22, Agosto 2011

A Vila de Maside inicia a súa semana cultural, previa á celebración do San Vitorio 2011, que comezará na noite do venres 26 coa primeira da verbena, que estará amenizada pola orquestra "Pontevedra". Para os dias grandes da festa, o sábado 27 e o domingo 28, contaráse coa participación das bandas de música de Ramirás e O Carballiño, e as orquestras "Nova Palma", "Iris" e "Olimpus".

LUNS 22:

20.30 h: "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" (Duende Sico)- Monicreques - Alameda de Maside

 MARTES 23:

20.30h: "Contos vellos, novos finais" (Dinamo Teatro) - Teatro - Alameda de Maside

 MÉRCORES 24:

20.30h: "Contos para facelo indio" (Tusitala Contacontos) - Teatro -  Alameda de Maside

22.00h: "Gru: Mi villano favorito" - Cine na Rúa - Praza Maior

 XOVES 25:

20.30h: "Pin Pam" (Pés Ceibes) - Teatro de rúa - Alameda de Maside

22.00h: "Tenías que ser tú" - Cine na Rúa - Praza Maior

 VENRES 26:

20.30h: "Enfaunada" (Ánima Rúa) - Teatro de Rúa - Rúa Principal

21.00H: Pasarúas e concerto do Grupo de Gaitas de Maside "Xalundes"

 

19, Agosto 2011

Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela. En canto as baixas, está a de Alex Bardelás, fichado polo Arenteiro.

O primeiro test serio do Maside xógase este sábado dia 20 ás 18,30 horas no Outeiro Grande, recibindo ó C.D. Verín da preferente, ó que se enfrontará en partido único da fase previa da Copa Deputación. Xa nas Festas do San Vitorio, o sábado 27 ás 7 da tarde, tamén no Outeiro Grande, o Maside medirá forzas en partido amigable ante o C.D. Arenteiro, có que este ano coincidirá na mesma categoria..

19, Agosto 2011

Arredor dos 800 cabalos, esas son as previsións que manexa a organización, son os que se esperan este domingo 21 de agosto na paraxe natural do Puzo do Lago, o que siñificaría un novo record de participación na "Festa do Cabalo de Maside", que acada este ano a súa XXIV edición. Unha festa xa moi consolidada, como comentaba en "Asi son as mañás de Cope" o Concelleiro de Maside e ún dos fundadores da festa, Wenceslao Botana "é xa unha tradición, témola fixada no tempo e no espazo, a xente xa sabe que despois da festa do pulpo e antes do San Vitorio, é a festa do Cabalo". Botana recorda como naceu esta celebración "que é hoxe a festa do cabalo seguramente máis antiga de Galicia, fumos un grupo de amigos que en 1988 decidimos recuperar a tradición cabalar deste concello, e que mellor logo que facer unha festa".

Organizada pola "Asociación do Cabalo Puzo do Lago", coa colaboración do Concello de Maside, a festa repartirá este ano 7.000 euros en premios, que recibirán os primeiros clasificados nos distintos concursos e carreiras que se celebrarán durante a xornada. Unha das novidades que desde a organización se anuncian por medio da Secretaria, Marta Pérez, será "a presenza por vez primeira de Gardas Civís a cabalo, levabamos varios anos intentando e penso que por fin iste ano ímolo conseguir".

A Programación de actividades é a seguinte:

- 9,30 H : Recepción de animais e apertura de inscripcións para as diferentes probas.

-10,20 H: Cabalos do Pais                                           13,20 H: Andadura de Cabalos Trotóns.

-10,40 H: Cabalos Cruzados.                                       14,00 H: Xantar Popular : Polbo, Chrurrasco e Carne.

-11,00 H: Eguas Cruzadas.                                          16,00 H: Carrreira de Cabalos Trotóns.

-11,20 H: Cabalos Pura Raza Española                        16,30 H: Carreira de Cabalos Trotóns con carro.

-11,40 H: Eguas Pura Raza Española.                         17,00  H: Carreira de Burros.

-12,00 H: Cabalos Pura Raza Árabe                             17,30 H:  Carreira de Cabalos do país.              

-12,20 H: Eguas Pura Raza Árabe.                              18:00  H: Carreira de Cabalos cruzados.

-12,40 H: Andadura a dous tempos                              19,30 H: Carreira de Cabalos de puro sangue inglés.

-13.00 H: Andadura a catro tempos                              20,00 H: Sorteo dun poldro e entrega de premios

18, Agosto 2011

A Vila de Soutelo de Montes, no veciño Concello de Forcarei, que mantén unha tradicional interrelación social coa comarca do Carballiño, acolle os dias 19 e 20 de agosto a XXXII edición da "Festa do Gaiteiro", ún dos acontecementos da música tradicional máis destacados de Galicia, que cada ano homenaxea a figura de Avelino Cachafeiro e os seus irmáns, os famosos "Gaiteiros de Soutelo", considerados como os pais da gaita galega. Na súa lembranza organizase cada ano esta festa que organiza o Concello de Forcarei. Cope O Carballiño emite este xoves dia 18 un programa especial dedicado a este evento. O programa comeza na noite do venres 19 coa actuación estelar do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o grupo Folk ARDENTIA, e continua xa có resto das actividades durante a xornada do sábado dia 20. A programación ó completo é a segunte:

 

 

 DIA 19: 23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA

             00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)

             Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)

  DIA 20:

10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA"
10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN"
11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA"
11:30 Actuación de "XIRANDOLA"
12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA"
13:00 Benvida do ALCALDE
13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa.
13:25 Entrega de Medallas
13:45 Imposición do embaixador da festa.
13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei"
14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela)

TARDE

16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro.
17:00
XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO"
19:15 Entrega de premios

OUTRAS MÚSICAS

18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL"
19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY"
20:30 "Ruada POPULAR"

"CHARANGA DO FIADEIRO"

e

"CANTAREIRAS DA FERVENZA"

14, Agosto 2011

Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos. Certo é, ademáis, que o Ourense só apretou o acelerador no primeiro cuarto de partido, nese periodo conseguíu os dous goles, o primeiro deles en propia meta, e a partir de ahí o Ourense baixou o ritmo no xogo, certo é tamén que este Ourense terá moito que mellorar se quere aspirar a dar o salto de categoria, como é a súa aspiración. Polo que respecta ao Arenteiro, foi de menos a máis, e a punto de expirar a primeira parte,  Iglesias tivo unha clarísima ocasión de recortar no marcador, pero o seu tiro, só ante o meta ourensano, non atopou porta. Xa na segunda metada, o Arenteiro estivo moito mellor, e tivo atá un par de novas oacisións para facer gol. O final, boas sensacións as que deixaba nas bancadas de Espiñedo este xoven Arenteiro, que ofreceu detalles certamente positivos.

14, Agosto 2011

Xornada pletórica para O Carballiño, cheo a rebosar na hostelería local, nas tabernas ambulantes do parque cartel de completo á hora punta do xantar, fin de semana redonda para a restauración carballiñesa e nos hoteis, as preto de 500 prazas dispoñibles, con ocupación plena desde varios dias antes. Miles de persoas  volveron acudir a gran polbada de Galicia, a festa do polbo do Carballiño volveu amosar o seu gran poder de convocatoria atraendo a miles de persoas. Unha cifra sempre difícil de calcular decía O Alcalde Argimiro Marnotes " as estimacións de asistencia, falando coa xente de Protección Civil e a Policia Local é que estaríamos arredor das 80.000 persoas, e unhos 20.000 kilos de polbo vendidos". Ademáis, para poñer a guinda mediática e de difusión da festa e O Carballiño, Mariano Rajoy apareceu en practicamente todos os telexorais televisivos falando desde o parque do Carballiño, e a practica totalidade das grandes cadeas de radio españolas reflectiron a presenza de Rajoy na festa carballiñesa.

A súa chegada ó parque municipal, o lider do Partido Popular manifestou que "para mi es una satisfacción y un honor estar en esta fiesta del pulpo en Carballiño, una ciudad dónde yo, por cierto, viví los primeros años de mi vida, el pulpo es un producto de Galicia por excelencia y además en esta ocasión se produce algo que yo considero importante, y es que esta fiesta apoya a una parte de nuestro país que ha sufrido consecuencias graves, en este caso uno de los productos emblemáticos españoles como es el pepino". Xa no acto oficial de recepción ás autoridades, que por vez primeira na historia da festa se celebrou na explanada de entrada do parque, Rajoy felicitou "al ayuntamiento por esta fiesta tan emblemática de nuestra tierra, Galicia, y por manifestar este apoyo a estas persoas que han tenido muchas dficultades con aquellas acusaciones que luego se demostraron falsas". Mariano Rajoy ainda tivo tempo, despois de dar un paseo dunha hora de duración polo parque, picar unhas talladas de polbo nun dos 32 postos instalaron este ano as súas caldeiras, fotografiarse e saudar a todos cantos se lle aproximaban, escoitandose en algunhos momentos do percorrido a grupos de persoas que corearon o "Presidente, Presidente", ó seu paso.

O Alcalde do Carballiño, que antes de despedir a Rajoy lembroulle que "ó próximo Presidente de España, e aquí temos con nós a un aspirante, recordarémoslle que esta festa merece xa o recoñecemtno internacional, queremos que a nosa festa do polbo sexa declarada de interés turístico internacional,  e imos traballar para conseguilo". Marnotes, na primeira festa "que me toca organizar", agradeceu nos micrófonos de Cope O Carballiño "o inmenso traballo dos traballadores do Concello que se volcaron con esta festa, igual que o resto das 220 persoas que formaron o operativo de organización e seguridade". O Rexidor Muncipal sentiase, xa a última hora da tarde "cunha satisfacción inmensa, porque vese que o pobo está volcado en corpo e alma coa nosa festa, vese que o pulpo no Carballiño é un sentimento, e o polbo aínda ten moito que dar Ó Carballiño, aínda tén moitos éxitos económicos que dar á nosa vila", concluíu.

Finalmente,  o tempo acompañou e o xantar oficial celebrouse no escenario tradicional, no parque, onde comeron 1.350 persoas, e onde chamou a atención a reducción no cupo de invitados, tan solo 250 este ano, fronte os 650 do ano pasado, o que propicíu un aumento nas tarxetas de pago, que foron 1.100. Resulou moi discreta a presencia de políticos, outrora masiva, malia a visita de Rajoy, a asistencia de cargos do Partido Popular foi bastante discreta, estivon presentes os Consellerios de Eduación, Xesús Vázquez, e Presidencia, Alfonso Rueda, e ao xantar acudiron algunhos Alcaldes -non todos- das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Ao recinto oficial, tamén acudíu a Corporación Muncipal do Carballiño case ó completo, case, xa que foi moi comentada a ausencia da Concelleira Socialista, Maria José Pérez, a esposa do Ex-Alcalde do Carballiño e na actualidade Secretario Xeeral do PsdG-PSOE, Pachi Vázquez, que por vez primeira en 16 anos non se deixou  ver na festa do polbo. Sí estiveron presentes os concellais do grupo municipal socialista, có seu portavoz á cabeza, Paco Fumega declarou que "49 son moitos anos, é xa unha longa historia en positivo para O Carballiño, unha festa que é un encontro para os veciños do Carballiño e para desmostrar o carácter hospitalario que ten este pobo". Aúrea Francisco, a portavoz do BNG, aproveitou os micrófonos de Cope O Carballiño para poñer de manifesto novamente unha reivindicación que a concelleira nacionalista ven repetindo nos últimos anos da festa " hai que buscar solucións para esta agresión que cada ano tén o parque, hai que cambear cousas, e buscar solucións para as zonas do paque que están agónicas pola erosión, hai que buscar saídas porque estamos matando a galiña dos ovos de ouro, que é o paque", remarcou.

 

12, Agosto 2011

O Alcalde do Carballiño deu practicamente por segura a presencia de Mariano Rajoy este domingo 14 de agosto no parque municipal, para asistir á festa do polbo, na que estaría por vez primeira o líder do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno Español, asi o confirmou nunha entrevista en Cope O Carballiño Argimiro Marnotes ""dou practicamente por seguro que vai estar, él quere estar na festa do pulpo do Carballiño,, eu mesmo chaméi para invitálo e penso que vai estar, é destas persoas que hoxe pode ser un gran reclamo informativo para que O Carballiño teña presencia nos medios de comunicación, e a él gustalle vir O Carballiño". Como é sabido, Rajoy mantén un lazo afectivo có Carballiño, xa que pasou aquí unhos anos da súa nenez, vivíu unha parte da súa infancia no Carballiño cando a súa familia residíu por unhos anos na vila carballiñesa.

A recepción oficial que o Concello do Carballiño dará aos inivitados e representantes das institucións que asistirán á festa terá lugar por vez primeira fora da casa do concello e faráse ás 13,30 horas nunha carpa que se intalará na explanada da entrada do paque, ó lado da estatua dos Irmáns Prieto. Alí mesmo, daráselle a benvida á representación almeriense, que acude ao Carballiño toda vez que a festa está este ano dedicada ao sector productivo do cogombro, como acto de solidariedade có sector hortofrutícola tras a crise desatada polas falsas acusacións que se produciron en Alemania cando se detectou o brote  infeccioso do E Coli.

O Xantar no recinto do Concello acollerá a 1.400 comensais, dos que o Alcalde Argimiro Marnotes dixo que "250 serán invitados, son 250 ás que invitamos desde O Concello, unhas 400 invitacións menos que o ano pasado, xa que daquéla as persoas invitadas polo concello foron 650", asegurou o rexidor municipal, que adiantou tamén que "o xantar faráse no parque, unha vez que parece que o tempo o vai permitir, aínda que tamén se pensou que no caso de previsión de moita chuvia, e solo nese caso, se trasladaría o xantar oficial ao polideportivo do IES Chamoso Lamas".

Serán 32 os postos de venda de polbo á feira os que instalarán as súas caldeiras este ano no parque, ós que haberá que sumar os que se ubicarán repartidos polas ruás do Carballiño. Unhas 220 persoas formarán o dispositivo de emerxencias e de seguridade, entre as que estará, como novidade, un grupo de cabaleiría da Garda Civíl.

11, Agosto 2011

O Concelleiro de Cultura do Carballiño confirmou a celebración das "Xornadas de Cine" para o vindeiro mes de setembro, as datas que se manexan son as do 10 ao 13 dese mes, nos dias previos ás festas do setembro. Rodrigo González manifestou que "en ningún momento desde o grupo de goberno, nin desde prensa do Concello, nin desde a área de cultura se dixo que non se ían celebrar "o único foi un cámbeo de data, que incluso se plantexou facélas máis tarde, en outubro, aínda que finalmente houbo dous aspéctos que nos fixeron levalas a setembro, que máis tarde coincidirían con festivais tan importántes como o de Ourense, e as datas previas ás festas pareceunos ideais porque prolongan as actividades durante o mes de setembro".

O Concelleiro de Cultura tamén adiantou que para a organización de esta actividade conta coa colaboración do "Cine-Clube Carballiño". A ausencia das Xociviga da programación cultural do mes de agosto foi, semanas atrás, criticada polo grupo municipal socialista, que amosara a súa preocupación porque esta actividade chegara a desaparecer xa "que non sería de rebibo deixar que se perdera, as xociviga fan tradicionalmente no mes de agosto da nosa vila o centro do audiovisual galego gracias ao prestixio acadad polo traballo de moita xente", lembraban os socialistas.

9, Agosto 2011

As Xornadas de folclore que organiza a Deputación de Ourense e que cada ano achegan ata O Carballiño agrupacións folclóricas de alto nivel artístico, abren a programación de actividades nesta semana previa á celebración da festa do polbo, desde as 22,30 horas podemos ver na praza maior un festival internacional de música e danza no que actuarán grupos procedentes de Rusia, Chile, Togo e Corea. A praza maior tamén será o escenario, este xoves dia 11 desde as 8 da tarde, dun novo intento para o libro guines dos records, a "Asociación Amigos do Pulpo Paul" tratará de batir o seu propio record, un plato de polbo de 2,2 metros de diámetro, que se encherá coas talladas de 125 kilos de polbo.

Ademáis, esta mesma asociación organiza, en colaboración có Concello do Carballiño, outras actividades de animación para este semana. O mércores dia 10, pola noite, na praza das monxas, terá lugar o "Festival Octavio Pop", no que actuarán os grupos locais Holy Water, Niños Mutantes, Susie Q'S, Efecto Pigmalon, e La trasmutación del Átomo. Completase a contribución de esta asociación para animar o ambiente nestas datas previas á festa do polbo, con outras dúas actividades para o xornada do venres dia 12, ás 8 da tarde e para os nenos "a festa de cumpleanos" da mascota Octavio, e finalmente á unha e media da madrugada unha "Batukada", na praza Aquilino Sánchez.

Tamén o venres 12, a praza maior do Carballiño acollerá a gran final do "JORIGAMES.COM", un concurso de ámbito internacional no que participaron preto dos 2.000 grupos, unha iniciativa da Asociación carballiñesa "8 Notas". As 7 da tarde, final dos grupos locais, e desde as 11 da noite a final internacional para a que foron seleccionados os grupos "The Welcone Dynasti", de Valencia, "Niños Velcro" de Madrid, e "Overhear" de Vigo. Xa finalmente, o sábado dia 13 celebraráse o tradiconal concurso de camisetas da festa do polbo, e no que compiten as peñas carballiñesas.

8, Agosto 2011

A invitación cursada a concelleiros do grupo municipal socialista por parte da "Asociación 8 Notas " para que asistisen ó acto de presentación do festival "Jorigames", que se celebra esta semana no Carballiño e que culmina un concurso internacional no que participaron preto de 1.500 grupos musicais, ven de convertirse nun novo motivo de disensión entre populares e socialistas no Concello Carballiñés. O Concelleiro do grupo socialista, Manolo Dacal, calificou de "talante antidemocrático" a postura dos gobernantes municipais do Carballiño por non permitir a presencia de concellais do PSOE nese acto, "a nós a Asociación Cultural 8 Notas mándanos unha invitación para estar presentes na presentación do festival, e cál é a nosa sorpresa cando posteriormente se nos comunica que non podemos asistir porque se nos veta".

Dacal lamentou esta actitude do goberno municipal e culpou ao Concelleiro de Cultura, Rodrígo González e o Alcalde Argimiro Marnotes de ser os responsables directos de esta "imposición", según o concelleiro socialista "os organizadores do festival quixeron levar a presentación fora do concello, pero díxoselle que había que facéla no salón de actos da casa do concello, e que non querian ver ningún concelleiro do PSOE no acto. Non é xa por nós, pero espero que pidan perdón e rectifiquen, pensando nas 3.200 persoas que nos votaron e merecen un respeto ". A organización deste concurso internacional de maquetas musicais comezou a xestarse durante o pasado mandato municipal, cando gobernaban os socialistas, e coa asociación promotora colaboraron no seu momento os actuais concelleiros socialistas Manolo Dacal e Adolfo Nogueira, éste último na súa condición -daquéla- de Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño. A presentación celebrouse, finalmente, no salón de actos do consistorio carballiñés, e no mesmo tampouco participou ningún representante do goberno municipal.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS