quiroga en boca de gol tras unha boa xogada por banda de Miguel Prada

2-0.Minuto 83. Martín tras un pase milimétrico de Manu.

3-0.Minuto 85. Outra vez Martín, que gaña as costas á defensa visitante e en vaselina envia ao fondo da portería. Gol de auténtico crack.

O Partido: Aos 9 minutos M. Sotelo enviaba ao longueiro tras executar unha falta, a partir dese minuto sucederonse as numerosas ocasións de gol, sempre a favor do Arenteiro, que debeu chegar ao descanso cun marcador máis amplo. Na segunda parte, os carballiñeses cederon terreo no centro do campo, custaballes sair e propiciou que a U.P. Taboadela se decidise a buscar o empate. A xogada clave pudo ser a do minuto 60, cando o árbitro inventase un penalti a favor do equipo visitante, pero na portería carballiñesa estaba Pachi -soberbio de reflexos- para desvialo fora. A partir de ahí, o Arenteiro volveu a facerse co mando do partido, que sentenciou merecidamente nos minutos finais.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS