2, Decembro 2013

O anuncio do concello carballiñés chega tras o acordo entre Xunta e Fegamp para aplazar o incremento do 34% que Sogama tiña previsto aplicar no canon aos concellos a partir do vindeiro 1 de Xaneiro.

Tras o principio de acordo anunciado o pasado venres, Sogama non fará efectivo o incremento ata o mes de xullo. Tras aprobar unha subida de 7,33 euros na taxa municipal para o ano 2014, o concello do Carballiño fixo pública unha nota de prensa na que aclara que "conxelarase a taxa da recollida do lixo durante o primeiro semestre de 2014, desta maneira os veciños do Carballiño non terá que asumir a subida do 12% nos recibos da recollida do lixo, polo menos ata o mes de Xullo de 2014, confirmandose asi en parte o desexo do alcalde de conxelar esta taxa municipal", manifestan.

1, Decembro 2013

Outra sufrida victoria dos verdes en Espiñedo, desta vez ante un bo Covadonga. O Arenteiro quedouse dende os inicios da segunda parte con 10 xogadores no campo tras ver cartón vermello directo Manu ao tocar o balón coa man para evitar o gol visitante. Pachi detivo o penalti e a partir de ahí o Arenteiro aguantou ben o resultado.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Omar, Manu, Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Alex, Sotelo e Cancelas.

Goles:

1-0. Minuto 10. Internada de Prada pola banda que se planta ante o porteiro do Covadonga e sirve o balón en bandexa a Manu, que marca.

2-0. Minuto 78. Desta vez é Marcos Sotelo quen coloca a pelota na área, Victor Gallego toca o xusto para que Quiroga remate ao fondo da portería.

O Partido: Vistoso e entretido no primeiro periodo con ocasións en ambas porterías. Na reanudación, e tras a expulsión de Manu o Covadonga desaproveitou a oportunidade de empatar o partido o despexar Pachi o balón no penalti lanzado por Toni. A partir de ahí, o Arenteiro, sabedor da súa inferioridade numérica pola expulsión de Manu, defendeu con acerto a exigua ventaxa no marcador ata que chegou o gol da sentencia xa na parte final do partido. O árbitro Iván González anulou dous goles, ao Arenteiro no minuto 12 e ao Covadonga no 84, en ambos casos por suposto fora de xogo.

Adiante na Copa Deputación

Os carballiñeses superaron sen problemas a eliminatoria de oitavos ante o At. Vilariño, ao que volveron derrotar en Espiñedo co mesmo resultado que no partido de ida, 2-1.

29, Novembro 2013

Tratase do galardón creado polo "Aparthotel Arenteiro" para recoñecer a traxectoria e valores de persoas e institucións das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

Os premios teñen dúas modalidades, cultura e ciencia, e deportes. Os galardóns son concedidos por un xurado que preside o historiador Xosé Lois Sobrado, e consiste na entrega dunha escultura de Acisclo Novo.

Na modalidade de cultura e ciencia a II Edición da Arenteira correspondeu ao carballiñés Miguel Anxo Fernández, do que o xurado valora " a súa longa dedicación, formación, e a súa traxectoria profesional e a súa aportación e implicación persoal co mundo da cultura carballiñesa e galega, especialmente co mundo do cine".

Na modalidade de deportes, a Arenteira 2013 é para o deportista paralímpico José Manuel Prado, que formou parte do equipo español de boccia nas pasadas paralimpiadas de Londres, o xurado tivo en consideración "os valores de superación diaria, do seu esforzo, do sacrificio e da súa constancia no so na actividade deportiva senón tamén na súa vida cotiá".

No acto de entrega celebrado no salón central do "Apartarthotel Arenteiro" deronse cita unha numerosa representación da sociedade carballiñesa, que acompañaron aos dous premiados.

29, Novembro 2013

O grupo municipal socialista ve con preocupación "que o nome do Carballiño apareza relacionado con este tipo de conductas" e considera que "o alcalde ten a obriga moral de convocar un pleno e dar explicacións".

As petición dos socialistas chega tras as últimas novidades do caso Pokémon, e tras dividir a xuíza a instrucción en 9 pezas. Precisamente, en dúas delas aparece como imputado o alcalde carballiñés.

"A xuiza afirmase nas acusacións en base aos datos obtidos de intervencións telefónicas, análise de expedientes oficiais e as declaracións prestadas, reiterando as sospeitas contra o alcalde do Carballiño en relación coas actividades da empresa VENDEX e a adxudicación de contratas para desbroces de camiños rurais", afirman os socialistas.

O portavoz municipal Paco Fumega, que compareceu en compañía de varios concelleiros do grupo municipal, fixo referencia "á preocupación que vemos entre a cidadanía do Carballiño, nos representamos ao 40 por cento desa cidadanía e queremos manifestar a profunda preocupación por esta situaicón e suxerir a necesidade de que o alcalde dimita e deixe paso a outro concelleiro do seu grupo no timón da xestión municipal".

27, Novembro 2013

O espeso fume que saía pola cheminea levou a un veciño a dar a voz de alarma, foi providencial para que non se propagase o lume.

Os Servizos de Emerxencias do Concello do Carballiño recibiron o aviso sobre a unha da tarde e en poucos minutos conseguiron controlar a situación. Ao parecer, o lume prendeu no illante do tiro da cheminea nesta vivenda habitada, na rúa Caravel, no barrio de Flores. Tan so se produciron danos materiais, sen consecuncia algunha para os veciños.

25, Novembro 2013

O alcalde de Cea anunciou a presentación dunha querella criminal contra o empresario de "Las 5 Jotas" polas acusacións de soborno "non teño nada que ver con eso" asegurou no pleno ante a petición de explicacións da oposición.

"A xente de Cea vai saber todo, detalle por detalle" manifestou o alcalde de Cea á demanda de "tranparencia" dende a oposición, tanto por parte da nacionalista Elvira Fernández como do socialista Guillermo Dopazo.

O empresario, José Manuel Costas, investigado pola maior trama de fraude fiscal en Galicia, apuntou nas súas declaracións nun xulgado de Vigo a "todos os partidos" como receptores de diñeiro negro, aínda que de forma expresa citou ao alcalde de Cea e un funcionario, aos que acusou de soborno nunha operación que tería que ver coa compra dos terreos destinados ao polígono industrial de Cea.

Dopazo, tras afirmar que o asunto provocou unha gran alarma social no municipio, solicitou ao alcalde que publique na páxina Web do concello os bens patrimoniais dende o ano 2005, Valladares respostoulle manifestando que "xa os ten pulbicados na Deputación, cando estiven de deputado".

"Teño a conciencia moi tranquila, se tivera dúbidas dalgún trámite non durmiría tranquilo, pero durmo tranquilo estes dias, mellor que nunca", sentenciou o alcalde de San Cristovo de Cea.

 

 

25, Novembro 2013

Unha representación do alumnado dos centros de ensinanza do Carballiño participaron no acto institucional do 25 de novembro como dia internacional contra a violencia de xénero.

A este acto, celebrado na Praza Maior, non asistiron os socialistas, que explicaron a súa ausencia polas discrepancias que manteñen co Partido Popular, tanto a nivel local como cos gobernos do Estado e autonómico. O PSdeG considera "unha hipocresia estes actos nos que só se procura o consenso para o propio", manifestan.

24, Novembro 2013

Efectivo partido dos carballñeses  que endosaron ao líder Nogueira de Ramuín a primeira derrota da tempada no seu campo da Tella, o  que lle permite ao C.D. Arenteiro continuar coa súa racha de imbatibilidade nas últimas 9 xornadas de liga, sumando 2 empates e 7 victorias. 

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Omar, Bardelás, V. Gallego, Quiroga, Martín e Prada. No último cuarto de partido tamén xogaron Canexón, Manu, Núñez e M. Sotelo.

Goles

0-1. Minuto 50. Diego Quiroga executa maxistralmente unha falta enviando o balón á escuadra da portería local.

0-2. Minuto 71. Walter Martín, de cabeza, ao máis puro estilo Carlos Santillana. 

0-3. Minuto 84. Outro libre directo sobre a portería local, desta vez é Manu quen protagoniza un magnífico lanzamento, salvando a barreira e enviando o balón axustado o pau.

O Partido: Con dúas partes moi diferentes, a primeira na que o líder dominou e a segunda na que o Arenteiro sentenciou con solvencia. O momento clave do partido pudo ser o minuto 39, cando o Nogueira quedouse con 10 xogadores no campo por expulsión de Meleiro, que víu doble cartón amararelo. Atá ese momento o Nogueira controlaba o partido cunha presión no medio do campo que impedía aos carballiñeses poder progresar cara a área local. Na segunda parte, o partido mudou sustancialmente, sendo entón o Arenteiro o que pasou a controlar o partido e a gozar das mellores ocasións, e froito delas chegou a victoria.

21, Novembro 2013

O congreso local do Partido Popular do Irixo desenvolveuse según o guión previsto, o actúal alcalde -único candidato- foi reelixido por unanimidade como presidente local.

Manuel Penedo agradeceu a renovación da confianza depositada nel e no seu equipo, e avanzou que “os nosos obxectivos para este mandato son facer do Irixo, un lugar que aparte de ser grande en extensión tamén o sexa en ilusión, e sobre todo en ilusión no seu futuro. Temos que apoiar a puxanza comercial e industrial do noso pobo, volcándonos nos sectores productivos de especial transcendencia. E tamén é  indispensable aprobar canto antes o Plan Xeral de Ordenación, para a posta en marcha do futuro polígono industrial, porque sen empresas e moi difícil fixar poboación. Se conseguimos fixar poboación conseguiríamos darle traballo a todas as pequeñas empresas e autónomos que temos no noso concello, en especial os do sector da construcción que son o colectivo máis abundante”, manifestou ante o medio centenar de persoas, entre afiliados e invitados, que acudiron a este congreso local celebrado no restaurante Abanico.

Tamén falou o presidente local das potencialidades do municipio: “O noso concello  ten atractivos de gran interés cunha natureza de beleza impresionante, asi como un patrimonio cultural que xunto ca beleza paisaxistica debemos aproveitar para darle un impulso o turismo rural  para dar a coñecer as nosas riquezas máis alo dos limites comarcais. Outra das nosas grandes riquezas son os sectores agrarios e forestais, os cales tamen debemos recuperar para explotar a través da producción de carne de gran calidade, tanto de ganado vacuno como como ovino, de gran tradición nos nosos pobos. O sector forestal debemos aproveitalo  en  colaboración coas distintas comunidades de montes, para xerar riqueza e postos de traballo, debido a súa gran extensión e as súas grandes potencialidades, tanto no tema da madeira, como de caza, de explotación agrarias", subliñou o actúal alcalde do Irixo ante os compromisarios e invitados.

20, Novembro 2013

Asi o recolle a conta xeral de 2012 do concello do Irixo, 656.247 euros en concepto de recibos de impostos e taxas municipais pendientes de dubidoso cobramento, unha cantidade que aproximase ao orzamento anual, cifrado en 794.000 euros.

Non é o único dato que sorprendeu a Manuel Iglesias, veciño da parroquia do Campo, que o comentou nesta emisora de radio "é unha mostra da desidia destes gobernantes que temos no Irixo, esto en calquera administración ou empresa siñificaría a quebra, e resulta que aquí dín que teñen superavit".

Hai outros aspectos sigñificativos  que tamén chamaron a atención deste veciño "como son as cifras sempre redondas de moitos capítulos, como os 90.000 que se destinaron a gastos diversos ou os 30.000 euros a gastos de material de oficina nun ano", subliñou.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS