14, Marzo 2013

Asi o anunciou o concelleiro de obras Magin Daparte. Ampliaráse a actuación no ámbito da Veracruz, co obxectivo de incluír no actual proxecto todo o tramo da rúa dos Canteiros, dende a Praza de San Ramón ata Conde Vallellano.
Magín Daparte sinalaba que "incluíndo este tramo completo damos unha forma máis homoxénea a todo o proxecto, destacando aínda máis o templo de Palacios".

A intención é continuar a empedrada da rúa dos Canteiros ata a súa confluencia con Conde Vallellano, unha actuación lineal duns 50 metros, que lle supoñerá ao concello un investimento de aproximadamente 25.000 euros. Desta forma o ámbito da Veracruz quedará enmarcado por todos os seus lados por estas rúas empedradas, tendo en conta que pola súa cara norte xa se está a executar toda a empedrada da futura rúa Antonio Palacios, e pola súa parte sur quedaba unha parte da rúa dos Canteiros que, coa intervención municipal, será completada.

O desenvolvemento das obras avanza según o previsto, aínda que con certo atraso motivado principalmente polas inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses.

12, Marzo 2013

Asi o anunciou nesta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, o concello acolleráse a posibilidade do 10% de reposición de prazas outorgado polo goberno, e convocará dúas prazas de axentes na Policia Local do Carballiño.

Marnotes explicou que varios axentes que forman na actualidade parte da Policia Local están próximos a xubilación ou pasar a segunda actividade, polo que é intención do goberno municipal proceder á convocatoria para cubrir esas baixas "para desta maneira poder seguir contando con este servizo de policia as 24 horas, xa que O Carballiño é a única vila da provincia que conta con servizo de Polica Local de forma permanente, incluido o horario nocturno", subliñou o rexedor municipal.

A convocatoria vaise contemplar tanto na RPT como nos orzamentos municipais, en fase de elaboración "e ademáis seguirémos mantendo os contratos temporais de Axiliares de Policia, que prestarán o seu apoio durante a época de máis carga de traballo, coincidindo cos meses de verán", manifestou o alcalde carballiñés.

10, Marzo 2013

A victoria ante o Unión Grove mete ao Arenteiro na loita para salvarse do descenso, tras os 3 puntos ante os grovenses queda antepenúltimo  na clasificación, aínda que agora a tan só 4 puntos do Verín C.F., o equipo que marca a liña para conservar a categoria, polo menos para librarse do descenso directo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Gabriel, Carlos, tazos, Alex (Iago), Pablo Piñeiro, Kennedy, Prada (Bardelás), David Soares (Martín) e Marcos Sotelo (Tacón).

O Partido: Polo menos emoción non lle faltou a un encontro no que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un esforzo físico extra polo lamentable estado do campo de Espiñedo, moi tocado pola chuvia, emoción polo marcador e a importancia dos puntos en xogo nun partido no que houbo atá 3 penaltis, dous a favor do Arenteiro. O primeiro aos 10 minutos sobre David Soares, que Kennedy desperdicia lanzando o balón fora. Aos 36 minutos o árbitro decreta un novo penalti na área visitante, esta vez sobre Kennedy, que transforma Tazos adiantando aos verdes. Xa na segunda parte, aos 66 minutos trallazo de Alex dende 25 metros directamente á escadra da portería do Grove, inalcanzable para o porteiro. Cando o partido parecía definitivamente resolto volve a incertidume tras marcar os visitantes de penalti, cometido por Iago, que víu a vermella directa nesa xogbada, corría o minuto 82 e o Arenteiro quedabase con 10 xogadores, foi suficiente para aguantar o resultado atá o final.

8, Marzo 2013

Argimiro Marnotes chegou minutos antes das 10 da mañá ao xulgado para comparecer ante a xuíza Pilar de Lara, onde prestou declaración no marco da operación Pokémon. O Alcalde chegou acompañado polos avogados carballiñeses Luis Rúa e Ricardo Perea.

O rexedor municipal respondeu ás preguntas da xuíza instructora, que lle imputou os supostos delitos de tráfico de influencias e revelación de secretos.

Á súa chegada aos xulgados, Marnotes manifestou que acudía para "cumplir co meu deber con absoluta e tranquilidade" e coa intención "de que todo se aclare".

A Xuíza decretou libertade e sen medidas cautelares tras a súa declaración

A comparencia do alcalde durou hora e cuarto aproximadamente, según a súa propia declaración ao abandonar a sede xudicial, sobre as 12 e media da mañá. Marnotes manifestou sentirse aliviado "tras responder a todas as preguntas que me fixeron tanto a xuíza como o fiscal e o meu abogado". A xuíza decretou para o alcalde do Carballiño libertade e sen impoñer ningún tipo de medidas cautelares, mantendo os cargos que se lle imputan.

6, Marzo 2013

Antes de proceder a súa aprobación definitiva, o concello do Irixo deberá resolver as alegacións promovidas pola veciñanza, asi como por asociacións e entidades parroquiais do municipio.

En total, son 43 as reclamacións e alegacións que foron presentandas en tempo e forma durante o periodo de exposición pública do documento, que rexistra unha relación de 525 propiedades que o concello do Irixo pretende inventariar como bens municipais. Depósitos e traídas de auga que no seu dia foron construiídas e financiadas polos veciños, e tamén fontes, eiras ou incluso cruceiros, figuran na ampla lista de propiedades que veciños e entidades consideran que son de propiedade comunitaria ou privada, e polo tanto non deben figurar como bens municipais, tal como pretende o grupo de goberno do Alcalde Manuel Penedo.

ADXUDICADAS OBRAS POR IMPORTE DE 39.000 EUROS

A Mesa de Contratación concello do Irixo adxudicou á empresa Benigno Alvarez as obras de acondicionamento dunha fonte-lavadoiro na localidade de Dadín, como a rehabilitación dun forno e un muiño no lugar de Vila, onde tamén se procederá á sinalización de antigas explotacións mineiras, actuacións éstas que acomete o concello do Irixo con finalidade turística. As obras serán financiadas cunha subvención da Deputación e fondos municipais.

6, Marzo 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a obra de urbanización do contorno do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás cun orzamento de 254.000 euros, estará rematada, se non se producen retrasos, en setembro de 2013.

Estes traballos inclúen a execución de gabias e redes de drenaxe, a retirada de elementos existentes (bancos, mesas, etc.) e a pavimentarase da zona do acceso de servizo, á terraza da cafetería e o acceso ao castro. A continuación executaranse valados de peche da fronte da parcela, incluíndo o peche principal, a porta de acceso rodado, a porta de acceso peonil e os peches con enreixado metálico. Instalaranse luminarias exteriores para o alumeado do percorrido de acceso ao castro e remplazaranse as tullas existentes por outras plantas co obxectivo de recuperar o aspecto orixinal dese área.

A Consellería de Cultura e Educación está traballando para poñer en marcha o Centro de Interpretación no menor tempo posible, que se estima que será no último trimestre do ano, unha vez estean rematadas as obras de urbanización, estea lista a conexión da rede eléctrica de media tensión e se estableza un modelo de xestión

Respecto a xestión do Centro de Interpretación, a Consellería de Cultura e Educación está buscando o modelo más eficiente e menos custoso para a Xunta de Galicia. Por este motivo, a pasada semana, responsables da Consellería reuníronse co alcalde de San Amaro para tratar este asunto. Fai uns meses ofrecéraselle ao alcalde a posibilidade de que o concello asumira a xestión e explotación do complexo mediante a sinatura dun convenio, que, co obxectivo de garantir a súa viabilidade, iría acompañada dunha subvención reguladora por parte da Xunta.

A corporación de San Amaro, tras estudar as condicións da Xunta de Galicia, declinou a oferta de xestión municipalizada do Centro. Agora, a Consellería de Cultura e Educación iniciará os trámites para sacar, mediante un procedemento de concesión que sairá a concurso público, a explotación e xestión do Parque.

Con aproximadamente 25 hectáreas de extensión, o xacemento arqueolóxico coñecido como a ‘Cidade de San Cibrao de Lás’, é un dos castros máis grandes e monumentais da Comunidade Autónoma. O seu bo estado de conservación, o estado actual da escavación e a monumentalidade das súas defensas, fan del un referente, tanto desde o punto de vista da investigación como turístico.

A importancia deste xacemento xa foi obxecto da atención dos investigadores fai case un século, posto que entre os anos 1922 e 1925 xa escavou neste xacemento arqueolóxico Florentino López Cuevillas, continuando cos traballos Xaquín Lorenzo Fernández nos anos 1948-49. Anos despois, na década dos 80 e inicios dos 90, as actuacións foron desenvolvidos baixo o amparo do Museo Arqueolóxico de Ourense. Estas escavacións continuaron en datas máis recentes cara a súa posta en valor.

O Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás é unha das actuacións máis ambiciosas previstas no seo da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). A RGPA é un programa que pretende fomentar as accións de posta en valor do patrimonio arqueolóxico de Galicia. A través da investigación, protección e difusión procúrase achegar ao público en xeral o noso patrimonio, á vez, que se garante a súa conservación e se continúa a afondar na súa investigación.

5, Marzo 2013

A proposta da alcaldia faráse por medio dunha moción que se presentará ao pleno da corporación municipal do Carballiño para o seu debate e aprobación.

Con esta iniciativa pretendese "dar exemplo de transparencia" á cidadanía, imitando asi unha decisión que xa adoptaron outros concellos galegos, que xa crearon un rexistro de bens e dereitos patrimoniais dos seus concelleiros "nun claro exemplo de promover accións tendentes a incrementar o grao de transparencia na administracción e xestión pública", apuntase dende o goberno do concello carballiñés.

Ademáis, as declaracións dos concelleiros electos "serán publicadas na páxina Web do concello, polo que se garante o acceso público a estos datos, sen necesidade de telos que solicitar oficialmente no concello", subliñan.

5, Marzo 2013

O Alcalde de Leiro asinará nos próximos dias o convenio coa Xunta de Galicia para a construcción do Centro de Dia que se ubicará nesta localidade ribeirán.

O proxecto ten un orzamento de 1 millón de euros, que aporta a administracción autonómica. Para esta anualidade de 2013 orzamentaronse 200.000 euros, pola súa banda o concello de Leiro pon a disposición os terreos no que se vai contruir o edíficio, nun solar que foi adquirido no seu dia polo concello cun investimento de 70.000 euros. Prevese que as instalacións teñan capacidade para acoller a 68 persoas.

O rexedor municipal, Francisco José fernández, mostrou a súa satisfacción pola sinatura deste convenio "porque podemos decir que xa comeza a ser unha realidade este centro de dia, que ademáis é o único que se contempla para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño". Fernández salientou "a importancia que terá a apertura deste servizo para as persoas maiores, pola que representa a mellora asistencial da comarca, e tamén porque se van crear unhos postos de traballo estables".

 

 

 

3, Marzo 2013

Un gol en propia meta dos carballiñeses no minuto 22 fixo que os carballiñeses tivesen que encarar o partido co marcador en contra, que acabarían por ampliar os locais co tempo xa cumplido, no minuto 92.

O infortunio de Pablo Dabarca, que fixo o gol en propia meta, descompuxo a un Arenteiro que xa non foi quen de enderezar o rumbo do partido xogado no campo do Carballo da localidade de Atios, no municipio de Porriño, onde os verdes ofreceron unha bastante pobre imaxe. Os xogadores do Arenteiro reclamaron un penalti sobre Soares no minuto 73 de partido, que o colexiado pontevedrés Veiga Gómez non quixo ver na área do equipo local. Xa no tempo de desconto,  Fondevila facía o 2-0 defintivo. O Arenteiro perdeu a Iglesias no minuto 15 de partido, por lesión.

28, Febreiro 2013

Son as dúas claves que avanzou o concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, en relación aos traballos de redaccion do PXOM carballiñés.

Os redactores do futuro regulamento urbanístico traballan na idea de ampliar o parque empresarial do Carballiño para dotar ao municipio de máis solo industrial, a zona elexida situase nas inmediacións da localidade de Seoane e a estrada do eixo do Ribeiro, dándolle asi continuidade ao actúal parque empresarial.

Outro dos obxetivos do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal será a reserva de solo dotacional para a construcción dun novo cemiterio. Aínda que a este respecto, o concelleiro recoñeceu que de momento e a dia de hoxe non hai unha decisión tomada sobre as dúas posibles alternativas, ben a ampliación do actúal cemiterio interparroquial de Señorín-O Carballiño ou fixar a súa ubicación noutra zona, en todo caso o novo cemiterio sería entón de titularidade municipal.

Daparte explicou que o actúal planeamento urbanístico do Carballiño data do ano 1999, e polo tanto non recolle a lei do solo de Galicia,  que foi aprobada posteriormente, unha normativa á que se adaptará xa o novo PXOM carballiñés. O concelleiro tamén avanzou as previsións para completar a súa tramitación, pretendese presentar o seu adianto para o ano 2014, e a súa aprobación definitiva non sería antes do ano 2016.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS