
Aseguran que foi o tenente-alcalde Manuel Cerdeira o encargado de convidar desde o teléfono da casa do concello a esta festa na que os asistentes degustaron chourizos, empanada, panceta, pan, viño, chocolate e licór café.
O menú era de balde "convidaba o concello" e á convocatoria celebrada o pasado sábado asistiron arredor das 300 persoas "a maioria delas afíns o grupo de goberno", según poñen de manifesto veciños críticos con esta festa de magosto na que tampouco faltou a actuación de grupos musicais e incluso unha sesión de fogos artificiais.
"O Alcalde perdeu a confianza e pretende recuperala dando pan e circo como se estivese na Roma dos emperadores, quere ser emperador pero non ten imperio" comentou no programa "A mañá de COPE" Luis González Tosar, veciño do Irixo, e apostilou "foi unha chourizada impresentable nestes momentos de crise e recortes, é unha provocación que un alcalde organice e convide a unha paparota, porque pensa que asi compra as vontades, e as vontades das persoas non se mercan no bandullo".
"Ao alcalde, ao que tanto lle preocupaban os postos de traballo dos seus veciños, gasta os fondos municipais en paparotas, e segue mantendo a exclusividade súa e do tenente alcalde cobrando entgre ambos aproximadamente 50.000 euros ao ano", comentaba José Castro.
Pola súa parte, desde a "Coordenadora veciñal Incineradora no Irixo Non", que organizou un magosto na carballeira do Campo no que cada asistente pagou 20 euros, lamentan "que o alcalde siga dividindo aos veciños con este tipo de actitudes".
Os datos do mes de outubro rompen unha racha de cinco meses e volven ser negativos, tras sumar 99 novos parados no ámbito comarcal.
No municipio do Carballiño a lista de traballadores en situación de desemprego aumentou en 64 persoas durante o mes de Outubro, o que supón un 4,44% de incremento, o que deixa a actualización da cifra en 1.505 parados, dos que 700 son homes e 805, mulleres.
En Maside, Outubro deixa 11 novos parados, e son xa 284 neste municipio. En San Cristovo de Cea, engrosan as listas do paro 8 persoas, outras 10 fano no municipio de San Amaro, 4 nos municipios do Irixo e Punxín, e 2 en Beariz.
Finalmente, en Boborás e Piñor producese un simbólico descenso do paro no mes de Outubro, en cada ún destes municipios atoparon traballo 2 persoas.
O lider da categoria deixou o partido visto para sentencia na primeira parte, con 0-3 ao descanso, os ponteareáns deixaron patente a súa superiorade no municipal de Espiñedo ante un Arenteiro que non mellora malia o cámbeo de adestrador.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo (Pachi), Dabarca,Pana (C. Escudero), Iago (Gabriel), Tacón (Bardelás), R. Dacosta, Kennedy, D. Soares, e Marcos Sotelo (Javi López).
O novo adestrador local, Romero, debutou con derrota nun Arenteiro que non sae da súa depresión, os visitantes foron moi superiores desde o inicio do partido, donos desde o minuto 1 do centro do campo, ben asentados na súa cobertura e descaradamente lanzados pola victoria.
Moi pronto se lles puxo en franquicia o partido aos ponteareáns, no minuto 8 Tacón perde un balón na liña de 40 metros e o dianteiro visitante Carlitos aproveita para batir a Macia cun tiro desde fora da área axustado ao pau dereito. Aos 23 minutos, chegaba o segundo gol para a C. Areas nunha bonita xogada combinativa dos visitantes, que sentencian no minuto 41 co 0-3, tras outra xenialidade do seu dianteiro Carlitos.
Xa no segundo periodo, a Cultural Areas baixou o acelerador e propiciou que o partido estivese máis equilibrado. Co tempo cumplido, escapaselle das mans un balón a Macia, que siñifica o 0-4 definitivo.

Medio centenar de veciños acudiron a esta convocatoria de pleno extraordinario no que a corporación municipal debía aprobar as propostas da alcaldia para a modificación das ordenanzas fiscais relativas ao abastecemento de auga e saneamento, que fixaban un incremento dacorde ao establecido polo IPC.
Non obstante, o Alcalde da localidade Manuel Vázquez, ante a numerosa presenza veciñal, optou por deixar en suspenso a proposta e finalmente accedeu a reunirse cos representantes da plataforma veciñal que ven demandando a revisión do contrato con Aquagest, ao considerar que os prezos que pagan pola auga "son altamente abusivos e desproporcioandos", tal como veñen manifestando. O rexedor municipal reuniráse ao longo da vindeira semana cos veciños para escoitar os seus plantexamentos e estudar unha posible fronte común entre concello e veciños para presionar á empresa concesionaria.
Antes e durante o desenvolvento da sesión plenaria, producironse momentos de moita tensión entre veciños presentes no concello, entre os partidarios do Alcalde e os que criticaban a súa xestión. O momento máis álxido chegou cando un veciño recriminou aos concelleiros socialistas -agora na oposición- por asinar durante o anterior mandato municipal o polémico convenio con Aquagest, o que provocou un forte enfrontamento verbal entre o público e o concelleiro socialista Amadeo Vázquez.
Para elo instalará un sistema de placas solares fotovoltaicas que abastecerá as necesidades enerxéticas do edificio municipal.
O Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, avanzou nesta emisora de radio que "con este sistema de aforro enerxético non só conseguirémos o custo cero para a electricidade que necesita o consistorio, senón que servirá para cambear o sistema de calefacción, que na actualidade é de gasoleo por outro eléctrico". O rexedor municipal explicou tamén que "o coste de mantemento do sistema é minimo, polo que o aforro vai ser importante".
A Xunta de Goberno adxudicou o proxecto, que representa un invstimento de 40.000 euros, dos que o concello de San Amaro tan só aportará o 20%, xa que o 80% do custo cubrese por medio dunha subvención autonómica do fondo de cooperación medio-ambiental.
Os datos son os que figuran no proxecto presentado pola sociedade "Aerogeneración Galicia", 280 persoas terán traballo na construcción do complexo enerxético que se ubicará en montes do municipio do Irixo.
A Consellería de Industria somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a execución do proxecto, que ocupará unha superficie total de 254 hectáreas, das que 175 están localizadas no ámbito xeografico do Irixo, e as 79 restantes no concello de Lalín. No caso da superficie que abrangue ao municipio do Irixo, as 175 hectáreas que serán ocupadas ubicanse nas parroquias de San Cosme de Cusanca e Espiñeira. A relación de propietarios afectados pode consultarse na delegación provincial da Consellería de Industria.
O investimento previsto por Aerogenación Galicia, sociedade promovida pola constructora lalinense Taboada e Ramos, é de 27,3 millóns de euros. As características técnicas do proxecto contemplan a instalación de 8 aeroxeradores de 3.000 kilovatios de potencia nominal unitaria, cunha altura de 94 metros e e un diámetro de rotor de 112, asi como unha estructura meteoróloxica de 100 metros de alto. O proxecto industrial obtivera en novembro de 2010 unha das puntuacións máis altas no concurso eólico da Xunta.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comeza esta semana as "Obras de acondicionamento dos ríos Avia e Arenteiro", nos municipios do Carballiño, Leiro e Ribadavia.O obxecto destas actuacións é a limpeza das ribeiras de ambos os dous ríos procedendo á curta e retirada de árbores secas afectadas pola "praga dos ameneiros" que apareceu na primavera de 2009 e que afectou a soamente a esta especie. Ademais, levaranse a cabo actuacións de restauración ambiental, procedendo á estabilización dos noiros que se esborrallasen por caída das árbores enfermas.
Para levar a cabo estas actuacións de restauración utilizaranse técnicas de bioingeniería colocando estacas de salgueiro verde cravadas ao firme e atadas entre se e aos biorrollos para completar a estacada. Por último taparanse e acondicionarán os noiros coa mesma terra extraida, colocarase malla de coco para suxeitar o terreo e se estaquillará con brotes de salgueiro recollidos na zona para consolidar a estabilización.
Co ánimo de minimizar os impactos das actuacións a realizar, daranse as instrucións oportunas para que os traballos respecten ao máximo a vexetación e a fauna autóctonas. Por outra parte, a madeira extraida torarase e preparará para o seu posterior amoreado e transporte un xestor de residuos vexetais apropiado.
No Concello do Carballiño actuarase en ambas as dúas marxes do río Arenteiro e incidirase no tramo comprendido entre a ponte medieval de Veiga e a entrada á piscifactoría do Carballiño. En Leiro actuarase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por esta localidade e incidirase no tramo comprendido ente a ponte da Esperela e a ponte románica de San Clodio. No Concello de Ribadavia a actuación desenvolverase en ambas as dúas marxes do río Avia ao seu paso por este Concello e sobre todo no tramo comprendido entre o regato Eigón e a ponte de Ribadavia, tramo no que encontramos maior incidencia de afección de Phythophthora Alni. As actuacións teñen un orzamento de 169.459 euros.

O autor do atraco logrou fuxir levandose un botín de 6.000 euros, tras amenzar a traballadora da oficina cunha arma branca.
A Garda Civil, que abríu unha investigación para aclarar as circustancias do atraco, tivo coñecemento do suceso sobre as 13 horas. Minutos antes, un home a cara descuberta presentabase na axencia colaboradora do Banco de Santander na rúa Alameda de Maside e amenazaba cunha arma branca á única persoa que a esa hora se atopaba na oficina, a encargada da axencia, conseguindo levarse 6.000 euros de diñeiro efectivo.
A axencia na que se cometeu o atraco non está dotada de cámaras de vixiancia.
Ramón Dacosta xa non é adestrador do C.D. Arenteiro, tras o partido do pasado xoves en Lalín o club prescinde dos seus servizos.
O Presidente José Antonio "Cadavid" volve confiar o futuro do equipo a Francisco Romero, tal como xa fixera fai dous anos cando o actúal presidente xa o chamara para dirixir aos verdes, daquéla, xa coa competición bastante avanzada, non poidera reconducir a situación e o equipo consumaba o descenso de categoria. Ademáis de Romero, que é finalmente o elexido, tamén se fixeran contactos co adestradror ourensano Peluso.
Agora, tras once xornadas de competición ligueira, e co equipo clasificado no antepenúltimo lugar e xa eliminado do torneo de copa, os responsables do club esperan que o cámbeo de adestrador sexa o revulsivo que necesita o C.D. Arenteiro.

Asi o anunciou o concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Magín Daparte, as alegacións á mellora do entorno da Veracruz serán rexeitadas polo goberno municipal "porque non temos posiblidades orzamentarias para atendelas".
O grupo municipal socialista presentou 4 alegacións, todas elas en forma de proposta para "mellorar a funcionalidade e a estética do lugar", anunciaba o portavoz dos socialistas no concello carballiñés, Paco Fumega.
As aportacións socialistas pretendian o empedrado dos camiños peonís previstos na futura praza, que se executarán a base de xábrego. Ademáis, propoñían a construcción dunha "fonte claustral na parte dereita da Veracruz", tal como xa deseñara no proxecto orixinal o arquitécto Palacios, e tamén a creación dun parque de xogos infantís, que estaría protexido "con árbores e mesas de pedra que permitise crear espazos de sombra".
Ningunha das aportacións serán tidas en conta "xa que para poder introducir estas melloras necesitaríamos renunciar a outras que xa foron contempladas neste reformado do proxecto, neste momento temos que adaptarnos ó orzamento que temos, aínda que non descartamos que cara o futuro poidamos acometer algunha destas melloras", dixo.
Magín Daparte lamentou que "estas propostas cheguen tan tarde e non se presentaran no seu dia cando dese o concello se pretendeu chegar ao consenso social con este proxecto".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 671
- 672
- 673
- 674
- 675
- 676
- 677
- 678
- 679
- …
- seguinte ›
- última »