15, Xaneiro 2014

Son centos de parcelas no municipio do Irixo afectadas polo trazado da liña do AVE de Vigo, dende o 16 de Xaneiro a relación pode consultarse nas dependencias municipais da casa do concello do Irixo.

Asimesmo, tamén poden consultarse as alegacións que vai presentar o concello do Irixo ao trazado e a súa incidencia ambiental, tras as modificacións introducidas polo Ministerio de Fomento, aos efectos da súa comprobación e posible ampliación.

Tal como lles vimos avanzando dende COPE O Carballiño de radio, o AVE sairá a superficie no municipio do Irixo tras un recorrido en túnel de 18 kilómetros, e tras pasar baixo terra pola localidade do Regueiro, no concello de Boborás. No Irixo, a maior parte do recorrido faráse en viaducto e túnel, sendo tres os proxectados: o de Prexigueiro, dunha extensión de dous kilómetros 278 metros, o da Bugalleira que terá unha lonxitude de dous kilómetros 271 metros, e finalmente o túnel Cangues - A Piteira, dunha extensión de dous kilómetros 392 metros, será a esta altura onde fará o seu enlace coa liña de Santiago de Compostela.

No municipio do Carballiño o número de parcelas e propietarios afectados redúcese a medio centenar.

 

14, Xaneiro 2014

O concelleiro de obras, Magín Daparte, explicou que "é consecuencia da rotura dunha tubería, debido a que no seu dia a auga que se acumulaba no túnel de ferrocarril desviouse mediante bombeo á tubería do saneamento, e ésta non da abasto".

A rotura provocou unha gran focha na calzada da rúa Ourense á altura da rotonda "que non podemos arranxar mentres non deixe de chover". A incidencia motiva o corte ao tráfico dun carril da rúa , nun punto neurálxico para a circulación, que abserve gran parte do tráfico que accede tanto á rotonda da Fontela como a rúa Alberto Vilanova.

Ademáis, o concelleiro de obras avanzou que "tan pronto como sexa posible contrataráse a obra de asfaltado en quente para reparar a calzada na rotonda da Alameda, asi como en varios viais do casco urbano que necesitan unha reparación urxente".

14, Xaneiro 2014

Usuarios e persoal sanitario volven mostrar o seu malestar pola falla de mantemento do centro sanitario de Piñor, tras denunciar esta situación o pasado 20 de Decembro o concello non levou a cabo ningunha actuación para solucionar a filtración de auga no edificio.

Ademáis da caída de escaiola do teito e dun plafón eléctrico, as deficiencias provocan frecuentes cortes no suministro eléctrico, o que repercute negativamente no servizo. Os sanitarios anuncian unha recollida de sinaturas entre os usuarios e recordan ao alcalde de Piñor que o mantemento das instalacións son responsabilidade municipal. De feito, o de Piñor aparece na relación do Sergas entre os centros de saúde cuxo mantemento é competencia municipal. 

12, Xaneiro 2014

Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica,  tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.

Goles:

0-1: Minuto 47. Xogada por banda de Marcos Sotelo que centra medido sobre o punto de penalti, Quiroga engaña ao porteiro deixando pasar o balón e Manu marca a placer.

O Partido: Comezou moi forte o Arrabaldo, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, pero por dúas veces Pachi evitou o gol. Tras o arreón inicial dos locais, o partido, nos primeiros minutos moi incomodo para o Arenteiro, que non lograba adaptarse as reducidas dimensións do terreo de xogo, foise nivelando. Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control do partido, e o Arrabaldo apenas logrou chegar un par de veces á área carballliñesa.

10, Xaneiro 2014

O concurso de licitación convocado polo concello de Punxín queda deserto ao non presentarse licitadores interesados en facerse coa adxudicación do servizo. O alcalde anuncia que non haberá nova convocatoria e será, polo tanto, o concello quen se fará cargo da xestión do servizo.

A comisión da auga, que promovera unha Iniciativa Popular que acadara o apoio de preto do sesenta por cento da poboación total do municipio, anunciou esta mañá por medio do seu portavoz Joaquín Moldes, que a Iniciativa será retirada, unha vez coñecida a decisión municipal.

A Iniciativa Popular, que sería a primeira en presentarse no ámbito comarcal, demandaba que se anulase o concurso de licitación e fose o concello quen se fixera cargo da xestión directa do servizo municipal de abastecemento de auga e saneamento no municipio de Punxín, como finalmente vai ser, según o anuncio do rexedor municipal, Manuel Vázquez.

8, Xaneiro 2014

Dende fai máis de tres meses un so médico atende a toda a poboación do Irixo, o que está provocando aglomeracións no centro de saúde da localidade nas últimas semanas.

Un grupo de veciños e veciñas do municipio, ligados á organización política Anova comezaron esta semana unha campaña de recollida de sinaturas, que serán remitidas á Xerencia de Atención Primaria para que con carácter inmediato proceda a cubrir a baixa da médica adscrita ao centro de saúde da localidade.

O único facultativo que dende fai algo máis de tres meses ocupase de atender tanto aos pacientes que acuden ao centro de saúde como de facer as visitas domiciliarias, vese obrigado a facer maratonianas xornadas de traballo, que continúa en moitos dias en horario de tarde, para atender o servizo, nun concello no que máis da metade da poboación supera os 65 anos.

6, Xaneiro 2014

Club Deportivo Arenteiro e a Selección do Ribeiro xogaron na tarde de reis un partido de fútbol de carácter solidario, a beneficio das actividades que desenvolve a Cruz Vermella. Os carballiñeses gañaron 3-1, aínda que desta vez o resultado era o de menos, porque en realidade quenes gañaron en solidariedade foron os preto de 50 fútbolístas que partiparon nesta acción benéfica.

Ainda que nun principio o partido estaba programado no Estadio de Espiñedo, o calamitoso estado no que se atopaba o terreo de xogo tras as fortes chuvias dos últimos dias, finalmente decidiuse xogar o encontro no campo sintético da Uceira.

A Selección do Ribeiro, dirixida polo adestrador do At. Barbantes, Paco, presentou un bo combinado, entre os que figuraban os exarenteiros Gabriel, Julio Alén e Pana.

Miki López, o adestrador carballiñés, dispuxo dous equipos, un en cada parte, dando entrada a varios xuvenís, tan so o defensa Pablo Dabarca xogou os 90 minutos. Os goles do Arenteiro foron obra de Quiroga (2 ) e Borja (1).

6, Xaneiro 2014

Recordan que no mes de marzo de 2013 a corporación municipal acordara posicionarse contra os recortes dos servizos ferroviarios, non obstante lamentan a "desidia do goberno municipal".

Dito acordo incluía instar á Xunta e a Deputación provincial a realizar xestións ante o Ministerio de Fomento para manter o mapa de servizo de trens da estación do Carballiño e mellorar as condicións da estación.

 Os socialistas carballiñeses lembran que dende entón, o alcalde, Argimiro Marnotes, "non adoptou ningunha medida nin realizou ningún tipo de xestión para evitar o anunciado recorte de servizos, que se veu incrementando nos últimos meses".

 En datas festivas como as pasadas, nas que aumenta o uso do transporte público, atopámonos con que O Carballiño só contou cun tren diario cara a Santiago, ás 13,59, e que só permite estar dúas horas na capital galega si se quere volver no mesmo día, xa que o único tren de volta é ás 17,25 h.

 A diminución de horarios repercute especialmente nos estudantes e funcionarios que se desprazan a Santiago, ao eliminarse nos últimos anos o tren de primeira hora da mañá e o servizo especial dos domingos pola tarde, que utilizaban fundamentalmente os xóvenes que se desprazan á universidade. Deste xeito, condénase aos carballiñeses a ter que desprazarse a Ourense para dispor de máis horarios, os do Alvia, que é ademais más caro.

Os socialistas denuncian o “desmantelamento” da estación de tren do Carballiño e a “complicidade do concello” xa que “o alcalde, Argimiro  Marnotes, non fixo unha soa xestión para potenciar este servizo, a pesar de que era un dos seus compromisos no programa electoral”.

 “Da estación intermodal, nada se soubo; tampouco das lanzadeiras para desprazar aos usuarios a Ourense, e por enriba hai recortes tamén no servizo de atención ao público da estación”, sinalan.

Critican a desidia do Concello por solucionar esta situación, xa que “parece que o transporte público non interesa”, e esixen ao alcalde a realizar as xestións necesarias para defender os intereses dos cidadáns e evitar o abandono que está a sufrir o servizo de transporte ferroviario no Carballiño.

 

5, Xaneiro 2014

A desapacible tarde do domingo non impedíu o éxito de convocatoria da Cabalgata de Reis nas rúas do Carballiño, que malia ao mal tempo presentaron un bo ambiente de público.

Como ven acontecendo dende fai tres anos, Gaspar, Melchor e Baltasar fixeron máxico acto de aparición na torrre da Veracruz.

Cinco carrozas integraron a comitiva desta Cabalgata de Reis 2014, que solemnizaron coa súa música o Grupo Orcellón, a Banda de Gaitas e a Banda-Escola de Música do Carballiño. 

4, Xaneiro 2014

A polémica está servida. O concello carballiñés, organizador da "festa do pulpo", vai propoñer á Real Academia Galega que sexan oficiais tanto o vocábulo "pulpo" como o de polbo.

A primeira reacción a este anuncio  chega por medio de "A Mesa Pola Normalización Lingüística O Carballiño-O Ribeiro"

Prema no arquivo adxunto para descargar o comunicado remitido aos medios de comunicación por esta organización.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS