Tratase dun total de 37 contratos de persoal laboral temporal que posteriormente por decreto do excalde Carlos Montes convertiu en indefinidos a 22 deles, a fiscalía advirte indicios de posible responsabiliade penal e abre dilixencias informativas.
Os contratos que motivan esta investigación da Fiscalía remontanse a xaneiro de 2006 e tiñan unha duración de 12 meses, ata o 31 de decembro dese mesmo ano. Non obstante, unhos dias antes de que vencesen os contratos, outro decreto da alcaldía convertíu en indefinidos a 22 traballadores.
Agora, a Fiscalía cuestiona o procedemento e ven de requerir ao concello do Carballiño a documentación relativa a este caso, que xa no seu momento fora cuestionado pola oposición municipal, daquela formada por Partido Popular e BNG.
A Fiscalía de Ourense tivo agora coñecemento destes contratos de forma casual, ao aportarlos como proba no xulgado unha traballadora municipal que recurríu ante a xustiza a rescisión do seu contrato, xa agora durante o actúal mandato do Partido Popular.

O portavoz do grupo municipal socialista denunciou a pe de rúa o calamitoso estado deste vial, recollendo "as reiteradas queixas de veciños e automobilistas".
A obra de acondicionamento da calzada fora contratada polo concello do Carballiño a unha empresa, un proxecto que según os socialistas "tivera un coste de 40.000 euros, e que foi recepcionada polo alcalde aínda tendo en conta un informe negativo do arquitécto municipal", asegurou Paco Fumega.
No transcurso dos últimos meses, acometeronse traballos para correxir a problematica, con varios asfaltados sucesivos. Non obstante, a problemática persirste "esto é absolutamente terceiromundista, temos un problema moi serio, estas son as chapuzadas deste concello, é a sexta vez que denunciamos esto, xa o fixemos no pleno, en comisións e na prensa, e agora volvemolo facer", sentenciou Fumega.
O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.
Neste contexto, o Sporting Carballiño, club de fútbol que milita na 3ª autonómica, traballa nunha proposta aos pais e nais de alumnos, que se presentará ó lúns dia 8 de Xullo ás 21 horas na Sala de Exposicións do Casino do Carballiño, na rúa Tomás Maria Mosquera.
"A Mañá de COPE O Carballiño" trasladou a emisión deste venres ata a vila de Cea, nun programa no que se repasou tanto a actividade para este domingo como para o resto do verán neste concello.
O presidente do Consello Regulador fixo fincapé nos agradecementos a todos os forneiros implicados na festa, así como no apoio prestado polas administracións públicas, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de San Cristovo de Cea, aos 23 Consellos Reguladores, que ceden os seus produtos para poder ofrecer as degustacións no Campo da Saleta e aos 20 expositores que estarán na carballeira da Saleta.
Segundo explicou Carlos Manuel Rodríguez nesta edición agardan seguir superando o número de persoas que ano a ano danse cita en Cea o primeiro domingo do mes de xullo. A previsión é mesmo chegar ás 20.000 posto que o ano pasado estiveron arredor das 17.000 persoas. Para iso a Festa de Exaltación conta cun completo de programa e cuns pregoeiros de luxo, as Cantareiras de Ardebullo, que seguro han facer as delicias dos asistentes. Ademais, os fornos amparados producirán para esa data 2.500 pezas que acompañán aos produtos que se poderán degustar durante toda a xornada.
Programa de actividades
A festa comezará ás 10:00 horas coa apertura dos postos na carballeira, seguido de pasarrúas a cargo de charangas e das pandereteiras de Cea. Ás 12:30 horas terá lugar a recepción de autoridades no campo da Saleta. Media hora máis tarde, ás 13:00 horas, as Cantareiras de Ardebullo tomarán o relevo co seu humor. Como ven sendo habitual, ás 14:30 terá lugar un xantar organizado a base destes productos acollidos a denominación de orixe. Xa pola tarde, ás 18:00 horas volverá a música da man das pandereteiras de Cea. Tampouco faltará a tradicional degustación de balde de Pan de Cea e chourizos ao viño, doados por Embutidos Tradicionais “Castro Bello” e por Señorío de Beade-A Portela. A festa rematará cun baile popular a partires das 20.30 horas.
O alcalde de Cea, José Luis Valladares, incidíu no transcurso da súa intervención radiofónica na importancia que ten para Cea a industria do pan e o gran acerto que tiveron fai 22 anos cando "acoardamos facer aquela primeira edición da festa do pan de Cea, porque 22 anos despois xa é data sinalada no calendario ceano, ademáis de ser un escaparate tanto para o noso pan como para o pobo de cea". Valladares convidou a toda a audiencia a achegarse a Cea "tanto este domingo como calquera outro dia do ano, que coñezan o noso casco vello, o mosteiro de Oseira ou a Serra da Martiñá, se veñen seguro que repiten".

As piscinas do Lodairo en Cea e A Rañoa en Maside acollen esta actividade que chegará ademáis a outras 14 localidades galegas.
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou esta mañá no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, “Augalingua”, a nova actividade estival que estrea o programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”. A proposta chegará, desde hoxe e durante todo o mes, a 16 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para dinamizar a lingua galega en piscinas municipais e praias fluviais, por medio de xincanas centradas en xogos de lingua e habilidade, nas que a rapazada de 6 a 12 anos participará guiada por monitorado.
En palabras de García Gómez, “Augalingua incorpórase ao programa FalaRedes 2013 e chegará a concellos da RDL como unha actividade infantil, lúdica e participativa, propia do verán, e como oportunidade para promovermos o uso da lingua entre os máis novos ligando a imaxe do idioma á diversión e aos xogos”.
Á rolda de prensa na localidade ceesa asistiron, amais do secretario xeral, o alcalde, José Luis Valladares; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e a responsable da empresa xestora da actividade, Concepción Diéguez (Reverso Comunicación Cultura e Lingua).
16 localidades anfitrioas das xincanas lingüísticas da RDL
"Augalingua" enceta o seu percorrido pola RDL hoxe á tarde, cunha xincana na piscina municipal de Loairo ás 16:30 horas, na que poderán participar, de balde, rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. Ademais de en San Cristovo de Cea as xincanas lingüísticas farán parada nas localidades ourensás de Maside, Toén, Vilamarín, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola e Muíños; na provincia de Lugo chegarán a Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil e Parada de Sil e tamén recalarán en Ordes (A Coruña) e Lalín (Pontevedra) durante o mes de xullo.
‘FalaRedes 2013’
O programa “FalaRedes 2013” -dentro do que se enmarca a actividade “Augalingua”- é unha das iniciativas impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística destinada aos concellos da RDL para fomentar o uso social do idioma e complementar a programación que para ese fin está a poñer en marcha a propia RDL durante este ano.
Logo do éxito da primeira edición, “FalaRedes” desenvolverá durante 2013 máis dun cento de actividades noutros tantos concellos, qe contribuirán á creación de espazos de uso e de aprendizaxe en galego ligados ao lecer e á cultura moderna unindo a imaxe da lingua propia de Galicia aos valores positivos da sociedade moderna.
O cartel de “FalaRedes 2013” inclúe o concerto familiar “Rosalía Pequeniña”, que percorrerá 40 municipios para dinamizar a lingua por medio da música e da poesía cantada, da man Uxía e de Sérgio Tannus, no ano en que celebramos os 150.º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”.
A música tamén é o fío condutor das outras dúas propostas do programa: “As pombas de Carboeiro”, unha actividade multidisciplinar na que cobran protagonismo as bandas de música municipais e que volverá en outubro, e o musical “A nena e o grilo nun barquiño” que, a cargo de Magín Blanco e do Teatro dos Ghazafelhos, vén de concluír unha xira por 18 localidades da RDL. “FalaRedes 2013” incorporará unha quinta proposta despois do verán, que chegará a outra vintena de concellos.
Toda a información sobre o programa e o seu calendario de actividades estás accesibles no web www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013 e tamén nas redes sociais.
O obxetivo primordial da nova asociación é colaborar co Banco de Alimentos no ámbito municipal do concello de Boborás.
A Sociedade Solidaria de Boborás contará ademáis coa colaboración do concello, que cedeu a esta nova asociación un local no consistorio. O alcalde, Cipriano Caamaño, confirmou nesta emisora de radio "o compromiso do concello para colaborar con esta sociedade", aínda que aclarou "trátase dunha iniciativa que nace ao marxe do concello, pola nosa parte cedemos e acondicionamoslle un local e agora asinarémos un convenio para regular esa colaboración".
Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para "informar a todas as familias de Boborás que sintan que non poden atender necesidades básicas de alimentación, sobre todo a aquelas familias que teñan fillos menores e estean en dificultades, para que soliciten estas axudas".
A entrega de alimentos faráse con periodicidade mensual, e o primeiro reparto destes lotes procedentes do Banco de Alimentos faráse durante os próximos dias.
O grupo socialista anuncia a presentación dunha moción ante ao pleno da corporación municipal na expón "a gravidade desta problematica" e urxe medidas urxentes.
"Xa no mes de xullo e cunha climatoloxía propia deste tempo vemos como todas as zonas rurais están absorbidas pola vexetación, que inza estradas, camiños e zonas de ocio e esparcemento", afirman os socialistas.
Manifestan, ademáis, que "non e xa cuestión de estética ou de incomodidade para os veciños, senón que é unha custión de seguridade, está máis que claro que a xestión é nula e a insconsciencia do noso alcalde acada límites perigosos".
Dende o grupo socialista califican como de "despropósito" tanto a falla de prevención como a escasez de medios humanos para facer fronte aos incendios "coa selección de brigadistas para a extinción de lumes sen facer, coa situación laboral dos Grumir sen resolver e sabendo que o parque de bombeiros non ía estar rematado".
Os socialistas aseguran que os pagos foron aprobados mediante decreto do propio alcalde "pese ós informes de reparo expresados por Intervención".
Según a documentación que aportan os socialistas, en xaneiro deste ano abonouse unha factura en concepto de hotel para 3 persoas por importe de 3.864,50 euros. O gasto tería que ver coa organización dunha proba de motociclismo celebrada no Irixo.
Ademáis, no mes de abril, aboraronse outras tres facturas, por importe de 2.604,40 euros, duás desas facturas corresponden as presentadas por restaurantes en concepto de comidas pola celebración doutro evento deportivo.
O portavoz socialista, Xabier Rodríguez, considera que "mentres temos necesidades básicas sen atender e nos tempos que corren, parécenos unha falta de sensibilidade e respecto a todos os veciños que se gfaste diñeiro público en gastos de hotel e comidas".
Os novos responsables do club apostan por un adestrador moi xoven, 31 anos de idade, e con apenas dous anos de experiencia nos bancos nos que dirixíu ao C.D. Ramirás en 1ª autonómica.
A sala de trofeos do club, no municipal de Espiñedo, acolleu o acto de presentación de Miki López como técnico do C.D. Arenteiro para esta nova etapa que agora comeza, aínda sen saber en que competición participará, se en Preferente ou 1ª autonómica, a expensas do que fagan os equipos galegos na eliminatoria final de ascenso a 2ª B.
A elección de Miki López foi presentada polo Presidente Xan Pinal como "unha aposta decidida pola xente nova, e se nova é esta etapa, decidimonos por un adestrador xoven, con gañas de traballar e progresar, e comprometido con este novo proxecto que pasa por poñer en valor a identidade do Arenteiro e do Carballiño",
"Estou na miña casa, eu considerome do Carballiño" foron as primeiras palabras do novo adestrador do C.D Arenteiro, carballiñés pola súa familia materna, que comprometeu "traballo e máis traballo, son consciente que veño a un club histórico do fútbol galego e a un dos máis importantes da provincia, asi que esto para min é un reto persoal que espero superar con boa nota", suliñou.

Preto de 30 alumnas e alumnos da Escola de Danza, acompañados coas súas nais, protagonizaron unha protesta no consistorio que culminou cunha reunión co concelleiro de cultura e o alcalde carballiñés.
O colectivo mostrou o seu disgusto polo deficiente funcionamento do equipo de son do auditorio municipal, que motivou a suspensión do festival de fin de curso da Escola Municipal de Danza, programado para este pasado sábado dia 22.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 658
- 659
- 660
- 661
- 662
- 663
- 664
- 665
- 666
- …
- seguinte ›
- última »