29, Outubro 2011

O Arenteiro volveu ofrecer fora de Espiñedo a súa pior versión nesta liga, igual que 15 dias atrás en Taboadela, os carballiñeses volveron xogar un lamentable partido, desta vez no campo dos Carrís, ante a S.D. Valenzá. A diferencia entre aquél e este partdo foi que de esta vez o Arenteiro contou coa sorte ao seu favor, e tamén porque os locais fallaron varias ocasións de gol, ún par delas  moi claras, unha delas a porteria valeira, e outra como consecuencia dunha falta lanzada sobre a área carballiñesa, atá 3 dianteiros da S.D.Valenzá viron pasar por diante un balón que ningún deles acertou a rematar, indose directamente fora de portería. Ainda no primeiro periodo os da Valenzá enviaron un disparo desde fora da área que foi pegar na cruceta da porteria defendida por Pachi. O Arenteiro non era capaz de entrar no partido e o único que parecía querer ganalo era a S.D. Valenzá.

Xa na reaunudación, chegarían os dous goles do partido. Aos 8 minutos adiantabanse os locais nun balón que cun bote envenenado nin a defensa nin o porteiro carballiñeses lograron atallar e introdúcese no fondo da porteria, apenas unhos minutos despois, cando se xogaba o minuto 15 desta segunda parte empataba o  Arenteiro. Marcos Sotelo facíase cun balón, íase pola banda esquerda para sacar un centro raso que Iglesias rematou tal como viña, logrando unha igualada no marcador que xa non se movería atá o final.

Non mereceu máis este Arenteiro, acaso o punto obtido esta tarde pode considerarse un premio excesivo para o feito no campo dos Carrís, que foi moi pouco, e se gañou un punto foi porque os dianteiros da Valenzá non tiveron a súa tarde. Mentres, os carballiñeses tiveron hoxe unha altísima efectividade, xa que rentabilizaron a única ocasión que tiveron en practicamente todo o partido. Por quedarnos con algo positivo, farémolo co regreso ao equipo de Takón, que xogou o último tramo do partido, asi como de César, recuperado da súa lesión. Tamén é de xustiza salientar o traballo de Luis Vilachá no medio campo.

 A segunda parte xogouse con lúz artificial, cunha iluminación  deficiente. e bastantes afeccionados do Arenteiro na grada, que regresaron ao Carballiño decepcionados con este Arenteiro, malia sumar un punto.

28, Outubro 2011

A Corporación Municipal de San Amaro, cos votos do Partido Popular, ven de aprobar a cesión indefinida á xunta de Galicia dos terreos municipais nos que se construíu o "Centro de Interpretación da Cultura Castrexa", o Alcalde Ernesto Pérez explicou este acordo "como necesario e para completar a tramitación que esixían os servizos xurídicos da Xunta para proceder xa a rematar todos os pasos precisos para proceder a apertura das instalacións".

Non o entenden asi os socialistas ao advertír que o Alcalde de San Amaro "presentouse ante o pleno co incríble propósito de regalarlle á Xunta de Galicia, e sen ningún tipo de contraprestación, o Parque Castrexo de San Cibrao das Lás, e recalcamos o feito de que a cámbeo de perder a nosa principal referencia cultural e histórica, asi como unha das potenciais fontes de ingresos dos que dispomos, San Amaro non vai recibir  nada máis que seguramente unha palmada por parte dos seus xefes de Santiago", apuntan desde a Agrupación Local do PSOE de San Amaro.

27, Outubro 2011

Axentes da Garda Civil do Carballiño levaron presas a dúas persoas ás que lle imputa varios delitos de roubo de maquinaria industrial, dentro da denominada "Operación Pala", na que se recuperou diverso material e procedeuse a incautar un rifle ilegal do calibre 5,6 mm.

A operación da Garda Civil púxose en marcha tras varias denuncias formuladas nas provincias de Ourense e Pontevedra por empresas dedicadas ao aluguer de maquinaria industrial para a realización de obras, desde ese momento, a área de investigación da Garda Civil do Carballiño levou a cabo un dispositivo que supuxo a desarticulación desta organización dedicada á sustracción e posterior  posta no mercado negro deste tipo de maquinaria, de forma ilícita. 

Os dous detidos son F.G.H., nacido en 1976, natural de Piñor e con veciñanza na actualidade en Ourense, e A.G.F., nacido en 1948 e veciño do Carballiño. Ambos, según o relato da Garda Civil, alugaban ferramentas de obra, tales como martelos eléctricos, grupos electróxenos, mini excavadoras, para posteriormente vendelas a particulares nun establecemento clandestino sito no Carballiño, tras haber manipulado previamente os números de série e demáis marcas identificativas das diferentes empresas de aluguer, chegando incluso a intercambear pezas e compoñentes entre as máquinas, para difucultar o seu recoñecemento.

A operación continúa aberta, e non se descartan novas detencións, tendo en conta as investigacións feitas atá o momento, según información facilitada pola propia Garda Civil do Carballiño.

27, Outubro 2011

Un lume provocado por un raio destruíu por completo o galpón do circuíto de trial da Pedriña, no municipio do Irixo, acontecía sobre as 10 da noite deste pasado mércores e coincidindo a esa hora cunha treboada que descargaba abundante aparello eléctrico. Todo o material almacenado no interior do galpón, incluido un tractor utilizado polo seu propietario, Raúl López, para traballos de mantemento do circuíto, quedaron destruídos tralo incendio. Malia esta adversidade, a organización do campionato galego de trial 4x4 mantén a celebración desta proba, estes vindeiros sábado e domingo, neste mesmo escenario, no circuíto de trial da Pedriña.

27, Outubro 2011

Os socialistas de Leiro lamentan a actitude do alcalde que por non aprobar unha moción socialista mantén o perigo que constitúen uns badéns que incumpren a normativa vixente no pobo de Gomariz. O presidente da agrupación, Ángel Sanmarful, explica que o propio alcalde aceptou no pleno que estos badéns non son axeitados, xa que de feito se comprometeu a pedir un informe técnico.

 “Non confiamos na súa palabra porque outras veces comprometeu actuacións que logo non cumpriu, pero neste caso estamos a falar da seguridade viaria dos vehículos  que pasan por alí, e de aí a importancia deste tema”, explica. Os badéns constitúen un risco permanente para os veciños porque alongan a distancia de frenado incluso máis do dobre, o vehículo salta e o ABS se dispara, e que rompen o carter e outras pezas do coche ao chocar co propio badén ou ao “aterrizar”, e mesmo provocar saídas de vías. Algo que en moitas ocasións xa ocasionou contiosas multas noutros concellos.

Os socialistas expuxeron no pleno outras alternativas como arañar a calzada con trazos transversais de 1 cm de ancho e alto, o que aumenta o ruído da rodadura, e permiten frear mellor incluso con auga. Ademais, os socialistas aclaran que aínda que a instalacións de badéns é competencia municipal, as características técnicas dos mesmos son competencia estatal, e teñen que cumprir a normativa vixente, cousa que non ocorre no caso que nos ocupa.

 A xuízo dos socialistas o cinismo do PP chega ao extremo de que no propio pleno dixeron que se a moción só puxera “adecuar” e non “demoler” os badéns, entón votarían a favor da moción. “O que está claro é que se así fora, a noticia sería que votaron a favor unha moción socialista, algo nunca visto e que non sei se teremos oportunidade de ver”, conclúe.

26, Outubro 2011

O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".

Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.

25, Outubro 2011

O Presidente da Asociación "Adro Novo" amosou a súa satisfacción polos cámbeos introducidos no proxecto para o entorno da Veracruz porque están máis en consonancia coa obra de Palacios e coa esencia carballiñesa fronte "aquél proxecto que se nos presentou fai ano e medio, o intervencionismo non é cousa boa si é agresivo, con grandes muros, esas angulosidades, o excesivo arbolado que estaba previsto, o Espíritu Santo que levamos dentro dínos que eso non está ben, a veces incluso sen estar moi formados culturalmente".

Felipe-Senén López Gómez preside esta asociación creada a partir das movilizacións cidadáns contra aquél proxecto que posteriormente resultou paralizado tras as masivas protestas e a oposición veciñal e do Bispado, que impedíu a continuidade das obras tal como estaban contempladas na zona da súa propiedade, na parte sur do templo. O historiador e experto na obra de Palacios e a Veracruz suliñou unha e outra vez a importancia dos cámbeos feitos no proxecto porque "o que se pedia era evitar todo ese intervencionismo feroz, que falase o propio templo, e o fin e o cabo parece que é o que vai indo para diante, agora preocúpame especialmente as rúas, que deben estar dentro da política semi-peonil e de tráfico lento, porque é unha gran área para convivir, a praza que o Carballiño necesita para os grandes eventos, encontros, festas..", desta maneira referíuse tamén a orixe do Carballiño "que nace como un Carrefour, que é un econtro de camiños, donde nace a feira, a romeria, e se eso desaparece, O Carballiño quedaría sen ese punto de encontro, perdería a súa propia esencia, ese gran espazo onde expresarse, porque a praza do Concello xa quedou insuficiente, e eso xa o contemplaba Palacios, un espazo reconvertible en calquera momento, e o que se vai facer agora está máis preto desto que aquelo que se ía facer ó principio", manifestou.

 Noutro momento da súa intervención radiofónica, e tras referirse á Veracruz como "unha suma teolóxica da arquitectura galega", Felipe Senén recordou que "neste colectivo que se empeñaron en que eu presidise, tratamos de estar sempre da parte dos que o fin e o cabo coñecen o templo mellor ca ninguén, porque foron eles quenes o construiron despois de morto Antonio Palacios, que é a familia Otero", dixo.

 

24, Outubro 2011

O grupo municipal do Partido Popular de Maside pedirá explicacións ao Alcalde Celso Fernández no próximo pleno que celebre a corporación masidá sobre o gasto en teléfono, que ascendeu durante o último ano a 21.600 euros, o que representa unha media mensual de 1.800 euros, unha cantidade que o Partido Popular considera excesiva para o concello de Maside. O seu portavoz, Casimiro Campo adaintou que na próxima convocatoria plenaria demandará información sobre este asunto "espero que poidan explicarmo, queremos saber que concellais teñen teléfono móbil porque é unha cantidade que consideramos moi elevada para o que é o concello de Maside".

 O voceiro da oposición municipal foi máis alá, e noutro momento da súa intervención radiofónica afirmou "aquí non se perdona un céntimo, levamos 4 anos predicando que en Maside non se cobra, que estamos por amor ó arte e resulta que aquí non se perdona ún céntimo". En referencia aos concelleiros socialistas do grupo de goberno de Maside engadíu "atopámonos con resolucións da Alcaldia e con 6 talóns a cada concelleiro do grupo de goberno en concepto de dietas por desplazamentos, con distintas cantidades, unhas de mil, outra de mil quinientos, e otras asi, a min paréceme correcto que o Alcalde cobre unhas dietas para ir onde necestie, igual que tamèn vou eu e non cobro nada, pero non me parece ben que se diga unha cousa e logo nos atopemos con esto, non me parece de recibo que se diga que non se cobra nada cando por dietas están cobrando un diñeiro, e resulta que cando nós cando estabamos no goberno cobrábase unhos 700 euros ó ano, en tempos de bonanza, e decíasenos que era un roubo", enfatizou.

Finalmente, Casimiro Campo manifestou que "non sei a onde serán esos desplazamentos, igual é para ir á festa do chuletón a Garbás ou o magosto de Santa Comba, ahí tamén vou eu e nunca se me ocurriría pasar unha dieta ó concello, o que non pode ser é que a 5 concellais do Partido Popular se nos despache con un talón unificado para os 5 de 154 euros ó ano, mentres eles cobrarn o que cobran, eso é pisarnos, porque´nós tamén representamos ó pobo de Maside", suliñou.

23, Outubro 2011

Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.

O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e  desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.

Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.

RESULTADOS DA 8ª XORNADA

J8 Ponte Ourense SAD 0 - 1 UP Taboadela
J8 CD Allariz 3 - 1 AT Villarino
J8 CF Monterrey 3 - 4 CD Velle
J8 CF Cortegada 0 - 3 SD Nogueira Ramuin
J8 Poligono San Ciprian 3 - 1 A Peroxa CF
J8 CD Maceda 2 - 4 CD Ramiranes
J8 SD Melias 1 - 0 SD Valenza
J8 CD Arenteiro 3 - 0 AD Covadonga

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 19 8 6 1 1 15 6
2 UP Taboadela 17 8 5 2 1 14 6
3 AD Covadonga 16 8 5 1 2 21 14
4 CD Ramiranes 16 8 5 1 2 16 9
5 SD Nogueira Ramuin 15 8 4 3 1 15 8
6 CD Velle 15 8 4 3 1 14 12
7 CD Allariz 14 8 4 2 2 14 8
8 A Peroxa CF 13 8 4 1 3 16 10
9 SD Valenza 12 8 3 3 2 8 5
10 Ponte Ourense SAD 12 8 3 3 2 12 10
11 SD Melias 8 8 2 2 4 9 8
12 CF Monterrey 8 8 2 2 4 13 22
13 Poligono San Ciprian 7 8 1 4 3 9 10
14 UD Barbadas B 7 8 2 1 5 7 13
15 AT Villarino 5 8 1 2 5 9 18
16 CF Cortegada 5 8 1 2 5 8 17
17 Maside CF 5 8 1 2 5 8 18
18 CD Maceda 3 8 0 3 5 7 21


 

21, Outubro 2011

    El Ayuntamiento de Avión, en colaboración con la Fundación Avión, en su apuesta por el fomento y uso de las nuevas tecnologías entre toda su población, convoca nuevamente diversos cursos de informática.

CURSOS BÁSICOS, para personas con ningún o escasos conocimientos informáticos:

- Curso de Iniciación a Internet (para aprender a navegar por la red)

- Curso de Iniciación al Correo Electrónico (para aprender a enviar y recibir e-mails)

- Curso de Iniciación al Word (para aprender las directrices básicas de este programa, redactar textos etc)

CURSOS ESPECÍFICOS, para personas con conocimientos informáticos ya adquiridos con el fin de aprender, recordar o practicar con aplicaciones más avanzadas:

- Curso de Word (manejo avanzado de este procesador de textos)

- Curso de Excel (manejo avanzado de hojas de cálculo)

- Curso de Autocad 3D (manejo de diseño gráfico asistido por ordenador, siendo uno de los más extendidos)

    Todos estos cursos son totalmente gratuitos y se impartirán en grupos reducidos, con un máximo de 15 alumnos por turno para pdoer ofrecer una atención personalizada a cada uno de ellos, con horario a convenir entre los asistentes. Los interesados sólo deberán cubrir un formulario que les será facilitado en el Ayuntamiento, Biblioteca Municipal o en la sede Fundación Avión, en la 1ª Planta de la Casa Roja.

    El plazo para inscribirse finaliza el próximo día 11 de Noviembre. En caso de haber más solicitantes que plazas disponibles la selección se hará por riguroso orden de presentación de instancias, teniendo preferencia aquellos que nunca asistieron a los cursos presentados en anteriores ediciones

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS