Os socialistas lamentan a “absoluta desidia amosada polo concelleiro” que non tramitou unha subvención autonómica para as Xociviga.
O PSdG refírese ao titular do departamento municipal de cultura, Rodrigo González,quen nunha entrevista recente nun medio de comunicación recoñecía que a convocatoria de axudas lles collera “un pouco fora de xogo” por publicarse o 31 de decembro e que non se enteraron ata o 7 de xaneiro.
“Estas declaracións amosan o escaso interese do responsable da área de cultura polas actividades culturais dese pobo, xa que tarda unha semana en coñecer a convocatoria de axudas”, sinalan.
Nesta mesma entrevista, recalcan dende o Partido Socialista tamén manifestaba o concelleiro que “había un proxecto feito, pero que finalmente non se presentou porque un dos puntos da orde de axudas especificaba que non se podía subcontratar”. Os socialistas critican que este sexa o motivo para renunciar a unha subvención xa que podería cambiarse o esquema de organización se o concelleiro se preocupase en coñecer con tempo suficiente a convocatoria.
“Parece que ao Concello do Carballiño lle sobrasen os cartos para deixar escapar así as subvencións” critican os socialistas, á vez que lamentan que “en lugar de tentar reforzar esta actividade e atraer máis xente, a área de cultura demostra que lle da igual, que non ten ningún interese”.
Por elo, os socialistas consideran que “dentro do descontrol, o caos e a desidia que impera no Concello do Carballiño, a Concellería de Cultura é o paradigma”, o que se reflicte tamén “no descontento e na preocupación dos colectivos culturais ante o desinterese que amosa o grupo de goberno por eles e polas súas actividades”.
“O Concello só se dedica a subir taxas para recadar máis, pero non fai investimentos nin melloras para O Carballiño”. Mentres, “temos un alcalde máis preocupado en resolver cuestións persoais relacionadas coa Xustiza que en defender a cultura, os servizos públicos e a calidade de vida dos cidadáns”.
O mesmo desinterese - prosiguen os socialistas nas súas criticias, "é o que amosa o Concello coa Biblioteca Municipal, que leva tres meses practicamente pechada á espera de cubrir a praza de bibliotecario". Unha situación “vergoñenta” para O Carballiño que merece “un servizo bibliotecario en condicións, cun horario axustado ás necesidades dos usuarios e cunha inversión axeitada en modernización e actualización de fondos, e, como mínimo, un servizo de atención ao público”.
Lembran tamén as queixas dos usuarios polo mal estado das instalacións, con humidade, goteiras, mal funcionamento da Wi-fi, falla de fondos bibliográficos e por enriba, cun sistema de calefacción que durante meses estivo estragado.

Os verdes consiguen gañar por fin un partido no José Arjiz, desta vez ante un equipo como é o actúal Verín plagado de ex-xogadores de terceira e preferente, pero está visto que a actitud coa que o Arenteiro encara os partidos nesta liga sigue dándolle un enorme resultado.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Quiroga e Prada. Tamén xogaron Martín, Omar, Oscar e Manu.
Goles:
0-1. Minuto. Xogada que inician Victor Gallego e Carlos, e que culmina cun encaixe de bolillos Marcos Sotelo cun zurdazo inalcanzable para o meta local Piollo.
O Partido: Verín e Arenteiro sairon con moito respecto mútuo, ofrecendo unha primeira parte moi igualada e sen apenas ocasións de gol. Tralo descanso, os carballiñeses estiveron máis frescos que o seu rival, e tras marcar o gol, souberon nadar e gardar a roupa, de feito Pachi non pasou por ningún apuro, o Verín tan so o intentaba a balón parado mentres que o Arenteiro volvía mostrarse como un bloque sólido e solvente que lle dan unha victoria que deixa ao Verín a 11 puntos dos carballliñeses.
A comparsa "Alí Babá" dos Arrieros de Dacón levouse o primeiro premio do concurso, o segundo foi para "As chicas do 600" de Crecente, mentres que "O Xardín Encantado" da asociación O Castro de San Amaro quedouse co terceiro premio. O cuarto premio correspondeu ao Fénix da Asociación Lumareda. O Xurado outorgou o quinto premio aos Caníblaes dos Azucarados de Maside, e o sexto premio aos Trangallás do Irixo.Tamén foi distinguida a comparsa do colexio Vila do Arenteiro, como a de mellor animación.
O desfile foi seguido por miles de persoas, dende a Policia Local do Carballiño vironse desbordados pola gran afluencia de público e de vehículos, moitos deles tiveron que aparcar nas aforas do Carballiño "fixemos un operativo coas previsiós de outros anos, pero vimonos desbordados", subliñou a esta emisora de radio o responsable da Policia Local, Francisco Valeiras.

Folións de entroido e charangas amenizan esta xornada festiva. Á hora do xantar a celebración trasladase aos 20 restaurantes do Carballliño que sirven o cocido da Cachucha e dende as seis da tarde sairá o gran desfile das comparsas que participan no concurso aplazado o pasado martes.
Xa a partir das oito da tarde, completará a programación da Festa da Cachucha a actuación da Orquestra La Oca, na Praza Maior, onde será a entrega de premios do concurso de comparsas.
O tempo acompaña, temos un dia absolutamente primaveral no Carballiño, o que está contribuindo a animar o ambiente festivo.
Eran os aforros de toda a vida deste carballiñés, que emigrou con 15 anos de idade, e ao que Bankia colocou obrigacións subordinadas no ano 2009. Agora, unha sententencia, que xa é firme, do Xulgado nº 1 do Carballiño condena a Bankia á devolución do diñeiro e imponlle o pagamento das costas do procedemento xudicial.
A avogada carballñesa Rita Alén explicou a COPE O Carballiño que a sentencia ordena "a nulidade do contrato de suscripción, ao entender que Bankia non fixo unha correcta comercialización do producto contratado, que vendeu como seguro e non de risco".
Recolle a sentencia que o conxunto documental aportado pola entidade non é suficiente para acreditar que suministrou ao cliente unha información clara e precisa cando lle ofreceu este producto no ano 2009, comunicandolle que a liquidez sería inmediata cando en realidade o vencemento do contrato fixabase no ano 2019. Tamén fai referencia a situación persoal deste emigrante "sen estudos, que non era un inversor, senón un simple aforrador".

Durante unha visita ao parque, o titular da Xunta indicou que San Cibrao de Las contou cun investimento total de 10 millóns de euros, e coa achega do Ministerio de Fomento, con cargo ao 1% cultural, para a construción do Centro de Interpretación. Abre as súas portas este próximo sábado 8 de marzo.
Na súa intervención, Feijóo destacou o traballo realizado pola Xunta para a posta en valor desta construción castrexa que xa foi obxecto da atención de investigadores hai case un século: nos anos 1922 e 1925, por parte de Florentino López Cuevillas; en 1948-1949 por parte de Xaquín Lorenzo Fernández, na década dos 80-90, con actuacións baixo o amparo do Museo Arqueolóxico de Ourense, e con escavacións en datas máis recentes. Nos últimos anos, o Goberno galego decidiu darlle un novo pulo, un impulso “definitivo” a este xacemento, desenvolvendo diversas actuacións encamiñadas á súa recuperación, protección e conservación; facilitando o seu estudo por parte dos investigadores; e favorecendo a súa visita, para facer extensivo o seu coñecemento a todos os públicos.
Construíuse un Centro de Interpretación, proxecto dos arquitectos Carlos Martínez González, Carmen Ruiz Alarcón e Ángeles Santos Vázquez, que dispón de máis de 3.000 metros construídos, alberga unha exposición permanente da cultura castrexa, permite a realización de exposicións temporais e conta con aulas didácticas, espazo para traballo dos arqueólogos e zonas de investigación e documentación. Un centro cuxa dirección técnica a Xunta acaba de atribuír ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, a través da sinatura dun acordo, que tamén prevé o traslado de pezas arqueolóxicas deste museo a San Cibrao de Las, aínda que ditas pezas continuarán adscritas ao Museo Provincial.
Xunto co centro de Interpretación, tamén se creou un circuíto de visita para posibilitar o acceso ao elemento máis valioso do parque: o xacemento arqueolóxico. Algo que, segundo lembrou Feijóo, permite complementar os coñecementos que o visitante adquire no Centro de Interpretación e favorecer o descubrimento in situ dun dos maiores poboados castrexos de Galicia.
Aproveitamento para investigadores e turistas
O presidente da Xunta incidiu en que se trata dun “tesouro arqueolóxico” que o Goberno galego impulsou para que sexa “coñecido e aproveitado por todos”. Por unha banda, polos investigadores, ao converter San Cibrao de Las nun centro de coñecemento e estudo da herdanza castrexa de referencia obrigada para os especialistas da Península. E, por outra, polos cidadáns, xa que o perímetro amurallado e a conformación interna das estruturas de habitación permiten ao visitante unha boa comprensión do xacemento.
“San Cibrao de Las revélase, pois, como revulsivo para os investigadores”, como motor dinamizador de estudo, documentación, coñecemento e difusión da cultura castrexa; pero tamén como “revulsivo turístico”, dixo Feijóo, argumentando que o centro será capaz de atraer visitantes de diferentes puntos da xeografía que desexen coñecer dunha forma didáctica a riqueza da nosa terra, situando o patrimonio artístico galego como excelente dinamizador –xunto co termalismo ou a enogastronomía- desta comarca, da provincia de Ourense e de Galicia enteira.
Destacou, ao respecto, que este xacemento de San Amaro e Punxín é un enclave verdadeiramente “privilexiado”, tanto desde o punto de vista do emprazamento –un lugar elevado desde o que poder divisar amplamente os vales que rodeaban o poboado, mantendo contacto visual con outros castros próximos e ao carón de terras fértiles e de fácil cultivo-; como polas súas características –é unha edificación da etapa final da cultura castrexa, moi influído xa polo proceso de romanización, con ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II; pola súa extensión –o parque conta cunha superficie aproximada de 20 hectáreas, 10 delas de escavación; e tamén pola súa monumentalidade e boa conservación.
Declaración BIC e Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico
Feijóo explicou que o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las está incluído no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia e prevese que, este mesmo ano, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incoe a súa declaración como Ben de Interese Cultural, coa categoría de Zona Arqueolóxica.
O Parque da Cultura Castrexa intégrase, ademais, na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, un modelo de protección global que a Xunta vén impulsando nos últimos anos para a posta en valor e a difusión do patrimonio; e unha rede que, segundo afirmou Feijóo, concibe os xacementos, non como entes illados, senón como parte dun todo.
Os responsables da Asociación de Hosteleiros decidiron supender a actuación das orquestras Philadelphia e Claxon prevista para o noite do lúns. O desfile do concurso de comparsas do martes de entroido trasladase a este próximo domingo, coincidindo coa festa da cachucha.
O concelleiro de cultura, Rodrigo González confirmou nesta emisora de radio que "unha vez consultadas a maioria das comparsas participantes, decidiuse aplazar o destile para o domingo dia 9 a partir das 6 da tarde, creemos que é o mellor tanto para o espectáculo dende o punto de vista do público como dos propios participantes, unha vez consultadas as previsións do tempo, creo que é o mellor para todos", dixo.
Tamén se suspende a actuación da orquestra Ledicia, programada para o martes de antroido, trasladandose ao vindeiro sábado 8, para ese dia compartirá verbena coa orquestra Claxon, ésta contratada pola asociación de hosteleiros.
Festa da Cachucha
O traslado do desfile do entroido para o domingo dia 9 reforzará a programación de actividades que están previstas para este dia con motivo da festa da cachucha, que organiza a concello do Carballiño.
Unha xornada festiva que animarán catro charangas, unha banda de gaitas e un "gran folión" integrado por 120 tambores, tradicional do entroido en varias comarcas da provincia. Vinte restaurantes do Carballiño servirán un menú a base dun cocido de entroido, e pola tarde -despois do desfile- acturará o grupo orquestral "La Oca" na Praza Maior.

Ningún dos grupos da oposición municipal de asistiron a unha sesión na que únicamente estivo presente o grupo de goberno.
O único concelleiro da oposición que se achegou ata a casa do concello de Boborás, aínda que non participou no pleno, foi José Benito Trigás, do grupo MOVE, que preguntado sobre esta actitude respondeu escuetamente "cando fale Cipriano, falaréi". Este pasado xoves, en declaracións nesta emisora de radio, o concelleiro adiantara que acuduría ao pleno "pero como veciño, entre o público, e levarémos pancartas contra a subida de impostos", finalmente non foi asi.
Na sesión plenaria, o grupo de goberno do Partido Popular aprobou unha moción na que "se insta á Xunta de Galicia" para o mantemento do número de médicos no centro de saúde de Boborás, que son tres na actualidade, ainda que a inminente xubilación de Cipriano Caamaño, pode deixar o ao centro de saúde con dous médicos, debido fundamentalmente ao descenso de usuarios, consecuencia directa da perda da poboación.
No que respecta aos orzamentos para 2014, o alcalde destacou "a súa clara vocación solidaria e de axuda a todos aqueles veciños golpeados pola crise económica, por eso aumentamos a 100.000 euros a partida de gasto social, que permitirá o mantemento de servizos tales como o xantar sobre rodas, o servizo a domicilio ou a gardería infantil". Caamaño anuncio unha rebaixa do tipo impositivo do IBI urbán, que pasará do 0,66 ao 0,60 este ano, e do 0,60 ao 0,50 no ano 2015. Ademáis "e co fin de que os veciños non sufran na súa totalidade o incremento na taxa do lixo de SOGAMA, prevese unha partida orzamentaría para facer fronte a esa suba, de tal maneira que o concello asumirá con fondos propios o 45% do custo do servizo do lixo", asegurou.

Antes de que o Partido Popular rexeitase a dimisión do alcalde solicitada polos socialistas pola súa imputación xudicial, Marnotes leeu ante o pleno da corporación unha frase de Henry Laíño, exresponsable de Aquagest, na que éste recoñecía que "Laíño dice que Luances le daba pasta a Pachi Vázquez, pero Laíño no le da nada porque no es su estilo", expresou o alcalde no transcurso da súa intervención.
Abríu o pleno o portavoz socialista Paco Fumega con referencias á relación do alcalde co grupo Vendex e as sús declaracións “contradictorias sobre esa relación”. Puxo especial fincapé Fumega na repercusión da imputación do alcalde na vida municipal “está claro que o concello quedou paralizado dende que o alcalde foi imputado”, afirmou o socialista, que calificou de “parálise” as distintas áreas municipais, e que atríbuíu á imputación do alcalde por tráfico de influencias e revelación de secreto.
A concelleira do BNG, Áurea Francisco, lamentou que o alcalde “veña a este pleno forzado e non por vontade propia, cando a quen debe explicaicóns é a toda a veciñanza do Carballiño”. Recordou como dende o BNG xa se pedirá a demisión do alcalde dende o primeiro momento de coñecerse a imputación “nestes tempos difíciles para a ética política, nos que ninguén no PP parece estar en condicións de demandarlle a dimisión, porque todo o Partido Popular é un enorme tejemaneje de corruptelas”, dixo.
Martin Nogueira, o portavoz do grupo de goberno, asegurou ante o pleno que “ninguén como Marnotes deu tantas explicacións” e botoulle en cara aos socialistas “que non son exemplo para ninguén, que utilizan as imputacións según lle convén, nunhos sitios apelan á presunción de inocencia e no Carballiño piden a dimisión”.
Xa no segundo turno de intervencións, Fumega pedíu unha reflexión ao alcalde do Carballiño “si seguise de alcalde “que abandone as técnicas sicilianas de dilatación e de xogo” coas persoas interesadas en chegar a acordos co concello, e aposte “por políticasclaras e transparentes”.
Áurea Francisco volvía lamentar “a falta de autoridade e ética do alcalde” tras a súa relación "coas súas amistades perigosas”.
O portavoz popular recordou “que a empresa Vendex non a trouxemos nos O Carballiño, tampouco os que trouxemos unha grua de Vendex que encontramos en situación ilegal, pero si fumos os que rompimos o contrato da ORA con Vendex”, remarcou Martín Nogueira.
Cerrou o pleno o alcalde, reprochando aos socialistas carballiñeses que “sexan os únicos” en Galicia en convocar un pleno extraordinario “tratando de convertirse en xuíces” e coa única pretensión de sacar rédito político.
Subliñou Marnotes –aos socialistas- que se refiren unha e outra vez “a gravidade dos feitos, é increíble que pretendan facer de xuíces, a eso chega o seu atrevemento, vostedes piden un pleno coma se fose un vinilo, na cara a piden explicación e na cara b xa traen a sentencia de graves feitos e fora alcalde”.
O rexedor municipal lamentou “as calumnias e acusacións de vostedes, e de ninguén máis de vostedes, que por certo, nunca llo dixen pero aproveito para decirlo, que se está tomando nota de todo o que se di, para dar conta, incluso na transcripción que se fai dos audios do sumario non se axustan á realidade, e eso sí que é moi grave”, advertíu Marnotes, dirixindose aos socialistas
Tres traballadores municipais e a concelleira socialista Maria José Pérez, responsable do departamento municipal de medio ambiente cando se produciron os feitos, están imputados por un delito de maltrato animal.
Tras varios arquivos do procedemento por parte do xulgado nº 1 do Carballiño, a Audiencia Provincial ordenou reabrir o caso, e tomarlle declaración en calidade de imputados aos responsables da canceira municipal da Medela nos primeiros meses de 2009.
Daquéla, as organización ecoloxistas Amigos da Terra e Matar por Matar Non denunciaron ante a Garda Civil a existencia dunha fosa nas instalación da canceira, con ducias de cans mortos e con sinais de violencia.
A concelleira prestou declaración este mércores dia 26 no xulgado carballiñés, tamén o fixo os traballadores, que negaron a súa implicación na morte dos animais. Aínda queda pendiente a declaración de outro traballador municipal, citado para o 27 de marzo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 642
- 643
- 644
- 645
- 646
- 647
- 648
- 649
- 650
- …
- seguinte ›
- última »