3, Febreiro 2013

Os verdes regresan de Ribadumia cun punto que sabe a pouco, xa que tal como se desenvolveu o partido o Arenteiro pudo dar a campanada e conseguir a victoria, non obstante o empate ten o mérito de logralo no campo dun equipo que levaba nos últimos meses conseguido 19 puntos de 24 posibles.

C.D. Arenteiro: Macia, Carlos, Gabriel, Xurxo, Tazos, Alex ( M. 85,Tomás), Prada (M. 70, Dacosta), Pablo Piñeiro, Bardelás (M. 75 Marquina), Kennedy e David Soares (M. 84, Martín).

O Partido: Excelente tarde de fútbol do Arenteiro que non pudo culminar cunha victoria porque non quixo o árbitro. Adiantaronse os carbaliñeses no marcador no minuto 50, Carlos lanza unha falta sobre a área local e Kennedy de cabeza pon o 0-1. No minuto 65 chega a xogada clave do partido, David Soares volve marcar para o Arenteiro un gol absolutamente legal que incompresiblemente anula o árbitro por suposto fora de xoga. Cinco minutos máis tarde, no 70 de partido, o veterano Changui logra o empate para o Ribadumia. Non se descompuxo o Arenteiro que aínda dispuxo de dúas boas ocasións de Kennedy que a punto estivo de marcar, pero luciuse o porteiro local. Bó traballo de todo o equipo, con mención especial para Kennedy, Gabriel, Piñeiro e o debutante Alex.

2, Febreiro 2013

Non entenden como o Xulgado nº 1 do Carballiño pudo acordar o arquivo das dilixencias e confian na reapertura do procedemento na Audiencia Provincial.

Por medio dun comunicado dirixido á opinión pública, as víctimas do sinistro ocorrido no mes de novembro de 2011 no edificio Magariños do Carballiño mostran a súa extrañeza pola decisión da xustiza "sen que se practicasen as dilixencias que as acusacións pedian", polo que -consideran- non se investigou nin tampouco se aclararon as circustancias do incendio.

Tamén denuncian o abandono institucional, afirmando que en ningún momento tiveron "apoio nin preucupación por parte de ningunha institución".

 

 Prema o arquivo adxunto para ler o comunicado íntegro.

 

 

31, Xaneiro 2013

O redactor do PXOM presentaba a súa renuncia nun conciso escrito no que alega "motivos persoais".  O arquitécto municipal levaba 6 anos ocupandose dos traballos de redacción do novo regulamento urbanístico do municipio.

A renuncia, presentada formalmente ante a corporación municipal de Maside, colleu de sopresa á oposición.  O portavoz do Partido Popular en Maside pide "explicacións por parte do alcalde, que unha vez máis está incumplindo a súa palabra, e queremos que dea explicacións a todos os veciños, esto non pode quedar como un punto de trámite nun pleno, senón que pedirémos un pleno extraordinario, no que queremos que o alcalde dea explicacións, non pode lavarse as mans como pretende e eludir as súas responsablidades, o perxuizo que está cuasando a Maside é moi grade", manifestou Juan Alvarez.

O concello de Maside procederá agora á convocatoria dun novo procedemento para a adxudicación dos traballos de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello de Maside.

31, Xaneiro 2013

As instalacións da Medela pasarán a integrarse nunha rede provincial de custodia de animais abandoados tralo acordo da corporación municipal adoptado cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención da oposición.

O alcalde carballiñes defendeu as "vantaxes deste convenio" que o concello suscribe coa Deputación Provincial, mesmo dende o punto de vista económico, xa que "dos 43.000 euros de gasto anual que ten este servizo para o concello, vai pasar a pagar 14.000 euros, o que siñifica un aforro moi importante". Marnotes tamén mantén que mellorarán as condicións nas que se presta o servizo.

Tanto PSOE e BNG optaron pola abstención. O Socialista Antonio Mateo explicaba o voto "pola falla dun informe técnico e de viabilidade, que a dia de hoxe non existe". A Concelleira do BNG ve aspéctos "pouco claros" na redacción do convenio, Áurea Francisco teme que o convenio conduza "á masificación e o amoreamento de animais".

A corporación aplazou o debate e acordo sobre o convenio -a suscribir tamén coa Deputación para a xestión da recollida do lixo no municipio do Carballiño- que volverá presentarse ao pleno unha vez estea aprobado o orzamento municipal para 2013.

Por unanimidade aprobouse a proposta do PSdG para a creación dun consorcio de concellos que manteña operativo o Grupo Municipal de Intervención Rápida, aínda cando estea xa operativo o parque de bombeiros. Os 3 grupos políticos consideran que poden ser compatibles e complementarios ámbos servizos.

Finalmente, o grupo popular rexeitou unha moción do BNG a favor "dunha xestión ecolóxica e sustentábel do lixo" na que se pedía que a Xunta descartase a construcción dunha nova incineradora en Galicia e apostase no seu lugar por un novo modelo para o tratamento do lixo promovendo complexos comarcais de reciclaxe e compostaxe.  O Alcalde e tamén o portavoz do PP, Martín Nogueira xustificaron que "nin temos competencias nin lle corresponde a este pleno estas decisións, pero a nosa postura xa quedou clara cando nos manifestamos contra a instalación da incineradora do Irixo, todos nós pretendemos un mundo máis limpo e sostible pero esto non é Alicia no país das maravillas, sobran demagoxias", suliñaron os responsables do goberno carballiñés.

30, Xaneiro 2013

O Bloque Nacionalista Galego considera que "os continuos reproches entre unhos e outros non solucionan para nada os problemas da cidadanía do Carballiño".

Entenden dende o BNG --en relación ao despedimento de 4 traballadores do concello, que orixinou o debate- que se trata "dun paso máis do Partido Popular nas políticas privatizadoreas e converendo os servizos sociais nun negocio, igual que a sanidade ou o ensino". Esixenlle ao alcalde do Carballiño "que exerza como tal e deixe de ser un mero brazo executor das políticas clientelares do presidente da Deputación".

Dende o Bloque Nacionalista Galego do Carballiño fan un chamamento tanto a Partido Popular como a Partido Socialista "para sentar unhas bases consensuadas coas forzas sindicais conforme aos principios de igualdade, capacidade e mérito para a contratación do persoal que ofreza as maiores garantía de transparencia á cidadanía", aínda que tamén apostila que o BNG "é moi escéptico o respecto de que tanto a Partido Socialista como a Partido Popular lle interese a transparencia nas políticas de contratación do persoal".

28, Xaneiro 2013

O Alcalde defendeu a política de persoal do goberno municipal en contraste coa que levaron a cabo os socialistas "que contrataban persoas de forma continuada, sen ter pasado ningún proceso selectivo e como moito pasando ún e logo concadenando contratos de forma fraudulenta".

Marnotes ironizou sobre as manifestacións do portavoz socilaista "quizás o Sr. Fumega nunca relacionou a cantidade de interventores do PSOE que de elección en elección enchían os colexios electorais mentres traballaban neste concello, quizás non sabe que está pendiente de sentencia unha reclamación contra este concello porque gobernando o PSOE non se respetaron as listas de sustitución para darlle cabida a outras persoas, con informe expreso e negativo de secrataría".

Tamén citou expresamente ao seu antecesor, Carlos Montes "que logo de renovar a 35 persoas o seu contrato de traballo decindo que o mérito xa o tiñan demostrado con anterioridade, pasou a indefenidos a 22 deses traballadores por decretazo e sen informe de secretaría, quizás tampouco o Sr. Fumega non sabe que en marzo do ano 2008 se aprobara unha moción do PP apoiado polo BNG pedindo a lesividade daquél decreto, un expediente que nunca se executou e deixando caducar o prazo de 6 meses", asegurou o rexedor municipal.

En relación ás afirmacións do portavoz socialista sobre a dedicación do alcalde ao concello e a súa vinculación coa Deputación, Marnotes calificou de "orticaria socialista cando se fala da Deputación, por eso nunca foron capaces de conveniar nin a recollida do lixo, nin calquera outra cousa, poñendo simplemente trabas polo feito de ser unha administracción gobernada polo PP".  Explicou que "o feito de que a Deputación poña a disposición 5 persoas con diferentes perfís profesionais con contrato de 9 meses obedece non a unha extratexia de sustitución de traballadores senón ao Plan Ben Ourense, que facilita estes traballadores aso concellos, do que temos que felicitarnos e non lamentarnos".

Defendou o alcalde a política de persoal desde o acceso do Partido Popular ao goberno municipal, suliñando que "estamos a racionalizar os recursos humanos do concello, e axustandonos á legalidade, de ahí que en atención ao que dí a lei orzamentaria vixente de que onde non existe o ingreso previsto o seu gasto debe desaparecer, vímonos obrigados a executar a rescisión de contrato a 1 traballador e 3 traballadoras".

Tamén contestou Marnotes ao socialista a respecto da súa dedicación ao concello "o alcalde do Carballiño está dedicado ao 100% a este concello e aos seus veciños e veciñas, e como Deputado Provincial exerzo unhas responsablidades, pero para todo hai capacidade, tempo e lugar", recordandolle aos socialistas "que xa deberon esquecer que por aquí pasou algún alcalde con dedicación exclusiva, que ademáis era o portavoz na Deputación e a súa vez Secretario Xeral do seu partido".

27, Xaneiro 2013

Nin o Arenteiro mereceu tan severa derrota nin o Arousa un premio tan grande, pero cando un equipo -neste caso o carballiñés- está en recha negativa parece que todo é moito máis difícil para quen a padece e moito máis fácil para o rival. Salvarse do descenso comeza a estar moi complicado.Mención aparte merece o calamitoso estado do terreo de xogo do municipal de Espiñedo a estas alturas do inverno, algo teráse que pensar en facer, e a quen corresponda, porque o recinto vai camiño de convertirse nun auténtico patacal.

C.D. Arenteiro: Macía, Carlos, Xurxo, Dabarca, Tazos (Bardelás), Iago (Omar), Gabriel (Tomás), Kennedy, Prada (Dacosta), Martín e David Soares.

O PARTIDO: Comezou o Arenteiro dominando nos primeiros minutos de partido pero sen embargo foi o Arousa quen anotou o primeiro gol no seu primeiro tiro a portería -minuto 14- nun trallazo de Camiño dende fora da área. Aos 23 minutos pudo empatar Kennedy cando enviou un balón de cabeza que repeleu o poste, o mesmo Kennedy rematou -tamén de cabeza- outro balón ao 42 minutos, que saíu lixeiramente desviado cando o meta visitante estaba batido. Trala reanudación, en 7 minutos o Arousa deixou sentenciado o partido, primeiro foi novamente Camiño quen aproveitou un rexeite na área local e despois unha xogada de astucia dos visitantes, que aproveitan para sacar rápidamente unha falta ao borde do área ante o despiste xeral dos xogadores verdes e marcan o terceiro. Xa co tempo cumplido chegaría o cuarto e definitivo gol dos arousanos.

25, Xaneiro 2013

O portavoz dos socialistas considera que "o concello do Carballiño camiña cara a destrucción e a perda das conquistas democráticas que tanto nos custaron conseguir".

Fumega compareceu ante os medios para cargar contra a política de persoal do goberno municipal "a actual política laboral do concello e moi costosa para os veciños do Carballiño, e inicialmente ten unha finalidade, que o alcalde poida cumplir as súas promesas electorais e colocar ós seus, ós do Partido Popular, esa é a realidade, e o que non lle gusta ó alcalde entra nunha lista negra tipo caza de bruxas á americana", dixo.

Referíuse expresamente á decisión do goberno municipal carballiñes ao rescindir o contrato a catro traballadores adscritos ao departamento de Servizos Sociais, manifestando que "non ten explicación que unhos traballadores que foron declarados indefinidos por sentenza xudicial, que agora se despidan tendo que pagarlles 28.000 euros e se sustituian por outros, falamos de servizos de carácter permanente sobre os que nos consta o aumento da demanda nestes tempos nos que se precisan tanto as políticas sociais", recalcou Fumega.

"Practicamente esto é xa unha sucursal da Deputación, o alcalde non exerce, ao alcalde importalle pouco O Carballiño, para él O Carballiño non é nada, e o que está é a metade da semana ocupandose dos problemas do ERE na Deputación", subliñou o portavoz do grupo municipal socialista.

22, Xaneiro 2013

Os responsables municipais decidiran o ano pasado cambear o percorrido, que tivera a súa saída desde Rapariz e continuara por Curros Enríquez e a rúa peonil atá Calvo Sotelo. Este ano volveráse ao itinerario tradicional.

Trala polémica do ano pasado por este cámbeo, a concellería de cultura do Carballiño anuncia que para este desfile de 2013, o martes 12 de febreiro, vaise recuperar ese percorrido que viña sendo o tradicional, con saída desde Otero Pedraio,  pasando polas rúas Conde Vallellano, Rotonda da Alameda, Avenida de Julio Rodríguez Soto, Calvo Sotelo, Tomás María Mosquera e Praza Maior.

Dende o luns 28 de xaneiro abriráse o prazo de incrición para as comparsas e grupos que queiran participar no desfile do martes de entroido no Carballiño. Dende a concellería de cultura daráse a coñecer nos próximos dias as bases do concurso de comparsas, a contía dos premios e demáis aspectos da organización, asegurando que os premios "serán entregados nada máis coñecerse o fallo do xurado, como xa se fixo o ano pasado", indican.

21, Xaneiro 2013

O Alcalde Ernesto Pérez considera "un engaño do grupo socialista" a polémica da xestión do servizo municipal de augas, unha polémica fundamentada "en mentiras e suspicacias", subliñou o rexedor municipal.

Referíase o alcalde de San Amaro á concesión do servizo á empresa GESECO "un procedemento que comezou en 2007 e que se completou sin que se presentase ningunha reclamación e sen que ningún concelleiro da corporación se opuxera, hai que ser máis serios cando ún ocupa un cargo público e non facer manifestacións en base a suspicacias, como as que fixeron as concelleiras socialistas, eu non sei quenes son os directivos ou executivos de GESECO, elas saben máis ca min, pero si me consta que o concello de Ourense -con alcade socialista- e outros concellos galegos que non están gobernados polo Partido Popular están ádxudicando servizos a esta empresa".

Ernesto Pérez aclarou, ademáis, que a empresa adxudicataria por parte do concello de San Amaro foi a que presentou a mellor oferta "a máis barata, porque a outra empresa da que falan non reunía os requisitos, cando se abriron as plicas en acto público comprobouse que esta empresa non cumplía coas bases, e a mesma empresa non presentou ningunha reclamación", asegurou.

Finalmente, o rexedor municipal recoñeceu en relación ao atraso no cobro de recibos que "non andivemos áxiles, unha vez que se privatizou o servizo detectaronse múltiples deficiencias e houbo que proceder a actualización dos contadores, evidentemente os veciños desto non teñen culpa, e por eso non se vai pagar ningún recargo, é maís, vanse dar todo tipo de facilidades para o pago dos mesmos, xa neste primeiro trimestre do ano esperamos que poidan pasarse ao cobro os recibos de 2010", anunciou.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS