25, Febreiro 2012

O grupo municipal socialista presentará este lúns un escrito no Concello do Carballiño no que comunicarán que "renuncian" ao acordo institucional da Corporación contra a instalación da incineradora, e en consecuencia, tamén se retiran da comisión municipal de seguimento dese acordo adoptado por unanimidade do pleno no pasado mes de xaneiro.

"O Partido Socialista do Carballiño renuncia ao acordo que se tomou, non vamos a formar máis parte desta titiridada, desta pantomima, deste teatrillo de mal gusto que culminou na Deputación de Ourense porque non compartimos o tratamento que o Sr. Marnotes lle está dando ao acordo, non o compartimos nin o toleramos", manifestou o concelleiro Adolfo Nogueira no transcurso dunha comparecencia ante os medios na que tamén asegurou que "os socialistas non vamos a consentir que se burle do acordo tomado e do que todos os veciños do Carballiño estaban orgullosos".

Nogueira tamén adiantou que solicitarán a retirada da pancarta que co texto "acordo unánime, O Carballiño contra a incineradora" foi colocada no balcón da casa do concello porque "non dí a verdade, Marnotes non está contra a incineradora, está contra a incineradora nun punto kilómétrico concreto pero 30 centímetros maís alá él xa non está en contra da incineradora, esto foi o que dixo no pleno da Deputación".

O concelleiro socialista pedíu publicamente ao Alcalde do Carballiño "que non diga máis que está contra a incineradora porque non é certo, e quedou claro no pleno da Deputación cando non pudo mentir máis, que lle diga a verdade ós veciñós, que lle diga que non lle importa que estea no Concello do Irixo, pola nosa parte acabaronse os miramentos, nos estámos decididamente en contra deste proxecto", aseverou.

 

24, Febreiro 2012

O Partido Socialista protagonizou un acto político celebrado no comedor do Restaurante Abanico do Irixo e no que manifestou a súa total oposición á instalación dunha planta incineradora de lixo no Irixo, postura que levarán ao pleno municipal que previsiblemente se celebrará a vindeira semana.

O portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, celebra que por fin o Pleno municipal debata unha moción sobre o principal de tema de actualidade no Irixo dende hai moitos anos. Así, o edil socialista recolleu esta tarde preguntas dos veciños que trasladará ao alcalde no Pleno, tarefa á que se adica dende hai días e continuará no día de mañá.

No acto, os socialistas explicaron que  non é necesaria unha segunda Sogama, senón que hai que apostar pola reutilización e a reciclaxe dos residuos, polo que se oporán á instalación desta planta en calquera ubicación da provincia, como veñen facendo nos últimos meses.

24, Febreiro 2012

A moción presentada polo grupo socialista deu lugar a un intenso debate, ainda que finalmente o grupo maioritario do Partido Popular apoiou as teses defendidas no pleno da Deputación polo Alcalde do Carballño, Argimiro Marnotes. Desta maneira, a Deputación aprobou por unanimide opoñerse ao emplazamento previsto para ubicar a incineradora nos montes comunais de Menáz, O Cardedo, Filgueira, Casares e Orosa, no municipio do Irixo.

O Partido Popular matizou que non se opón a instalación do proxecto industrial para o tratamento do lixo, pero sempre que se faga noutra ubicación distinta á anunciada pola empresa promotora e a Xunta de Galicia no pasado mes de decembro. Non obstante, para o grupo socialista entendiase que debería rexeitarse a instalación da incineradora en calquera lugar, independientemente do seu emplazamento. Idéntico posicionamento defendeu o Portavoz do BNG, que pediu mirar cara Europa e apostar pola reducción, reciclaxe e reutiliazción no tratamento do lixo.

Finalmente, tras un tira e afloxa entre os grupos políticos, a moción aprobada polo pleno da Deputación de Ourense recolle o acordo adoptado, tamén por unanimidade pola Corporación Muncipal do Carballiño no pasado mes de xaneiro. De forma explícita o acordo manifesta opoñerse "á nova planta de residuos do sur de Galicia na actúal ubicación que fixou a empresa Estéla Eólica no municipio do Irixo", tamén se declara que "a Deputación aposta pola implantación da compostaxe e a reciclaxe como base do tratamento de residuos e aminorización da incineración atá conseguir a súa desaparición". O Acordo da entidade provincial será comunicado ao Concello do Irixo e á Xunta de Galicia, asi como á empresa Estéla Eólica e a Xunta Rectora dos montes veciñais nos que se pretende instalar a incineradora. A Deputación Provincial, como antes tamèn acordou o Concello do Carballiño, constituirá unha comisión de seguimento deste proxecto industrial, e do cumplimento do propio acordo adoptado por unanimidade dos 3 grupos políticos representados na Corporación Provincial.

Nun comunicado posterior á celebración do pleno na Deputación,o portavoz socialista entidade Provincial, José Ignacio Gómez, lamenta “a indecencia do Partido Popular, que o único que demostrou hoxe é que está a favor de que se instale na provincia de Ourense unha incineradora de lixo, e que o alcalde do Carballiño quixo lavarse a cara diante dos cidadáns cando viu a contestación social que tiña esta planta entre os seus veciños”.

 

23, Febreiro 2012

O sinistro ocorreu minutos antes da 9 da noite, os veciños da Almuzara conseguiron en pouco tempo extinguir o incendio. De feito, cando chegaron os Servizos de Emerxencias do GRUMIR e Protección Civil do Carballiño a situación estaba xa controlada.

O lume afectou so ao cuarto de baño da vivenda familiar propiedade do Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño. Na casa, de aínda recente construcción, atopábase a esa hora a esposa do Rexedor Municipal, Mª del Carmen Cives, que escoitou un estoupido pero -según contou- pensou que fora producido por un pau da lareira e non lle deu máis importancia. Non obstante, cando advertíu o fume ela mesma intentou apagalo pero xa non o conseguíu, polo que optou por pedir axuda aos veciños e dar aviso aos bombeiros.

A rápida intervención dos veciños foi decisiva, evitando que o lume se propagase ao teito de madeira "se non fose asi, xa non habería forma de parálo", recoñeceu Caamaño, que tivo palabras de agradecemento tanto para os veciños como para os bombeiros pola celeridade na actuación.

"O mellor é que non hai que lamentar danos personais e que todo se quedase nun susto", dixo Cipriano Caamaño, que no momento do sinistro atopábase no centro de saúde. A madeira dos espellos e mobles do cuarto de baño, e "as toallas, polo menos unhas 12 e os albornoces, fixeron unha masa que orixinou unha gran fumeira", explicou Caamaño.

22, Febreiro 2012

A deputada e secretaria de Organización Provincial, María Quintas, compareceu co portavoz socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e o vocal na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, para esixir á Xunta de Galicia solucións para o balneario de Berán.  As instalacións están pechadas pese a estar rematadas dende hai anos, ademáis os socialistas falan de presunta prevaricación do alcalde na expropiación dos terreos do acceso ao balneario.

Quintas explicou  que o balneario de Berán constitúe unha oportunidade socio-económica e de emprego para a comarca do Ribeiro e da provincia de Ourense, e que hai que facer rendible unha infraestrutura xa construída na que se fixo unha inversión pública de máis de 3 millóns de euros.

 “Preguntámonos se a Xunta e o alcalde de Leiro serán capaces de buscar unha solución”, dixo, e denunciou que no procedemento do balneario hai actuacións que poden ser constitutivas dun presunto delicto de prevaricación por parte do alcalde de Leiro.

En dúas ocasións o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara nulas, en sendas sentenzas firmes, as expropiacións dos terreos de acceso a este balneario feitas polo Concello. A primeira destas sentenzas foi obviada polo alcalde que levou ao pleno unha nova expropiación, o que constitúe un presunto delicto de prevaricación, afirman os socialistas.

Neste sentido, dixo que estas actuacións contan co coñecemento e connivencia da Xunta, xa que ao mesmo tempo (o 20 de outubro de 2009) concedeu o obradoiro de emprego “Terras do Avia” neste mesmo terreo, no que dada a sentenza do TSXG non se podía facer.

 Así, o Grupo Parlamentario Socialista presentou unha batería de preguntas sobre a situación do balneario, as trabas administrativas que impiden que este balneario estea aberto e cales van a ser as actuacións da Xunta para legalizar e abrir o balneario de Berán.

Quintas lembrou que o propio Rueda respostou a Baltar no Parlamento en xuño de 2009 que “estaban a punto de abrir” o balneario de Berán e que “non se fixera por uns trámites administrativos, tentando culpar da situación ao goberno  bipartito”.

 O vocal na Entidade Menor, Tomás Lorenzo, explicou en que “a parroquia de Berán, os veciños de Leiro, da comarca de Ribadavia e da provincia antes tiñan unhas instalacións que mantiñan a ocupación hostaleira da zona durante o verán, e agora non teñen ningunhas, porque o novo balneario, que sería unha oportunidade de negocio durante todo o ano, nunca se abriu”.

Os socialistas consideran que o balneario de Berán dinamizaría o sector servizos do concello e da comarca e contribuiría a crear riqueza nunha zona á que “Feijóo parece ter manía, xa que a única actuación importante que quixo facer é a incineradora de lixo”, dixo Quintas.

   

22, Febreiro 2012

O local veciñal de A Lama, no Irixo acollerá o  venres dia 24 de febreiro ás 20.00 horas un acto político no que o PSdeG presentará detalladamente o seu posicionamento en contra da instalación dunha planta incineradora de lixo na provincia de Ourense, así como a súa aposta polas políticas de reciclaxe e reutilización dos residuos.

No acto, aberto a todos os cidadáns, participarán o portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, a secretaria de Organización Provincial, María Quintas, o portavoz na Deputación, José Ignacio Gómez, a deputada e secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, a deputada Laura Seara, e o senador Miguel Fidalgo, entre outros.

21, Febreiro 2012

O martes de antroido volveu mostrar o seu gran poder de convocatoria no Carballiño. Miles de persoas -14.000 según cálculos da Policia Local do Carballiño- ocuparon as rúas polas que decorreu o desfile, que este ano estreou novo itinerario, con saída desde a rúa Castelao e remate na Casa da Cultura.

O bó tempo acompoñou a celebración e propiciou unha gran afluencia de público no centro do Carballiño, o que motivou tamén bastantes problemas para os automobistas que á hora do desfile buscaban onde poder estacionar. No cruce dos Catro Camiños, o paso das comparsas obrigou a cortar momentáneamente o tráfico na N-541, unha incidencia que provocou algunhas críticas.

750 persoas tomaron parte activa no desfile que abriron os incombustiles "Os Liborianos", e no que poideron verse desde vendedores de peixe atá bombeiros, pasando por un xardín encantado, anxos e demos, bolboretas, zíngaros, deportistas, parrandeiros ou gatos con botas. Tamén os Arrieros de Dacón coa súa tarta de 25 cumpleanos, ou a Coordenadora Veciñal do Irixo  que aproveitaron a ocasión para facer unha parodia contra a instalación da incineradora. Do total das 13 comparsas participantes, 2 procedían de San Amaro, 2 do Irixo, 3 do municipio de Maside, 1 de Boborás e 5 do Carballiño.

PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO PARA "AS MONARCAS DO IRIXO"

"As Monarcas" do Irixo, a comparsa máis numerosa -con 130 integrantes- levaronse o 1º premio do concurso, dotado con 1.300 euros. O Xurado considerou ao "Xardín Encantado de San Amaro" merecente do 2º premio, levanse 1.000 euros. A comparsa dos Azucarados de Maside "Os gatos con botas" obtiveron o 3º premio, ao que lle corresponden 800 euros. O 4º premio foi para os 25 anos dos Arrieiros de Dacón, "Anxos e demonios de San Amaro" levaronse o 5º premio, 350 euros, e finalmente, "O Mar chegou ó Carballiño" os 300 euros do 6º premio.

Concederonse accesits de 60 euros para "Os bombeiros de Toscaña", "O Bosque desanimado do Irixo" "O ximnasio o corpo non para" e "Os parrandeiros".

O premio especial de 300 euros á mellor animación, ocorrente e graciosa aos 25 anos dos arrieiros de Dacón, recibindo tamén un premio especial de 200 euros a comparsa de Aspadisi "polo afán de superación". O concello carballiñés tamén concedeu, fora de concurso, un premio de 900 euros a "Os Liborianos" pola súa animación ao antroido local.

20, Febreiro 2012

Os días 24 e 25 de febreiro volven as Xociviga, nesta ocasión cun ciclo adicado ás curtametraxes, Xociviga en Curto, centrado na exhibición de produccións faitas por directores da Comarca do Carballiño, aínda que tamén se poderán ver películas doutros autores  galegos. O Cine Club Carballiño e a  Área de Cultura do Concello pretenden con esta actividade que haxa un espazo no que os realizadores locais e galegos poidan dar a coñecer os seus traballos.

As proxeccións organízanse en catro sesións de 1 hora de duración aproximadamente, e faranse dous pases de cada unha das sesións, un o venres o outro o sábado, para dar máís facilidades ao público para velas. Os dous días os horarios son os mesmos, 18:00, 19:30, 21:00 e 23:00 horas. A entrada é gratuíta, e os organizadores agradecen que os autores cedesen de xeito desinteresado os dereitos de exhibición. O cadro de proxeccións é o seguinte:

 

 

                               Venres 24                                                                    Sábado 25

18:00

Sesión 1: Marcos Fernández e Gustavo

Docampo

Sesión 4: Pachi Baranda e Manuel Nanín, Rubén Rodríquez e Santiago Rodríquez

19:30

Sesión 2: Alfredo Pardo e Simón Vázquez

Sesión 3: Edu Lavandeira, David Vázquez

21:00

Sesión 3: Edu Lavandeira, David Vázquez

Sesión 2: Alfredo Pardo e Simón Vázquez

23:00

Sesión 4: Pachi Baranda e Manuel Nanín, Rubén Rodríquez e Santiago Rodríquez

Sesión 1: Marcos Fernández e Gustavo

Docampo

19, Febreiro 2012

O Arenteiro sigue rentabilizando ao máximo os goles de Iglesias, que marcou aos 11 minutos o único que subíu ao marcador no partido do domingo de antroido desputado en espiñedo fronte ao Melias.

O dianteiro do Arenteiro aprobeitou un fallo da defensa do Melias, Iglesias adiantouse os defensores visitantes e ante a salida do meta Aarón conectou unha volea que enviou o balón ao fondo da portería. Nesta primeira parte hai que anotar outra oportunidade para os locais de ampliar o marcador ao seu favor cando Kennedy burlou á defensa visitante dentro do área e o seu tiro a media altura foi respondido cunha extraordinaria intervención polo meta visitante.

No segundo periodo, o partido, continuou bastante equilibrado. Aos 23 minutos o árbitrou deixou de sinalar un penalti sobre o carballiñés César, e aos 35 minutos o éx- xogador do Arenteiro agora no Melias, Oliveira, mandou un trallazo desde fora do área que petou no longueiro da portería defendia por Pachi.

Nova victoria dos carballiñeses, que siguen sumando de 3 en 3 puntos, aínda que o equipo sigue xogando moi agarrotado, e sacando adiante os partidos con moitas dificultades, conta con bós e incluso moi bós xogadores para esta categoria da 1ª autonómica, pero o equipo non acaba de entonarse en canto ao xogo que ofrece domingo tras domingo. Ante o Melias, máis do mesmo, o mellor o resultado.

19, Febreiro 2012

Son as tres localidades do ámbito comarcal nas que se celebrará a festa do antroido. Nas vilas de Cea e Maside o dia central da celebración será o lúns 20, mentres que na capitalidade comarcal, O Carballiño, o dia grande chegará o martes 21, que ademáis será festivo de carácter local no municipio.

Trala fin de semana, na que xa tiveron lugar as primeiras actividades, o lúns de antroido as 3 vilas repartense o protagonismo festivo. A festa máis madrugadora estará en Cea, onde desde as 2 da tarde a Praza Maior da localidade convertiráse en escenario dunha celebración que contará coa presenza das Carrozas de Parada de Amoeiro. A Comitiva compartirá a tarde coa veciñanza de Cea, con xantar, música e baile. A Charanga "Cubalibre" de Segovia, animará esta xornada en Cea, e desde as 17,30 horas, tamén na Praza Maior da localidade, comezará a festa infantil do antroido, que incluirá un baile de disfraces, xogos, e talleres de maquillaxe, con monitores que interactuarán cos participantes. Cea despedirá o antroido co tradicional enterro da sardiña, o mércores 22 desde as 20 horas, a comitiva fúnebre recorrerá as rúas do pobo, con fin de festa na Praza Maior.

Os Felos serán os primeiros en deixarse ver no antroido masidao, xa desde primeira hora da tarde do lúns. As 17,30 horas partirá da Alameda o gran desfile do antroido de Maside, que repartirá 2.500 euros en achegas económicas ás comparsas participantes, que farán un recorrido polas rúas de Maside para concentrarse finalmente na Praza Maior, onde todos os participantes serán convidados a unha chocolatada.

O Carballiño organiza o lúns pola tarde, desde as 17 horas, novas actividades infantís, obradoiros de maquillaxe e un Karaoke, na Pista Roxa. E pola noite, na Praza Maior, actuará a orquestra "Paris de Noia", unha verbena de antroido que conta coa colaboración da hostelería carballiñesa.

As charangas Castro Bello e Doctor Anchoa animarán o dia grande do antroido carballiñés, na data do martes 21. As cinco e media da tarde partirá o gran desfile desde o barrio de Rapariz -Rúa Castelao- as comparsas participantes decorrerán toda a rúa Principal do Carballiño atá a Casa da Cultura. Os grupos participantes no concurso repartiránse 6.000 euros en premios. Un total de 12 comparsan tomarán parte no desfile, que abrirán Os Liborianos, destrás deles, e por este órde, desfilarán " O mar chegou ó Carballiño", "Xardín encantado" da asociación Lamsbricae de San Amaro, "Os Zíngaros" de Aspadisi, "Ximnasio o corpo non para", "As Monarcas" do Irixo, "Os Parrandeiros", "Anxos e demonios " de San Amaro, "O bosque desanimado" comparsa da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non", "Os gatos con botas" dos Azucarados de Maside, "Os arrieros de Dacón 25 anos", e cerrarán "Os Bombeiros" de Toscaña.

Desde as sete e media da tarde a orquestra "Nevada" será a encargada de animar a festa na Praza Maior . Xa o mércores, ás 20,30 horas, a asociación "Aspadisi" encargaráse de animar o ritual do enterro da sardiña.

O Carballiño aínda deixará pendiente para o domingo de piñata a celebración da Festa da Cachucha, o domingo 26, un cámbeo na data na súa celebración acordada polos responsables municipais coa idea de potenciar esta cita festivo-gastronónima. 15 restaurantes do Carballiño ofrecerán un menú a base dun cocido de antroido con prezos que van dos 9 aos 30 euros. Catro charangas e unha orquestra animarán a xornada.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS