7, Xaneiro 2012

Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.

O partido xogouse -igual que no seu día ante a S.D. Valenzá- cunha moi deficiente iluminación, con luz artificial que necesita unha melloría para que o xogo poida seguirse con normalidade. Tras unha primeira parte de centrocampismo por ambos equipos e sen apenas xogadas de perigo, na reanudación o Arenteiro  fíxose co control absoluto do partido, que resolvería Iglesias, tras irse dun contrario,  o disparo do dianteiro carballiñes colase na portería local. Despois, puderon vier algunhos goles máis, xa que o Arenteiro tería polo menos outras tres claras ocasións manifestas de volver marcar, pero os dianteiros verdes non estiveron afortunados. Pola súa parte,  o Barbadás B en ningún momento creou perigo ante a portería carballiñesa, defendida hoxe por Samuel.

O Arenteiro xogou o último cuarto de partido con 10 xogadores, por expulsión de Gabriel Carballeda, o árbitro ensinoulle a tarxeta vermella nunha xogada que non pasou de ser unha falta normal, e ademáis en campo do Barbadás, de forma incomprensible o árbitro decidiu deixar ao Arenteiro en inferioridade numérica.  Non obstante,  a expulsión non influíu para nada no rendemento dos carballiñeses, que foron superiores ao equipo local, e puderon conseguir unha victoria máis ampla no marcador.

7, Xaneiro 2012

A tarde estaba expléndida de sol de inverno, e pasadas as 3 da tarde xa comezaba a notarse ambiente de manifestación no entorno do Abanico, nas inmediacións da capitalidade municipal do Irixo, finalmente, arredor de 2.500 persoas responderon á chamada da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Con 20 minutos de retraso sobrre o horario previsto partía a marcha pola estrada autonómica O Carballiño-Lalín, que abría unha gran pancarta portada polos membros da Cordenadora. Entre os manifestantes, caras coñecidas da política autonómica como o Ex-Conselleiro e Deputado do BNG Alfredo Suárez Canal, as tamén deputadas Maria Quintas do PSOE e Tareixa Paz do BNG, asi como os Alcaldes de Ribadavia, Piñor e Maside, os 3 socialistas. Outros, chegados desde máis lonxe, como o Alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega. 

A marcha trancurríu sen incidentes e a altura da Vivenda familiar do Alcalde do Irixo un grupo de manifestantes situaron un colector de lixo á entrada da casa, mentres se repetían algunhas das consignas máis escoitadas "Penedo escoita, O Irixo está en loita", "queremos traballar e non apestar" ou "que este goberno arda no inferno".  A comitiva foi avanzando atá a Praza do Concello do Irixo, onde agardaban algunas persoas "esperábase máis xente" decian algunhos. O Certo,  é que a manifestación foi un éxito para os organizadores, que falaban de 5.000 asistentes, en todo caso unha cifra de manifestantes superior á actual poboación do municipio do Irixo, que está por debaixo dos 2.000 habitantes. Certo é tamén, que a gran maioria dos manifestantes chegaron desde fora do Concello, aínda que desde o propio municipio a participación tamén foi relevante, sobre todo dalgunhas parroquias, como a de Loureiro.

Ao final do acto, un representante da Coordenadora Veciñal agradeceu "a presencia dos que antepoñedes a ética e a honradez aos intereses económicos". O escritor Luis González Tosar foi o encargado de dirixirse ao público que enchia a Praza do Concello do Irixo  "teño falado en moitos auditorios, pero nunca me sentín tan honrado coma hoxe, como aquí, entre a miña xente, non podemos fallarlles os que están enterrados nos 11 cemiteiros das 11 parroquias do Concello", parroquias que foi nomeando unha a unha.

Tras varias referencias ao Alcalde e 1º  Tenente Alcalde "temos detrás nosa dous traidores na historia do Irixo" González Tosar preguntouse "quen é o parvo que cámbea a súa saúde e a da súa familia por clasificar basura, traicionaronnos, e non imos ser vendidos por dous traidores,  a partir de hoxe non recoñecemos ao Señor Penedo como Alcalde do Irixo",  palabras que foron seguidas desde o público con berros de "Penedo dimisión".  Finalmente, proclamou que "desde que a humanidade é humanidade David sempre soubo enfrontarse a Goliat, vencerémos".

 

7, Xaneiro 2012

A Plataforma Incineradora Non deu a coñecer hoxe a convocatoria dunha gran manifestación a celebrar o vindeiro dia 29 deste mes de xaneiro, domingo, ás 12,30 horas no Carballiño.

O Portavoz da Plataforma, Adolfo Nogueira, aproveitou a comparecencia do anuncio desta convocatoria de manifestación para facer unha valoración moi positiva do acordo adoptado por unanimidade no pleno da Corporación do Carballiño para opoñerse a instalación da incineradora "gracias á presión social, ao traballo da plataforma e tamén ao traballo tanto de PSOE como de BNG polas súas mocións, conseguindo que se correxise ese erro inicial que se cometera no Concello do Carballiño, e darlle asi un gran empuxón a esta causa que nos move a todos, que é parar a construcción da incineradora".

Nogueira congratulouse do que considera é un cámbeo de actitude do Partido Popular e do Alcalde do Carballiño, e amosou a súa satisfacción por "conseguir que o tema volva a tratarse na Deputación", onde fai unhas semanas o Partido Popular rexeitou unha proposta dos socialistas para posicionarse en contra da incineradora.

CHARLAS INFORMATIVAS

Desde a Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño, o seu Portavoz, Eulogio Alonso,  anunciou a celebración de actos informatvos da Plataforma. O dia 11 ás 7 da tarde no local social da Laborada e ás 8 da tarde no local social de Pol. O dia 12 en Seoane e o dia 13 en Veiga, nos respectivos locais sociais, ás 8 da tarde.

5, Xaneiro 2012

Os Sacerdotes e as comunidades parroquiais que forman o Arciprestazgo do Carballiño-Orcellon, que integran a totalidade das parroquias dos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño, veñen de tomar unha postura pública na declaran que "nos unimos a maioria dos veciños desta bisbarra e pobos limítrofes que se opoñen a que se instale esta incineradora".

Xosé Benito Sieiro, Arcipreste e Párroco do Carballiño, explicou en COPE O Carballiño que "non podemos permanecer impasibles, e facémolo polos graves problemas que pode causar esta incineradora ás persoas, e tamén aos animais, á agricultura e ao medio ambiente".

O máximo responsable da Igrexa Católica no Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón tamén manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica "lamentar moito que non se nos informe con obxetividade dos danos que esta incineradora pode causarnos, por eso estamos contra o dano físico e moral e unímonos á vontade popular que está ampliamente contra esta incineradora, dividindo aos veciños desta bisbarra", manifestou.

5, Xaneiro 2012

Os 3 grupos políticos que integran a corporación aprobaron en pleno un acordo no que fixan a postura institucional do Concello do Carballiño en relación á instalación da incineradora do Irixo.

O acordo recollese en cinco puntos, no primeiro manifestase "a oposición do Concello do Carballiño á nova planta de tratamento de residuos no sur de Galicia na actúal ubicación que fixou a empresa Estéla Eólica no municipio do Irixo". No segundo punto declarase que "o concello do Carballiño aposta pola implantación da compostaxe, a reducción, a reciclaxe e a reutilización como base do tratamento de residuos e aminorización da incineración atá conseguir a súa desaparición". O acordo será comunicado ao Concello do Irixo, á Xunta Rectora do monte comunal de Menáz, Casares, Filgueira, O Cardedo e Orosa, á Xunta de Galicia, asi como a empresa Estéla Eólica e os demáis concellos da Comarca, fíxase no terceiro punto.

Tamén se acorda - asi se recolle no cuarto punto da declaración- a creación dunha comisión de seguimento deste proxecto para que o concello se persoe nas actuacións oportunas que se consideren necesarias. Esta comisión estará presidida polo Alcalde, e na mesma tamén se integrarán o concelleiro de medio ambiente e un representante por cada grupo político. Finalmente, e a petición do grupo socialista, tamén se reflicte no acordo que o mesmo será comunicado á Deputación de Ourense, e que o mesmo sexa tratado polo pleno da entidade provincial.

Por parte dos grupos da oposición fixeronse varios reproches ao Partido Popular, que non obstante non impediron que o acordo se aprobase por unanimidade. Desde o BNG, Aúrea Francisco botoulle en cara a Marnotes que non defendese esta mesma postura no pleno que dias atrás celeborou a Corporación. Desde o consello local do BNG, Diego Valeiras facía un chamamento a toda a cidadanía para acudir á manifestación convocada para este sábado "para amosar unha postura firme fornte a ambigüedade do Partido Popular". Mentres, desde o PSdeG, manifestabase nas horas previas á celebración plenaria que "non é compresible a tardanza coa que o Alcalde do Carballiño trata de chegar a un acordo, tendo en conta que neste tempo xa se deron  pasos de importancia para o inicio deste proxecto que consideramos sería un auténtico desastre para O Carballiño e Comarca".

4, Xaneiro 2012

Os feitos aconteceron na noite deste pasado martes e nun intervalo de tempo de apenas 15 minutos, seis colectores resultaron destruidos polo lume e outros varios con grandes desperfectos, que os deixan inutilizados.

Os danos materias son bastante cuantiosos, xa que cada colector ten un prezo que oscila entre os 500 e os 700 euros. Ademáis, non é a primeira vez que esto acontece nos últimos meses no Carballiño. Desta vez, o autor ou autores do suceso,  prenderon lume a un colector na rúa Monxardín, a Policia Local recibíu unha chamada dando conta da incidencia ás 22,40 horas. Cando os efectivos do GRUMIR estaban controlando o lume neste lugar, inmediatamente foron requeridos para atallar outros lumes en colectorres de Conde Vallellano, e posteriormente nas rúas Calvo Sotelo, Julio Rguez Soto e a Avda do Balneario.

A Policia Local do Carballiño ten aberta unha investigación para aclarar a autoria dos feitos. En declaracións a COPE O Carballiño o Xefe da Policia Carballiñesa Francisco Valeiras suliñou que "pola maneira de actúar descartamos que se trate dunha banda organizada".

3, Xaneiro 2012

O Alcalde, acompañado da maioria dos concelleiros e concelleiras que integran o grupo de goberno do Partido Popular, comparecían esta mañá na casa do concello do Carballiño para facer pública unha declaración en contra da instalación da planta de residuos do Irixo.

Nunha posterior intervención en COPE O Carballiño, o Rexidor Municipal recordou como desde o momento no que se deu a coñecer a elección do municipio do Irixo para ubicar esta planta "dixen que había que ter cautela e ver os pros e contras e darse un tempo para tomar unha decisión, e aínda non ceñecemos ese proxecto, pero sí fumos recollendo información e, sobre todo, o sentir de moita xente que nos achegou a súa inquietude e preocupación e por eso consideramos que chegou o momento de fixar a nosa posición como grupo de goberno, porque sabemos que tamén é moita xente a que estaba esperando este posicionamento".

Argimiro Marnotes explicou que "sen entrar no debate sobre o sistema máis apropiado para o tratamento do lixo, sobre o que non hai acordo e moitas contradiccións entre todos os partidos políticos, nós, temos que ser coherentes, o Partido Popular do Carballiño é coherente, e da mesma maneira que non nos gustaba que se fixera unha planta no Ribeiro, menos aínda nos gusta que esto se faga no Irixo, pola súa proximidade có Carballiño". Marnotes confesou no transcurso da súa intervención radiofónica que "foi unha decisión moi reflexionada e difícil, porque ofrecense 250 postos de traballo, e eso é moito nos tempos que corren, pero intentarémos que sen a planta de lixo se creen outras oportunidades de traballo, e témolo que facer entre todos, temos posiblidades, no sector turístico, no termalismo, nas polbeiras, no parque empresarial, e por ahí terémos que traballar"

O Alcalde carballiñés informou da reunión celebrada onte pola noite por parte da Xunta Local do Partido Popular do Carballiño "que eu presido, e que está formada por 52 persoas e representa a unha masa de 1.121 afilidados, quizás a maior agrupación do Carballiño, e tras un intercambeo de impresións decidiuse por unanimidade que se rexeite a ubicación que actualmente se manexa para a instalación desta planta".

Marnotes espera agora que no pleno deste xoves se acada unha postura conxunta dos 3 grupos políticos para fixar a posición institucional do Concello do Carballiño. Aclarou tamén que institución municipal non se integrará en ningunha das plataformas xa constituídas e que "se instará tanto a Estéla Eólica, coma ao Concello do Irixo e a Xunta de Galicia "para que reconsideren esta decisión"

2, Xaneiro 2012

O Presidente do C.D. Arenteiro pasou polos micrófonos da COPE para facer balance deportivo e social do desenvolvemento desta tempada. Cadavid amosouse "contento co rendemento deste equipo, incluso cos rapaces máis novos e dos xuvenís dos que foi preciso botar man" aínda que tamén aclarou que "se fose preciso a fichaxe dalgún reforzo tamén chegaría, de feito xa se fixeron contactos con algún xogador, e non descartamos que se fose necesario ficharíase, aínda que eso dependerá dos acontecementos, e Dacosta confia plenamente neste equipo".

O Presidente non tén outra meta na cabeza que non pase polo ascenso á preferente, categoria perdida a tempada anterior, e aínda vai máis alá na súa declaración de intencións  "a nosa idea e levar o Arenteiro á terceira división, pero eso dependerá moito do Carballiño e da nosa afección e tamén das axudas".

O Presidente do Club amosou a súa satisfacción tras a recente entrevista que ven de manter có Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes " díxome que ánimo, que o Arenteiro había que subilo á terceira, e que ahí estaría o Concello para apoiar". De feito, O Rexidor Municipal comprometeuse a mellorar a colaboración municipal co club, facendose cargo da explotación da publicidade estática no campo de Espiñedo, e aumentando con esta fórmula a aportación económica que o Concello fai ao C.D.Arenteiro.

2, Xaneiro 2012

Estaba previsto, ou polo menos asi se anunciara, que sería a principios deste ano cando se formalizase este acordo, non obstante COPE O Carballiño pudo saber que ese trámite adiantouse e xa foi asinado no transcurso da pasada semana.

Fontes consultadas da propia Consellería de Medio Ambiente confirmaron a esta emisora de radio que Estéla Eólica e a comunidade de montes veciñais en man común de Menáz, Orosa, O Cardedo, Figueira e Casares, xa rexistraron o pasado dia 30 de decembro un protocólo de intencións no que se recolle o compromiso de ambas partes para o aluguer por un periodo de 30 anos das 50 hectáreas de propiedade comunal para a instalación da planta de residuos.

Nese protocólo de intencións tamén se recolle que o contrato definitivo deberá asinarse antes do dia 31 de marzo de 2012, e que será á sinatura dese documento cando a comunidade de comuneiros recibirá xa o primeiro pago do canón anual que a empresa abonará, a razón de 75.000 euros que se iran incrementando cada ano có Indice de Prezos ao Consumo.

30, Decembro 2011

O Partido Popular do Carballiño, que ostenta o Goberno Municipal no Concello Carballiñés, posicionaráse en contra da ubicación elexida para ubicar esta planta de residuos no municipio do Irixo.

O Partido Popular carballiñes non se mostrará en contra de este proxecto industrial pero sí da ubicación  elexida. Polo menos, esa é a postura maioritaria entre a Executiva Local do Partido Popular e tamén dentro do Grupo Municipal que goberna na actualidade o Concello do Carballiño.

O posicionamento aínda non é oficial, de feito, o Presidente da Executiva Local do Partido Popular e Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, declarou a esta emisora de radio que "o martes da semana que ven farémos pública a nosa postura". Non obstante, COPE O Carballiño, pudo saber que a opinión entre os populares carballiñeses é a de rexeitar que a planta incineradora se instale nos montes comunais de Casares, Orosa, Figueira, O Cardedo e Menaz, tralo acordo o que xa chegaron os comuneiros desta comunidade de montes veciñais en man común e a empresa Estéla Eólica, promotora do proxecto.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS