A Asociación “A Torre”, Foro de Estudos das Terras de Maside, expón un total de noventa fotografías que reflexan a evolución de Maside dende 1895 ata 2010.
( Redacción. Estefania Bernárdez ) Esta exposición fotográfica leva o nome de ‘Xentes, Espazos e Lugares’ e conta con imaxes dos propios veciños que reflexan as accións cotidiás, paisaxes e rúas de Maside dende 1895. A meta desta mostra fotográfica é promover o encontro cultural para as xentes da vila e tamén valorizar a cultura dos masidaos.
As imaxes atópanse en series de 15 nas seis cafeterías de Maside ata finais de setembro, e alí tamén poderán adquirir un libro editado coa totalidade das fotografías ou solicitar unha copia dalgunha delas.
A Torre, Foro de Estudos das Terras de Maside ten previstas outras actividades, ademáis de exposicións fotográficas, como andainas e rutas turísticas e unha homenaxe ó poeta Víctor Campio. Haberá aínda máis actividades que se irán avanzando e que se encadrarán nas distintas seccións de toponimia, turismo e deporte, pintura, música, e outras.

O certame cinematográfico carballiñés organizado polo concello estará nesta 30 edición coordenado por Anxo Santomil.
Desenvolveráse entre o 23 e 31 de Agosto e entre as novidades desta edición estarán as sesións de cine ao aire libre na nova praza da Veracruz.
No seguinte enlace pode verse o trailer promocional de Xociviga 2013 : https://www.youtube.com/watch?v=OdEFcrb1HNI

Alcalde e voluntarios explicaron que o concello ten o compromiso de contratalos a través do Fondo de Cooperación, non obstante, o retraso no libramento de fondos por parte do Ministerio de Economia impide a formalización dos contratos de traballo.
Os membros do extinto GRUMIR masnifestaronse sentirse "cansados de tanta espera e ó limite" despois de estar realizando este traballo de atención de emerxencias sen relación contratual dende o mes de novembro do ano pasado, cando lles venceu o contrato co extinguido GRUMIR, "levamos asi nove meses, atá aquí chegamos, ás cero horas deste dia 14, plantámonos", anunciaron.
O alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que o concello mantén o compromiso de manter este grupo de emerxencias "agora mesmo aínda estamos sen parque de bombeiros e se nos quedamos sen esta xente, O Carballiño queda desprotexido para as emerxencias, asi de claro", dixo Marnotes. O rexedor asegurou que o concello e a Xunta teñen a tramitación feita dende fai meses "pero dende o ministerio non acaban de facer a transferencia dos fondos, que son preto de cen mil euros, e atá que eso aconteza, non podemos formalizar os contratos", subliñou.
OS SOCIALISTAS PRESENTARÁN UNHA MOCIÓN URXENTE ANTE O PLENO DA CORPORACIÓN.
Asi o anunciou o portavoz do grupo socialista Francisco Fumega, no próximo pleno que celebre a corporación carballiñesa os socialistas presentarán unha moción "igual que xa fixemos no pasado mes de setembro".
Fumega culpou da situación ao alcalde do Carballiño "que na súa liña habitual bótalle a culpa a outros, menos mal que desta vez os culpables non son nin o grupo socialista nin Zapatero, senón Rajoy", ironizou o responsable dos socialistas.
O grupo socialista pide que a festa "non siga dando pasos atrás", mentres que o alcalde considera que "a deste ano é a formula a seguir para facer da semana do pulpo a gran semana festiva da Galicia interior".
Punto de vista ben distinto sobre o desenvolvemetno festivo o que manteñen unhos e outros. Dende o goberno municipal, o alcalde carballiñés defende o éxito da convocatoria e anuncia que dende o concello "seguiráse apostando cara o ano que ven por potenciar as actividades nos dias previos, tivemos dende o dia 2 un notable aumento de visitantes a O Carballiño e moitos comentarios que estamos recibindo coinciden cos nosos datos e tamén coa nosa idea, racionalizar os recursos municipais para as actividades festivas".
Marnotes referíuse expresamente á idea, xa apuntada en anteriores ocasións, da posible reducción de xornadas festivas no San Cibrao en favor da festa do polbo "porque son moitos os factores que xogan a favor de agosto, que é o gran mes vacacional e festivo en Galicia, mentres que en setembro resulta moi complicado para as familias por moitos factores, xa comezou o curso escolar, e xa estamos á volta do verán", manifestou o alcalde, que estivo acmpañado na súa comparecencia por Jesús Rivera, da asociación de hosteleiros do Carballiño, e Julían Garriga, do Centro Comercal Aberto, que fixeron un balance "moi satisfactorio" sobre a repercusión econónica da progamación festiva nestes sectores.
CRITiCAS DO PARTIDO SOCIALISTA
Comezan polo "veto" do concello a algunhos hosteleiros para a instalación de barras na vía pública "non se sabe moi ben defendendo que intereses", polo que piden "criterios claros e equitativos sen discriminar nin a uns nin a outros".
Tamén preocupa aos socialistas "a imaxe que agora poidan ter do Carballiño fora dos nosos límites, unha preocupación que ven dada pola pouca representación institucional nos actos deste domingo". Citan a ausencia do Presidente da Xunta, conselleiros, ou do alcalde de Vigo, cidade á que se dedicou a festa "a explicación é que ninguén se quere facer a foto co alcalde imputado na Pokémon", subliñan dende o Partido Socialista.
Anuncian que investigrán "o número de entradas vendidas e regaladas" para o recinto do concello e afirman que "a calidade do xantar foi criticado por moitos dos presentes". Ademáis, "capítulo aparte merece a limpeza do parque municipal, levada a cabo tarde e mal", aseguran.
A celebración da Festa do Pulpo, e tamén a programación de actividades dos últimos dias, logrou atraer a miles de visitantes a O Carballiño. O concello cifra en preto de 80.000 persoas as que acudiron a gran "pulpada" deste ano.
Aínda que a cifra dada polo concello sempre se presta a controversia, o certo é que durante os dias previos O Carballiño rexistrou probablemante a maior afluencia de público dos últimos anos, éste é o comentario practicamente unánime entre a veciñanza e tamén entre a hostelería local.
Á recepción oficial de convidados, ao lado da estatua dos Irmáns Prieto, acudiron representantes da corporación muncipal de Vigo, cidade á que este ano se dedicou a festa. Deulles a benvida o alcalde do Carballiño, recordandolles que "estamos na mellor festa de Galicia á que o que non ven sempre se arrepinte de non haber estado", subliñaba Marnotes.
A EDICIÓN DE 2014 DEDICARÁSE AOS CENTROS GALEGOS DE CATALUNYA
Asi o anunciaba o rexedor municipal no transcurso do xantar no recinto do concello. Argimiro Marnotes, acompañado de varios representantes dos centros galegos en catalunya, comunicaba que a próxima edición da festa do polbo estará dedicada á emigración galega no país catalán.
AMENAZA DE TREBOADA
Minutos antes das sete da tarde, aínda con moita xente do parque, fixose presente a amenaza dunha treboada, de feito por un breve espazo de tempo caeron algunhas pingas ben gordas, finalmente todo se quedou nunha amenaza, que incluso agradeceron os máis xoves, aproveitando para refrecarse, moitos -protexidos polas árbores- nin xiquera se enteraron.
No primeiro partido de liga, o dia 1 de Setembro -17,30 horas- os carballliñeses recibirán en Espiñedo a ún dos equipos recén ascendidos á 1ª autonómica, a SDC Arrabaldo.
O primeiro desprazamento para o C.D. Arenteiro será ao campo de Santa Isabel, onde se enfrontará ao Ramirás o domingo dia 8. No terceiro partido do campionato de liga o C.D. Arenteiro regresará a Espiñedo, o domingo dia 15, en plena celebración das festas do Setembro, para medirse ante outro dos recén ascendidos, o AT. Vilariño.
Despois, os carballiñeses xogarán dous partidos seguidos como visitantes, desplazandose nas seguintes xornadas aos campos do Taboadela e Sporting Celanova.
RESULTADOS NOS PARTIDOS DE PRETEMPADA
C.D. ARENTEIRO - U.D. BARBADÁS 0-1
C.D. ARENTEIRO - C.D. CEA ( 45 Minutos ) 0-1
C.D. ARENTEIRO- MASIDE F.C. ( 45 Minutos) 2-1
C.D. CEA - C.D. ARENTEIRO 1-5
BARBADÁS B - C.D. ARENTEIRO ( 45 Minutos) 3-2
POLÍGONO - C. D ARENTEIRO ( 45 Minutos ) 0-2
MELIAS - C.D. ARENTEIRO 1-1
F.C. LEIRO - C.D. ARENTEIRO 1-6
O equipo panadeiro gañou o triangular de futbol desputado na tarde-noite deste venres no municipal de Espiñedo, dentro da programación festiva do polbo carballiñés.
No primeiro partido, o C.D. Cea venceu ao C.D. Arenteiro por 1-0. Despois, Maside F.C. e C.D. Cea empataron a dous goles, e no terceiro partido, o Arenteiro impúxose ao Maside por 2-1. Desta maneira, o equipo ceano gañou o torneo.
OS PRÓXIMOS PARTIDOS DO ARENTEIRO SERÁN EN CEA, NO CUADRANGULAR DE BARBADÁS E EN MELIAS.
O equipo continúa a pretempada, no campo do Lodairo e nun novo enforntamento co Cea,. o C.D. Arenteiro venceu aos locais por 1-5. Os próximos compromisos serán o domingo 18 e o mércores 21 de Agosto. O domingo no campo de Os Carris de Barbadás, nun cuadrangular no que competirá con Barbadás, Barbadás B e Polígono. O mércores desplazaráse atá Melias.
O domingo 25, festa da vendima en Leiro, os carballiñeses xogarán un novo partido amigable co equipo da vila ribeirán no campo do San Bartolomé de Leiro.
O home, de 52 anos de idade, caeu dende unha altura de oito metros cando realizaba traballos de mantemento na planta de compostaxe de Lamas, no concello de Leiro.
O accidente rexistrouse pasadas as sete da tarde, e ata o lugar desplazouse un equipo de Urxencias Médicas, que de inmediato solicitou a asistencia do helicóptero do 112, ainda que finalmente os sanitarios non poideron salvarlle a vida a Manuel Simón, que faleceu no lugar do sinistro. A victima era natural da parroquia de Orega e traballaba para unha empresa de construcción de Leiro.

Representates de "Anova" da comarca do Carballiño criticaron que "os brigadistas sexan utilizados para limpar cunetas ou campos de festa e incluso en traballos de xardineiría".
Asi o asegurou a voceira desta formación política, María Xesús Canitrot, que ademáis puxo de manifesto que " o persoal contratado tampouco ten preparación para desenvolver a actividade encomendada, e non contan cos medios técnicos que serían precisos". Tamén fixo fincapé na precariedade laboral na que se atopan os brigadistas "que en moitos casos teñen contratos de catro horas e obirgannos a facer xornadas de oito ou máis horas ó dia".
A voceira da formación nacionalista tamén criticou o procedemento seguido para a selección dos brigadistas "xa que se contratou a xente con finalidade electoralista, en base aos posibles votos que poidan conseguir".
Anova lamenta que non se faga un plan forestal integral de prevención e loita contra o lume "e todo sexan remendos, como proba delo é que en pleno mes de agosto aínda haxa concellos que non contan con brigadas ".
Misión conseguida, O Carballiño volveu establecer un novo record presentando o prato de polbo máis grande do mundo.
Desta vez, o novo record quedou fixado nunha ración de polbo á feira elaborada polas polbeiras de Arcos, empregando 260 kilos de polbo. Foi preciso utilizar un prato de 380 centímetros de diámetro, un prato de madeira que realizou a brigada de Obras do Concello do Carballiño na nave da Uceira. Para o seu transporte e instalación na Praza Maior precisouse dun camión-grúa.
O acontecemento volveu despertar unha gran expectación e resultou un completo éxito de público, que encheu a Praza Maior do Carballiño, consolidandose desta maneira como o acto máis multitudinario da semana festiva do polbo, que culminará o vindeiro domingo coa gran polbada mundial no parque municipal do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 649
- 650
- 651
- 652
- 653
- 654
- 655
- 656
- 657
- …
- seguinte ›
- última »