27, Xullo 2012

A festa, organizada polo Concello de Avión celebrase na súa octava edición o 27 de xullo, cunha variada programación de actividades que comezarán ás 8 da tarde e prolongaránse atá a unha da madrugada.

Este ano, dúas agrupacións de mariachis: Michoacán e Garibaldi farannos entoar de novo as típicas e coñecidas rancheiras. Música en directo para crear un ambiente acolledor, no que os asistentes se sentirán transportados a México. A iso contribúe tamén a asistencia de tres dos mellores restaurantes mexicanos existentes en Galicia: Chilam-Balam de Vigo, Mesón Mexicano de Tourón en Pontecaldelas e o Rincón Azteca en Carballiño.

Dende a edición de 2011 os carteis están dedicados a grandes personalidades das artes e as ciencias de México. O ano pasado o personaxe seleccionado foi Frida Kahlo; este ano o cartel está dedicado á figura do xenial humorista "Cantinflas".

Para os máis pequenos tamén haberá actividades. Poderán romper as típicas piñatas, e gozar dun inchable e un touro mecánico.

Este ano, e como novidade, algunhas das mulleres que participan no Taller de Pintura de Avión, expoñerán e poñerán á venda cadros con motivos mexicanos. Tamén haberá un posto no que se venderán piñatas feitas a man.

Dende o Concello de Avión invitan a todo o mundo a que se achegue a coñecer a nosa Festa Mexicana e con ela unha parte "chiquita" de México, de Avión, as súas xentes e os seus costumes. Se o que busca é un venres diferente e transportarse a México sen saír de Galicia, sen dúbida, esta é a súa festa.

24, Xullo 2012

 

Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.

O Presidente José Antonio Iglesias "Cadavid" dirixíu unhas palabras de benvida neste primeiro adestramento en Espiñedo, nas que animou aos xogadores "a levar o nome do Arenteiro e do Carballiño con orgullo e dignidade e pelexar para estar entre os mellores da categoria".

Dos 23 futbolístas que defenderán ao Arenteiro 2012-2013 na preferente sur do fútbol galego, 10 son da casa, e o resto, salvo Kennedy, proceden do fútbol provincial.

PORTEIROS: Continuan Pachi e Samuel e incorporase Macia, procedente do C.D. Lalín, última fichaxe.

DEFENSAS: Dabarca, Escudero, Prada, Pana, e Igor, que continuan do ano pasado. Incoporanse Tazos, Xurxo e o xuvenil Somo.

MEDIOS: Takón, Gabriel, Marcos Sotelo, Bardelás e  Kennedy, que xa estiveron na tempada anterior, e aos que se suman Roberto Dacosta, Iago Garrido e o xuvenil Oscar.

DIANTEIROS: Continuan no equipo Iglesias, Cancelas e Canexón. As novas altas son Cristian Dacosta e David Soares.

PARTIDOS DE PRETEMPADA:

O domingo dia 5 de agosto ás 7 da tarde presentaráse o C.D.Arenteiro en Espiñedo en partido fronte á U.D. Barbadás, da 3ª división. O domingo seguinte, 12 de agosto, xogaráse o trofeo "Festa do polbo", tamén en Espiñedo, ante o Coruxo F.C., o equipo vigués da segunda división B.

COPA DEPUTACIÓN NA PEROXA

No terceiro fin de semana de agosto o Arenteiro xogará a fase previa da Copa Deputación entre equipos de preferente e 1ª autonómica, a eliminatoria a partido único será no campo da Peroxa, ante o equipo local.

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA EN SANXENXO

O C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga a domicilio, será o domingo 26 de agosto viaxando ao campo do recén descendio Xuventú de Sanxenxo. O primeiro partido de liga como equipo locatario en Espiñedo será o domingo 2 de setembro ante o Mondariz. Na terceira xoranda de competición ligueira, os carballiñeses desplazaránse atá o campo da Lomba de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C.

 

 

24, Xullo 2012

A Agrupación Comarcal do PSdG-PSOE afirma que o operativo previsto para a comarca do Carballiño durante este verán reduciráse  en 61 efectivos.

Según dos socialistas "pódese marear a perdir de moitas maneiras, pero os números son os que son e o dispositivo da Xunta pasa de contar con 7 emisoristas a 3, de 7 vixiantes de caseta a 1, de 18 conductores de motobomba a 9 e de ter 22 brigadas compostas por 5 persoas a 17 brigadas con só 4 compoñentes en cada unha delas", aseguran.

Consideran que a nova situación do servizo de extinción de lumes é de alarma "cando todos os pronosticos auguran un verán caluroso e as experiencias de Canarias, Cataluña ou Valencia dos últimos dias demostran a importancia dun operativo adecuado para evitar que o lume faga o dano que xa os galegos sufrimos con anterioridade", apuntan.

Os socialistas califican de "agresión" este operativo que "pon en perigo á comarca do carballiño", unha situación da que culpan a Alberto Núñez Feijóo e o resto da Xunta. Tamén critican a "falta de iniciativa do goberno municipal do señor Marnotes á hora de presionar aos seus compañeiros de partido na Xunta nun tema de vital importancia para a defensa da nosa comarca e concello", recalcan.

 

20, Xullo 2012

A moción presentada polo grupo socialista ante o pleno da corporación foi aprobada por unanimidade dos 3 grupos políticos.

O acordo plenario será remitido á Xunta de Galicia, solicitando a apertura dun centro de dia no Carballiño, unha petición que se considera prioritaria por parte do pleno ao considerar a necesidade dun servizo do que carece un municipio que é capitalidade dunha comarca cun dos niveis de envellecemento máis altos de Galicia.

O portavoz socialista, Paco Fumega, suliñou que "unha vez que se anuncia esa inversión de 600.000 euros de diñeiro público para o equipamento da residencia do Cornuval, esperemos que non se privatice, pero en todo caso pensamos que é a ubicación ideal para este centro de dia, xa que sería totalmente compatible coas persoas que vaian residir neste centro". O concello do Carballiño achegará agora á Xunta esta solicitude de creación dun centro de día no Carballiño.

O Alcalde, Argimiro Marnotes, comprometeuse a trasladar á Xunta a inquietude pola supresión da oficina liquidadora de taxas e impostos, aínda que o Partido Popular rexeitou unha moción con esta petición presentada pola concelleira do BNG, Áurea Francisco. A maioria popular rexeitou outras mocións da concelleira nacionalista contra as medidas económicas do goberno central e solicitando a supresión do copago farmacéutico aos pensionistas.

Finalmente, a oposición votou en contra das dúas dedicacións parciais aos concelleiros de obras e servizos sociais "ao considerar que non é o momento, debido á situación económica pola que estamos pasando".

 

 

19, Xullo 2012

O sinistro ocorreu ás 8,20 da mañá no 2º-B do nº 20 da rúa Eusebio Lorenzo do Carballiño. A esa hora un forte estrondo provocou a alarma veciñal, logo puderon verse os enormes destrozos causados pola explosión e as graves consecuencias.

Os primeiros momentos foron de auténtico pánico entre a veciñanza, aínda máis ao saberse que había varias persoas feridas. Unha delas, a máis grave, unha muller que se atopaba dentro da vivenda na que se rexistrou a explosión, foi trasladada en helipcótero ao centro hospitalario POVISA de Vigo. Tratase de Natalia Pérez Fernández, de 49 anos de idade, atópase ingresada na UCI da Unidade de Queimados do centro hospitalario vigués, onde se lle diagnosticaron queimaduras de segundo e terceiro grao que afectan ao cincuenta por cento do seu corpo.

Foron evacuadas outras dúas persoas tamén feridas, aínda que de carácter leve en ambos casos, unha delas foi atendida no PAC do Carballiño ao sufrir unha crise nerviosa.

O estrondo provocou a caída de destrozos á rúa, causando danos a un vehículo que estaba estacionado nesta rúa carballiñesa. A onda expansiva destruíu os tabiques interiores da vivenda na que se producíu a explosión, asi como a súa fachada exterior, e tamén provocou graves danos nunha vivenda colindante e outra do edficio de enfrente.

Según as primeiras estimacións os danos materiais son importantes, aínda que inicialmente pensouse que podería afectar á estructura do edificio e incluso chegou a falarse de perigo de derrubamento, finalmente descartase que existan danos estructurais que poñan en perigo a seguridade do edificio, tal como confirmaron os técnicos municipais.

A Policia Xudicial investiga as causas da explosión. A bombona de butano desta vivenda ubicabase no balcón,  a fuga de gas que orixinou a explosión produciuse no interior do inmoble.

Nos traballos de evacuación das persoas feridas e atención ao resto dos veciños afectados participaron efectivos de Emerxencias O Carballiño, Protección Civil,  Policia Local, Urxencias Médicas e o Helipcótero Medicalizado do 112.

18, Xullo 2012

O camión transportaba os animais vivos e envorcou na rotonda de Ariz, no enlace da estrada OU-504 coa AG-53. O estado no que quedou o camión e o forte calor provocaron a morte de preto de medio centenar de porcos.

O accidente, que ocorreu sobre as once da mañá, condicinou durante horas o tráfico na zona, e a Garda Civil tivo que cortar provisionalmente a circulación por un dos carrís, recuperandose a normalidade a primeira hora da tarde.

Non se rexistrron víctimas, aínda que o conductor precisou asistencia sanitaria, xa recibíu a alta médica. O número de animais mortos pudo ser aínda bastante superior se non fora polos traballos desenvolvidos polos efectivos de Emerxencias O Carballiño e Protección Civil, que conseguiron evacuar do interior do camión a un gran número de porcos, aos que durante varias horas atenderon dando auga e ocupandose deles atá que se organizou o seu transporte.

 

16, Xullo 2012

Asi o pon de manifesto o último informe oficial do Ministerio de Economia e facenda relativo á "debeda viva" dos concellos españois, que se publica por cuarto ano consecutivo.

A data 31 de decembro de 2011, a débeda viva do Concello do Carballiño ascende a 3.463.000 euros ( Tres millóns catrocentas sesenta e tres mil euros ), tras conseguir reducila en 555.000 euros durante o exercicio económico anual de 2011, xa que con data 31 de decembro de 2010 esta mesma débeda era de 4 millóns 18 mil euros.

Nesta débeda do concello carballiñés recollida polo Ministerio de Economia e Facenda aínda non figuran as operacións que a institución municipal formalizou este ano para o pagamento das débedas aos proveedores. Ademáis, o concepto "débeda viva" refírese exclusivamente ás débedas cos bancos e relativas a créditos financieiros e valores de renda fixa, excluíndose a débeda comercial.

16, Xullo 2012

O concello do Carballiño vén de asinar un convenio coa Secretaría do Estado de Facenda para a colaboración en materia de xestión catastral. Con este convenio os veciños e propietarios de bens no municipio do Carballiño non terán que acudir á Ourense para os trámites.

En concreto os asuntos que poderán resolverse xa no concello do Carballiño en materia de catastro serán a alteración da titularidade e variación da cota de participación en bens inmobles, con todo o que iso leva consigo como a adquisición ou consolidación da propiedade dun ben inmoble, a constitución, modificación ou adquisición dun dereito real de superficie ou usufruto ou outro dereito real de desfrute, ou dunha concesión administrativa. En definitiva todo o referente ao modelo 901-N no que tamén se inclúen a variación na composición interna ou na cota de participación de comunidades ou entidades sen persoa xurídica; e a variación na cota de participación dos cónxuxes en bens ou dereitos comúns.

Así mesmo, dentro do citado convenio, tamén se inclúen todas as xestións relativas ao modelo 902-N referente á nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación de bens inmobles. Dentro deste modelo inclúese a declaración da división horizontal e as modificacións de titularidade relacionadas coas alteracións anteriores.

Por último o convenio entre o concello carballiñés e a Secretaria de Estado de Facenda inclúe tamén as xestións dos modelos 903-N e 904-N, relativos o primeiro deles á agregación, agrupación, segregación ou división de bens inmobles, e o cambio de cultivo ou aproveitamento, cambio de uso ou demolición ou derrubamento de bens inmobles, que se inclúe, no modelo 904-N.

A todas estas xestións débese engadir todo o relacionado coa oficina de xestión catastral, que xa estaba a ofrecer o concello, e que se inclúe no mesmo convenio citado anteriormente.

Con esta actuación o concello pretende ofrecer maior comodidade e rapidez de xestión aos veciños do municipio que necesiten destes trámites, evitando xa que teñan que acudir a Ourense para resolver estes asuntos.

 

 

13, Xullo 2012

A idea dos responsables municipais é extender o ambiente festivo durante as datas previas ao segundo domingo de agosto, con actividades diarias para públicos de todas as idades.

Pretendese que a do polbo de agosto sexa a outra gran semana festiva do Carballiño, equiparandoa en ambiente ás festas do setembro. Para elo, instalaráse por vez primeira una iluminación artística nas rúas do Carballiño, e tamén por primeira vez celebraráse unha gran sesión de pirotecnia artística e incluso se instarán atraccións de feira.

O Alcalde Argimiro Marnotes avanzou que "cara próximos anos tratarémos de buscar un consenso cos grupos socias e políticos para fixar como festivo local ún dos dias anterior ou posterior ó segundo domingo de agosto, é unha posiblidade que lanzamos e haberá que madurar".

XOVES 2 DE AGOSTO:
11:00 HORAS PRESENTACIÓN LIBRO HOMENAXE OS PULPEIROS. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCARCEL (OURENSE)
VENRES 3 DE AGOSTO:
19:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, NA PISTA VERMELLA
20:00 HORAS INAUGURACIÓN ATRACCIÓNS DE FEIRA
23:00 HORAS INAUGURACIÓN ALUMADO DA FESTA DO POLBO
SÁBADO 4 DE AGOSTO:
11:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, NA PISTA VERMELLA,
21:00 EXHIBICIÓN DE DAVID ALCAIDE, CAMPEON DO MUNDO DE BILLAR "LAS VEIGAS " 2012
23:00 HORAS ORQUESTRA NA PRAZA MAIOR,
DOMINGO 5 DE AGOSTO:
9:00 HORAS I ANDAINA FESTA DO POLBO, SAÍDA DESDE ARCOS, 16 Km
11:00 HORAS I CAMPIONATO DE BILLAR POOLPO, PISTA VERMELLA.
12:00 HORAS APERTURA FEIRA MOSTRA DE ARTESANÍA
17:00 HORASFESTA INFANTIL DJ TIBU, PULPOFLEXIA, PRAZA MAIOR
LUNS 6 DE AGOSTO:
11:30 HORAS, HOMENAXE CONFITERIA CERVIÑO 50 ANIVERSARIO, PRAZA PARDO BAZÁN
20:00 HORAS, ANIVERSARIO 200 ANOS CONCELLO E 150 CASA CONSISTORIAL, SALÓN DE PLENOS
21:00 HORAS CONCERTO BANDA ESCOLA MUNICIPAL, PRAZA MAIOR
MARTES 7 DE AGOSTO:
18:00 A 20:30 HORAS XORNADAS TÉCNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO, PRAZA EMIGRANTE
20:00 HORAS TAPA XIGANTE DE POLBO NA PRAZA MAIOR
MÉRCORES 8 DE AGOSTO:
11:00 HORASPRESENTACIÓN PROTOTIPO POSTO DE FEIRA I+D+I, PRAZA MAIOR
13:00 HORAS PROBA DE CALIDADE, PRAZA MAIOR
18:00 A 20:30 HORAS: XORNADAS TECNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO,  PRAZA EMIGRANTE.
22:30 HORAS XXIX XORNADAS DE FOLCLORE INTERNACIONAL, PRAZA MAIOR
XOVES 9 DE AGOSTO:
18:00 A 19:00 HORAS XORNADAS TECNICAS GASTRONÓMICAS SOBRE O POLBO,  PRAZA EMIGRANTE.
19:00 A 20:30 TALLER INFANTIL DE COCIÑA, PRAZA EMIGRANTE
23:00 HORAS ACTUACIÓN MAXIA, MEIGO MARTÍN CAMIÑA, PRAZA MAIOR
VENRES 10 DE AGOSTO:
11:00 A 13:00 HORAS EN BUSCA DO OCTOPUS PERDIDO, GRAN BALNEARIO (NENOS DE 6 A 12 ANOS)
19:00 HORAS XOGOS POPULARES PARA NENOS, PRAZA MAIOR
23:30 HORAS “O PULPO DE CADENA 100 ”, MÚSICA DJ E ESPECTÁCULO , PRAZA MAIOR
SÁBADO 11 DE AGOSTO:
20:00 HORAS CONCURSO CAMISETAS DAS PENAS XUVENÍS, PRAZA MAIOR ACOMPAÑADO POR BATUCADA. 
24:00 HORAS Iª TIRADA DE PIROTECNIA ARTÍSTICA FESTA DO POLBO,  E BATUCADA ANIMANDO A NOITE DO POLBO
DOMINGO 12 DE AGOSTO:
FESTA DO POLBO PARQUE MUNICIPAL.
11:00 HORAS DESFILE GRUPOS DO FESTIVAL FOLCLORICO DA FESTA DO POLBO
11:45 HORAS INICIO DO FESTIVAL FOLCLÓRICO NO ESCEARIO DO PARQUE MUNCIPAL
13:30 HORAS RECEPCIÓN DE AUTORIDADES NA CHAIRA DO PARQUE MUNICIPAL
14:30 COMIDA NO RECINTO OFICIAL DO PARQUE MUNICIPAL
19:00 HORAS PARTIDO DE FUTBOL EN ESPIÑEDO : C.D. ARENTEIRO - CORUXO C.F.(2ª DIVISIÓN-B)
 20:30 E 23:30 HORAS, ORQUESTRA NA PRAZA MAIOR

FEIRA MOSTRA DE ARTESANÍA DESDE O DOMINGO 5 DE AGOSTO ATA O DOMINGO 12 DE AGOSTO NA PRAZA PARDO BAZÁN E TRAMO FINAL DA RÚA  ROSALÍA DE CASTRO

DESDE O 9 DE AGOSTO ATA O 11 INSTALARANSE AS PULPEIRAS POR TODO O CARBALLIÑO, NOS SEUS LUGARES HABITUAIS DAS FEIRAS.

EXPOSICIÓN DOS CARTEIS DÁ FESTA DO POLBO NA PRAZA MAIOR DO CARBALLIÑO.

10, Xullo 2012

Vivironse momentos de bastante tensión, aínda que o persoal do centro xeriátrico conseguíu desaloxar en pouco tempo as persoas residentes, sen que ningunha delas resultase afectada polo fume.

O sinistro, tivo a súa orixe ao prender lume nunha secadora ubicada no soto da residencia de maiores "Nosa Señora da Sela", sita nas inmediacións do centro de saúde do Irixo, no lugar das Laxas.

Minutos despois das 4 da tarde solicitouse a intervención de Emerxencias O Carballiño, que desplazou atá o lugar dúas motobombas e  a situación quedou controlada  en pouco tempo. As persoas maiores que residen no centro permaneceron nas aforas das instalacións mentres non se recuperou a normalidade.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS