Será o sábado dia 3 de agosto cando a parroquia de Mudelos celebre as festas do patrón, suspendidas o pasado 25 de Xullo en sinal de loito pola traxedia de Santiago.
A comisión de festas decedira a suspensión da actividade festiva, atendendo a petición do alcalde do Carballiño. A orquestra "Arabia" amenizará a verbena este próximo sa´bado no campo da festa de Mudelos.
A CONCENTRACIÓN MOTEIRA SERÁ O SÁBADO 31 DE AGOSTO
A outra actividade suspendida no Carballiño tralo accidente ferroviario, a "1ª Concentración Moteira Urbana do Carballiño" terá lugar o sábado dia 31 de agosto.

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) A programación da festa do Festa do Pulpo comezará a partir do venres 2 ás 23:00 horas cando se encenderá a iluminación nas rúas e na fachada do Concello, que tamén será utilizada para as festas do setembro, con algunha posible mellora. O sábado celebrarase o XX Festival de Habaneras no Auditorio Municipal ás 20:30 e unha orquestra actuará na Praza Maior. Este mesmo día pola mañá, ás 11:00, na Praza Maior haberá a Feira de Artesanía de Galicia.
O domingo 4 teremos a II Andaina Festa do Pulpo ás 9:00 que sae do Parque Municipal, e ás 12:00 a apertura da Feira da Mostra de Artesanía e Antigüidades na Praza das Galiñas e rúa Tomás Mosquera.
O luns 5 terá lugar unha homenaxe a José María Otero Pérez "O Bastoncito", primeiro operario do parque dende 1934, no Parque Municipal ás 12:00. O luns e o martes ás 11:00 haberá actividades infantiles para os pequenos na Praza Emilia Pardo Bazán.
O Carballiño volverá intentar conseguir a ración máis grande de polbo do mundo o martes ás 20:00 na Praza Maior, e coceranse 260 kilos de polbo.
Dende o mércores 7 ata o venres 9 levaranse a cabo as Xornadas técnicas gastronómicas sobre o polbo na Praza Emilia Pardo Bazán con diversos restaurantes, e sendo a xornada do venres con especial dedicación ós cativos. Ademáis o mércores celebrarase a XXX edición das Xornadas de Folclore Internacional, con grupos de Serbia, Brasil e Filipinas na Praza Maior a partir das 22:30.
Para os pequenos tamén se organizará un campionato infantil 3x3 de fútbol/baloncesto na Praza da Alameda os días 5,6,7,8 e 9 para o que haberá que inscribirse na Área de Educación do Concello do Carballiño.
O venres día 9 teremos á 13:00 Sesión vermut na Praza Emilia Pardo Bazán, ás 20:30 o Fútbol do pulpo no que xogará o CD Arenteiro, e ás 23:00 verbena con orquestra na Praza Maior.
Como cada festa do Pulpo voltará o concurso das camisetas de grupos xuvenís dende as 20:00 na Praza Maior e amenizado por un desfile e batucadas. Ás 00:00 farase a II Gran Tirada de fogos artificiais que como novidade será dende a Praza do Templo da Veracruz, e a continuación a Noite de Batucada polas rúas do Carballiño. O propio día da festa, domingo 11, as actividades estarán emplazadas no Parque Municipal e serán algunhas coma o desfile dos grupos folclóricos, o festival folclórico ou o xantar no recinto do concello. No Parque estarán 32 postos de polbo e no casco urbán colocaranse arredor de 20. A festa pecharase cunha nova verbena con orquestra na Praza Maior que acturará a partir das 19:00.
O equipo ourensano da terceira división será o rival do C.D. Arenteiro no primeiro amigable da pretempada, que os carballiñeseses comezaron este pasado lúns, e tras catro sesións de adestramento que completarán durante a semana, o domingo 4 ás sete da tarde chegará o primeiro amigable de agosto. O venres dia 9 xogaráse un triangular dende as oito da tarde, tamén en Espiñedo, no que participarán C.D. Cea, Maside F.C e C. D. Arenteiro.
A primeira sesión de adestramento faltaron Prada e Escudero, que se incorporan ao grupo no transcurso da semana. Un total de 23 xogadores tomaron parte nesta primeira sesión baixo a dirección de Miki López e Borja Quintas. Ademáis dos xa confirmados anteriormente, sumaronse ao grupo Diego López, que xogou nos últimos anos no Barbadás, e os xogadores locais Oscar e Marcelo.
Antes de comezar a sesión, gardouse un minuto de silencio en memoria das víctimas da traxedia ferroviaria de Santiago. Logo, o presidente do club, Xan Pinal, deu a benvida a todos os que inician este novo curso "que comezamos co obxetivo de situar ao Arenteiro entre os mellores da categoria", dixo. Pola súa parte, o responsable técnico, Miki López, solicitou o apoio da afición e anunciou "traballo e máis traballo",
Os socialistas presentaron a iniciativa por medio dunha moción para que sexa tratada no pleno da corporación carballiñesa.
A creación da nova ordenanza implicaría unha taxa que deberían abonar as entidades bancarias que teñan instalados caixeiros automáticos nas fachadas das rúas. O grupo socialista incluso propón a contía económica da nova taxa, serían 3.600 euros por cada caixeiro. Explican que "a lexislación permite de forma clara o cobro desta taxa por aproveitamento da vía pública".
Desta maneira, o concello tería unha nova vía de recadación "distinta á de esquilmar continuamente os petos dos contribuíntes", subliñan os socialistas. Solicitan ademáis, que non se aplique ningunha exención e que a nova ordenanza entre en vigor coa maior premura posible.

( Redacción. Estefanía Bernández ) O Concello de Avión está moi marcado pola emigración, non só mexicana, senón tamén arxentina, alemana, venezolana, estadounidense, e de outras nacionalidades que voltan cada verán ás súas raíces. A emigración foi variando as súas datas pero a maioría concéntrase a finais de xullo e principios de agosto, polo que agora estamos no punto álxido de afluencia.
Esta maior concentración fai idónea a celebración de festas, como a Festa Mexicana que se celebra o último venres de Xullo e as festas patronais que serán o 3,4, e 5 de agosto, ambas na capitalidade municipal. Ademáis, durante Xullo e Agosto cada parroquia do municipio celebra a súa festa.
Un dos factores que fixo que a emigración disminuise durante os últimos anos foi a entrada do euro. “A situación económica afecta, pesa moito e a afluencia de visitantes disminue, pero a morriña e o arraigo familiar fan que volten” decía Montero.
A emigración non só se mantén na xente maior “cada vez vemos xente máis nova, o que nos agrada. É importante manter o cariño hacia a patria”. Avión é un concello rural que sen o apoio dos que veñen de visita non sería igual.
O aumento de xente no periodo estival fai que teñan que aumentar os servizos públicos. Moitos deles vense incrementados como a recollida de lixo, persoal de desbroces, deportes, piscina municipal, actividades culturais…
Avión tamén conta cunha brigada de incendios que xa está operativa, e ao igual que as do resto da comarca farán tareas de limpeza mentras non se requiran para incendios. Ademáis desta brigada, tamén contarán por primeira vez cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal, os GES, que comezarán a mediados de agosto.
Esta localidade xa contaba cun grupo de Protección Civil e dúas ambulancias que seguirán prestando esos servizos. Como nos contaba o alcalde, os primeiros minutos de actuación son os máis importantes e a lonxanía do Carballiño, onde se ubicará o parque intercomarcal de bomberios, fan necesarios este grupo de emerxencias.
Antonio Montero tamén nos falaba das obras do programa AGADER. “Son proxectos prácticamente rematados e pendientes de que se poidan utilizar”. Estas obras consistiron na ampliación do comedor do Centro Integral de Servizos Sociais “Alvetus” para prestar mellor servizo e tamén na ampliación do centro de día, para que poidan estar máis cómodos, “os servizos sociais sempre son prioritario para nos”, manfestaba o rexedor.
As obras tamén beneficiaron as instalacións da piscina pública climatizada.

A Corporación municipal do Carballiño, asi como numerosos veciños e veciñas, gardaron cinco minutos de silencio na Praza Maior en recordo das vítimas da traxedia ferroviaria.

A concentración silenciosa faráse este venres dia 26 ás doce do mediodia, está convocada en sinal de loito polas vítimas e de solidariedade coas familias afectadas polo accidente ferroviario de Santiago. Este mesmo acto está convoado pola FEGAMP en todos os concellos galegos.
Entre os actos suspendidos polo concello do Carballiño, sumandose aos sete dias de loito oficial decretados pola Xunta, figura a 1ª Concentración Moteira Urbana do Carballiño, organizada polo Moto Club local, programada para este sábado. Tamén se suspenderon as festas patronais na parroquia de Mudelos.
As necesidades para atender aos feridos polo accidente ferroviario están de momento cubertas en todos os grupos sanguineos. O Centro de Transfusión de Galicia agradece a solidariedade e pide á cidadanía que se manteña atenta ante posibles novas chamadas no caso de que fose preciso.
A Asociación de Hosteleiros do Carballiño, que este ano correrá coa organización das festas patronais, sigue avanzando na programación que terá lugar entre os dias 14 ao 19 de setembro.
Nos próximos dias esperase cerrar o apartado musical, no que xa está confirmada a participación das orquestras Panorama, Sintonia e La Oca. Entre as actuacións musicais estelares tamén figura o cantante e DJ dominicano Henry Méndez.
No mesmo apartado musical volverán ter protagonismo as bandas de música -que serán tres como mínimo- e unha das novidades que estuda a organización consistiría na programación de "sesións vermút", que animarían as orquestras.
Tamén se confirma a celebración das dúas xa tradicionais sesións de fogo voador, que poderíán este ano estrear nova ubicación, tras probar o ano pasado no barrio de Toscaña, e toda vez que se insiste nas dificultades administrativo-legais para seguir con estes espectáculos na Alameda, todo parece indicar que se apostará pola nova praza da Veracruz como escenario para as sesións de pirotecnia.

O venres 26 de xullo dende as oito da tarde a Praza da Igrexa de Avión acollerá unha nova edición da Festa Mexicana organizada polo concello desta localidade.
( Redacción. Estefania Bernárdez ) Nesta cita non faltará a música típica dos mariachis coa presencia das agrupacións 'Garibaldi' e 'Fiesta Ranchera' que entonarán as típicas rancheras dende as 21:30 ata a 01:30 da madrugada. Esta festa honra a cultura, que xa forma parte de Avión, do país que máis acolleu ós emigrantes locais. Ademáis de música, tamén se organizarán actividades como toros mecánicos, hinchables, monitores de papiroflexia, etc. Para os más cativos terán monitor de globoflexia e as coñecidas piñatas, elaboradas polos maiores do Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus". Todo en horario de 21:00 a 01:00 e con carácter gratuito.
Nesta cita tampouco podía faltar a gastronomía mexicana e por iso estarán alí catro dos mellores restaurantes: 'Chilam-Balam' de Vigo, 'Mesón Mexicano de Tourón' de Pontecaldelas, 'Rincón Azteca' do Carballiño, e 'Taquería Mi Ciudad' de Madrid. Unha pequena representación da cociña mexicana que foi recoñecida en 2010 pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
O cartel desta nova edición está protagonizado por varios persoaxes do coñecido programa "El Chavo del 8", e continúa así resaltando grandes personalidades das artes e das ciencias de México.
Arranca o novo proxecto de C.D. Arenteiro para competir a vindeira tempada na 1ª autonómica coa presentación de xogadores e técnicos, seguidamente Miki López dirixirá o primeiro adestramento que consistirá na desputa dun partidiño.
Os que acudan o lúns 29 ás 20,30 da tarde ao municipal de Espñedo, encontraránse cunha primeira e agradable sorpresa: o novo aspecto que presenta o terreo de xogo, moi recuperado tras mes e medio de intenso traballo executado pola empresa "Agroestévez", empresa especializada á que o concello do Carballiño encargou este traballo. Realizouse un plan intensivo de recuperación dun terreo de xogo que estaba moi deteriorado e esperase que agora coas labores de mantemento poida conservarse o magnífico aspécto que xa ofrece.
Ademáis, contando coa colaboración do concello do Carballiño, van acometerse diversas melloras, que se fan moi necesarias, tales como o acondicionamento da valla na zona de tribuna e na instalación eléctrica, asi como nos vestiarios. Tamén se vai melloar o sistema de megafonía e dar unha capa de pintura tanto a vestiarios, como o túnel da tribuna e a entrada principall.
CARNÉS DE SOCIOS A 5O EUROS PARA A PRÓXIMA TEMPADA.
Tal como se anunciou por parte do novo presidente na asemblea celebrada o pasado dia 12, o prezo dos carnés de socio baixará dos 80 euros da pasada tempada aos 50 euros para a tempada 2013-2014. Con esta medida, esperase dar un importante estirón na masa social do club, moi mermada nos últimos anos.
A nova directiva marcouse o obxetivo de acadar os 400 socios durante este primeiro ano de mandato. Ademáis, crease o socio infantil -10 euros- coa idea de crear un vínculo co club dende cativiños, de tal maneira que conserven o número correspondente de asociado unha vez sexan adultos.
Doutra parte, os directivos do club traballan xa para acadar o obxetivo anunciado na pasada asamblea de socios, cubrir o orzamento fixado para esta tempada, cifrado en 64.500 euros, e no que se incluíu o primeiro pago da amortización da débeda recoñecida pola asemblea aos anteriores rectores do club.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 655
- 656
- 657
- 658
- 659
- 660
- 661
- 662
- 663
- …
- seguinte ›
- última »