Non son un experto en materiais radioactivos, pero para a xente que no seu momento estudiamos a rama de ciencias ( e para quen temos que explicala tamén) non nos é alleo certos conceptos e certas definicións que coñecemos grazas á materia de física e química.
Vaiamos por partes e tentarei ser breve.
O primeiro temos que recordar (ou decirllo a quen non o sepa) que o Radon é un elemento químico que pertence aos denominados gases nobles que aparecen na taboa periódica no grupo 18. Son elementos que teñen na súa última capa da configuración electrónica tódolos orbitais ocupados por electróns ( 8 electróns agás o Helio que ten 2) o cal fai que sexan pouco reactivos con outros elementos. De feito na natureza aparecen como átomos e non como moléculas. Son incoloros, inodoros e insípidos e teñen uns puntos de fusión e de ebullición moi baixos.
Centrémonos agora no Radon. O radón xenérase da desintegración (reacción nuclear) do Radio-226, emitindo unha partícula alfa e o propio Radón, denominado Radon222. Este Radon222 tamén se desentigra emitindo outra partícula alfa e creándose Polonio 218.
Que son as partículas Alfa? As partículas Alfa xunto coas Beta e Ganma son as tres formas de radiación ionizante que emiten os núcleos atómicos. As partículas alfa concretamente son núcleos de Helio-4 cargados positivamente (carecen de electróns) e son altamente canceríxenas. Ainda que teñen un baixo poder de penetración a través da pel, si se enxiren ou se inhalan a súa alta capacidade ionizante produce ropturas na doble cadena do ADN celular, ropturas estas de dificil recuperación para as células o que produce a súa transformación cancerosa ao producir nas mesmas un crecemento anómalo.
Agora toca saber que é iso dos Bequerelios por metro cúbico. Para medir a radiación úsase como unidade o Curio. Pero o Curio non está no sistema internacional de unidades e aparte é unha unidade moi grande, polo que se utiliza normalmente o Bequerelio. Dito esto debemos saber que o Bequerelio dinos as desintegracións que ocorren nun material radioactivo nunha unidade de tempo. Co cal un Bequerelio por metro cúbico quere decir que un átomo de Radon se desintegra unha vez nun segundo no espazo de un metro cúbico.
Vamos agora co importante: límites perigosos para a nosa saúde. O límite de referencia que recomenda a OMS para interiores é de un máximo de 300 bequerelios por metro cúbico. Así é todo o último informe da OMS di que unha exposición prolongada no tempo en lugares que teñan concentracións superiores a 100 bequerelios por metro cúbico ten efectos nocivos na saúde ( enlace do informe....................................................................................................https://iris.who.int/server/api/core/bitstreams/f291e95a-4265-463f-a59b-...).
E que nos di a lexislación? Pois o Real Decreto 1029/2022, a posterior Instrucción IS-47 do CSN e a estratexa específica de Galicia 2025-2030 son máis "permisivas" que o informe da OMS e poñen o límite en 300 bequerelios por metro cúbico.
En definitiva e aplicando un pouco o sentido común e a sensatez, ter a intención de abrir as aulas do conservatorio do Carballiño a partir de Semana Santa, tal como anunciou onte xoves a Concelleira de Educación nos micrófonos de esta radio, cos datos que reflexan as medicións, onde todas as estancias están por riba dos 200 bequerelios das cales dúas excenden o límite dos 300 bequerelios e outras dúas están ben próximas sin tomar ningunha medida máis que "non usar as estancias que se pasan dos 300 máis que como almacen" me parece temerario e un potencial risco sanitario totalmente innecesario a expoñer tanto ao alumnado como ao profesorado.
Sen máis, un saúdo.
Manuel Nogueira.
P.D.: grazas á Anpa Anpa Cmus Esmu pola info das medicións.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, que a Xunta ten previsto licitar a redacción do proxecto do Centro Integral de Saúde do Carballiño neste primeiro semestre do ano.
Na súa intervención no Pazo do Hórreo, o titular da carteira sanitaria dixo que o orzamento para a redacción do proxecto e dirección de obra do Centro Integral de Saúde do Carballiño se situará no entorno dos 600.000 euros.
Tal e como detallou Gómez Caamaño, esta nova infraestrutura sanitaria disporá de máis de 4.500 m2, o que significa que contará con máis do dobre de espazo que o centro de saúde actual. O Plan funcional prevé 22 consultas de medicina familiar e comunitaria, área pediátrica, de saúde mental, atención bucodental, consultas de saúde da muller, sala de docencia e, ademais, un Punto de Atención Continuada reforzado.
O conselleiro referiu que o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución definitiva da modificación necesaria do plan urbanístico municipal en outubro do pasado ano, trámite que correspondeu ao Concello levar a cabo e, desde entón, a Xunta xa está a traballar preparando o prego de licitación para a redacción do proxecto.

Continúan os actos vandálicos na Rúa Castelao, qué temos que facer os veciños ante a pasividade das autoridades? Tomar a xustiza pola man? Estamos fartos.
Pues ahora resulta que Pazos de Arenteiro está tan contaminado por el gentío que va al pueblo en coche que la Diputación de Ourense va a construir un aparcamiento disuasorio con una inversión de casi 100.000 euros en dos parcelas que Naturgy cede por diez años.
Y yo me pregunto.... pasados esos 10 años quién se queda con el aparcamiento y con todos los elementos que al parecer se van a instalar como por ejemplo la preinstalación de puntos de recarga de coches eléctricos o la iluminación PUBLICA soterrada???
Y si el pueblo le tiene que ceder el uso del embalse a Naturgy por 99 años, porqué ellos sólo ceden estas parcelas por 10 años, cuando se ve que son muy necesarias para DESCARBONIZAR Pazos???
https://www.depourense.gal/es/nova/la-diputacion-creara-un-aparcamiento-...
Carbonizados no sé, pero quemados sí que están algunos vecinos de Pazos con las obras que se están llevando a cabo allí.
Que facemos os veciños que usamos as calles donde se atopa o campo de futbol os dias de partido, nas que cada un dos que van a o campo aparca e fai o que lle peta, molestando, interrunpindo e aparcando donde non pode polas indicacions que asi o indican.
Os que vivimos na zona, e circulamos por ahi non nos queixamos da necesidade de ter que cortar a rua, que seria a discutir.
Daquela ante o pasotismo do clube, do concello cos medios que ten para eso....que facemos?
Akgunha idea, ou temos que poñee orden os veciños?

Máis de 2500 persoas abarrotaron os comedores dos restaurantes e mesóns do Carballño, e outras miles de persoas degustaron a cachucha en familia nos fogares carballiñeses, nesta 31 edición da festa gastronomica carballiñesa do inverno xa consolidada como un dos gran referentes festivos do domingo de piñata en Galicia.
Unhos no ámbito familiar e outros nos restaurantes, e todos compartindo o cocido a base da cachucha, revivindo asi unha tradición na nosa comarca que se remonta a moitos anos cando era costume gardar a cachucha do porco da matanza para, unha vez ben curada, degustala polo tempo do entroido.
Pola tarde, o desfile de charangas e comparsas foi seguido por miles de persoas nas rúas do Carballiño, prolongandose o ambiente festivo ata entrada a noite coa verbena da orquestra Claxxón na Praza Maior, culminando asi con éxito esta festa da cachucha que xa é o gran acontecemento de todo o ciclo festivo do carnaval no Carballiño. Sen dúbida que moito que ver no gran éxito da convocatoria foi a expléndida xornada de tempo primaveral que tivemos este domingo.

A provincia de Ourense vén de acadar cinco novas Bandeiras Sendero Azul 2026, segundo fixo oficial a ADEAC, entidade responsable deste recoñecemento a nivel estatal.
A Deputación de Ourense, a través da súa Área de Benestar, presentara cinco candidaturas vinculadas a contornas termais e balnearios, obtendo o recoñecemento para a totalidade das propostas remitidas: Arnoia, Laias (Cenlle), Lobios, O Carballiño e Ribadavia. Estes percorridos combinan deporte, lecer e benestar e, ao mesmo tempo, contribúen á recuperación e posta en valor do patrimonio natural e cultural. Tamén son roteiros accesibles que animan a gozar da natureza e a practicar hábitos saudables.
Con este recoñecemento, a Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso coa excelencia ambiental, a valorización do termalismo como sinal de identidade provincial e a transformación dos recursos naturais en activos estratéxicos ao servizo da saúde, do turismo sostible e do desenvolvemento territorial.
Esta distinción eleva a seis o número total de bandeiras na provincia, sumándose estas cinco novas incorporacións á renovación da xa existente na Serra do Invernadoiro, consolidando así a presenza de Ourense na rede estatal de Senderos Azules.
Con estas incorporacións, Ourense intégrase con forza nunha rede nacional que supera xa os 1.200 quilómetros de itinerarios certificados en 24 provincias, pasando do último posto en número de sendeiros recoñecidos ao noveno lugar no conxunto do Estado.
O termalismo como eixo estratéxico de saúde pública
A estratexia impulsada pola Deputación de Ourense supón unha evolución cualitativa dentro do programa Senderos Azules. Historicamente marcado por unha forte presenza de contornas marítimas, o programa incorpora agora con forza o modelo de interior liderado por Ourense, que sitúa o termalismo como eixo vertebrador dos novos itinerarios.
Este enfoque transforma os sendeiros en auténticas infraestruturas de saúde pública, favorecendo o envellecemento activo, a cohesión social e a promoción de hábitos saudables. A aposta pola accesibilidade universal permite que persoas de todas as idades poidan integrar estes percorridos na súa vida diaria, reforzando o vínculo entre patrimonio natural, benestar e calidade de vida.
Excelencia técnica e compromiso ambiental
A permanencia na rede de Senderos Azules esixe un compromiso permanente de mellora e avaliación continua. Un xurado multidisciplinar de expertos en saúde, medio ambiente e mobilidade supervisa o cumprimento dos criterios establecidos por ADEAC.
A Deputación acreditou a solvencia técnica dos trazados nas catro áreas fundamentais de avaliación: características e deseño do percorrido; garantía de seguridade, estabilidade e coherencia do trazado; información ao usuario e correcta sinalización; conservación do patrimonio e xestión activa dos valores naturais e culturais; e liderado territorial e nova xeración de sendeiros de interior.
Na convocatoria 2026 incorporáronse 40 novos sendeiros á rede estatal, dos cales cinco corresponden á provincia de Ourense, o que representa o 12,5 % da expansión total.
Este dinamismo sitúa a Ourense na denominada “nova onda” de sendeiros de interior, xunto a incorporacións inéditas como as de Aragón ou Melilla, contribuíndo a romper o histórico sesgo costeiro do programa e reforzando o papel estratéxico do interior peninsular na política ambiental e de benestar.
Entrega oficial das bandeiras
O acto oficial de entrega das Bandeiras Sendero Azul 2026 celebrarase o vindeiro 6 de marzo no Castillo de Cullera. Posteriormente, a “Xornada Técnica Sendero Azul en España” desenvolverase os días 25 e 26 de marzo na Región de Murcia.

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez comparten coa audiencia desta emisora de radio unha nova tertulia dos venres.
Aquí tes o enlace ao PODCAST de COPE O Carballiño deste venres 20 de febreiro:
https://copecarballino.es/content/mana-na-cope-6

Tras preto de 40 anos ligado á Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, que xestiona o couto dos ríos Marañao e Arenteiro, e deles 24 como presidente, Alfonso Carballeda e a súa directiva anuncian que non se presentarán a un novo mandato.
Para este sábado dia 21 de febreiro, desde as 20:00 horas na casa da cultura do Carballiñesa están convocados todos os socios a dúas asambleas, a primeira de carácter ordinario na que se aprobarán contas anuais, e unha segunda de carácter extraordinario na que deberá elexirse un novo grupo que se faga cargo da xestión da sociedade.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Alfonso Carballeda en COPE O Carballiño:

Este venres dia 20 de febreiro as instalacións de "Velatorios Veracruz Centro" acollerán o acto conmemorativo do 25 aniversario desta empresa carballiñesa ligada ao sector funerario e dos seguros.
Rosa María Daparte, xerente, convida a este pequeno ágape de celebración a toda a veciñanza do Carballiño a partir das 19:00 horas deste venres.
Escoita aquí a entrevista de Lolo Carril en COPE O Carballiño:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »