18, Decembro 2011

Plácido partido do C.D. Arenteiro en Espiñedo ante un inofensivo equipo, A Ponte SAD, quen te víu e quen te ve, un dos equipos históricos do fútbol ourensano, que chegou a desputar unha fase de promoción de ascenso á 2ª B, e que languidece agora na 1ª autonómica, polo visto esta tarde, ún dos equipo máis flouxos dos que durante a primeira volta pasaron polo Carballiño.

Aos 21 minutos o Arenteiro xa tiña encarrilado o partido tras dous goles de Cancelas, e antes do remate do primeiro periodo Iglesias ampliaba a ventaxa dos carbaalliñeses. A Ponte tivo, asi e todo un par de oportunidades para meterse no partido, pero si en defensa os pontinos eran unha coladeira, en ataque eran totalmente inoperantes, un equipo incapaz de facer dous pases seguidos, demasiádo fácil para un Arenteiro superior que pudo incluso marcar máis goles, ademáis de outro anulado na segunda parte a Iglesias, que pouco antes marcara o cuarto gol da tarde para os carballiñeses.

Con este resultado,  C.D. Arenteiro despide o ano como segundo clasificado da categoria e polo tanto, en posto de ascenso á preferente. Agora toca descansar, tras as vacacións do nadal a liga reanudaráse o vindeiro 8 de xaneiro para rematar xa a primeira volta da liga, o Arenteiro desplazaráse atá o campo dos Carrís para enfrontarse ao Barbadás B.

17, Decembro 2011

A asamblea convocada este sábado pola Coordenadora Veciñal reuníu no Colexio Público do Irixo arredor de 500 persoas. O éxito da convocatoria levou aos organizadores a preguntarse "a ver logo ónde está ese 75% que dín que está a favor da incineradora, ésta e unha loita pola unidade do Irixo", asi despedía a súa intervención Luis González Tosar, escritor e Fillo Predilecto do Irixo, que ademáis foi o encargado de abrir o acto recitando o "Adios Rios Adios Fontes" de Rosalia de Castro "un poema moi propio para o que hoxe nos trae aquí". González Tosar calificou a situación que está a vivirse en relación a decisión e o anuncio de instalar no municipio do Irixo esta planta para o tratamento do lixo "como unha improvisación absoluta" da que responsabilizou directamente o Alcalde e 1º Tenente Alcalde do Irtixo, para os que tivo duras palabras"non lle consentimos tanta desvergonza e tanta soberbia, acabouse o Penedo bó rapaz, é un dictador, levan desde abril de 2010 contuberniando con Estéla Eólica, e firmaron un acordo coa empresa sen consultar con ninguén, aquí os únicos que viven da política son o Alcalde e o Tenente Alcalde, nos non, asi que esiximos respeto", sentenciou.

Durante hora e media foronse sucedendo as intervencións, entre elas a do Fillo Adoptivo do Irixo e Fundador da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, Antonio González Bernárdez, proclamando que "queremos vivir do noso traballo na nosa terra, non queremos nada desa basura". O Párroco de Loureiro, que no nome da Coordenadora agradeceu a todos os presentes a súa asistencia "os que sodes  veciños do Irixo e os que vindes de fora, agradecervos de corazón que vos unades a nosa loita para defender esta terra", tamén lamentou que se houbese propiciado "unha división, porque por enriba do diñeiro está a supervivencia, rómpese a unidade, enfrontase ós veciños".

O Portavoz da Coordenadora Veciñal, Alberto González, advertíu que "esta non é unha fábrica de galletas, senón unha incineradora" e pedíu aos veciños que reflexionasen sobre cómo vai acabar afectando a planta tanto desde o punto de vista medioambiental como para a saúde das persoas "ahí vanse xenerar dioxinas, cinzas tóxicas e perigosas que non se sabe que van facer con elas". Chamou a atención sobre o feito de que sexa unha emprresa privada e non pública a que promove o proxecto "asi que a administracción terá que pedir permiso para entrar a controlar", tamén incidíu nos postos de traballo que poderían crearse "non é certo que sexan para os veciños do Irixo, porque haberá xente que se empadrone no Irixo, sen ser do Irixo", remantando cunha pregunta que tamén se fixeron outros dos oradores que tomaron a palabra ´"se ningúen a quere por qué a imos querer nos?

Os promotores da Coordenadora recalcaron en varias ocasións o carácter "apolítico" do movemento, "´ésta é unha coordenadora de veciños do Irixo organizados por parroquias", tamén aconsellou que fose así outro dos participantes nesta reunión, Clodomiro, que achegou a experiencia do "Foro Social Temos Dereito a Saber" creado no Ribeiro no seu dia para opoñerse a instalación da planta de Carballeda de Avia  "tocouvos a china e tendesvos que defender, a nós sendo Conselleiro o Pachi quiexeron colarnola, daquéla contavos co apoio de todos os grupos ecoloxistras salvo ADEGA", esta afirmación foi contestada desde o público por militantes da citada organización ecoloxista "eso é mentira, ADEGA sí estivo", replicouselle.

Ao final da asemblea repartironse follas para a recollida de sinaturas contra a ubicación no Irixo da planta de resíduos, anunciandose por parte da Coordenadora que "esto non fixo máis que empezar, xa vos irémos comunicando as decisións que se vaian tomando". A convocatoria foi calificada como de "rótundo éxito" e algúns dos organizadores incluso elevaba a asistencia a 900 persoas. A maioria eran veciños e veciñas das parroquias do  Irixo,  cunha moi notable participación das de Loureiro e Corneda, e tamén outros moitos residentes habitualmente fora do Concello. Entre o público, a presenza de persoas chegadas desde O Carballiño  e Lalín, tamén desde o Concello de Piñor, entre eles o seu Alcalde Francisco Fraga.

 

15, Decembro 2011

Javier Rodríguez compareceu hoxe ante os medios para sair ao paso dalgunhos comentarios e manifestar que "non hai ningún problema entre as duas plataformas, non hai ningunha confrontación, deixemolo moi claro, desde O Carballiño estamos ampliando a plataforma a outras localidades, e no Irixo son os veciños os que crearon unha Coordenadora, e as medidas faránse en conxunto porque o obxetivo é o mesmo".

O Concelleiro no Irixo e membro activo da Plataforma promovida polos socialistas para opoñerse á ubicación no municipio da planta de tratamento do lixo dixo tamén en COPE O Carballiño que "non se pode falar de amenazas, pero sí que se me fixeron comentarios nos que se me dixo que deixara de estar en contra e senón que me ativese ás consecuencias, e sí teño que denunciar que houbo algunhos veciños que me falaron de coacciós", aínda que non aclarou por parte de quén.

O representante solcialista cirticou a "absoluta falta de información que tanto por parte do Alcalde como do 1º Tenente de Alcalde están dando, os veciños enterámos polos medios de comunicación e ainda a dia de hoxe non temos ningunha información sobre o que se vai facer e o Alcalde vaise levar unha gran sorpresa, porque a oposición está medrando como unha bola de neve, e a maioria dos veciños non queren esto"

Rodriguez tamén se referíu ao acordo dos comuneiros coa empresa Estela Eólica "fíxose unha convocatoria aos comuneiros a golpe de teléfono por parte do Tenente Alcalde durante a mañá convocandoos para unha reunión esa mesa tarde cando sabía que algunhos dos comuneiros non podian asistir porque traballaban, asi podia controlar mellor a situación", salientou..

14, Decembro 2011

Tratase dunha extensión de 50 hectáreas de montes veciñais en man común, unha superficie situada a carón do parque eólico que se atopa nesta mesma zona, na parroquia de Santa Maria do Campo, na zona máis próxima ao concello de Piñor, ao lado mesmo do parque eólico. Os comuneiros, reunidos en asamblea, acordaron aceptar a proposta da empresa promotora da planta de residuos, que aluga a propiedade por un periodo de 30 anos a cámbeo dun canon anual de 75.000 euros que se irá incrementado cada ano có IPC, polo que ao final do contrato a comunidade de montes recibiría unha cantidade superior aos 3 millóns de euros. Ademáis, o acordo tamén recolle que os veciños terán prioridade para ocupar os postos de traballo, tanto durante as obras de construcción da planta como posteriormente unha vez que a mesma entre en funcionamento.

O Presidente desta comunidade de comuneiros, Manuel Cerdeira asegurou en COPE O Carballiño que á asamblea  na que se tomou este acordo "acudiron 29 dos 39 comuneiros que somos, e dos 29 asistentes 28 votaron a favor e 1 en contra, e deses 10 que non puderon acudir xa me comunicaron que eles estaban a favor do que decidira a maioria".

A asemblea foi convocada con urxencia, de feito noticias chegadas a esta emisora de radio apuntan a que algún dos comuneiros podería impugnar o acordo ao entender que non se fixo a convocatoria en tempo e forma, "se alguén impugna o único que vai facer é retrasar o acordo, eu fixen a convocatoria para defender os intereses dos comuneiros da comunidade que presido, porque son varias as comunidades que están tamén interesadas, hoxe mesmo presentouse na casa do concello o presidente doutra comunidade de montes para ofrecer os seus", suliñou Manuel Cerdeira, que ademáis é 1º Tenente Alcalde do Concello do Irixo.

O Presidente dos Comuneiros asegurou que tan pronto se complete a documentación por ambas partes asinaráse o convenio con Estéla Eólica "que se precisara máis desas 50 hectáreas, entón tamén aumenaría a cantidade económica que recibirémos a comunidade de montes, pero se necesita menos terreo, ese canon nunca baixará dos 75.000 euros". Cerdeira entende que as 7 hectáreas das que inicialmente se apuntara para ubicar esta planta "refirense a planta en sí, pero despois a empresa necesita moito terreo para desenvolver a actividade industrial". Asegurou, ademáis, que "é certo que se están creando unhas plataformas en contra, pero polo que estamos vendo, e xa o dixo o Alcalde, pensamos que o 75% dos veciños están a favor".

13, Decembro 2011

O Concello do Carballiño gastará este ano 6.000 euros na instalación da iluminación do nadal, cunha reducción no orzamento do 50% en relación ao que se viña destinando a este concepto nos últimos anos. O Goberno do Partido Popular tivo que negociar coa empresa instaladora que tiña pendiente  o cobro das facturas dos dous últimos anos, por importe de 24.000 euros.

Ademáis, os responsables municipais negociaron coa empresa unha nova fórmula, de tal maneira que se lle alugan os arcos de luces que se encargará de instalar e desmontar o servizo eléctrico do Concello do Carballiño. O Alcalde Argimiro Marnotes, manifestou que "desta maneira terémos practicamente os mesmo arcos de outros anos e conseguirémos un aforro dunhos 6.000 euros". Marnotes tamén avanzou que "este ano non foi posible, pero no futuro a nosa intención é contar coa colaboración dos comerciantes para axudar a cubrir os gastos, á xente gústalle ver as luces nas rúas e por eso O Carballiño terá a súa iluminación de nadal, igual que imos ter unha gran Cabalgata de Reis".

12, Decembro 2011

Os socialistas anunciaron que a "Plataforma Incineradora Non" creada para opoñerse a este proxecto industrial nace con intención "de funcionar de forma asamblearia e co interese en que se incorporen todo tipo de colectivos e particulares". O Concelleiro Carballiñés do PSOE, Adolfo Nogueira, ún dos promotores da plataforma, afanouse en explicar que "moito máis alá das siglas políticas, esto non é unha guerra entre PP-PSOE-BNG, senón un problema que afecta a toda a Comarca do Carballiño". Non obstante, algunhas das persoas asistentes a esa convocatoria desmarcabanse desta plataforma ao non compartir o que consideran é excesivo protagonismo dos socialistas. aos que critican o feito de presentar unha plataforma xa contituída con antelación no seo do propio PSOE.

Os socialistas afirman que "xa son 15 os colectivos que se uniron a este frente,  entre eles moitos do Carballiño, pero tamén da zona de Lalín e O Ribeiro" e anuncian que de inmediato "comezará tamen a incrementar a presenza nas redes sociais, que non nos confundan, os beneficios van ser para uns cantos e a maioria de nós imos ver seriamente danado o noso modo de vida por esta agresión ignominiosa", apuntan desde o Partido Socialista.

E doutra parte, este pasado domingo, quedaba tamén constituída unha Coordenadora Veciñal contra a ubicación no Irixo desta planta. Neste caso, o Portavoz da mesma Alberto González explicaba en COPE O Carbaliño que"esta Coordenadora nace dos veciños das disntintas parroquias do Irixo, e non ten nada que ver cos partidos políticos, aquí no Irixo o Partido Popular ten maioria absoluta e na coordenadora hainos do PP, e tamén doutros partidos, somos veciños e queremos que se nos informe do que se quere aquí, porque ningúen nos explicou nada". Tras varios intentos de entrevisrtarse, sen éxito, co Alcalde do Irixo Manuel Penedo, os promotores desta Coordenadora Veciñal presentaron esta mañá no rexistro municipal do Concello do Irixo un escrito no que lle piden ao Alcalde que convoque unha asemblea informativa aberta á toda a veciñanza, que se celebraría este vindeiro sábado, no caso de que o Rexidor Municipal acepte esta petición.  

11, Decembro 2011

Dous fallos defensivos do Arenteiro a punto estiveron de causar un grave disgusto aos carballiñeses nun partido que dominaron de principio a fin,  pero que o Maside  empataba no tramo final logrando a igualada a dous goles. Na úlltima xogada do partido Iglesias facía o terceiro e definitivo gol para os carballiñeses, que conseguían asi os 3 puntos Ainda cos equipos asentandose no terreo de xogo, unha xogada pola banda esquerda do ataque carballinés protagonizada por Marcos Sotelo acaba en centro sobre a área pequena e alí, moi antento,  Iglesias cabecea ao fondo da portería masidá. O gol servíu aos carballiñeses para asentarse mellor no partido, mentres que o Maside ofrecía moitas dúbidas, tan só un balón en parábola sobre a portería de Pachy, que éste resolveu ben, e pouco máis neste primeiro periodo.

Nada máis comezar a segunda parte, o Arenteiro amplia a súa ventaxa no marcador nun saque de esquina no que o balón chega a Alén e remata de forma maxistral o segundo gol carballiñés. O partido ponse cómodo para o Arenteiro, que sigue xogando máis e mellor que os masidaos, incluso dispón de algunha ocasión para sentenciar o encontro, e atá lle é anulado un gol a Iglesias por posible fora de xogo. Non obstante, a un cuarto para o final o partido complícase de forma incomprensible para o equipo de Dacosta. Primeiro, o veterano Paco,  totalmente libre de marcaxe, pon a emoción no marcador có 1-2. O Maside vese espoleado polo gol e vaise arriba, aínda que sen conseguir levar perigo sobre a portería carballiñesa, atá que ao borde do final unha falta de entendemento entre Pachy e a defensa propicia o autogol de Carlos Escudero, o Maside empataba asi un partido a dous goles, tirando unha sóa vez á portería. Increíble, pero certo.

Cando xa non parecía que houbese tempo para moito máis, chegaría novamente Iglesias, hoxe o mellor do Arenteiro, para levarse un balón desde o borde da área e en plena internada cruza o balón inalcanzable para o meta masidao. Un gol que facía xustiza porque os carballiñeses foron hoxe superiores aos locais. En resumen, os aproximadamente 350 afeccionados que se achegaron atá o Outeiro Grande, tiveron ao final a recompensa da emoción do final dun partido que, como se adoita decir nos encontros de rivalidade, tivo máis emoción que fútbol.
 

9, Decembro 2011

Os cadáveres foron localizados a última hora da maná nun cobertizo por un traballador que realizaba obras nas imediacións, no lugar da Carreira, na parroquia masidá de Louredo. Trátase de nai e fillo, D.A.R e J.A.A.R, de 85 e 57 anos de idade, respectivamente.

Atá lugar do suceso desplazaronse axentes da Garda Civil do Carballiño, que comprobaron a veracidade do achádego. A muller presentaba un golpe na cabeza, e o home estaba aforcado. Investiganse as causas do suceso, aínda que as primeiras hipótesis apuntan a que o fillo pudo matar á nai e despois suicidarse. Minutos antes das 4 da tarde autorizouse o levantamento dos cadáveres, que foron trasladados ao complexo hospitalario de Ourense para practicarlle a autopsia.

O suceso causou unha gran conomoción na parroquia de Louredo e no resto da Comarca. O Alcalde de Maside, Celso Fernández, que se achegou atá a Carreira de Louredo nada máis coñecer a noticia, declarou que "non había indicio algún de que poidese ocorrer algo asi". Aparentemente, según o testimoino dos veciños, a relación entre nai e fillo eran boas e non existian denuncias previas de ningún tipo. A Garda Civil abríu unha investigación para aclarar as circuntacias nas que se produciron as mortes.

7, Decembro 2011

Primeiro foi Boborás e agora O Carballiño decide adoitar idéntica médida. O Alcalde Argimiro Marnotes anunciou hoxe en declaraciós a esta emisora de radio que, nunhos casos reducindo a intensidade e noutros apagando farolas, o concello carballiñes espera conseguir un aforro na factura eléctrica de atá 180.00 euros ao ano, unhos 15.000 euros de reducción ao mes no gasto eléctrico. Boborás, pola súa parte, despois de estudiar varias alternativas, vai optar finalmente por apagar aproximadamente o 40% da iluminación pública.

Marnotes explicou como "ún dos problemas que nos atopamos enriba da mesa cando nós chegamos ao concello foi a débeda con Fenosa, no pasado mes de setembro asinamos coa empresa un convenio para poñernos ó dia nun prazo de 2 anos, e tamén desde o principio vemos que o recibo que paga o concello é moi elevado".

O Alcalde carballiñés asegurou que xa durante as primeiras semanas de mandato "detectamos moitos contadores que non estaban dando servizo, que fumos dando de baixa e despois comezamos polas iluminacións, nunhas rúas xa fai algunhas semanas nas que se reducíu atá o 50% a intensidade das luminarias, alí onde é posible empregar este sistema como na rúa Calvo Sotelo ou na Avda. 25 de Xullo, e noutras, como en Curros Enríquez, apagando unha de cada dúas farolas, fixémolo sen anunciar para que os veciños vexan agora que seguimos tendo unha iluminación suficiente", suliñou.

BOBORÁS OPTA POR UN APAGADO SELECTIVO

Tras varias probas que se foron sucedendo nos últimos meses, finalmente, o concello bobarense desbota apagar as iluminacións na súa totalidade nese horario que ía entre as 2 e as 6 da madrugada, e no seu lugar optase por un apagado selectivo.

Según anunciou en COPE O Carballiño o Alcalde Cipriano Caamaño "despois de escoitar aos veciños, decidímonos por esta alternativa, de maneira que se apagarán aquelas farolas que os veciños consideran máis prescindibles, e deixando encendidas as que eles mesmos consideran máis necesarias". Caamaño calcula que con esta fórmula seguirán encendidas o 60% das luminarias nas distintas localidades do municipio.

5, Decembro 2011

Asi o anunciou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández. O municipio do Irixo é o elexido pola empresa Estéla Eólica, un proxecto que precisará dun investimento de 230 millóns de euros e prevé a creación de 250 postos de traballo directos. O proxecto deberá agora tramitarse ante o Concello do Irixo e a Xunta de Galicia.

A planta de tratamento do lixo para todo o sur de Galicia tratará aproximadamente un tercio do lixo que se produce en Galicia, 366.000 toneladas, unha cantidade lixeiramente inferior a planta de Sogama en Cerceda. Ocupará unha superficie de 70.000 metros cadrados, que deberá adquirir a empresa, xa que non se contempla a expropiación. Aínda que non transcendeu a zona concreta para a súa ubicación, esta emisora de radio pudo saber que os terreos elexidos sitúanse no límite cos concellos de Dozón e Lalín, na parroquias de San Cosme de Cusanca e  O Campo, en terreos que son na súa maior parte de propiedade comunal.

O proxecto contempla a construcción de cinco plantas para a tranferencia de residuos, a promotora, Estela Eólica deberá tramitar os permisos ante o Concello do Irixo, que deberá adaptar a instalación dentro do seu ordenamento urbanístico. A futura planta deberá estar operativa no ano 2014, polo que se adiantaría a súa entrada en funcionamento en relación ao Plan de Resíduos de Galicia, que establecía un horizonte no ano 2017.

O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que "tívose en conta a boas comunicacións do Irixo, entre Lalín e O Carballiño, cunha situación próxima ás autovias de Santiago e Vigo, e tamén polo ferrocarril, que nun futuro será tamén decisivo para desenvlver este proxecto, xa que aquí no Irixo estará ademáis a estación de transferencia do AVE".

Do total de 366.000 tonenadas de resíduos que recibirán tratamento nesta futura infraestructura, 310.000 toneladas serán para valoración enerxética, mediante incineración, mentres que 40.000 serán destinadas ao compostaxe e outras 16.000 a envases lixeiros. O Alcalde do Irixo calcula que "entre os postos de traballo directos, 250 e os indirectos e de empresas auxiliares, crearánse arredor dos 400 ou 500 empregos".

Penedo tamén salientou a importancia que o proxecto ten para os ingresos económicos que repercutirán no Concello do Irixo, asi como "na creeación de postos de traballo, ademáis dos 250 directos que contempla o proxecto están outros 100 en empresas auxiliares que se ubicarán no parque industrial da Bugalleira, ademáis os veciños do Irixo xa terán traballlo incluso con antelación, nas obras de construcción da planta, porque esa foi unha das condicións que puxemos á empresa", dixo.

SOCIALISTAS E NACIONALISTAS, EN CONTRA DO PROXECTO

O PSdG-PSOE, que defendia co bipartito a ubicación do chamado "parque medioambiental" no Concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro, reuníu aos responsables provinciais do partido no Carballiño, nunha  convocatoria na que tamén participaron, entre outros, o Alcalde de Piñor, e Concelleiros do Carballiño, O Irixo e Cea. A Secretaria Provincial de Organización Maria Quintas dixo que o proxecto "devalúa a provincia, é lamentable e miserable que nun momento de crise se pretenda vender postos de traballo, que ademáis é mentira", suliñou.

Os Socialistas lamentaron que a Xunta repita o modelo fracasado de Sogama en vez de apostar "pola reutilización e transformación de maneira saúdable". Maria Quintas manifestou, ademáis, que "anuncian unha improvisación, sen que teñan os terreos, sen falar co Concello e sen que éste teña un plan xeral". A Portavoz Socialista afirmou que o proxecto "tiverono silenciado atá pasar as eleccións, porque lle restaba votos".

Desde o Bloque Nacionalista Galego lamentouse que a Xunta aposte pola incineración no tratamento do lixo "a pesar de todos os posicionamentos  contrarios a este tipo de plantas en vez de decidirse pola compostaxe". Os nacionalistas tampouco comparten os criterios sobre a creación de postos de traballo xa que "non se sostén a creación de postos de traballo que se apunta, porque coa compostaxe xeneranse máis postos de traballo",  asegurou a Portavoz de Medio Ambiente do BNG Isabel Sánchez.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS