25, Marzo 2012

A falta de definición dos dianteiros locais e as boas intervecións do cancerbeiro visitante condicionaron un partido que o Arenteiro debeu deixar sentenciado  no primeiro tempo, e que ao final incluso pudo perder cando A Peroxa desperdiciou no tempo de desconto a ocasión más clara das que dispuxo.durante todo o partido.

Aos 8 minutos, Gele recibe libre de marca un balón dentro da área e  coloca zurda  o balón no fondo da portería da Peroxa. Ata o final da primeira parte sucederíanse as mellores ocasións do Arenteiro para ampliar a renta no marcador, asi nos minutos 16 e 20 primeiro Alén e despois Gele protagonizan sendos remates que repelía o meta visitante, moi inspirado nesta primeira parta, con outras dúas extraordinarias intervencións aos 40 e 42 minutos, evitando goles que xa se cantaban na grada.

Tras o descanso todo cambeou e a pior, o Arenteiro -que fixera unha moi boa primeira parte- volveu ao tono gris de outras tardes e perdeu ese caudal atacante que o caracterizou durante os primeiros 45 minutos, o baixón foi aínda maior cando se tivo que retirar do campo Cancelas. E disque no fútbol quen perdoa acabao pagando, asi que a máxima cumpliuse cando no minuto 68 A Peroxa facía o seu gol nun dos dous tiros entre os tres paus durante todo o partido. Quedaba aínda tempo, de feito o Arenteiro aínda tería varias aproximacións á portería rival, pero foron eso, maís aproximacións que ocasións manifestas de gol.

Oportunidade perdida para o Arenteiro de afinazarse no segundo posto na clasificación tras a derrota do Ramirás co Covadonga. Quen non fallou foi o C.D. Allariz , que tras sumar unha nova victoria situase, igual que o Ramirás, a  2 puntos dos carballiñeses. E o próximo donningo o Arenteiro xoga no campo do líder Nogueira de Ramuín, un partido que pode resultar clave para as aspiracións carballiñesas..

25, Marzo 2012

A loita contra a instalación da planta incineradora no Irixo sigue viva según pudo verse na mañá deste domingo nas andainas organizadas para poñer de manifesto a oposición a este proxecto.

As camiñatas partiron de distintos lugares, probablemente a máis numerosa foi a que saíu desde a Carballeira da Madanela, punto de concentración para o groso dos participantes procedentes do Carballiño, mentres que as persoas chegadas desde a Comarca do Deza comezaron a camiñar desde a Carballeira do Campo. De forma practicamente simultánea, sairon as outras dúas andainas desde o municipio do Irixo, desde as localidades de Marnotes e Loureiro, ás que hai que sumar a que o fixo desde Grovas, no concello de Piñor.

Ainda que os organizadores non pretendian "unha movilización masiva como as anteriores manifestacións, xa que se trataba de ser respetuoso co entorno", arredor de 400 persoas tomaron parte nas cinco andainas que confluiron despois do mediodia no Coto do Marco, nos montes comunais sitos na Parroquia do Campo, onde se anunciou a instalación da incineradora. Alí mesmo, procedeuse a dar lectura a un manifesto no que os convocantes desta andaina reivindicativa volveron reafirmarse na súa posición en contra da incineradora.

23, Marzo 2012

Prema sobre o arquivo adxunto para ver o documento.

21, Marzo 2012

A militancia carballiñesa do BNG elixíu a Xosé Dobarro como novo responsable político do Consello Local, un órgano de dirección no que tamén se integran outras 7 persoas.

Como Vicerresponsable figura agora Marcos Reboredo Blanco, e como vogais completan este novo Consello Local Lidia Caamaño, Ana María Fra, Xosé Manuel Codesido, Victor Gulias, Áurea Francisco -actúal Concelleira- e Eladino Cabanelas.

O novo responsable do BNG no Carballiño xa desempeñara anos atrás o cargo de concelleiro na corporación municipal carballiñesa, cargo do que dimitira daquéla tras o seu traslado profesional ao centro de saúde de Beariz, onde exerce como médico.

A elección do novo Consello Local do BNG coincide, precisamente, coa presentación no Carballiño do Encontro Irmandiño, ún dos grupos que abandonou o Bloque Nacionalista Galego, e outrras baixas recentes no BNG carballinés, entre elas a de Manuel Amil, que no anterior mandato municipal fora Portavoz do BNG e 1º Tenente Alcalde do Concello do Carballiño.

21, Marzo 2012

O Secretario Xeral do PSdG, cargo para o que foi reelexido recentemente, será o pregoneiro da Festa da Mimosa 2012, este vindeiro sábado 24 de marzo ás 8 da tarde.

 A Xunta Directiva do Casino destaca do pregoneiro a súa condición de "Socio do Casino desde o ano 1981, destacado veciño da vila e Secretario Xeral do PSdG-PSOE na actualidade". Ademaís de anunciar a Pachi Vázquez como "pregoneiro e padriño" da Mimosa, a Directiva do Casino tamén confirmou o resto das actividades programadas para esa xornada, que continuarán ás oito e media da tarde coa representación teatral " O cantante e as mulleres", a cargo da Compañía "Migallas Teatro". As dez e media da noite celebraráse a tradicional cea da mimosa á que seguirá unha sesión de baile.

Xa o domingo 25, completaráse a programación de actividades cunha proxección cinematográfica, a entrega de premios do concurso de fotografia e un concerto da Coral Polifónica do Casino.

20, Marzo 2012

Os catro mozos detidos teñen idades comprendidas entre os 21 e os 26 anos, dous son veciños do Carballiño e os outros dous de Maside e Punxín, respectivamente.

A Garda Civil do Carballiño, que bautizou ao operativo como "operación bellota", incautoulles no momento da detención un total de 5 gramos de hachis, 4 gramos de marihuana e 300 euros en diñeiro en efectivo. Foron detidos como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, ao dedicarse "á venda de droga ao menudeo", según a nota informativa difundida pola Garda Civil.

Tras prestar declaración no cuartel da Garda Civil do Carballiño foron postos en liberdade, a disposición do Xulgado nº 2 do Carballiño.

 

20, Marzo 2012

O Concelleiro  Socialista do Irixo presentou un escrito no Concello solicitando a inmediata convocatoria do pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro, tal e como quedou establecido ao comezo do actúal mandato municipal.

 O portavoz, Javier Rodríguez, considera “unha vergonza que para suspender o pleno o alcalde se escude na redacción dos orzamentos e na previsión de supostos incidentes durante a súa celebración”.

“Ao alcalde fáltalle a valentía de afrontar ante os veciños as súas decisións respecto da incineradora nun pleno onde por fin ía debaterse esta cuestión”, afirma. Así, o edil socialista advirte que de non cumprir coa lei e o regulamento polo que os plenos ordinarios deben celebrarse cada dous meses, o segundo xoves de cada mes, se remitirá a documentación pertinente á Fiscalía Provincial para que se tomen as medidas oportunas.

Lembra que ao non convocarse os plenos ordinarios estanse vulnerando dereitos fundamentais dos concelleiros na súa labor de control ao Goberno Municipal.

18, Marzo 2012

O Arenteiro empatou en Ramirás no tempo de desconto un partido que comezou gañando e que despois chegou a ir pendendo por 3-1. Ao final, o fútbol foi xusto e os carballiñeses regresan cun valioso punto conseguido un campo moi dificil, e ante un rival directo na clasificación.

Partido emocionante para o espectador, tal como foi desenvolvendose no marcador. O Arenteiro adiantouse no marcador cun gol de Iglesias e asi rematou a primeira parte, con ventaxa carballiñesa. No primeiro periodo, e incluso nos primeiros compases da segunda o Arenteiro xogou máis e mellor que o seu rival, e incluso tivo algunha ocasión para ampliar a súa renta no marcador, pero todo cambeo tralo primeiro cuarto da segunda parte. O árbitro deixa ao Arenteiro con 10 xogadores ao expulsar con doble amarela a Prada, aos poucos minutos chegaría o gol do empate do Ramirás nunha volea sobre a portería de Pachi, éste quedase como unha estatua e o Ramirás atópase cun empate que non merecía ata eses momentos. O gol deu alas aos locais e desconcertou por completo aos carballiñeses, sobre todo en defensa, tal foi asi que en duas chegadas do Ramirás á área carballiñeses chegarían o segundo e terceiro gol do equipo local, e asi pasamos do 0-1 ao 3-1 en pleno descorcento do equipo de Dacosta.

Todo parecía perdido, e tamén que o resultado fose demasiádo premio para os locais, cando Gele acortou distancias para o Arenteiro. Os carballiñeses volvían meterse no partido e xa no tempo de desconto aparecia providencial Kennedy para empatar o partido. Xa non había tempo para máis.  

 

17, Marzo 2012

Os Socialistas consideran que o Alcalde "realizou gran cantidade de chamadas de índole persoal aproveitando a liña telefónica que pagamos todos" e o rexedor municipal respondelle que "teñen que aprender a ler unha factura".

O grupo municipal do PSdG de San Amaro asegura que "nestas facturas aparecen cargos de aplicacións e música para telefonía móbil que non teñen ningún sentido nun teléfono oficial, pero o máis preocupante dase noutro feito de máis gravidade, xa que nun análises pormenorizado das chamadas, nos atopamos con números de paises tan diversos como República Dominicana, Arxentina, México, Francia ou Portugal", afirmando que algunhas das facturas acadaron importes de preto dos 500 euros.

O Alcalde explica que as chamadas internacionais son consecuencia das súas viaxes a aos citados países "correspondense con chamadas que se fan desde España ao extranxeiro, todos sabemos como funcionan estas chamadas, cando te chaman tí pagas parte desa chamada, e cando me chama un veciño ou desde un organismo oficial, eu teño que atender as chamadas".

Ernesto Pérez recoñeceu que é certo que nalgún momento se produciron descargas de música "pero eso correxiuse de inmediato tan pronto se advertíron os primeiros cargos" e asegurou que o importe desas facturas pagadas polo Concello de San Amaro "están nunha media que non chegan aos 150 euros ao mes".

15, Marzo 2012

Este é, finalmente, o importe total das facturas pendentes de pago aos proveedores que o Concello do Carballiño enviou ao Mininsteiro de Facenda  1.602.000 euros, as facturas que cumplian os requisitos para acollerse o plan de Facenda  para o pagamento aos provedores.

A cantidade total das facturas pendentes de pagamento por parte do concello carballiñés con data do pasado 31 de decembro de 2011 ascende a 2.616.000 euros. Non obstante, parte importante das mesmas non foron incluidas no expediente remitido polo Concello do Carballiño, xa que na relación non figuran aquelas facturas relativas á organizacións festivas, espectáculos ou comidas, e tampouco aquelas doutras adminsitraccións, como é o caso da Deputación, ou de empresas públicas, como SOGAMA, coas que o concello carballiñés ten pagamentos pendentes.

Agora, o Concello do Carballiño, dispón ata o 31 deste mes de marzo para remitir ao Ministerio de Facenda un plan de viabilidade para devolver ao Estado o diñeiro que éste pagará a partir do vindeiro 1 de maio aos proveedores.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS