1, Febreiro 2012

O grupo municipal socialista está disposto a abandonar a comisión de seguimento "se non se cumple o pacto no que se establecia claramente en 4 puntos a postura do concello en relación a incineradora, e concretamente nun deles no que se acordaba trasladar a postura da Corporación do Carballiño ao pleno da Deputación, e para eso non vale solo unha carta", asegurou o Portavoz dos socialistas, Paco Fumega.

"O xogo do rato e o gato, aquí sí e aquí non", asi define Fumega a postura do Alcalde do Carballiño e advierte que "na próxima comisión de seguimento vamos esixir que se cumpla o acordo ou senón terémos que abandonala, porque non podemos decir aquí unha cousa, na Diputación outra e na Xunta outra, ou sí ou non, que é o que quere o pobo, claridade".

O Portavoz socialista no Concello do Carballiño considera que o Alcalde Argimiro Marnotes móvese na ambigüidade "esa contradición que amosa O Alcalde de non asistir á manifestación e sí asistir ó acto elitista dos concelleiros e non estar cós veciños", en relación á xornada de protesta do pasado domingo.

Finalmente, Fumega considera que a manifestación celebrada este pasado dia 29 de xaneiro foi "unha das manifestacións populares maiores da historia do Carballiño, eso demostra a sensibiliade que existe entre a cidadanía neste tema", suliñou.

31, Xaneiro 2012

O Alcalde de Boborás considera que "nunha feira hai para todos os gustos, pero a porcentaxe de veciños que participaron foi ridículo e a manifestación foi un auténtico fracaso"

Cipriano Caamaño informaba da visita que esta semana farán a Boborás técnicos de XESTUR, para iniciar as xestións que deberán  culminar có proxecto de urbanización da futura área industrial e a zona dotacional, na localidade da Almuzara, onde o concello de Boborás pretende promover a construcción de vivendas de promoción pública, e un tanatorio, entre outros servizos. Non obstante, Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para referirse á xornada de protesta do pasado domingo contra a incineradora "a xente é bastante intelixente e prudente na comarca, a maioria dos manifestantes era xente foránea, non había máis que ver o número de coches que había no momento da manifestación e cómo quedou O Carballiño media hora despóis, valeiro", afirmou.

Según o Alcalde de Boborás "eso quere decir que a maioria da xente veu de fora, eso quere decir que todo estaba manipulado para terxiversar unha situción na que abunda a intoxicación", e engadíu "cada vez estou máis convencido do que digo, e en contra daqueles que falan da miña condición de médico, e mira o que dí e é médico, pois precisamente por eso, a miña opinión será como mínimo tan respetable como outros que falan e tocan de oídas"

30, Xaneiro 2012

As charlas serán impartidas polo Tenente da Garda Civil  Emilio Martínez Núñez Licenciado en Antropoloxía e cunha ampla experiencia profesional nos Servizos de Policía Xudicial e Información, estas versarán principalmente sobre os beneficios e perigos das Redes Sociais.

Instruirase alumnos e pais do Carballiño sobre o uso e abuso de Internet grazas a un acordo para impartir charlas nos colexios durante o presente curso. A iniciativa responde ao "incremento" no número de usuarios que se achegan aos servizos municipais "demandando información sobre ou uso e abuso dás novas tecnoloxías" e á disposición mostrada pola responsable da Área de educación do Concello do Carballiño  Pilar Caride e o Tenente da Garda Civil.

As páxinas de xogos de pagamento, redes sociais ou compras a través da Rede son algunhas cuestións sobre as que se pretende incidir nunha serie de charlas dirixidas a profesores, educadores, pais, nais e alumnos. Mentres tanto, advírtese que en xeral, os nenos e nenas pasan demasiado tempo diante do ordenador, sobre todo facendo uso e de páxinas de xogos que, en moitas ocasións, empezan sendo gratuítas e acaban sendo de pagamento, xa que só permiten avanzar aboando diñeiro a través de mensaxes SMS ou tarxetas de pagamento que con frecuencia están ao alcance dos menores.

Outros dos problemas máis graves son as suplantacións de identidade, o Ciberbullying ou acoso psicolóxico ao que se ven sometidos algúns menores a través da rede. No lugar máis perigoso encontraríase o Grooming que se pode definir como o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza dos menores a través de Internet co fin último de obter concesións de índole sexual.
Sen lugar a dúbidas, as bondades e prestacións que as redes sociais ofrecen, superan de sobra os riscos e perigos puntuais que destas se derivan para a privacidade, protección de datos persoais, intimidade e demais dereitos dos usuarios.
Por este motivo, debe apoiarse e alentarse o seu uso responsable, procurando ao usuario a información e o coñecemento efectivo dos riscos que delas se derivan antes de que estes teñan lugar e as súas consecuencias

29, Xaneiro 2012

O Arenteiro tan só pudo sumar un punto na súa visita ao campo do antepenúltimo clasificado, o Cortegada, na vixésima xornada do campionato de liga na 1ª autonómica.

 O empate final a cero goles no partido xogado no campo da Cancela é unha pobre bagaxe para un equipo que aspira ao ascenso de categoria, de feito desputada esta nova xornada, o Arenteiro é rebasado na clasificación polo Ramirás, co que empata a 38 puntos e desplaza ao carballiñeses á terceira posición -fora de postos de ascenso- mentres que o líder Nogueira de Ramuín -que gañou o seu partido en Maside- volve distanciarse a 7 puntos. Por detrás do Arenteiro, a tan só 3 puntos, apreta agora a A.D. Covadonga.

No campo da Cancela de Cortegada, o Arenteiro volveu a ser un equipo plano, sen ideas, confiando a súa sorte á calidade individual de algunhos dos seus xogadores, que esta tarde non foi suficiente para doblegar ao antepenúltimo clasificado, e eso que o Cortegada quedouse con 10 xogadores no tramo final do partido, pero foi igual, o Arenteiro dominou e dominou pero atopouse cun Cortegada ben armado atrás que controlou ben  as anárquicas acometidas carballiñesas sobre a área local.

Kennedy tivo a ocasión máis clara do partido aos 13 minutos cando o seu remate de cabeza se foi á cruceta da portería local, tamén pudo cambear o resultado do partido un par de oportunidades que tivo Iglesias, unha bastante clara nun man a man có meta local, pero de esta vez o dianteiro carballiñés non pudo resolver.

29, Xaneiro 2012

Varios miles de persoas asistiron aos actos de protesta celebrados na mañá do domingo no Carballiño, convocados polo Concello e a Plataforma Incineradora Non. Según os datos aportados desde a Policia Local, arredor de 4.500 persoas participaron na protesta, unha citra que desde a organización se eleva atá os 7.000 manifestantes. Algunhos medios de comunicación rebaixan a participación a "máis de 1.500 persoas".

Ao seu paso pola rúa Aldara, a manifestación tardou 10 minutos en pasar, desde que o fixo a cabeceira atá o final da mesma, o que da unha idea da multitudinaria asistencia, probablemente, a manifestación máis numerosa que se recorda no Carballiño.

Minutos despois do mediodia, o Alcalde do carballiño e os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal desplegaron unha pancarta na que podía leerse "Acordo unánime. O Carballiño contra a incineradora", que logo subiron atá o balcón do consistorio, onde quedou colocada. Foi entón cando o Alcalde Argimiro Marnotes dirixíu aos concentrados unha breve alocución na que deu conta do acordo plenario da corporación que fixa a postura institucional do concello carballiñés contra a ubicación elixida no municipio do Irixo para instalar a incineradora.

Tralo acto institucional, puxose en marcha a manifestación convocada pola Plataforma Incineradora Non. Abrían a marcha un grupo de 6 nenos que portaban unha parcanta coa lenda "non envelenedes, a nosa terra é o noso futuro". Aos berros de de "todos xuntos facemos máis" saíu a cabeceira da manifestación, na que se situaron os representantes da Federación de Veciños do Concello do Carballiño, e detrás deles a Coordenadora Veciñal do Irixo. Nos primeiros metros da manifestación tamén se situaron os pescadores da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro coa súa pancarta "en defensa dos nosos ríos" e outros colectivos ecoloxistas asi como a Plataforma Incineradora no Deza Non, que tamén apoiou a protesta. Conforme foi avanzando a marcha, foron incorporandose máis manifestantes. Entre as consignas que máis se escoitaron "Penedo traidor, dimite por favor" ou "se é tan boa que vaia para a Moncloa"

Tralo recorrido polas rúas máis céntricas do carballiño, a marcha regrresou novamente ata a Praza Maior, ónde os membros do grupo de teatro Tiruleque, que participaron na protesta portando un cadaleito cos nomes dos concellos e os rios da Comarca, foron os encargados de dar lectura ao manifesto final, no que falaron do Carballiño do pasado, do presente e "futuro no que a incineradora apoderouse do meu corpo, un animal devorador de lixo que logo vomita para facernolo tragar, xa case non queda nada do que fun"

Na manifestación participou o líder do PSdG e Ex-Alcalde do Carballiño Pachi Vázquez. Tamén o fixeron os Alcaldes Socialistas de Maside, Piñor e Carballeda de Avia. Mentres, a representación do Partido Popular do Carballiño, incluido o Alcalde, limitaronse a participar na concentración da Praza Maior e no acto institucional desde o balcón da casa do concello.

27, Xaneiro 2012

Os portavoces de PSOE e BNG, así como o Alcalde do Carballiño, do Partido Popular, fixeron un chamamento dirixido a toda a cidadanía para que acuda masivamente á concentración-manifestación contra a incineradora do Irixo, convocada para este domingo ás 12 do mediodia na Praza Maior.

Nunha comparecencia conxunta dos 3 responsables políticos, o Rexedor Municipal explicou que tras debatir esta posiblidade na comisión de seguimento do acordo plenario que fixou a postura municipal contra a instalación da planta incineradora "chegamos ao acordo de participar na concentración convocada pola Plataforma, para que quede reflexada claramente a posición institucional do Concello do Carballiño ante a opinión pública e dunha forma visible". Argimiro Marnotes anunciou que "ás 12 da mañá estarémos na Praza Maior os concelleiros que poidan estar, portarémos unha pancarta cun texto que xa temos consensuado, e esa mesa pancarta colgarémola despóis do balcón do Concello e ahí estará o tempo que se considere necesario".

Poa súa parte, a Portavoz do BNG,  Aúrea Francisco recordou como "éste non é un problema do Irixo, senón de toda a Comarca, e da súa resolución depende o desenrolo do Carballiño, e para decirlle á Xunta que queremos futuro pero non destruindo o medio ambiente". A Concelleira Nacionalista engadíu, ademáis, "este pobo que naceu como unha encrucillada de camiños, está hoxe nunha encrucillada e para saír dela pedimos ao pobo do Carballiño que arroupe este acordo do Concello".

En representación do grupo socialista, o Concelleiro Adolfo Nogueira resaltou o consenso ao que chegaron os grupos políticos da corporación "congratulámonos do acordo que tivemos os 3 grupos" e advertíu que "esto non é maís que un primeiro paso, ésta é unha ardua taréa, Argimiro vai ter que poñer as cartas sobre a mesa e deixar patente o compromiso cos veciños do Carballiño", dixo.

26, Xaneiro 2012

Un numeroso grupo de veciños achegouse atá a casa do concello para facer entrega no rexistro municipal de diversa documentación desfavorable á incineración de residuos e conseguiron trasladar a súa inquietude ao Alcalde Manuel Penedo, que os recibíu no seu despacho.

Os veciños tiñan pensado "que un burro levase os documentos atá a casa do concello, pero ó final non pudo ser, non houbo maneira, o burro non quixo ír e houbo que deixalo", declarou en COPE O Carballiño o Presidente da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, José Castro, "a nosa intención era chamar a atención, e responderlle ao Alcalde que reiteradamente nos está decindo a través dos medios que lle aportemos documentación que desaconselle a incineración".

Unha vez que os veciños se achegaron atá o consistorio atopáronse có Alcalde, que se dispoñía a marchar  no seu coche "interpelárono e pedironlle que os atendese", ao que finalmente accedeu o Rexedor Municipal. Nese encontro,  os veciños volveron insistir ante o Alcalde para que reconsidere a súa postura, mentres, Penedo díxolles que "esto é bó para O Irixo, se non fose asi non se faría, vai crear  moitos postos de traballo e que non podía dar marcha atrás porque decepcionaría a moita xente".

26, Xaneiro 2012

O madrugador pleno da Corporación de Boborás, convocado ás 8 da mañá,  non ofreceu sorpresas. O grupo de goberno do Partido Popular respaldou sen fisuras e de forma unánime a postura que ven mantendo o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, que non ve motivos para opoñerse a instalación da incineradora no Irixo.

Os 3 grupos da oposición, BNG, PSOE e MOVE Boborás, presentaran conxuntamente a solicitude desta convocatoria extraordinaria para demandar do grupo de goberno unha postura oficial sobre a planta incineradora. A petición da oposición, defendida pola portavoz de MOVE Boborás, Eva Pardo, foi rexeitada polos votos do grupo maioritario do Partido Popular.

Malia a actualidade da polémica e a gran contestación social que está xerando a instalación da incineradora, a este pleno extraordinario da Corporación de Boborás tan só asistiron como público 2 persoas.

PLAN PROVINCIAL DE OBRAS 2012

Na segunda das sesións plenarias celebradas pola Corporación Municipal aprobouse a proposta presentada pola Alcaldia para a execución do Plan Provincial de Obras correspondente ao ano 2012, e que consistirá no acondicionamento de camiños nas localidades de Sande, Sobredo, Cameixa e Figueroa.

25, Xaneiro 2012

Será o venres dia 27 de xaneiro ás 17,30 horas na igrexa monacal de Oseira. A Comunidade Cisterciense recordará asi a quen consideran "foi amigo e gran benefactor deste mosteiro de Santa María A Real de Oseira".

Manuel Fraga, falecido o pasado dia 15, estivo en varias ocasións en Oseira, mesmo durante a súa etapa como Presidente da Xunta de Galicia. Incluso, nun par de ocasións, Fraga reuníu aos seus conselleiros e celebrou consellos do goberno autonómico no propio mosteiro de Oseira, nos famosos "retiros monacais" que Manuel Fraga celebraba cos seus colaboradores unha vez ao ano.

25, Xaneiro 2012

Representantes das asociacións integradas na Plataforma Incineradora Non fixeron un chamamento á poboación para que apoie masivamente a manifestación convocada para o vindeiro domingo no Carballiño contra a instalación da incineradora de lixo no Irixo. Será o vindeiro 29 de xaneiro ás 12.30 horas na Praza Maior.

Consideran que “do éxito desta manifestación depende do futuro do Carballiño, en perigo pola incineradora anunciada para o Irixo”, polo que na rolda de prensa participaron representantes de máis de vinte colectivos  de toda índole da comarca; asociación xuvenís, culturais, veciñais, ecoloxistas, deportivas, empresariais, e incluso doutras zonas como o Deza e o propio Irixo.

Os encargados de pedir aos cidadáns que o vindeiro domingo acudan a esta manifestación foron Miguel Ángel García, do Centro de Estudos Chamoso Lamas, Miguel Ángel Rodríguez, da asociación cultural “8 notas”, José Manuel Míguez, da asociación ecoloxista Outeiro, e Eulogio Alonso, portavoz da Federación de Asociacións de Veciños.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS