30, Setembro 2011

 Este venres día 30 de setembro o Cine Club Carballiño retoma ás súas habituais proxeccións de cada venres en sesións de 20:30 e 23:00 horas no Auditorio Municipal. A película escollida nesta ocasión é Win win, unha comedia norteamericana que acadou gran éxito no pasado festival de Sundance. O resto da programación para este mes de outubro son a película francesa De deuses e homes, a comedia española Amigos e a arxentina O home do lado. Os prezos das entradas e dos bonos son os mesmos que o ano pasado: 5 euros ao mes para parados, xubilados e estudantes (2 euros entrada solta) e 10 euros para o público en xeral (4 euros entrada solta). A novidade desta tempada e un bono de socio anual cun prezo de 60 euros, que se pode facer ben no propio auditorio antes das sesión o una Caixa Rural, facendo o ingreso na conta do cine club.

     Os días 21, 22 e 23 de outubro volven as actividades das Xociviga, co bloque adicado ao cine de animación, con proxeccións de películas, documentais, presentación dos autores de banda deseñada e animación, exposicións, cursos de cine de animación e de banda deseñada, etc. O cine club valora positivamente a primeira fase desta edición das Xociviga, celebrada entre os días 10 e 13 de  setembro. Nestes catro días asistiron ás proxeccións do auditorio e da casa da cultura máis de 650 persoas e participaron en diferentes actividades 26 invitados. A organización valora a boa acollida que tiveron os ciclos de documentais e as actividades paralelas, onde destacou o concerto de música de cine, que encheo o salón da pranta baixa do Casino. Tamén quere agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que participaron nas Xociviga de xeito desinteresado e as fixeron posibles (técnicos, persoal do concello, directores, guionistas, actores, conferenciantes, …)

29, Setembro 2011

Populares e socialistas defenderon posturas dispares no pleno corporativo que aprobou, únicamente cos votos favorables do Partido Popular, o convenio que establecerán o Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, para a prestación do servizo da recollida do lixo no municipio carballiñés. A esta convocatoria plenaria non asistíu a Portavoz do BNG Aúrea Francisco Lorenzo, á que a Coporación achegou as súas condolencias polo recente falecemento da súa nai.

Os socialistas expresaron, por medio de Francisco Fumega, o rexeitamento a este convenio coa entidade provincial, ao entender que o mesmo deixa moitas dúbidas sobre o futuro funcionamento do servizo, especialmente crítico foi Fumega en relación ao coste económico que para o concello conlevará este convenio, asegurando que  aumentará o coste do servizo ao trimestre, xa que según os socialistas o mesmo pasará dos 83.000 euros aos 115.000 que terá agora trala entrada en vigor do convenio coa Deputación. Fumega criticou "a falta de seriedade, non é normal que o lúns nos presenten unha proposta de 138.000 euros e ao dia seguinte aparezcan cunha rebaixa a 115.000 euros, esto non é normal", suliñou. Tamén amosaron a súa preocupación os socialistas polas condicións laborais dos 5 traballadores municipais que se transfiren ao servizo da Deputación e tamén polo feito de que os 2 camións que son propiedade municipal vaian realizar a recollida noutros concellos da provincia. Tampouco ven claro os socialistas que se vaian mellorar as condicións do servizo, xa que no convenio non se fai referencia expresa ao número de contenedores novos que se van a instalar.

O Portavoz do Partido Popular dixo estar "abraiado" pola exposición socialista porque "esto é moito máis sinxelo, os veciños queren que os seus impostos sexan ben utilizados e esto é que o que se vai facer, o concello vai sair ganando "en hixiéne, estética e económicamente e tamén todos os veciños, e os cidadáns ao final serán os que valoren se se mellora ou non". Martín Nogueira engadíu que "trátase de optimizar recursos e non de facer convenios cos concellos amigos". O Grupo de goberno defende que o acordo coa Deputación fará posible a mellora na recollida do lixo, instalaránse novos contenedores, procederáse ao lavado periódico dos mesmos, e non haberá os problemas para sustituir os camións averiados ou as baixas do persoal, ademáis do importante aforro que representará para o Concello, foron os argumentos expostos polo Partido Popular para defender este convenio.

Finalmente, o Alcalde Argimiro Marnotes, recordou como xa no pasado mandato, o concelleiro de medio ambiente, o nacionalista Bernardo García acudira á Deputación e recoñecera públicamente a mellora na xestión e o aforro económico que siñificaba a adhesión do concello do Carballiño a este convenio "pero aquela inciativa nunca foi traida a pleno porque na reunión do bipartito anulouse a proposta, eso era vox populi", asegurou o Alcalde do Carballiño, que rematou a súa intervención defendendo a centralización de recursos e o agrupamento de servizos entre concellos.

 

27, Setembro 2011

Agora toca cadrar as contas. O tempo acompañou e a Comisión de Festas cubrirá, según as primeiras estimacións, os 55.000 euros de orzamento que tiveron as festas da Saleta deste ano, probablemente as máis concurridas de toda a historia moderna de Cea. E tamén as máis prolongadas, cinco dias de verbenas, con abarrotes diarios na Praza Maior de Cea.

O tempo acompañou e favoreceu unha gran afluencia de público á vila de Cea, de tal maneira que a comisión de festas vai cubrir boa parte do orzamento coa recadación do bar instalado na Praza Maior. Ademáis, conta coas cuotas da veciñanza de Cea, que se están rexistrando a un bó ritmo, 135 euros aportan as familias, 70 euros as unidades unifamiliares,  700 euros os bares, restuarantes e cafeterias da vila, entre 250 e 400 euros o resto dos establecementos comerciais e 165 euros os panadeiros. Completanse os ingresos coas cuotas ás atracciós que acudiron este ano a Cea, e a aportación municipal do Concello de San Cristovo de Cea, 3.000 euros.

27, Setembro 2011

Asi o anunciou o Alcalde, Argimiro Marnotes, o goberno municipal do Partido Popular proxecta o traslado das instalacións de Protección Civil, na actualidade sitas a carón da estación de Renfe, para ubicalas no "campo da feira de Framia", que xa hai anos perdeu o seu uso como tal, hai moito tempo que xa no acude gando a este lugar, no que únicamente se mantiña a tradición do xantar da feira, un servizo que precisamente se prestará por derradeira vez este vindeiro dia 30 de setembro. Trátase -explicaba Marnotes- de solo de uso dotacional, e no que existen varias dependencias que foron construidas nos últimos anos polo concello e que en opinión do Alcalde se adaptan ás necesidades da Agrupación de Protección Civil.

Marnotes tamén confirmou que se pretende trasladar a nave "que foi construida en zona verde e da que en varias ocasiós se falara da necesidade de trasladara pero nunca se fixo, a estructura é desmontable e polo tanto poderáse levar". Desta maneira, restituiráse a legalidade urbanística nesta zona, desmantelando esta nave que causara gran polémica na vida municipal cando fora construida polo anterior goberno socialista.

 

 

26, Setembro 2011

O Concelleiro de Facenda do Carballiño, Emilio Carballeda, asegurou hoxe que a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño cos bancos ascende a 3,9 millóns de euros, asi o desvelou no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio "alguén decía que tiñamos que ensinar as facturas, pois están todas recoñecidas por intervención, son facturas aprobadas e suman 11,5 millóns de euros, pero o Alcalde quedouse corto, porque non dixo o que se lle debía aos bancos, a dia de hoxe son 3.910.000 euros".

Carballeda detallou que se trata de operacións crediticias a longo prazo, nalgunhos casos a 20 anos "que supón unha amortización constante para o concello", tamén aclarou que a situación económica e financiera do concello do carballiño "comezou a acelerarse a partir do ano 2.000, é entón cando comezan a pedirse préstamos a 20 anos, que non sabemos quén acabará de pagalos". O Concelleiro de facenda ratificou que as facturas sen pagar por importe de 11,5 millóns de euros remontanse aos últimos 20 anos, xa que "no ano 1991 as facturas que había pendientes de pago sumaban 14.447 euros".

Emilio Carballeda amosou a súa sopresa ante as manifestacións dos socialistas, tras afirmar por medio do concelleiro Manolo Dacal que deixaran un remanente de tesoureiría de preto de 2 millóns de euros, o concelleiro do Partido Popular preguntouse entón por qué non se pagaron facturas, e tamén "por qué motivo o dia 25 de maio -3 dias despois das elección municipais- se aprobou unha operación a corto prazo por importe de 1,2 miilóns de euros que vence o dia 31 de decembro de este ano, cando todos sabemos que foi para pagar as nóminas de maio, seguridade social e atender pagos urxentes". O responsable da facenda municipal carballiñesa manifestou que "o único que nos atopamos foi diñeiro virtual e cobros sen facer".

En relación a débeda con Unión Fenosa e Gas Natural, Carballeda desvelou que nos últimos dias chegouse a un acordo con ambas empresas para o pago da débeda que o concello mantén coas mesmas e por un importe a dia de hoxe por enriba dos 500.000 euros " faráse o pago coa factura mensual, e durante os 2 próximos anos, ese foi o acordo o que chegamos". En canto a débeda a Aquagest, o concelleiro dixo que "é certo que non solo nos lle debemos, xa que diñeiro que ingresou o concello e debía ser para Aquagest, destinouse nos últimos anos a outros fines, pero tamén é certo que a súa vez Aquagest tamén lle debe ao Concello, eso todo hai que aclaralo agora coa auditoria que se está facendo".

Tanto o Concelleiro de Facenda como o Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Martín Nogueira, que participou con Carballeda nesta intervención radiofónica, recalcaron "que de ningunha maneira se trata de alarmar á poboación como se nos acusou, senón de cumplir co noso programa electoral e contar a todos os veciños cál é a situación na que éstá o Concello do Carballiño, e estámolo cumplindo".

25, Setembro 2011

Un empate a cero goles no campo do Poligono San Cibrao e grazas, porque se algún equipo mereceu ganar o partido foi o Polgono, que se fixo merecedor dos 3 puntos na segunda parte ante un Arenteiro que xogou o pior partido deste ano, fallón outra vez en defensa, cun medio campo inexistente trala sustitución de Luis Vilachá no descanso, e unha dianteira incapaz de crear perigo ante a porteria local. A única ocasión na que os carballiñeses se achegaron con certo perigo á porteria rival foi na primeira parte por medio de Alén, tras irse de dous defensores o seu tiro foise fora por pouco. Se ben no primeiro periodo o Polígono non inquietou a porteria carballiñesa, na segunda parte os locatarios dispuxeron de atá media ducia de ocasións para desnivelar o partido ao seu favor, por trres veces a falta de acerto dos dianteiros e noutras tres as magníficas intervencións de Samuel, esta tarde o mellor do Arenteiro, evitaron a derrota dos carballiñeses. Un mal partido do Arenteiro que en ningún momento soubo adaptarse á dureza do terreo de xogo, de terra, por momentos convertido nunha polvareda e cunha temperatura durante o partido de 30 graos.

O outro representante do fútbol comarcal, o Maside, deixou escapar os 3 puntos no partido xogado no Outeiro Grande ante o Velle, ao perder por 1-2. Con este resultado, e consumidas xa catro xornadas de liga, a situación dos masidaos comeza a complicarse, afundindose nos derradeiros postos da clasificación, en descenso directo á 2ª autonómica. Mentres, o Arenteiro cede o liderato en favor da Peroxa, co que empata a 10 puntos

22, Setembro 2011

Socialistas e nacionalistas coinciden en suliñar que o anuncio feito esta semana polo Alcalde do Carballiño sobre a débeda municipal de 11,5 millóns de euros aos proveedores é unha estratexia do Partido Popular para tapar a súa falla de xestión desde que asumíu o goberno municipal no pasado mes de xuño. Desde o grupo socialista Manolo Dacal asegurou que os socialistas deixaron un remanente de tesoreiria de 2 millóns de euros e que logo demostrarán con rigor e datos que a débeda do Concello é moi inferior á anuncida polo rexidor municipal.Dacal asegurou ademáis que os socialistas colleron un concello cunha carga financieira do 18% e deixarona có 8%.

O concelleiro socialista tamén dixo que antes que a Unión Fenosa debia pagarselle a outros proveedores, que son pequenas empresas de veciños do pobo, e que "o propio Alcalde dixo que o concello tiña máis de 15.000 cobros pendientes, asi que é posible incluso que o saldo final do concello sexa positvo". Dacal considera que o anuncio sobre a débeda aos provedores está causando "unha alarma social" para ocultar a mala xestión municipal dos últimos meses e como exemplo puxo Manolo Dacal as recentes festas dos setembro, que na súa opinión "foron as peores festas do Carballiño dos últimos tempos".

Desde o BNG, a súa Portavoz Aúrea Francisco, tampouco pensa que sexa casual que se faga este anuncio sobre a débeda ao dia seguinte de rematar as festas do setembro "xa que é un clamor  o baixo nivel que tiveron estas festas", afirmou. A concelleira nacionalista entende que foi precipitado por parte do Alcalde facer este tipo de manifestacións cando está en marcha unha auditoria das contas municipais, aínda que restou credibilidade a unha auditoria que "foi contratada a dedo, xa que non houbo ningún tipo de concurso". En todo caso, Aúrea Francisco recordou que  nin durante o último ano e medio de cogoberno co PSOE nin antes nos últimos 20 anos, o BNG tivera ningunha responsabilidade coa xestión económica do concello. En relación coa débeda de 600.000 euros a Unión Fenosa, a concelleira suliñou que "a luz non a levamos para a casa ningún concelleiro ou concelleira, o gasto é de todos os veciños".

21, Setembro 2011

O Concello de Boborás, como ven facendo nos últimos anos, pon a disposición das veciñas e dos veciños un amplo programa de actividades deportivas, culturais e de ocio, co obxecto de mellorar o benestar social dos mesmos e mesmas.

 

Así, este ano as actividades deportivas ofertadas son:

 

·         Ximnasia de mantemento: Para persoas dos 14 anos en adiante. Haberá clases os luns, mércores e venres no pavillón municipal, en horario de 20:15 a 21:15 h, e tamén os luns, mércores e venres no local social de Feás de 18:45 a 19:45 horas.

·         Pilates: Poderán acudir as persoas do 14 anos en adiante. A actividade terá lugar os martes e xoves na Casa do Concello, en horario de de 20:15 a 21:15 horas.

·         Xerontoximnasia: Poden acudir persoas maiores de 14 anos, aínda que está indicado para aquelas que superen os 45 anos. Serán todos os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas no local social de Brués. Esta actividade é a primeira vez que se desenvolve nesta parroquia.

 

En canto ás actividades culturais teremos:

·         Canto tradicional e pandeireta: para persoas maiores de 14 anos. As clases terán lugar todos os venres de 20:00 a 21:30 horas, na Casa do Concello.

·         Gaita, pandeireta e percusión: para persoas de todas as idades, a través da Escola de Gaitas de Boborás. Serán os sábados na Casa do Concello a partir das 20:00 horas.

 

E por último, manualidades: para persoas dos 14 anos en adiante. Esta actividade desenvolverase todos os martes na Casa do Concello en horario 18:00 a 20:00 e como novidade, tamén haberá no local social de Brués os martes de 20:15 a 22:15 horas.

 

AS ACTIVIDADES DARÁN COMENZO A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de outubro e para anotarse  é necesario pasar polas oficinas do Concello ou chamar por telefono ao 988402008. O horario de atención ao público é de 8:00 a 14:30 horas.

 

20, Setembro 2011

A comparecencia para facer unha avaliación dos 100 primeiros dias de goberno municipal do Partido Popular foi aproveitada polo Alcalde Argimiro Marnotes para dar a coñecer á débeda que o concello carballiñés mantén cos proveedores, que "son 11,5 millóns de euros que se deben según unha relación de facturas recoñecidas que figura no concello, son facturas que están sen pagar e que se remontan desde o ano 1991 atá o mes de xuño de 2011, non sabemos por qué esto non se fixo público antes, seguro que moitas destas débedas xa prescribiron e moitos dos provedores xa se cansaron de reclamalas, pero tampouco sabemos por qué non se fixeron no seu caso expedientes de prescripción", indicou o rexidor municipal en manifestacións a esta emisora de radio.

Marnotes tamén desvelou que nos dias previos ás festas do setembro "houbo que que negociar con Unión Fenosa e facer un pago de 40.000 euros porque senón tiñamos o risco de non poder encender a iluminación artística das festas", según os datos aportados hoxe a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño coa empresa eléctrica ascende a 600.000 euros, e que se corresponde con mensualidades que foron quedando sen pagar por parte do concello durante os últimos 5 anos, ademáis "deixaron sen pagar todo o 2010 e todo 2011 atá xuño", sentenciou.

O Alcalde do Carballiño valorou e mesmo agradeceu "o enorme traballo que todos os concelleiros e concelleiras do Partido Popular realizaron nos 100 primeiros dias de mandato, agora os veciños saben que no concello hai un alcalde que os escoita e recibe a diario, e que trata de resolver os seus probemas, ahí é onde pode verse o cámbeo que votaron o 22 de maio". Marnotes considera que nos tres primeiros meses o Partido Popular xa cumpriu parte importante do seu programa electoral "xa contratamos a auditoria, sempre se nos dixo que non se podia facer porque hipotecaría ao Concello, e ahí está, o problema económico do Concello do Carballiño non é o coste da auditoria que reclamaban os veciños, senón esos 11,5 millóns de euros que se debe aos proveedores ou o que se lle debe aos bancos".

 O Alcalde carballiñés tamén se referíu a outras decisións xa adoptadas nos 100 primeiros dias de goberno municipal, como o convenio coa Deputación que a partir do vindeiro 1 de outubro faráse cargo da xestión do punto limpo e a recollida do lixo ou "a mellora que experimentou nos últimos meses a seguridade cidadán, cunha mellor coordenación das forzas de seguridade que está dando moi bós resultados como creo que están vendo os veciños do Carballiño", indicou.

18, Setembro 2011

O mellor que deixou o partido co Cortegada desde logo que foi o resultado, o 2-0 final no marcador que perimite ao Arenteiro sumar a terceira victoria da liga e seguir no liderato da categoria da 1ª autonómica. Foi un mal partido dos locais que xogaron toda a primeira parte moi despistados, sobre todo en defensa, aínda que a falla de acerto nos últimos metros do Cortegada deixaron os 3 puntos en Espiñedo. Nada máis iniciarse o partido o meta Samuel salvou un man a man cun dianteiro visitante no que pudo adiantarse o Cortegada. O gardameta carballiñés protagonizou a xogada polémica do partido cando se víu obrigado a derrubar a un atancante do Cortegada fora da área, e no que os afeccionados do Ribeiro pedían a vermella para Samuel, sen embargo o árbitro interpretou que o xogador visitante non encaraba a porteria e a xogada non supoñía unha ocasión manifesta de gol, polo que ensinou o cartón amarelo ao meta carballiñés. Antes; Iglesias, moi oportuno igual que o dia do Allariz, aproveitou un balón dentro da área marcar o primeiro gol do Arenteiro.

 Tralo descanso, Dacosto cambeou a insegura defensal local, deixou no vestiario a César e Pana e no seu lugar entraron Viñas e Igor. Foi no tramo final do partido, tras a incorporación no equipo de Canexón, cando o Arenteiro tivo as mellores oportunidades para incrementar a súa aventaxe no marcador, e sería precisamente Canexón quen faría o 2-0 desde un tiro cruzado desde fora da área, minutos antes o propio Canexón protagonizara a mellor xogada do partido, ao canear a dous rivais e enviar un medido centro que ningúen soubo rematar.

RESULTADOS DA 3ª XORNADA

  CD Velle 1 - 0 AT Villarino
  SD Nogueira Ramuin 3 - 1 Maside CF
  A Peroxa CF 4 - 0 Ponte Ourense SAD
  CD Ramiranes 0 - 2 UD Barbadas B
  SD Valenza 0 - 0 CD Allariz
  AD Covadonga 4 - 2 CF Monterrey
  CD Arenteiro 2 - 0 CF Cortegada
  SD Melias 2 - 2 Poligono San Ciprian
  UP Taboadela 1 - 1 CD Maceda

CLASIFICACIÓN 3ª XORNADA

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 9 3 3 0 0 8 2
2 A Peroxa CF 7 3 2 1 0 7 1
3 SD Nogueira Ramuin 7 3 2 1 0 7 3
4 AD Covadonga 6 3 2 0 1 10 6
5 Ponte Ourense SAD 6 3 2 0 1 4 5
6 CD Velle 5 3 1 2 0 5 4
7 UP Taboadela 5 3 1 2 0 5 4
8 SD Valenza 4 3 1 1 1 3 2
9 CD Allariz 4 3 1 1 1 3 2
10 CF Cortegada 4 3 1 1 1 4 5
11 CD Maceda 3 3 0 3 0 4 4
12 CD Ramiranes 3 3 1 0 2 2 4
13 UD Barbadas B 3 3 1 0 2 3 7
14 Poligono San Ciprian 2 3 0 2 1 3 4
15 SD Melias 2 3 0 2 1 3 4
16 Maside CF 1 3 0 1 2 1 5
17 CF Monterrey 1 3 0 1 2 4 9
18 AT Villarino 0 3 0 0 3 2 7

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS