17, Xaneiro 2012

As 20 familias polbeiras da parrroquia de Arcos que integran na actualidade a recén creada "Asociación de pulpeiros do Carballiño-Arcos" levarán nas súas antucas, toldos e furgonetas o distintivo que desde agora identificará a marca rexistrada "Pulpo do Carballiño".

O logotipo representa a un polbo cos seus tentáculos dispostos en forma circular, representando o planeta terra, e coa lenda " Pulpeiros do Carballiño-Arcos". A inciciativa foi presentada pola Presidenta do colectivo Isaura González, a Concelleira de turismo Pilar Caride e máis o Alcalde Argimiro Marnotes, que resaltou "a impagable publicidade" que para O Carballiño e a festa do polbo representará esta marca corporativa "que difundirá o nome do Carballliño e da nosa festa do pulpo por todo o mundo".

Xunto ao logotipo da asociación, tamén aparecerá o nome da familia polbeira e a lenda " Festa do Pulpo - Segundo Domingo de Agosto". A Presidenta da asociación, Isaura González explicou que "a idea desta asociación xurdiu co obxetivo de recoñecemento a un oficio que ven de varias xeneracións, xa que para os que nos dedicamos a isto é un orgullo decir que somos pulpeiros de Arcos". Ademáis, desta maneira premiaráse a tradición xa que "aínda que a asociación está aberta a todos os que exercen como pulpeiros, a marca identificativa daráselles a aqueles que demostren máis de 20 anos de profesión".

Con este proxecto,  Argimiro Marnotes recordou que o Grupo de Goberno cumple asi un compromiso adquirido no seu programa electoral "apoiar desde o Concello aos nosos pulpeiros e pulpeiras,sempre foi una idea que tiñamos, crear unha marca corporativa para os nosos pulpeiros que os distinga dos que non o son". O Alcalde invitou a este colectivo a participar activamente na organización da festa gastronómica carballiñesa, que este ano cumplirá o seu 50 aniversario.

 

 

17, Xaneiro 2012

A Sala 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar sentencia pola que da a razón ao Concello de Avión no recurso plantexado polo de Carballeda de Avia en relación aos lindes entre ambos municipios.

Desta maneira, o TSXG acepta os postulados defendidos polo Concello de Avión, sustentados fundamentalmente nos informes emitidos polo Instituto Xeográfico Nacional, e rexeita os argumentos do Concello de Carballeda de Avia  baseábanse en estudios feitos pola empresa Servicat S.L. e mailo historiador e Ex-Alcalde do Carballiño, Carlos Montes.

A Sentencia supón para o Alcalde de Avión "unha enorme alegría, porque ao fin a xustiza danos a razón nun asunto tan obvio e claro como este, malia de que por parte de algunhos intentouse defender o indefendible, pois con tan só acudir ao monte e ver os marcos este asunto debeu quedar finiquitado fai tempo e non estar en permanente confrontación durante máis de 9 anos, facendonos gastar un diñeiro que esaría mellor gastado noutras necesidades antes que neste tipo de pleitos", manifestou Antonio Montero.

Agora trala Sentencia, o Rexedor Municipal de Avión promoverá "que esos terreos regresen baixo a xurisdicción do Concello de Avión, e tamén que volvan a formar parte do monte comunal de Cortegazas e non como están figurando na actualidade no de Laceiras".

16, Xaneiro 2012

Dende que comezaran as xornadas na Casa da Cultura no pasado mes de decembro, son xa máis de 400 veciños do municipio de Carballiño os que participaron nas charlas impartidas tanto pola Sociedade Galega de Historia Natural coma polo biólogo Diego Reboredo.

Os relatorios, baseados no informe realizado pola devandita sociedade, apóianse nos grandes prexuízos que supón a incineración como sistema e como factor contaminante para o ámbito onde se sitúa. Ademais de razóns relacionadas coa saúde, afóndase en aspectos de índole socioeconómico que desacreditan a elección de Irixo como municipio que albergue esta instalación, e as graves consecuencias que pode ter sobre toda a bisbarra de Carballiño.

Ata agora, as parroquias que acolleron as devanditas charlas son as da Piteira, Pol, Seoane, Veiga, Mudelos, Madarnás e Longoseiros, ademais da xa mencionada da Casa de Cultura en Carballiño. Para esta semana, está programado que este martes se celebre no local social de Partovia a partir das 20:00 horas. O xoves, a plataforma organiza unha conferencia no concello de San Amaro a celebrar no centro médico da devandita localidade tamén ás 20:00 horas, e xa o venres o lugar elixido é a parroquia de Arcos á mesma hora e en local social desta asociación de veciños. A seguinte semana, a Plataforma proseguirá coa súa campaña informativa polas distintas parroquias e sedes veciñais de Carballiño. Finalmente, o domingo 29 ás 12,30 da mañá está convocada unha manifestación na Praza Maior do Carbaliño

Dende a Federación de Veciños de Carballiño e todas as asociacións vinculadas a esta plataforma, animan "a todos os veciños interesados a que participen neste ciclo de conferencias co obxecto de informarse sobre calquera cuestión relacionada con este tema. Consideramos que é o noso deber que todos os veciños poidan contrastar os seus puntos de vista a partir da información que se lles vai proporcionando, tendo en conta, sobre todo, que neste proceso todo foi escurantismo por parte da administración autonómica que nunca consultou a esta bisbarra dende que decidise situar a planta incineradora".

16, Xaneiro 2012

O Alcalde de Boborás non convocou o pleno ordinario de decembro porque "non había asuntos que tratar e a convocatoria acarrearía un gasto inútil para o concello".

O BNG que, con antelación a esa sesión que tería que celebrarse o pasado dia 30 de decembro, presentara unha moción na que pedía que a concello de Boborás se postulase en contra da incineradora do Irixo, criticou a non convocatoria, e a portavoz nacionalista Maria Dolores Cachafeiro asegurou en declaracións a COPE O Carballiño que "o auténtico motivo de non celebrar o pleno foi que o Partido Popular non tería maioria, debido a ausencia de dous dos seus concelleiros".

Na pasada semana, os 3 grupos políticos da oposición municipal asinaban unha petición conxunta de solicitude dun pleno extraordinario para que o grupo de goberno aclare a súa postura sobre a ubicación da planta de residuos. Sobre esta solicitude, Cipriano Caamaño dixo nesta emisora de radio "eles están no seu dereito de pedir o pleno, e o Alcalde tamén está no seu mesmo dereito de contestar afirmativamente ou non, xa verémos, pero pode ser que o convoque ou non, ou igual dentro de 4 ou 5 anos", suliñou.

As manifestacións do Alcalde foron contestadas -tamén en COPE O Carballiño- pola portavoz de MOVE Boborás, Eva Pardo, "xa verémos dentro de 4 ou 5 anos quen é o Alcalde de Boborás, esperemos polo ben do concello que para entón teñamos outro Alcalde, aínda que para daquéla igual xa ten tempo de coñecer a lei, non é cuestión de contestar, senón que ten que cumplir a lei". A Concelleira de MOVE Boborás engadíu máis adiante " O Alcalde debería dar exemplo, aínda que sabemos que non está moi afeito a facelo, ahí está a súa casa totalmene ilegal", asegurou. Finalmente e en relación á incineradora, Eva Pardo asegurou que a súa ubicación no Irixo sería moi perxudicial para o municipio de Boborás "pola contaminación, e porque ó lado de onde se vai contruir decorre o rio Viñao, que ven ó noso concello, virianos un río totalmente contaminado", recalcou.

 

 

16, Xaneiro 2012

 Os socialistas de Leiro presentaron unha moción pedindo a convocatoria dun pleno extraordinario para rexeitar a ubicación no concello do Irixo da planta incineradora de lixo.
O único punto do día deste pleno extraordinario sería o debate da moción presentada polo PSdeG e o Grupo Mixto para rexeitar dita planta de residuos urbanos do sur de Galicia no concello do Irixo.

 Na exposición de motivos da moción lembran  “o cinismo e a falta de valentía do PP” que non fixo pública a ubicación da planta ata pasadas as eleccións xerais “por medo a perder votos no concello e na comarca afectada”.
Salientan a oposición frontal a esta planta manifestada por colectivos veciñais, sociais e políticos de toda índole, para evitar que “Ourense se converta no estercoleiro do sur de Galicia”, e critican a demagoxia do PP “cando asegura que esta planta aposta polo reequilibrio territorial entre a Galicia costeira e a do interior”.
“Estamos seguros que se alguén aprecia á provincia de Ourense non se lle pasaría pola imaxinación traer unha megaplanta contaminante para esta provincia”, afirman.

 Na moción instan ademais á Xunta a apostar por modelos de tratamento de residuos alternativos á incineración,  máis racionais e respectuosos co medio ambiente que contribúan a xeración de numerosos postos de traballo.

 

 

 

15, Xaneiro 2012

Paso atrás do Arenteiro na súa loita polo ascenso ao caer derrotado na súa visita ao campo do C.D. Allariz, que foi xusto vencedor do encontro desputado nas coquetas instalacións deportivas do Seixo, nunha tarde invernal, e na que por momentos chegou a caer auga neve.

O encontro comezou de cara para o Arenteiro, que se adiantaba no marcador por medio dun zurdazo de Marcos Sotelo desde o borde do área na segunda aproximación dos carballiñeses á portería alaricana. Xogabanse aínda os primeiros compases e todo resultou ser un espellismo porque a ventaxa carballiñesa durou tanto como tardou o Allariz en despestar e facerse dono e señor do partido, que dominaría moi claramente durante toda esta primeira parte. No Arenteiro tiña que retirarse lesionado Cancelas, e Dacosta daba entrada no campo a un defensa, Igor.

No minuto 23 chegaba o empate do Allariz, Sergio -ún dos destacados no cadro local- enganchaba un tremendo chut, inalcanzable para Samuel. Cando xa se xogaba o tempo de desconto desta primeira parte, un saque de esquina é cabeceado por un dianteiro local, o balón peta nun defensor carballiñés e colase na portería.

Na reaunudación, o partido foi un querer e non poder do Arenteiro, cun xogo completamente deslabazado, os carballiñeses non souberon nin xiquera aproveitar o baixón físico que nesta segunda parte experimentou o Allariz, que xogou o último cuarto de hora con 10 xogadores, e nin asi. Iglesias tivo cerca o empate pero a súa parábola foise ao longueiro. Tamén o Allariz enviou outro balón ao longueiro e tivo varias ocasións para aumentar a súa ventaxa.

Ao final, xusta victoria dos locais ante un pésimo Arenteiro que tras esta derrota retrocede ao terceiro posto na clasificación, e situase a 7 puntos do líder Nogueira

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

C.D VELLE          O      NOGUEIRA       1

AT.  VILARIÑO      2      A PEROXA        1

MASIDE CF          0       RAMIRÁS        1

PONTE OU.          2       VALENZÁ        2

BARBADAS B      2       COVADONGA  0

C.D.  ALLARIZ      2        ARENTEIRO    1

MONTERREY       2        MELIAS          2

CORTEGADA       2        MACEDA        2

POLIGONO          3      TABOADELA     1

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 SD Nogueira Ramuin 41 18 12 5 1 30 14
2 CD Ramiranes 34 18 10 4 4 30 17
3 CD Arenteiro 34 18 10 4 4 29 16
4 CD Allariz 30 18 8 6 4 33 20
5 AD Covadonga 29 18 9 2 7 38 31
6 CF Monterrey 28 18 8 4 6 30 31
7 Poligono San Ciprian 26 18 7 5 6 25 23
8 SD Valenza 26 18 6 8 4 22 15
9 CD Velle 25 18 7 4 7 28 27
10 A Peroxa CF 24 18 7 3 8 27 25
11 Maside CF 24 18 7 3 8 26 33
12 UP Taboadela 24 18 6 6 6 22 25
13 SD Melias 22 18 5 7 6 26 21
14 Ponte Ourense SAD 20 18 5 5 8 20 27
15 UD Barbadas B 19 18 5 4 9 20 27
16 CF Cortegada 18 18 4 6 8 23 32
17 AT Villarino 12 18 3 3 12 18 39
18 CD Maceda 8 18 1 5 12 15 39
15, Xaneiro 2012

O matrimonio formado por José Virgilio Lorenzo e Anunciación Fernández e a súa filla Maria José encontranse ben tralo pesadelo e prevese que este lúns xa poidan estar de regreso en Cea. As 3 da tarde do domingo viaxan desde Roma a Barcelnoa e o luns pola noitiña collerán o tren hotel que os trasladará atá a estación de Ourense.

Virgilio e Anuncia, veciños de Cea , celebraban neste cruceiro as bodas de ouro do matrimonio acompañados pola súa filla María José, traballadora da Deputación de Ourense.

Nunha entrevista con Xan Pinal en COPE O Carballiño, Maria José Lorenzo relatou como "oímos un forte golpe e o barco quedouse en luz, foron momentos de desesperación e apalpando polo barco e como puden fun polos chalecos salvavidas, a sorte foi que estabamos cerquiña dunha illa e chegamos moi pronto no bote salvavidas, aquelo foi un caos, non vimos a niguén da tripulación". Maria José agradeceu a través da radio as mostras de cariño que recibiron nas últimas horas "non puden atender a todas a chamadas, pero sabemos que moita xente estivo pendiente de nós, afortunadamente xa pasou todo".

 

13, Xaneiro 2012

O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro presentou esta mañá a solicitude ante a Delegación Provincial de Cultura para a catalogación urxente e toma de medidas de protección dos petroglíficos, asi como a creación dun parque arqueolóxico "por estar representadas na zona todas as secuencias da historia".

O achádego do Grupo Outeiro localízase nos montes comunais de Orosa, O Cardedo, Menaz, Filgueira e Casares, precisamente na zona onde Estéla Eólica ten previsto instalar a planta de residuos. Nas proximidades, atópanse as covas de Valduíde, que en opinión dalgunhos expertos trátase dunha das mellores explotacións romanas de Galicia.

Durante os últimos dias, membros do Grupo Outeiro compartiron con persoas de distintas asociacións este achádego, recorrendo a zona e "explidando o valor tanto arqueolóxico como medioambiental do lugar, tomaronse datos fotográficos, vídeo e coordenadas GPS". Tamén destacaron desde o grupo ecoloxista "o mérito de persoas, asociacións e comunidades de montes que fixeron máis polos petroglifos galaicos que as institucións públicas ao longo da historia".

Finalmente, os ecoloxistas carballiñeses, autores deste descubrimento arqueolóxico, suliñan que "os petroglifos que localizamos son a arte dos primeiros veciños do Irixo, símbolos semellantes aos de Campo Lameiro, onde a Xunta inaugurou fai unhos meses un centro de Interpretación e estudio no que investiu 10 millóns de euros. Debemos estar contentos por atopalos agora ao lado da casa", resaltan.

11, Xaneiro 2012

Os Rexedores Municipais de Lalín e O Carballiño, ambos do Partido Popular, acuden a esta cita co propósito de demandar do Conselleiro información sobre o proxecto de intalación da incineradora que a empresa Estéla Eólica pretende ubicar no municipio do Irixo.

Aínda que a reunión non foi anunciada oficialmente, o Alcalde do Carballiño recoñeceu no programa "Asi son as mañás de COPE O Carballiño" que "na ánsia que temos os dous Alcaldes de ter máis información, alá imos para saber dela, ademáis de facerlle chegar persoalmente ao Conselleiro a nosa postura sobre este asunto".

Marnotes e Crespo coinciden, neste caso, en considerar desacertada a decisión de ubicar esta planta de residuos no municipio do Irixo. A corporación municipal do Carballiño acordaba por unanimidade a pasada semana posicionarse en contra da instalación da incineradora na ubicación que se ven anunciando

HERNÁNDEZ ABRIU A ROLDA INFORMATIVA CON  MARNOTES

Ademáis dos Alcaldes de Lalín e O Carballiño, o Conselleiro de Medio Ambiente tamén ten previsto reunirse cunha representación dos veciños do Irixo que se opoñen a este proxecto industrial.

Na primeira destas entrevistas, o Conselleiro explicou ao Alcalde do Carballiño que a administración autonómica  desenvolverá este proxecto coa máxima esixencia e estará vixiante para que se cumpra con rigor toda a normativa referida a este tipo de instalacións e defendeu a ubicación no municipio do Irixo da planta de residuos como unha gran oportunidade para toda a comarca do Carballiño.

Neste sentido, a empresa Estela Eólica deberá presentar á Xunta de Galicia un proxecto para a construción e explotación da planta que cumpra con todos os requisitos técnicos, legais e medioambientais. En concreto, terá que superar, entre outros, os trámites de avaliación de impacto ambiental e de autorización ambiental integrada.

O proxecto forma parte do plan industrial que a empresa Estela Eólica presentou dentro da súa oferta para o concurso eólico convocado pola Xunta de Galicia, e do que resultou ser unha das empresas adxudicatarias.

Tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos de Galicia, o complexo de tratamento de RSU do Sur contará cunha planta de compostaxe, unha planta de selección de envases lixeiros procedentes da recollida selectiva, e unha planta de tratamento de fracción resto á que se destinarán os residuos que non se poidan reciclar ou valorizar materialmente. Esta última planta (fracción resto) contará cunha liña de selección de envases de resto previa á valorización enerxética coa finalidade de acadar os obxectivos de valorización material total de plásticos e metais, e unha liña de valorización enerxética.

Pola súa parte, o Alcalde do Carballiño transmitíu ao Conselleiro "a inquietude que temos no Carballiño por este asunto, trasladeille a preocupación que esixte entre a maioria dos veciños pola instalación da incineradora ás portas do Carballiño, e ademáis fixenlle chegar o acordo que adoptamos no pleno da Corporación, que nos próximos dias lle remitirémos por escrito", manifestou Marnotes trala entrevista.

10, Xaneiro 2012

O Alcalde do Irixo volveu reafirmarse nas súas manifestacións “o oitenta por cento dos veciños do Irixo están a favor da instalación da incineradora, cada dia que pasa teñoo máis claro, e sen molestarme moito”.

Penedo insistíu, no trancurso dunha entrevista en COPE O Carballiño en que “esto non se fai por mal senón polo ben do pobo,  que a xente estea tranquila, que o tema da contaminación estará totalmente controlado, cada 3 minutos poderán verse a través de internet as actualizacións sobre a contaminación, e ademáis instalaránse dispositivos de control medio-ambientais nas zonas máis próximas, xa antes de empezar a funcionar a incineradora, para que poidan ver os niveis de contaminación antes e despois, e asi poderán facer medidas comparativas, e ver que non haberá problemas pola contaminación”,  asegurou .

O Rexedor  Municipal tamén tivo unha mención concreta “a postura dos curas”, aos que pedíu “que non prediquen desde os altares o mal, porque ese mal non ven por ningún lado, esto faise polo ben de todos” e  recomendoulle “que se informen, que é moi sinxelo, que chamen ao Principado de Andorra, que ademáis é un país turístico e verán como alí funciona unha incineradora no propio val e que apenas ten niveis de contaminación”.

Manuel Penedo lamentou que “se ande metendolle medo á xente a base de contarlle mentiras” e preguntado sobre a postura en contra da ubicación da incineradora por parte do Alcalde do Carballiño,  tamén coma él do Partido Popular, respostou “ é un caso aparte, faltoulle valentía política, e cando en política che falta a valentía podes acabar caendo nas garras da oposición, espero que reflexionen a asi o sepan ver”, concluíu.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS