10, Agosto 2013

No primeiro partido de liga, o dia 1 de Setembro -17,30 horas-  os carballliñeses recibirán en Espiñedo a ún dos equipos recén ascendidos á 1ª autonómica, a SDC Arrabaldo.

O primeiro desprazamento para o C.D. Arenteiro será ao campo de Santa Isabel, onde se enfrontará ao Ramirás o domingo dia 8. No terceiro partido do campionato de liga o C.D. Arenteiro regresará a Espiñedo, o domingo dia 15, en plena celebración das festas do Setembro, para medirse ante outro dos recén ascendidos, o AT. Vilariño.

Despois, os carballiñeses xogarán dous partidos seguidos como visitantes, desplazandose nas seguintes xornadas aos campos do Taboadela e  Sporting Celanova.

RESULTADOS NOS PARTIDOS DE PRETEMPADA

C.D. ARENTEIRO - U.D. BARBADÁS     0-1

C.D. ARENTEIRO - C.D. CEA ( 45 Minutos )  0-1

C.D. ARENTEIRO- MASIDE F.C. ( 45 Minutos)  2-1

C.D. CEA - C.D. ARENTEIRO  1-5

BARBADÁS B - C.D. ARENTEIRO ( 45 Minutos)   3-2

POLÍGONO - C. D ARENTEIRO ( 45 Minutos )   0-2

MELIAS - C.D. ARENTEIRO   1-1

F.C. LEIRO - C.D. ARENTEIRO   1-6

10, Agosto 2013

O equipo panadeiro gañou o triangular de futbol  desputado na tarde-noite deste venres no municipal de Espiñedo, dentro da programación festiva do polbo carballiñés.

No primeiro partido, o C.D. Cea venceu ao C.D. Arenteiro por 1-0. Despois, Maside F.C. e C.D. Cea empataron a dous goles, e no terceiro partido, o Arenteiro impúxose ao Maside por 2-1. Desta maneira, o equipo ceano gañou o torneo.

OS PRÓXIMOS PARTIDOS DO ARENTEIRO SERÁN EN CEA, NO CUADRANGULAR DE BARBADÁS E EN MELIAS.

O equipo continúa a pretempada, no campo do Lodairo e nun novo enforntamento co Cea,. o C.D. Arenteiro venceu aos locais por 1-5. Os próximos compromisos serán o domingo 18 e o mércores 21 de Agosto. O domingo no campo de Os Carris de Barbadás, nun cuadrangular no que competirá con Barbadás, Barbadás B e Polígono. O mércores desplazaráse atá Melias.

O domingo 25, festa da vendima en Leiro, os carballiñeses xogarán un novo partido amigable  co equipo da vila ribeirán no campo do San Bartolomé de Leiro.

8, Agosto 2013

O home, de 52 anos de idade, caeu dende unha altura de oito metros cando realizaba traballos de mantemento na planta de compostaxe de Lamas, no concello de Leiro.

O accidente rexistrouse pasadas as sete da tarde, e ata o lugar desplazouse un equipo de Urxencias Médicas, que de inmediato solicitou a asistencia do helicóptero do 112, ainda que finalmente os sanitarios non poideron salvarlle a vida a Manuel Simón, que faleceu no lugar do sinistro. A victima era natural da parroquia de Orega e traballaba para unha empresa de construcción de Leiro.

8, Agosto 2013

Representates de "Anova" da comarca do Carballiño criticaron que "os brigadistas sexan utilizados para limpar cunetas ou campos de festa e incluso en traballos de xardineiría".

Asi o asegurou a voceira desta formación política, María Xesús Canitrot, que ademáis puxo de manifesto que " o persoal contratado tampouco ten preparación para desenvolver a actividade encomendada, e non contan cos medios técnicos que serían precisos". Tamén fixo fincapé na precariedade laboral na que se atopan os brigadistas "que en moitos casos teñen contratos de catro horas e obirgannos a facer xornadas de oito ou máis horas ó dia".

A voceira da formación nacionalista tamén criticou o procedemento seguido para a selección dos brigadistas "xa que se contratou a xente con finalidade electoralista, en base aos posibles votos que poidan conseguir".

Anova lamenta que non se faga un plan forestal integral de prevención e loita contra o lume "e todo sexan remendos, como proba delo é que en pleno mes de agosto aínda haxa concellos que non contan con brigadas ".

6, Agosto 2013

Misión conseguida, O Carballiño volveu establecer un novo record presentando o prato de polbo máis grande do mundo. 

Desta vez, o novo record quedou fixado nunha ración de polbo á feira elaborada polas polbeiras de Arcos, empregando 260 kilos de polbo. Foi preciso utilizar un prato de 380 centímetros de diámetro, un prato de madeira que realizou a brigada de Obras do Concello do Carballiño na nave da Uceira. Para o seu transporte e instalación na Praza Maior precisouse dun camión-grúa.

O acontecemento volveu despertar unha gran expectación e resultou un completo éxito de público, que encheu a Praza Maior do Carballiño, consolidandose desta maneira como o acto máis multitudinario da semana festiva do polbo, que culminará o vindeiro domingo coa gran polbada mundial no parque municipal do Carballiño.

5, Agosto 2013

Asi o confirmou a directora xeral de emprego e formación da Xunta, Ana María Diaz, tras unha entrevista cos alcaldes do Carballiño e San Amaro.

Tratase, asi pois, dun proxecto supramunicipal que terá un orzamento que ronda os 200.000 euros e dará formación a un total de 22 alumnos, que se repartirán en tres módulos, os de xardinería, albanelaría e axuda a domicilio. O Obradoiro terá unha duración de seis meses e comezará a súa actividade no vindeiro mes de outubro.

5, Agosto 2013

O alcalde do Carballiño aproveitaba o acto de homenaxe para anunciar o compromiso de “crear unha brigada, de polo menos dúas persoas, que de forma estable se ocupe do cuidado tanto do parque municipal como de toda a área natural do río Arenteiro”.

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) Marnotes comprometíase á creación desta birgada “no próximo exercicio orzamentario do concello”, que tería a súa sede na casa do peón caminero.

 “O Bastoncito”  foi o primer operario do parque municipal do Carballiño, dende 1934, e tamén dos primeiros en plantar moitas das árbores que hoxe forman parte deste espazo natural. Con motivo da próxima festa do polbo quíxose homenaxear a este traballador que tanto fixo polo parque do Carballiño.

 No acto estiveron o alcalde Argimiro Marnotes, a edil de turismo Pilar Caride e varios familiares do homenaxeado. Consistiu na inauguración dunha placa conmemorativa co seu nome, no centro do parque municipal.

 A familia, moi emocionada, quixo neste acto agradecer que “O Bastoncito” sexa recordado ao lado do nome do parque, lugar ao que tanto se dedicou. Tamén recordaron anécdotas do seu traballo, e como un dos fillos, alí presente, o relevaba cando era necesario.

José María Otero non só se adicou ao parque do Carballiño senón que tamén actúou de forma totalmente altruista na Saleta de Astureses, onde plantaba árborees e realizaba tarefas de mantemento. 

4, Agosto 2013

Serán tres partidos de corenta e cinco minutos cada un os que se xogarán neste triangular de fútbol no municipal de Espiñedo, dende as oito e cuarto da tarde deste venres 9 de agosto. Ás nove e cuarto xogaráse o segundo partido do triangular, e finalmante, ás dez e cuarto o último e definitivo

O torneo servirá para seguir avanzando na pretempada para os tres equipos. C.D. Cea e Maside F.C. con vistas á súa posta a punto pensando na competición na que a próxima tempada volverán ambos coincidir, na 2ª autonómica, mentres que C.D. Arenteiro competirá na 1ª autonómica.

C.D. Arenteiro 0 Barbadás 1

No primeiro partido da pretempada xogado este pasado domingo en Espiñedo, o equipo da terceira división gañou aos carballiñeses por un solitario gol, acadado cando estaba a piques de cumplirse os primeiros 45 minutos, antes, Óscar e Marcos Sotelo tiveron ocasións para adiantar ao Arenteiro. Na reaunudación o marcador xa non se moveu.

O C.D. Arenteiro, que chegaba a este partido con apenas 4 sesións de adestramento, deixou boas sensacións, sobre todo na primeira parte. Neste encontro aínda non poideron xogar, por diversos motivos, Walter Martín, Prada, Manu, Omar, nin tampouco as novas fichaxes Adrián Núñez e Diego Quiroga.

Exentos na primeira ronda da COPA

O C.D. Arenteiro quedou exento na primeira eliminatoria da Copa Deputación, tras o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 

3, Agosto 2013

A área de Voluntariado que dirixe a edil Pilar Caride iniciou unha campaña de información e sensibilización entre os propietarios de cans, para evitar que os cans deixen as súas feces no chan, manchando as beirarrúas e as rúas, e ofrecendo unha mala imaxe do Carballiño . 

Caride sinalaba que "somos conscientes que a maioría dos propietarios de cans son respectuosos con estas accións, pero queremos chegar a todos e, sobre todo, atender unha demanda veciñal sobre este problema de limpeza".

Para iso dende hai unhas semanas un grupo de voluntarios do Carballiño, nesta ocasión todos mozos da vila, realizaron varias reunións para poñer en marcha este programa. Trátase de informar directamente os propietarios de cans, e os veciños en xeral. Neste sentido os voluntarios realizaron xa un mapa das zonas onde deben actuar, despois de comprobar cales son as rúas e prazas onde máis van os cans cos seus amos. Prazas como a da Veracruz ou o Parque Municipal.

Tamén están a marcar un horario para poder informar directamente os usuarios. A primeira hora da mañá e a última da tarde, que é cando saen a pasear cos seus cans.

Sobre a información, estanse a realizar uns panfletos onde se explica que deben facer cando o seu animal de compañía deposite as súas feces na rúa, onde se encontran os lugares para depositar as bolsas unha vez usadas. Nos mesmos panfletos se informará tamén das sancións consideradas para os que non cumpran a normativa municipal a este respecto.

En pouco tempo estas "brigadas caninas" estarán na rúa, informando a todos os veciños. Estes voluntarios estarán debidamente identificados, con petos e camisetas que indiquen que pertencen a ese grupo. Segundo sinalaba Pilar Cardide "esta é unha das accións que pretendemos realizar para conseguir un carballiñomáis limpo, e polo tanto máis atractivo tanto aos veciños coma aos visitantes. Nestes momentos existen outras accións que estamos a proxectar e que en pouco tempo poderemos xa anunciar", subliñou.

1, Agosto 2013

 www.festadopulpodocarballino.es está xa na rede para mostrar as excelencias do Carballiño e da súa festa gastronómica, declarada de interese turístico nacional, a todo o mundo.

Así o comentaba o alcalde Argimiro Marnotes na presentación desta nova ferramenta turística, destacando que "só nos falta poder levar o sabor único do noso polbo a través de internet, pero iso por agora é imposible, ao igual que a hospitalidade de todos oscarballiñeses para recibir os visitantes. Pero todo o demais poden velo nesta nova web, que a máis dun vai a sorprender, mesmo os propios carballiñeses,".

O museo virtual está ambientado no propio Parque Municipal onde se desenvolve a Festa do Pulpo. Cada ambiente representa unha década onde o visitante pode navegar virtualmente polo parque, visualizando os diferentes os diferentes carteis, imaxes e recortes de prensa.
Pola súa banda outra das seccións máis vistosas desta nova web é a visita virtual ao Carballiño, esta realízase dende as diferentes zonas e monumentos da vila, podendo acceder o visitante e moverse de xeito virtual en todos eles.

O libro electrónico, tamén incluído nesta web, ilustra con textos e imaxes a propia festa, o parque onde se desenvolve, ou Carballiño, o polbo e, por suposto, os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño.

O punto de partida de todas estas visitas virtuais é a páxina web antes mencionada, dende a cal o visitante pode acceder a todos os elementos, á vez que pode proporcionar información actualizada da propia festa e a vila carballiñesa, a través de seccións como a axenda, hemeroteca ou a galería de imaxes. Isto é algo que destacaba o propio alcalde "é unha web aberta, viva, onde todos van apoder colaborar e onde se actualizarán os seus contidos segundo o pida a actualidade".

Esta web ten un deseño adaptable ao dispositivo dende onde se accede xa sexa ordenador, tlablet ou smartphone. Os creadores desta son as empresas Inova3 e Imasv, e para a súa creación o concello do Carballiño contou cunha subvención do AGADER.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS