6, Maio 2013

O Portavoz dos socialistas considera que "falta democracia e transparencia " e anuncia que acudirán ao Fiscal e o Valedor do Pobo para "denunciar actitudes antidemocráticas ".

O episodio que motivou estas manifestacións do portavoz socialista foi "a actitude do alcalde que pretende que os nosos concelleiros revisasen a documentación relativa a unha ducia de expedientes en hora e media, cando sabe que eso é imposible porque tan só o libro de rexistro necesitaría moitas horas".

Fumega explicou que "o que queremos aclarar vendo todos os expedientes solicitados son as contratacións de traballo feitas no concello e os contratos de distintas concesións, como o de servizo de axuda a domicilio, do que temos moitas queixas de veciños pola súa deficiente xestión".

Outra documentación requerida polos socialistas foi a relativa ao convenio entre concello e Aquagest "despois de todo o que se dixo por parte do alcalde, queremos que se nos aclaren algúns aspéctos como a xestión da EDAR do Carrás". O concelleiro socialista asegurou que "tras ver o expediente constatamos que Aquagest debe ao concello 120.000 euros".

"Non entendo esta falta de transparencia que por sistema exerce o Partido Popular e estas trabas que nos poñen para exercer o noso traballo de oposición, non entendo este medo á participación, cando o alcalde no seu dia aínda na oposición pudo participar na contratación da obra da piscina ou na ORA", manifestou Paco Fumega.

5, Maio 2013

O Arenteiro conseguíu ante o C.D Pontellas 3 puntos transcendentais para seguir loitando pola permanencia na categoria, e ademáis fixoo merecidamente, remontando o temperán gol dos porriñeses que se adiantaban no minuto 4 de partido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Prada (Bardelás), Xurxo, Carlos Escudero, Tazos, Dabarca, Gabriel (Tacón), Pablo Piñeiro, Martín (Kennedy), David Soares e Marcos Sotelo.

O Partido: O fútbol foi xusto neste partido co Arenteiro,  dominando de principio a fin ao Pontellas, que tras adiantarse no marcador cando os equipos aínda se estaban asentando no campo, viuse superado polo empuxe dos verdes. Aos 20 minutos David Soares empataba o partido tras enganchar un bó tiro dende fora da área. Salvo unha segunda clara ocasión que erraron os do Porriño, o Arenteiro pudo irse xa o descanso con ventaxa no marcador se tivese un chisco de acerto para aprobeitar as varias ocasións de gol que tiveron ante a portería visitante. No segundo tempo o Arenteiro tivo múltiples ocasións para adiantarse no marcador, froito do dominio que exercia no xogo, non obstante tivo que esperar ao minuto 85 para que Pablo Dabarca marcase ao lanzamento dunha falta, axustando o balón ao poste da portería do Pontellas, que víu truncada en Espiñedo unha magnifica racha de resultados.

3, Maio 2013

Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.

Xunto co edil de deportes do Carballiño Rodrigo González,  estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas "Butra", o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.
Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma: as seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.
Todas as finais xogaránse o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.

 

 

3, Maio 2013

O servizo, que xestionaba en rexime de concesión unha sociedade, permanece sen actividade dende que fai sete meses debido as moitas deficiencias nas instalacións.

O grupo municipal do PSOE culpa da situación "a ineficacia do alcalde señor Marnotes, que se comprometeu a solucionar de inmediato unha serie de deficiencias técnicas e administrativas e a dia de hoxe segue tendo a instalación paralizada e aos seus 8 empregados engrosando as listas do paro, xa que unha vez máis o rexedor non cumpliu a súa palabra, dada tanto ós profesionais do sector das carnicerías como a empregados", manifestan.

Inciden os socialistas nos perxuizos que a situación provoca no sector "xa que os carniceiros vense abocados a levar as pezas a outros matadoiros, co conseguinte sobrecusto, o que nestes meses leva suposto para moitos deles a perda de miles de euros, algo inadmisible sobre todo nos tempos económicos nos que andamos"

Tras manifestar que "é de supor que a resposta a esta demanda por parte de Marnotes xirará en torno a xestión do goberno anterior, algo atopará para botarlle a outros a culpa da súa falta de capacidade de xestión para solucionar os problemas", os socialistas esixen "a posta inmediata en funcionamento do matadoiro municipal e a aposta decidida e clara polo mantemento dos postos de traballo e dos servizos públicos".

2, Maio 2013

Dos datos facilitados dende o goberno municipal constatase que "ata o pasado mes de abril pagraonse facturas por importe de algo máis de 1.170.000 euros, co novo procedemento de pagos".

Aclaran, non obstante, que existen algunhas facturas extraxudiciais que serán aprobadas no pleno municipal deste mes de maio, que se corresponden con facturas presentadas en 2013 sobre traballos feitos en 2012, unha circustancia -resaltan- considerablemente inferior respecto a exercicios anteriores.

O Alcalde Argimiro Marnotes considera que "o concello atópase ao dia no pagamento aos proveedores particulares, sen incluir organismos, unha circustancia que non se daba durante os últimos anos". Manifesta, ademáis, que "éste debe ser a liña a seguir, pagando aos proveedores, sobre todo os pequenos empresarios, o antes posible".

Finalmente, recalca o rexedor municipal que "agora O Carballiño paga ós seus proveedores en tempo e forma".

30, Abril 2013

A corporación municipal de Leiro aprobou o convenio coa Xunta para a construción do centro de dia, cos votos a favor do Partido Popular, BNG e Independientes e a abstención dos socialistas.

Precisamente, a postura dos socialistas foi motivo de comentario polo alcalde Francisco Fernández no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio "non entendo como o PSOE non apoia un proxecto que vai ser un gran beneficio para o pobo co único argumento de que este convenio chegaba tarde" e engadíu "é algo absolutamente inaudiito, vaise investir unha importante cantidade en Leiro, ademáis de crear entre 20 ou 25 postos de traballo, ademáis de dar un servizo esencial, e dín que chega tarde, non entendo esta oposición", salientou o alcade.

O convenio sí contou co voto favorable do concelleiro independiente e do represante do BNG, Luis Pérez "Ficol" que recordou como "este proxecto comezou a xestarse na etapa do Bipartito cando o BNG tivo responsabilidades de goberno na Xunta, foi daquéla cando o proxecto recibíu o apoio definitvo", subliñou.

O convenio fixa que a aportación autonómica será de 1 millón de euros, mentres que pola súa parte o concello pon a disposición os terreos nos que se vai construir o edificio.

O alcalde prevé que "este mesmo ano comezará a fecerse realidade o proxecto, agora o concello vai xa preparar o concurso público para a licitación da obra", asegurou.

Non pensan o mesmo no PSdG, a concelleira Maica Fernández considera "que no mellor dos casos o centro de dia non estará aberto antes de 2016, nos estamos contentos de que Leiro vaia ter un centro de dia e que se invista en Leiro, o que sí pedimos é que o proxecto se faga con rigor e non pase como co balneario de Berán, onde se gastaron 3 millós de euros e ianse crear moitos postos de traballo e todos sabemos como está".

O Grupo Socialista de Leiro denuncia o cinismo do P.P. ante a rebaixa de 5 euros por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno e Contas, e lamentan "a falta de seriedade das súas manifestacións sobre o feito de que o seu traballo debe estar ben remunerado". Critican que non se rebaixe o soldo do teniente alcalde así como as dietas e kilometraxes do alcalde "nestes tempos de crise donde hai familias que carecen dos bens máis básicos".

Os socialistas de Leiro instan ao alcalde para que non se cobre nada por asistencia a Plenos, Xuntas de Goberno e Contas así como que se rebaixen os soldos e kilometraxes  e que eses cartos se destinen "a favorecer as necesidades dos veciños de Leiro".

 

28, Abril 2013

O Arenteiro conseguíu os tres puntos no partido matinal xogado no campo de Oira con un gol en cada periodo. Os pontinos marcaron o seu xa co tempo cumplido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago, Pablo Piñeiro, Prada ( Bardelás ), Martín ( Oliver Pájaro ) e Marcos Sotelo ( David Soares ).

O Partido: Comezou con ímpetu o Arenteiro que aos 6 minutos adiantabase no marcador tras un disparo de Marcos Sotelo que repelen primeiro o porteiro e despois o longueiro, o balón chega a Prada que marca a placer. Nos minutos seguintes o Arenteiro pudo sentenciar con dúas ocasións de Martín e outra posterior de Pablo Piñeiro, que desaproveitaron ambos. Non obstante,  o Arenteiro foi indo de máis a menos e antes do descanso dispuxeron os locais doutra clarísima ocasión para empatar o partido, pero Pachi rexeitou o ún contra ún e evitou o gol pontino. No arranque da segunda parte o Arenteiro volveu a facerse co control do xogo e no minuto 61 chegaba o 0-2 en xogada persoal de Marcos Sotelo. Depois, o árbitro anularía un gol a David Soares e co tempo xa cumplindose, no minuto 90, ao saque dun córner Schuster consigue de cabeza o gol local.

26, Abril 2013

O socialista Alberto Otero e o concelleiro de Move Boborás José Benito Trigás foron expulsados en distintos momentos da bronca sesión plenaria que estivo interrumpida durante 15 minutos.

O primeiro expulsado polo alcalde Cipriano Caamaño foi o concelleiro socialista. Estaba no uso da palabra o alcalde cando foi interrunpido polo concelleiro socialista, Caamaño chamou atá dúas veces á orde ao socialista recordandolle que era él quen estaba no uso da palabra e que tiña que respetar o turno de intervencións "se vostede está acostumbrado a vivir nun galiñeiro eu non lle vou permitir que me interrumpa" recriminou ao socialista, éste respondeulle de inmediato "nun galiñeiro vivirá vostede, a súa casa da Almuzara sí que se parece a un galiñeiro, eso sí que é un galiñeiro, vostede é un sinvergüenza".

Nese momento o alcalde comunicou ao concelleiro socialista que "é a terceira chamada á orde, debe abandonar a sesión". Alberto Otero negouse "non me vou, chame a Garda Civil". De inmediato Cipriano Caamaño suspendeu o pleno "por espazo de 15 minutos", e dende a casa do concello de Boborás requiríuse a presenza da Garda Civil, cando chegou ao consistorio o concelleiro socialista xa abandonara voluntariamente o salón de sesións.

Tras reanudarse o pleno, logo chegaría unha segunda expusión, a do concelleiro do grupo Move Boborás José Benito Trigás, tras tomar éste a palabra no pleno sen estar en turno de intervencións, xa anteriormente tamén fora advertido polo alclade en dúas ocasións.

Tras os episodios vividos, o alcalde instou ao Secretario "a tomar nota para trasladar os feitos á fiscalía".

 O grupo de goberno do Partido Popular fixo valer a súa maioría na corporación para aprobar todos os puntos da órde do dia. Entre eles, unha moción de apoio ás demandas "sen violencia" das plataformas de afectados por participacións preferentes e subordinadas. Tamén a posta a disposición de familias en situación de emerxencia social no concello das vivendas municipais ubicadas no colexio de Boborás, asi como o plan provincial de cooperación e plan adicional de 2013, que consistirá na pavimentación de camiños en distintas localidades do municipio.

 

25, Abril 2013

A Garda Civil do Carballiño procedeu a detención de dúas persoas como presuntos autores de varios delitos de roubo, mediante engano.

A investigación iniciouse tras ter constancia de dúas denuncias, unha presentada o dia día 24 de abril  por un veciño de Castrelo do Miño, e outra presentada durante a mañá de hoxe no Cuartel de Tamallancos, por un veciño da Perosa, na que relatan ter sido vítimas de enganos por persoas novas, que tras facerse pasar por traballadores dunha empresa eléctrica, co fin de revisar os contadores, e solicitarlle as facturas eléctricas para cotexar datos, accedían ás vivendas, e mentres un deles entretiña ao propietario, o outro aproveitaba para apoderarse de xoias e diñeiro.

Os dous detidos na operación da Garda Civil do Carballiño, de 33 e 25 anos de idade respectivamente, son veciños de Madrid e Vigo. Recuperouse a totalidade das xoias roubadas e do diñeiro.

A Garda Civil mantén aberta a  investigación, ao obxecto de poder imputarlles outros feitos delitivos cometidos na comarca.

25, Abril 2013

O grupo socialista anunciou que renuncia ás retribucións económicas pola asistencia ao pleno antes de abandonalo, dende o Partido Popular recriminanlle que convoquen un pleno extraordinario para debatir unha moción que podía tratarse en calquera pleno ordinario.

Na moción socialista -único punto no orde do dia- propoñíanse ata un total de 23 medidas para mellorar a transparencia na xestión municipal no concello carballiñés.

"O Partido Popular renunciou ó primeiro turno de intervención, despois Martín empezou a falarnos das súas vivencias no pasado, nos somos un grupo novo e auga pasada non move muiños" manifestou en COPE O Carballiño o portavoz socialista Paco Fumega "o que interesa hoxe e demanda a cidadanía dunha maneira clamorosa é que se doten ós concellos e as adminstraccións públicas de máxima transparencia, nós estabamos presentando unha moción constructiva". Fumega concluía que "o alcalde sempre ten a última palabra e nos non poder rebatir o que nos din".

Opinión ben distinta a que manifestaba o rexedor municipal "quen abandona unha reunión , quen abandona unha corporación non quere debatir, o que quere facelo quédase e debate" dixo en COPE O Carballiño Marnotes. O alcalde, que cerrou a sesión coa súa intervención, recriminou aos socialistas o seu pasado na xestión municipal" en dous anos temos implantado máis mecanismos de control administrativo e financieiro do que se fixo en 16 anos de alcaldes socialistas, non me extraña que marcharan e non quixeran escoitar como por exemplo como en todos os  anos que os socialisas gobernaron non se reuníu a mesa de seguimento do contrato con AQUAGEST, reuniós que son obrigatorias polo menos unha vez ó ano", declarou  o alcalde Argimiro Marnotes nesta emisora de radio.

Á hora da votación, xa cos socialistas ausentes, a moción contou co único voto a favor da concelleira do BNG Áurea Francisco.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS