7, Xuño 2012

Baixo o lema "Se queres unha boa vida, aposta pola ecoloxía" tivo lugar a "VI convivencia de Educación Infantil" no campo da festa de Loureiro - O Irixo.  Na iniciativa participaron os colexios de Maside e Dacón, Padrenda-Crespos e Cortegada.

A convivencia tivo como temática central a defensa dos productos ecolóxicos que coa axuda das mascotas, Xurxo e Sabela, e a través de diferentes talleres, exposicións e coa visita á cooperativa Santa Mariña de Loureiro, ensinando a valorar os productos naturais e ecolóxicos, tan ameazados nos nosos días na comarca do Carballiño.

Os nenos e nenas puderon elaborar marmelada con froitas naturais, degustar productos ecolóxicos (mel, queixo, leite...), participar nun contacontos, facer manualidades e disfrutar dun teatro musical. Ao mesmo tempo que coñeceron un chisco máis a nosa cultura a través da interacción con apeiros e vehículos agrícolas.

Dende os distintos centros educativos pretendeuse que ademais de disfrutar dunha lúdica xornada de convivencia, aprenderan a importancia que a ecoloxía ten sobre a saúde.

 

5, Xuño 2012

No Día Mundial do Medio Ambiente,a Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño fai unha proclama de rexeitamento contra "a intención da Xunta de Galicia de instalar unha planta de incineración no concello do Irixo".

Os socialistas do Carballiño entenden "que a construción dunha incineradora implica a liberación á atmósfera de dioxinas, furanos e metais pesados que son elementos canceríxenos e aumentan gravemente as patoloxías asmáticas e enfermidades pulmonares, entre outras".

"Gases ácidos precursores da choiva ácida e outra series de gases e compostos altamente tóxicos son liberados pola incineración, xa que xera un 20-30% de residuos en forma de cinzas, ademais dunha gran cantidade de auga de lavado e residuos altamente perigosos dos electrofiltros", aseguran.

 Neste contexto -suliñan- "O Carballiño e outros concellos anexos á futura planta, veranse directamente afectados polos danos que produciría a instalación dun servizo destas características que, ademais, está pensado para eliminar os residuos da zona máis poboada de Galicia: toda a costa sur".

 Os socialistas do Carballiño reivindican as grandes potencialidades dos seus recursos naturais, que se verían gravemente afectadas, hipotecando o futuro de recursos endóxenos esenciais para a comarca, entre os que cabe destacar o termalismo, xa que está probado que estas instalacións contaminan as cuncas hídricas (superficiais e soterradas) do territorio onde se asentan.

 Advirten que ríos como o Arenteiro e o Viñao beben, na súa meirande parte, das fontes e afloramentos que nacen nas inmediacións do lugar onde se pretende ubicar esta planta.

 Os socialistas consideran que a xeración inmediata de postos de traballo, que argumentan os defensores da planta, non xustifica os danos económicos noutros importantes sectores do concello e  o resto da comarca, ademais dos danos medioambientais e contra a saúde que xa se supoñen.

“Hoxe en día, está demostrado que a incineración, ás veces disfrazada de produción enerxética, é o método de tratamento de residuos máis duro, máis custoso e máis dañino para a saúde e o medio ambiente de cantos existen, e este proxecto supón retroceder máis de vinte anos nas políticas de xestión de residuos”, conclúen.

 

                                  

5, Xuño 2012

O IES Manuel Chamoso Lamas vai poder ofertar aos seus alumn@s do Ciclo Superior de Administración e Finanzas a posibilidade de facer o módulo de Formación en Centros de Traballo en calquera país da Unión Europea,. O Instituto carballiñés conseguiu a Carta Erasmus para a Mobilidade de Estudantes para prácticas  (SMP) ata o curso 2012-2013. Dita carta foi concedida neste curso só a 3 Institutos da provincia de Ourense.

Os alumn@s beneficiarios do Programa van poder facer prácticas nunha empresa doutro país da UE, en Centros de Investigación ou noutras Institucións dos países participantes no programa de aprendizaxe permanente ERASMUS.

Ao mesmo tempo concederanse axudas para atender os gastos de viaxe e estadía (ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN) no país das prácticas que alcanzan os 300 € mensuais. A duración das prácticas é aproximadamente de tres meses. A convocatoria para a solicitude para as axudas establécese no primeiro trimestre do ano

A organización da mobilidade xestionase directamente entre o IES Manuel Chamoso Lamas e os estudantes participantes. Corresponde ao centro elaborar coa empresa de destino o acordo formativo, o programa de traballo, realizar o seguimento do período de prácticas e o seu posterior recoñecemento, parcial ou na súa totalidade, do período de prácticas e a súa validación co módulo de formación no Centro de traballo.

4, Xuño 2012

A presentación dunha única candidatura nas eleccións para renovar o pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea evitou que os panadeir@s tivesen que acudir á urna.

O proceso posto en marcha pola Consellería do Medio Rural e do Mar rexistrou unicamente a presentación da candidatura "Elaboradores Independientes de Cea", na que figuran como vogais Carlos Manuel Rodríguez, José Luis Calviño, Josefa Barrosa e María José Reboredo, e como suplentes, completan a candidatura Manuel Martínez e María Jesús Mosquera. Os cinco primeiros xa viñan formando parte do Consello Regulador, ao que agora se suma María Jesús Mosquera.

Ao presentarse unha única candidatura, a xunta electoral procedeu a súa proclamación. Agora, os vogais electos deberán elexir o Presidente e Vicepresidente do Consello. Terán un mandato de 4 anos ao fronte da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.

1, Xuño 2012

Os socialistas de Leiro denuncian a "opacidade do Partido Popular sobre as subvencións que recibiu o se están tramitando no Concello de Leiro":

A denuncia pública dos socialistas ten que ver coa actividade que desenvolve o Grupo de Desenvolvemento Rural das comarcas Ribeiro-O Carballiño, que preside o propio alcalde de Leiro.

O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que hai máis de tres meses, o 17 de febreiro, foi solicitada a documentación relativa a estas subvencións, pero aínda non se recibiu ningunha notificación para acudir a revisala.

Desta forma, os socialistas sospeitan que tal vez sexa porque non se están facendo as cousas ben e o PP non quere que a oposición fiscalice a súa mala xestión ou posibles irregularidades.

Os socialistas esixen que se lles facilite a documentación á que teñen dereito como representantes da cidadanía, ou acudirán á Xustiza para que se recoñezan os dereitos que se lles recoñecen por lei.

31, Maio 2012

Primeiro foi o grupo extra-municipal do Encontro Irmandiño, ao que agora se suman nas súas críticas os grupos municipais do PSdG e BNG no Concello do Carballiño.

A polémica obra foi presentada este pasado martes polo Alcalde do Carballiño "para atender a unha demanda do sector, que viñan facendo desde fai anos e nunca se atendera por parte do concello". O proxecto, cun investimento de 40.000 euros, consistirá na construcción de 16 espazos de 5,75 mts X 2,60 mts, no camiño que tradicionalmente ocupan os postos de polbo nos eventos festivos que se desenvolven no parque carballiñés.

 Según explicou Marnotes "estas plataformas serán absolutamente respetuosas co entorno natural do parque e pretenden preservar o medio ambiente, combinando terra, predra e natureza". Os espazos levarán unha base de formigón e recubriránse con pedra do país, a nivel do propio terreo, e serán provistos de servizos de auga e sumidorios.

O grupo municipal socialista presentou un escrito no que demanda do Alcalde unha copia do proxecto "para a instalación dunhas plataformas de formigón". Á espera de analizar esa documentación, os socialistas manifestan que "a primeira impresión non pode ser máis negativa", e para xustificar esta impresión apuntan "que por moito que diga o Alcalde, o impacto de tanta cantidade de formigón no parque vai afectar notoriamente á imaxe deste e pode ter efectos moi nocivos sobre árborres e plantas".

Os socialistas tamén inciden no coste económico da obra "a cuestión económica da man do Señor Marnotes é de puro delirio, fártase de decir que o concello  está na bancarrota -algo que desmintíu a súa propia auditoria- e pensa gastar 40.000 euros nuns elementos que só se van utilizar dous dias no ano", asegurando ademáis que "moitos pulpeiros cos que falamos amosanse contrarios a esta obra, e explican que o seu sector ten moitas outras necesidades máis urxentes".

Para o Bloque Nacionalista Galego, esta actuación pon de manifesto "a opacidade e falla de transparencia do Partido Popular á hora de acometer obras en lugares emblemáticos do Carballiño". Os nacionalistas critican que estas obras sexan presentadas a través dos medios de comunicación "e non na casa do concello como debería ser".

Lamentan desde o BNG que o proxecto non conte coa avaliación de técnicos medio ambientais "que valorarían o impacto de formigón nun espacio como é o parque, con graves problemas de erosión e con zonas agónicas que urxen medidas urxentes e integrais".

30, Maio 2012

Dúas empresas optan a facerse coa concesión para a explotación das antigas instalacións do balneario de Berán, non obstante a mesa de contratación resolveu aplazar a súa adxudicación.

O motivo da decisión foi a falla de documentación requerida pola Entidade Local nesta convocatoira, acordandose dar agora un prazo duns dias a estas dúas empresas para que aporten esa documentación. O Presidente da Entidade, José María Doval, espera "que de forma inmediata  aporten eses documentos, porque a nosa intención é volver reunir a mesa de contratación a semana que ven, e inmediatamente despois formalizar xa o contrato coa empresa que resulte elexida".

A intención do responsable da Entidade Local Menor de Berán é que estas antigas instalacións poidar abrirse ao público durante o vindeiro mes de xuño. Inicialmente, o periodo de concesión será atá o mes de novembro de este ano, e ademáis dun canón de 2.000 euros, a empresa que resulte adexudicataria deberá comprometerse a acometer as obras de reforma que sexan necesarias para a apertura destas antigas instalación balnearias.

 

 

28, Maio 2012

Asi o anunciou o Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda con motivo da visita institucional as obras de construcción do parque, que teñen un prazo de execución de 10 meses, e representan un investimento de 666.000 euros que aportan a Xunta, Deputación e Concellos.

O conselleiro adiantou que próximamente procederáse á licitación dos vehículos e dotación para o futuro parque, de tal maneira que se agarda poida estar operativo no transcurso do ano 2013. Dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias a unha poboación preto de 50.000 habitantes nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

O edificio que servirá de sede para o parque de bombeiros, sito nunha parcela do parque empresarial do Carballiño, terá unha superficie construida de 757 metros cadrados, para albergar as distintas dependencias. Entre a dotación coa que contará figura un camión-escada para intervencións en edificios de atá 10 pisos.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, salientou a importancia "de investir en seguridade, porque é unha inversión de futuro para os veciños e veciñas do Carballiño". Ademáis do rexedor municipal, acompañaron ao Conselleiro nesta visita ás obras o Presidente da Deputación Manuel Baltar, o Delegado da Xunta Rogelio Martinez, e o Presidente do Consorcio e Alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, asi como varios concelleiros e concelleiras da corporación municipal do Carballiño.

27, Maio 2012

A creación dun servizo de trens lanzadeira entre as estacións do Carballiño e Ourense, é unha das propostas que ven de presentar á Dirección de Renfe o Sindicato Federal Ferroviario da CGT.

O obxetivo da posta en marcha deste servizo sería facilitar aos cidadáns da Comarca do Carballiño un enlace diario cos trens AVANT con destino Santiago-A Coruña, asi como cos trens de longo recorrido que enlazan Ourense con Madrid e Barcelona. O Sindicato tamén propón a reducción das tarifas para o AVANT galego, ao considerar que non se trata dun servizo propio da alta velocidade, ao non superar os 220 km/hora.

Según se informa desde o Sindicato Federal Ferroviario da CGT, esta proposta para mellorar o servizo ferroviario desde  O Carballiño foi presentada por escrito ante a Dirección de Renfe en Galicia e Madrid, que se comprometeron a estudiar esta posibilidade.

 

23, Maio 2012

Os socialistas presentarán mocións en todas as corporacións municipais da comarca e recollerán sinaturas entre a veciñanza en contra da desaparición do actúal Partido Xudicial do Carballiño, demarcación que abrangue aos 9 Concellos da Comarca.

Os Alcaldes Socialistas de Piñor e Maside e portavoces do PSdG-PSOE dos distintos concellos anunciaron a posta en marcha dunha campaña de mobilización cidadán contra esta posibliadade que se anunciou a través dun estudio do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se propón a modificación da Lei de Demarcación e de Planta Xudicial. Según esta proposta, a provincia de Ourense quedaría dividida en tan só dous partidos xudiciais, e conlevaría polo tanto a desaparición dos dous xulgados de Primeira Instancia e Instrucción cos que conta O Carballiño.

"Esta é unha ocurrencia do Partido Popular, unha barbaridade que acabaría cos dereitos que ante a xustiza nos fan iguais a todos", dixo Guillermo Dopazo, Concelleiro en Cea e Deputado Provincial, que culpou e responsabilizou directamente ao Partido Popular desta situación "de continuos recortes, na sanidade e na educación, e agora tamén coa xustiza".

O Portavoz no concello carballiñes, Paco Fumega, recordou que os xulgados do actúal Partido Xudicial do Carballiño ofrecen cobertura a 30.000 persoas "polo que estamos ante unha decisión arbitraria e inxusta, que prexudica dun xeito claro Ó Carballiño". Para xustificar a permanencia da actúal demarcación xudicial,  puxo de manifesto a actividade que desenvolve "con 380 procedementos civís e 2.500 asuntos penais ao ano".

Fumega comparou a situación que se plantexa co sucedido no século 19, desmantelando os servizos das vilas "e facendo a sociedade das cidades, a este paso en Galicia quedarán Ourense, Lugo e as grandes cidades".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS