22, Decembro 2011

A Corporación do Irixo aprobou, coa abstención do concelleiro do PSOE, o avance inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do municipio. A esta sesión de pleno non acudiron dous concelleiros do Partido Popular, ún deles Manuel Cardedo Fernández que tería comunicado a súa decisión de demitir do cargo, ainda que" é unha decisión que non é definitiva", asegurou o Alcalde Manuel Penedo. Non obstante, o Portavoz Socialista Javier Rodríguez manifestou "que non é o único Concelleiro do Partido Popular que seguirá ese camiño".

No transcurso da sesión plenaria, de apenas 5 minutos de duración, o Concelleiro do PSOE recriminou ao Alcalde que se negase a tratar no pleno a ubicación no municipio da incineradora.

Antes e despois da celebración da sesión plenaria, un grupo de 50 persoas increparon ao Alcalde e 1º Tenente Alcalde, ós que fan responsables directos de esta decisión, coreando frases como "O Irixo desperta, os traidores madrugan" ou "non vos escondades, dade a cara". Despois, e sen que se rexistrasen incidencas reseñables, os manifestantes seguiron as súas protestas no entorno da Casa do Concello.

22, Decembro 2011

A loteria do nadal repartiu 900.000 euros entre os clientes do Bar Pascuas de Cea, no que se venderon 150 décimos do número 92.202, un dos quintos premios da tradicional loteria de nadal.

 Os décimos foron adquiridos na admistracción de loterias de O Barco de Valdeorras, e posteriormente vendidos entre a clientela do Bar, na súa gran maioria veciños do Concello de San Cristovo de Cea. Cada décimo obtén un premio de 6.000 euros, nada máis coñecerse a noticia xa comezou a celebración entre moitos dos afortunados no Bar Pascuas.

21, Decembro 2011

Centos de persoas rendiron hoxe unha homenaxe de despedida a Edelmiro Mateo Prado, un dos 7 feridos graves no incendio do pasado 12 de novembro, falecido este pasado lúns no hospital Povisa. A conducción desde os Velorios San Ramón e o funeral no Templo da Veracruz convertironse nunha masiva manifestación de despedida a quen foi durante 20 anos Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño,

Desde o pasado lúns, cando se instalou o velorio, sucederonse as mostras de condolencia á súa familia e ás 4 da tarde deste mércores 21 de decembro saíu a conducción, acompañada por varios centos de persoas, entre elas unha moi numerosa presenza do mundo da política.

Detrás do vehículo fúnebre,  os fillos do finado, José Edelmiro e Ramón Antonio, ós que acompañaban familiares e amigos, e moi preto o Ex-Alcalde e Secretario Xeral do PSdeGa Pachi Vázquez e a súa Dona Maria José Pérez, asi como o Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, e numerosos concelleiros, alcaldes e ex-concelleiros, tanto do Carballiño como doutros concellos das comarcas do Ribeiro e  O Carballliño. Tamén se achegaron outros persoeiros´políticos,, como o Subdelgado do Goberno Camilo Ocampo e o Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Tralo funeral celebrado no Templo da Veracruz, o cortexo fúnebre dirixíuse ó cemiterio da Parroquia de Xurenzás, da que era natural Edelmiro Mateo, onde recibiu sepultura e xa Descansa en Paz

21, Decembro 2011

O Alcalde doutro dos concellos limítrofes có Irixo, o de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "non me cabe máis que felicitar ao Alcalde do Irixo e non só a él senón a todos os veciños porque haberá un antes e un despois".

Caamaño posicionouse públicamente a favor da instalación no Irixo da planta de residuos, preguntado sobre este asunto no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño, engadiu "coas novas técnoloxias que dende o punto de vista técnico están moi avanzadas, non ofrecen risco para o medio ambiente, todo o demáis, as  plataformas que se están montando e chamando á movilización, están xogando coa demagoxia, a idea non é concienciar á xente nin advertír dun perigo, a idea é política", dixo.

Máis adiante, e unha vez que se lle recordou que ademáis de Alcalde é Médico, Cipriano Caamaño suliñou "por eso estou na obriga de coñecer como funcionan este tipo de plantas, e nin nas augas freáticas nin na atmósfera, se as plantas se montan coas garantias necesarias e teñen posteriormente a debida observancia, non ten por qué haber ningunha preocupación".

Finalmente, o Alcalde de Boborás engadiu que "estáse montando unha campaña social e mediática por parte dun sector que quere impoñerse coa mentira e que está moi mal documentado, e o único que pretende é amedrentar e engañar á xente".

20, Decembro 2011

O portavoz socialista no concello do Irixo, Javier Rodríguez Pérez, considera “unha burla absolutamente imperdoable” que o alcalde do Irixo negue un pleno extraordinario para informar aos veciños sobre a incineradora e si o convoque para tramitar o Plan Xeral Urbanístico, paso imprescindible para a construción de dita planta.

O concelleiro socialista afirma que esta é “unha mostra máis da actitude dictatorial, sombría e prepotente do señor Penedo no polémico asunto da incineradora que unha empresa privada, coa connivencia da Xunta de Galicia, pretende instalar preto das nosas casas para queimar o lixo de todo o sur de Galicia, co conseguinte prexuízo para as nosas vidas, as nosas terras e o noso futuro”.

Rodríguez lembra que nada máis coñecerse a noticia o PSdeG solicitou a  celebración dun Pleno Extraordinario, para que o alcalde informara da situación do proxecto e das súas consecuencias. Esta solicitude foi rexeitada argumentando que os veciños xa estaban sendo informados a través da prensa.

 “Esta contestación, ademais de absurda e antidemocrática, obvia que nun pleno os veciños tamén poden falar e preguntar as dúbidas que teñan, que son moitas como quedou patente na reunión da Coordinadora Incineradora no Irixo Non á que acudiron 500 persoas que se opoñen frontalmente a esta instalación”, sinala.

 O edil socialista engade que a sorpresa aumenta cando tres días despois o alcalde convoca un Pleno Extraordinario, pero non para falar da Incineradora, senón para tramitar o Plan Xeral Urbanístico, paso imprescindible para a construción da planta. “Este feito demostra claramente cales son as prioridades do alcalde; sen dúbida cumprir as demandas da empresa, prescindindo do que máis precisa a súa xente, que é ser informados polo seu rexedor”, apunta.

 Por último, o portavoz socialista manifesta que a data elixida para este pleno, o xoves 22 de decembro ás 9 de mañá, parece unha forma de distraer aos veciños co sorteo da Lotería de Nadal e un horario intempestivo. Así, Rodríguez fai un chamamento aos veciños do Irixo, “para que fagan unha demostración de poderío como a que fixeron o pasado sábado, e que  respectando o que supón un Pleno Municipal e dentro dos cauces da normalidade e a legalidade, lle fagan ver ao señor Penedo que non van  transixir con que ninguén xogue co futuro de todo un pobo”.

 

 

20, Decembro 2011

Un mozo de 31 anos de idade, P.P.F., veciño do Carballiño, foi encontrado morto esta mañá nuha das pasarelas sobre o Río Arenteiro.

O Cadáver foi localizado á altura da pasarela metálica que comunica a Avenida do Arenteiro, na zona das Barcias, có Paseo Fluvial, nas imediacións do Complexo Isis Pharia. O Forense certificou a súa morte e procedeuse ao traslado do cadáver para a realización da autopsia.

19, Decembro 2011

Edelmiro Mateo Prado, de 74 anos de idade, faleceu hoxe no hospital Povisa de Vigo, a onde fora trasladado o pasado dia 12 de novembro tras resultar ferido no incendio do Edificio Magariños.

O Ex-Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño, cargo que exerceu durante 20 anos, resultara con queimaduras de 2º grao no 30% do seu corpo, non obstante outras doenzas que sufría xa antes do incendio complicaron aínda máis a situación, da que finalmente non pudo sair.

Ao pouco de coñecerse a triste noticia,  tanto Partido Popular como Bloque Nacionalista Galego emitiron comunicados nos que expresan o seu pesar polo falecemento do Ex-Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño. Desde o Partido Popular achegan o seu pésame á famila de Edelmiro Mateo "e tamén a toda a familia dos socialistas do Carballiño", desde o BNG achéganse as condolencias á familia Mateo Prado e "á familia local do PSdeG, da que era membro, asi como manifestamos o noso recoñecemento á súa labor poloConcello do Carballiño durante os anos que exerceu a súa acta de Concelleiro".

Desde o Concello do Carballiño, o Grupo Municipal de Goberno "en nome de todos os traballadores deste Concello, expresamos as nosas máis sinceras condolencias á Familia de Edelmiro Mateo, asi como aos compañeiros da formación socialista". O Concello do Carballiño tamén "manifesta o seu recoñecemento á labor desenvolvida por Edelmiro Mateo durante os 20 anos que exerceu como Concelleiro, sempre ao servizo dos veciños do Municipio", salientan nuha nota difundida esta noite. Os actos fúnebres celebraránse este mércores dia 21 de decembro ás 4 da tarde no Templo da Veracruz, e posteriormente recibirá sepultura no Cemiteiro da Parroquia de Xurenzás, da que era natural o finado.

Ademáis, permanecen aínda ingresadas outras dúas das victimas do sinistro, o cativo de 4 anos de idade e a súa  aboa, de 68 anos, evolucionan favorablemente das feridas sufridas. Os demáis feridos xa recibiron a alta médica.

19, Decembro 2011

A familia de L.G.G. alertou á Policia Local do Carballiño, manifestando que desde facia polo menos dous dias non sabían nada dela. Os Axentes trasladaronse entón atá o seu domicilio onde, efectivamente, ninguén respondeu ás súas chamadas.

Tamén poideron corroborar por parte dos veciños e nos lugares que frecuentaba a diario, como o Centro Sociocomunitario, que levaban varios dias sen vela. Tras solicitar a colaboración do GRUMIR, os Axentes entraron no domicilio, na Rúa da Saleta nº 21, atopandose coa muller -de 78 anos de idade- morta, aparentemente por causas naturais, ainda que será a autopsia a que determine as causas concretas da morte, asi como o tempo transcurrido desde o seu falecemento.

19, Decembro 2011

O Propietario da vivenda, R.A.P., de 41 anos de idade e veciño de Maside, que presentou denuncia ante a Garda Civil do Carballiño, fixo constar que o ladrón ou ladróns levaronse varias xoias de ouro, un ordenador portátil, unha cámara de fotos e unha video-camara,. ademáis de 1.000 euros en efectivo. Para acceder o interior da vivenda, fixerono tras forzar a porta do balcón.

18, Decembro 2011

 O Belén Vivente é unha representación na que os seus personaxes son persoas que intentan retroceder no tempo e escenificar o nacemento de Xesús. Este é o que se celebra desde o ano 1987 en Dacón, o segundo pobo con maior poboación do Concello de Maside e que é coñecido a nivel mundial pola súa marcada identidade, definida principalmente polo oficio tradicional dos xamoneiros e arrieiros.

A historia deste evento comezou o 25 de decembro de 1987, cando un grupo de vecinos decidiron converter Dacón en Xerusalén e pasar unhas festas navideñas todos xuntos, ofrecendo ós visitantes un pintoresco e diferente Nadal. Non faltaron os pastores, a Virxe, San Xosé, os Reis Magos, lavandeiras, muiñeiras, ferreiros, afiadores, carpinteiros, leñadores, taberna con licores caseiros, pasteleiras, panadeiros, soldados romanos, o castelo do rei Herodes cos seus escribas, o anxo anunciador do nacemento... e un neno Xesús de carne e óso!

 Este primeiro Belén tivo un gran éxito, converténdose cos anos nun lugar de visita obrigatoria no calendario festivo da provincia de Ourense e incluso de Galicia.

Co paso dos anos, cambiou en tres ocasións de ubicación e pouco a pouco fóronse facendo numerosas melloras no terreo e nas instalacións (portal, castelo, muíño, río, etc.) e introducíndose varias innovacións, todo elo con moitas horas de traballo e esforzo económico.

Desde hai un par de anos, o Belén Vivente de Dacón non se celebrou por falta de organizadores con tempo e gañas para mantelo, debido o gran traballo que supón organizar un evento desta índole, sobre todo tendo en conta a data na que se celebra, 25 de decembro.

Trala recuperación do Belén Vivinte o ano pasado na Carballeira da Garrida, este ano volvese a celebrar dito evento, polo que desde a organización convidan a todo o pobo de Dacón e á xente da comarca para achegarse a esta nova edición do Belén Viviente o vindeiro 25 de decembro as doce da mañá.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS