28, Xuño 2011

A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel. Ramón Dacosta terá as súas ordes 20 xogadores, a metade deles da Comarca do Carballiño, ós que se suman 4 futbolistas do veciño Ribeiro, que xunto ós foráneos, forman un grupo  no que en opinión do Técnico "primará o compromiso colectivo, o valor do grupo por enriba das individualidades". En canto á confección final da plantilla, ademáis das xa anteriormente anunciadas incorporacións, confirmase a continuidade do brasileiro Marconi, que será unha das pezas importantes sobre as que pivotará o equipo. En canto as novas caras, chegan ó Arenteiro Miguel Prada, un interior de 23 anos que procede do Melias; Gabriel Carballeda, mediocentro de 19 anos e procedente do Pabellón da liga nacional xuvenil; Marcos Sotelo, defensa de 26 anos que xogou a pasada tempada no Barbadás de Preferente; Michel, o xoven valor carballiñés que regresa a Espiñedo tralo seu paso polo Calasancio de Monforte, có que competíu na liga nacional xuvenil; Alex Bardelás, procedente do Maside, un mediocentro de moita calidade técnica e prometedor futuro; e xa finalmente, a falta de confirmación oficial, é moi probable a fichaxe do defensa Luis Vilachá, ex-Ourense e ex-Verín. A data de inicio da pretenpada está fixada para o mércores 27 de xullo.

27, Xuño 2011

Os responsables do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño esperan que os novos gobernantes municipais do Partido Popular reactiven a "Mesa do comercio local", recentemente constituída, e que agora deberá renovarse na súa representación política, como consecuencia das eleccións municipais. Foi éste ún dos asuntos que se trataron na primeira reunión institucional que mantivo o Alcalde Argimiro Marnotes cós directivos de ambas asociacións e na que se abordaron outras cuestiós de interese para o comercio local, como a creación dun "centro de negocios" que quere poñer en marcha o novo goberno municipal carballiñés, a idea -salientou Manolo Blanco "Celta", ún dos asistentes a esta reuniíón- é "utilizar as instalacións que temos para que poida levarse a cabo esta iniciciativa, de orientación á xente que queira montar un negocio, e tamén de información e tramitacións de subvencións, asi como de calquera trámite e contactos necesarios para poñer en marcha un negocio, consideramos que é unha idea moi interesante tanto para o Concello como para nós". Os comerciantes agardan que sexa a través da "Mesa local do comercio" ónde poida chegarse a un acordo sobre a implantación ou non da ORA nas rúas carballiñesas, unha vez que o novo goberno do Concello é partidario de negociar coa empresa concesionaria da súa explotación a rescisión da adxudicación adiministrativa feita polo anterior goberno muncipal, a este respecto Manolo Blanco é partidario de buscar algún tipo de solución para solventar a carencia de aparcamentos nas rúas do Carballiño "nós eramos partidarios de probar coa ORA, pero díxosenos que o Partido Popular estudiaría outras posibilidades, e nós apoiarémos calquera outra solución, porque para o comercio é un problema grave o que temos pola falla de aparcamentos, polo que sexa o parking non foi unha solución, e os nosos clientes queixanse de que non teñen onde aparcar", recalcou.

24, Xuño 2011

O portavoz socialista na Entidade Menor de Berán, Tomás Lorenzo, censura “o mal pe con que o Partido Popular comeza a nova lexislatura en Berán, incumprindo a legalidade”, e advirte que “se non convocan os plenos tomaremos medidas e pediremos a dimisión do presidente”.  Explica que o presidente deste organismo non cumpre a lei ao desconvocar o pleno previsto para o pasado luns, antes da constitución da nova corporación , que finalmente tivo lugar onte, polo que solicitará un pleno extraordinario para tratar temas cruciais para Berán, “pendentes dende hai moito tempo pola incapacidade de xestión do Partido Popular”. Lorenzo lembra que “a falta de plenos é xa algo habitual na Entidade Menor, inadmisible tanto dende o punto de vista legal como democrático, e mesmo hai o costume implantado de convocar plenos e desconvocalos a última hora alegando unha urxencia”.

 

O vocal socialista sinala que fará unha oposición “seria, responsable e antepoñendo os intereses dos veciños da parroquia”, polo que non permitirá “ningún  tipo de mangoneo a quen goberna, nin que busque o seu lucro persoal ou familiar”.

 

“En Berán hai moitas cousas en xogo, e os socialistas non estamos dispostos e que se manteña unha situación de pasividade ante as necesidades dos veciños, e de parálise que inclúe o bloqueo da acción política da oposición coa falta de celebración de plenos na Entidade Menor”, sinala.

 

“Se non queren gobernar a Entidade Menor, que deixen paso aos que si queren traballar polo presente e futuro de Berán”, conclúe.

20, Xuño 2011

A Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño renovará a súa composición na segunda quincena do mes de xullo, asi o espera o Presidente Manuel Prado, no transcurso das vindeiras semanas os cinco concellos que a integran na actualidade, Boborás, Beariz, San Amaro, O Irixo e San Cristovo de Cea, designarán ós seus representantes, de tal maneira que unha vez formalizado este trámite, procederáse a constitución da nova Mancomunidade. Será entón cando se decidirá ou non a continuidade do actúal Presidente, a este respecto, Manuel Prado manifestou que "é un tema que sempre consensuamos entre os Alcaldes e nestes momentos calquera posibilidade é aventurada, aínda non temos falado". Sí admitíu Prado que nos últimos dias xa tivera "conversas informais" có novo Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e con vistas á reincorporación do concello carballiñés na entidade supramunicipal, que non sería a única cara un futuro inmediato, xa que tamén se agarda o regreso do concello de Punxín, desta maneira só quedarían fora da entidade comarcal os concellos de Piñor e Maside, ónde gobernan os socialistas. Manuel Prado considera que "é unha boa noticia para a Comarca e para a Mancomunidade o retorno do Carballiño, porque é a capitalidade e tén que ser o motor da Comarca, e porque eso vai permitir ampliar e mellorar, e tamén abaratar os costes dos servizos que se prestan". O Presidente da entidade intermunicipal calcula que si as conversas fructifican, a finais deste ano "tería que haber unha solución para a incorporación do Carballiño, de maneira que o seu ingreso na mancomunidade sería efectiva a partir do 1 de xaneiro de 2012". Finalmente, Manuel Prado amosouse partidario de introducir algunhos posibles cámbeos no funcionamento da Mancomunidade, entre os que estarían a creación da figura da xerencia, que aportaría unha dirección técnica e máis profesional da entidade, tampouco descartou o Alcalde de Beariz unha reforma dos estatutos da Mancomunidade "para adaptala mellor os nosos tempos", unha modificación estatutaria que "permitiría ademáis que estivesen representados os grupos políticos que están na oposición nos distintos Concellos", de feito Prado recoñeceu que no anterior mandato xa se mantiveran algunhas conversas neste senso cós concelleiros carballiñeses do BNG, Bernardo García e Manuel Amil. 

15, Xuño 2011

Ainda como Alcalde en Funcións e unhos dias antes de rematar o seu mandato municipal, o Ex-Alcalde Carlos Montes viaxaba a cidade alemana de Oberhausen, e ó seu regreso deixaba sobre a mesa unha proposta, dedicarlle a festa do polbo deste ano a Alemania, en sinal de gratitude pola gran campaña publicitaria da que se beneficiou O Carballiño con motivo da historia do polbo "Paul". A proposta queda en suspenso, o novo Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes adiantou hoxe no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio que "está decidido que non se lle vai dedicar a Alemania, por varias razóns, entendemos que non é o momento, non somos merecedores de que O Carballiño saise nos medios de comunicación por facerlle un desprecio a un producto do territorio nacional con esta invitación a Alemania, e ademáis a este país xa se lle dedicou unha edición". A decisión do novo goberno municipal do Carballiño é dedicar a festa do polbo deste ano ó sector productivo do pepino español, afectado nas últimas semanas pola crise que estivo provocada precisamente polas falsa alarma orixinada en Alemania en relación a un brote infeccioso do que inicialmente se culpou ó pepino español, que sufríu por este motivo cuantiosas pérdidas económicas.

14, Xuño 2011

O novo equipo de goberno do Partido Popular que xestionará o Concello carballiñés nos próximos catro anos estará encabezado por un Alcalde con dedicación exclusiva, Argimiro Marnotes ocuparáse directamente da política de persoal. Martín Nogueira será o portavoz do grupo, e ademáis da área de sanidade, asumirá as tarefas de coordinación entre os distintos departamentos municipais. Para a área de benestar social, que se ocupará de servizos sociais, terceira idade, emigración e inmigración, igualdade e dependencia, a concelleira será Purificación Alberte. Outro dos departamentos dos que máis directamente se visualiza o seu traballo por parte da cidadanía, o de medio ambiente e servizos públicos, foi encomendado ó Concelleiro Jesús Rodríguez, que terá o seu cargo a recollida do lixo, o punto limpo, a limpeza, os servizos eléctricos e de augas, saneamento e depuración e concesións públicas. Pilar Caride ocuparáse das relacións coa veciñanza, e ademáis xestionará a dinamización turística, educación e feiras, e terá baixo a súa responsabilidade un novo departamento municipal que atenderá reclamacións e suxerencias veciñais. Para deporte, cultura, comercio, lecer e festas, o concelleiro designado é Rodrigo González, mentres que Teresa Valiñas exercerá como máxima responsabe de industria, emprego e promoción económica. As competencias sobre a xestión do Plan Xeral de Urbanismo e a coordenación de todo tipo de obras no termo municpal son delegadas en favor do Concelleiro Magín Daparte, que dirixirá a área de obras e urbanismo. E finalmente, Emilio Carballeda ocuparáse doutra das macro-áreas municipais, a de facenda, orzamentos, réxime interior, contratación administrativa, dinamización rural, seguridade e mobilidade.

13, Xuño 2011

Os concellais electos do PP e PSOE do conxunto dos 9 Concellos da Comarca están convocados este martes 14 de xuño na sede da Xunta Electoral de Zona, para o acto de elección dos 2 Deputados Provinciais que lle corresponden á nosa Comarca. Tralos resultados nos comicios municipais do pasado 22 de maio, PP e PSOE obtiveron un representante na futura Corporación Provincial. No Partido Popular, Argimiro Marnotes relevará ó Alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tras 12 anos de Deputado Provincial deixa o posto ó novo Alcalde do Carballiño, ó que os concellais da Comarca premian coa súa designación polo espectacular resultado electoral no Concello da capitalidade comarcal, ónde obtivo a primeira maioria absoluta da democracia para o Partido Popular. Doutra parte, os socialistas elexirán como Deputado Provincial ó Concelleiro de Cea e Secretario da Agrupación Local do Carballiño, Guillermo Dopazo, que sustituirá ó ex-Alcalde carballiñés Carlos Montes.

11, Xuño 2011

Unhos 200 veciños seguiron desde o espazo reservado para o público a histórica sesión de investidura de Argimiro Marnotes Fernández como Alcalde do Carballiño, que deixa atrás 16 de gobernos socialistas no municipio. Unha vez constituída a mesa de idade, que formaron Emilio Carballeda e Iolanda Otero, tomaron posesión os 17 Concelleiros da Corporación, 9 do PP, 7 do PSOE e 1 do BNG. A votación para a elección de Alcalde foi nominal e non houbo sorpresas, cada grupo votou ó seu cabeza de lista, polo que o Candidato do Partido Popular foi elexido na primeira votación por maioria absoluta.. O Novo Alcalde, portando xa o bastón de mando, dirixíu un breve discurso de 4 minutos de duración no que expresou "o agradecemento polo entusiasmo que todo O Carballiño estivo a demostrarme durante todos estos dias polas rúas do pobo". Marnotes tivo tamén nas súas primeiras palabras como Alcalde "un recordo especial para todas as Corporacións que houbo no Carballiño, porque todas, sen exclusión de ningunha, tiveron a súa labor importante neste pobo", máis adiante fixo un ofrecemento de entendemento ós grupos da oposición ós que se dirixíu como "colaboradores imprescindibles, sen exclusión, para tirar para adiante por calquera proxecto que sexa imprescindible e ilusionante para O Carballiño". O novo Alcalde tamén se refiríu neste discurso de investidura ós seus obxetivos prioritarios para o mandato que comeza, que serán "o emprego, o benestar social e o facer O Carballliño dia a dia, sendo conscientes da situación econmómica que nos absorve", finalmente expresou o seu desexo e compromiso para "ser un Alcalde para todos e todas, e traballar arreo polo Carballiño". O público, que abarrotaba o salón de plenos, premiou o novo Alcalde cun prolongado aplauso, entre ese público atopábase o seu pai e ex-Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes Rodríguez e o resto da súa familia, asi como o Conselleiro de Educación Xesús Vázquez e o Secretario Xeral de Emigración da Xunta, José Antonio Camba, que o final do acto, igual que fixeron numerosos veciños, felicitaron ó novo Alcalde do Carballiño.

8, Xuño 2011

Montes amosouse sorprendido ante a posible contratación dunha auditoria por parte do próximo goberno municipal que presidirá Argimiro Marnotes "porque as contas son públicas e nunca se lle negaron ó Partido Popular". O Alcalde en Funcións do Carballiño asegurou ademáis que os socialistas deixarán un Concello moito mellor que cando o recibiron fai 16 anos xa que "cando o PSOE colleu o poder a carga financieira era do 18% e na actualidade é do 8,65 %, polo tanto rebaixámola en 10 puntos, e esto despois das obras e infraestructuras que se fixeron no Carballiño". Carlos Montes dixo non entender "esta desconfianza" por parte do Partido Popular porque "O Sr. Marnotes como xefe da oposición debía estar ó tanto das contas municipais, porque existen balances anuais, existen balances de contas, e están realizadas pola intervención do Concello, que veña agora decindo que desconfia das contas que son realizadas por unha técnica experta pois non me parece ben, pois considero que é unha traballadora con coñecementos múltiples". Finalmente, Montes calificou de "pura demagoxia" a actitude do Partido Popular ó entender que "unha vez que gañou as eleccións, a ver agora  como lle explica á xente que non pode cumplir o seu programa elctoral, no que se comprometía a rebaixar o IBI, eso é total demagoxia", remarcou o aínda Alcalde Socialista do Carballiño.

7, Xuño 2011

Vai collendo forma o novo C.D. Arenteiro, para conformar unha plantilla con garantías, e con ese obxetivo de recuperar a categoria perdida da Preferente. Ademáis da xa anunciada fichaxe do dianteiro Julio Alén, xa podemos confirmar que Ramón Dacosta poderá contar có tamén dianteiro Adrián Iglesias, que xa militara no plantel carballiñés que fai 3 anos dirixira Jacinto Barreiro, aínda que daquéla Iglesias abandoara o club ante a dura competencia con dianteiros veteranos como Fran ou Martín. Tamén se confirma a fichaxe do porteiro masidao Pache, que chega procedente do Ourense B. En canto a xogadores que continuarán, estarán Tacón, Martín, César ou Diego Viñas, e tamén conta con moitas posibilidades o brasileiro Marconi, aínda que está pendiente de confirmación. Entre os que non continuarán, están Marcos Castro -xa novo xogador do Verín- e Iago Casas, que espera ofertas de Preferente.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS