A situación económica na que se encontra o Concello do Carballiño continúa sendo unha das preocupacións para o novo goberno municipal do Partido Popular, conforme pasan os dias e van coñecendo novos datos, concretamente sobre a existencia de facturas pendientes de pago, os novos gobernantes carballiñeses non disimulan a súa inquietude pola situación. O Portavoz do grupo de goberno, Martín Nogueira confirmou a esta emisora de radio que tan só con Fenosa a débeda municipal ascende a dia de hoxe a 404.700 euros "son facturas que foron quedando atrasadas e que corresponden a mensualidades que en algunhos casos se remontan a unha antiguidade de 5 anos", asegurou. O Concello do Carballiño debe a Fenosa todas a mensualidades correspondentes o ano 2010. Precisamente, no pleno da Corporación convocado para este dia 27 de xullo, deberá aprobarse un expediente de recoñecemento extraxudicial de facturas, por importe de 173.000 euros, tratase dun lote no que figuran facturas que -según confirmou o Alcalde Argimiro Marnotes- remontanse incluso aos anos anteriores ó plan de saneamento económico ó que se acolleu o Concello do Carballiño, e aínda en vigor.
Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, a corporación carballiñesa será informada dos reaxustes que se introducirán na tramitación do novo Plan Xeral de Urbanismo (PXOM) do Concello do Carballiño, xa que as últimas condicións fixadas pola Xunta determinan que a aprobación definitiva do futuro regulamento urbanístico do Carballiño deberá acordarse antes do mes de febreiro de 2015. Tamén se tratará neste pleno a bonificación do 95% na licenza municipal para a obra de ampliación e modernización do balneario das Caldas de Partovia.
"Asi son as mañás de Cope" trasladouse esta semana atá o concello de Carballedo, co que a nosa comarca mantén unha gran interrelación, tal como se puxo de manifesto durante a emisión do programa, que se transmitíu desde o salón de actos da casa do Concello, na localidade de A Barrela, que celebra atá o dia 26 as festas do Santiago. No transcurso do programa, no que varios invitados expuxeron a realidade social, económica, cultural e festiva deste municipio lucense limítrofe con San Cristovo de Cea, tamén participou o Alcalde da localidade, Julio Yebra-Pimentel, que aproveitou a súa intervención radifónica para defender a continuidade dos Concellos, incluso dos pequenos, mostrandose abertamente contrario á fusión de municipios como agora mesmo se propón desde algunhos ámbitos porque "sería un grave erro, e non aforraría costes como se está decindo, non vexo onde está o aforro que se dí, porque o mantemento das estradas hai que facélo o mesmo, igual que a recollida do lixo ou as iluminacións, os gastos son os mesmos xestionese desde onde se xestione, e polo contrario perderíase unha institución coa que os veciños están plenamente idenficados, é a administracción máis próxima e a que acuden para expoñer os seus problemas do dia a dia e para os que hai que dar resposta". Tamén se referíu a "particular idiosincrasia do habitat galego" e como exemplo puxo o Concello de Carballedo "con 160 kms. cadrados e 201 entidades de poboación, se desconto as vacacións e festivos e fines de semana, o Alcalde necesitaría todo o ano se quere estar un dia nun dos 201 pobos que tén este concello", ironizou. Yebra-Pimentel, que o pasado 22 de maio conseguíu para o Partido Popular 9 dos 11 concelleiros que integran a corporación de Carballedo, logrando un resultado histórico tras 28 anos exercendo como Alcalde, pedíu cámbeos urxentes na financiación dos concellos "xa que son a gran asignatura pendiente do sistema democrático, a parente pobre das administraccións, cunhos recursos moi limitados para a gran cantidade de competencias e servizos que teñen que desenvolver, e non podemos estar permanentemente pendientes das achegas doutras administraccións, porque eso non é forma de gobernar", remarcou.
Benigna P.R., de 81 anos de idade e veciña da rúa Calviño do Carballliño recibíu onte a primeira hora da tarde a visita de dous supostos funcionarios do Estado, ós que abríu as portas da súa vivenda co pretexto de ver a casa para outorgarlle unha axuda para a súa rehabilitación. Despois da visita, a muller comprobou como lle desapareceran unha cadea e unhos pendentes de ouro, asi como 2.200 euros que gardaba no domicilio, polo que de inmediato chamou á Policia Local do Carballiño. A rápida intervención dos axentes locais e dunha patrulla da Garda Civil logo localizou a ún dos presuntos ladrós nun monte próximo á vivenda onde se cometeu o roubo, na rúa Calviño do Carballiño, nas inmediacións do campo de fútbol e o camiño vello de Mesego. As forzas de seguridade procederon a detención de Luis Antonio P.D, de 46 anos de idade, e veciño de Valladolid, que levaba con él as xoias roubadas. Posteriormente, no interior dun sobre abandonado no monte, atoparanse 2.200 euros en diñeiro efectivo. Xunto co detido, participou no roubo unha segunda persoa, un home dunhos 25 anos de idade que conseguíu burlar a presencia policial.
O futbolista carioca que chegara ó plantel de Espiñedo no tramo final da pasada tempada, e incialmente ía continuar formando parte do proxecto para a 1ª autonómica, xa está fora do Arenteiro. Costa Damasceno "Marconi" causou baixa por falla de entendemento tanto có adestrador como coa xunta directiva, ó entender que o xogador non se adaptaba ás esixencias do club presidido por Antonio Iglesias "Cadavid". A baixa do central brasileiro quedaba cuberta no transcurso desta semana coa fichaxe de Rubén, ex-xogador da Ponte e o Melias, que chega procedente do C.D.Barco, no que militou na pasada tempada e acadando cos valdeorreses o ascenso á preferente autonómica. Trátase dun xogador de 22 anos moi do agrado de Ramón Dacosta, tras esta fichaxe dase por cerrada a composición do plantel, cun total de 22 fichas, salvo que como recoñecia o propio adestrador "aparezca un mirlo branco, non sendo asi estou satisfeito co que temos, e creo que será suficiente para cumplir os obxetivos".
Cando están a punto de cumplirse os dous meses desde as eleccións muncipais do pasado 22 de maio, o que fora candidato dos socialistas á Alcaldia do Carballiño e agora xefe da oposición na súa condición de portavoz do grupo municipal socialista, Paco Fumega, repasou nunha entrevista en Cope O Carballiño este inicio do mandato municipal, e mesmo se referíu a outras cuestiós de carácter interno no seu partido, como as críticas que se produciron no entorno do PSOE local tras a designación de Gillermo Dopazo como Deputado Provincial en representación dos concellais socialistas da Comarca do Carballiño.En relación a este asunto, Fumega dixo "teño que ser nitidamente claro, eu non quixen ser, ofreceronmo, o partido, os compañeiros todos, pero nin eu nin o Alcalde de Piñor nin tampouco o Alcalde de Maside consideramos que fora oportuno nin bó para os nosos concellos dedicarnos á Deputación Provincial, considero que o traballo de oposición no Carballiño ten a suficiente entidade como para dedicarme en corpo e alma a él ", xa de forma máis explícita sobre a designación de Dopazo engadíu que " dentro das posibilidades que se barallaron considerouse por unanimidade que fora Dopazo, que tampouco se postulou, pero o partido considerou que era a persoa que tiña máis tempo e dispoñibilidade, e mellor podía representarnos".
Xa en canto a cuestiós da actualidade municipal no concello carballiñés, o Portavoz Socialista lamentou a suspensión das Xociviga "preocupame porque son valores que unha vez que se perden é moi dificil recuperar, e debemos procurar manter as nosas señas de identidade, porque solo asi acadarémos un desenvolvemento endóxeno. Preguntado sobre as manifestacións do grupo de goberno do Partido Popular, que culpou ó anterior equipo de goberno socialista de non deixar nada previsto para as xociviga deste ano, Fumega manifestou que "tamén é certo que según os responsables do Cine-Club ninguén do Concello os chamou aínda para interesarse por este tema". Tampouco considera o xefe da oposición acertada a decisión de dedicarlle a festa do polbo deste ano ó sector productivo do cogombro, xa que "Alemania fíxonos un favor moi grande de publicidade a nivel nacional e internacional, O Carballiño deuse a coñecer e penso que podía ser unha boa liña, sectores productivos en Galicia temos bastantes que o están pasando moi mal...como para buscar un producto tán exótico como o pepino".
O suceso ocurríu sobre as 14,30 horas deste lúns na rúa Antón Rega, que da acceso a Martinez Avellanosa desde a parte posterior do Supermercado Mercadona, a esa hora recibíuse unha chamada no Servizo de Emerxencias 112 dando conta "que unha muller caera desde o balcón da súa vivenda e morrera". Logo pudo comprobarse a veracidade da chamada, e o persoal médico desplazado atá o lugar só pudo certificar a morte desta veciña. A víctima resultou ser Dolores Casal Domínguez, de 83 anos de idade, estaba enferma de alzheimer, e precipitouse sobre a rúa desde o balcón do seu domicilio, sito a altura dun 3º piso. Atá o lugar do accidente tamén se desplazaron patrullas da Garda Civil e Policia Local, asi como efectivos de Protección Civil, que procederon a acordoar a zona atá que se autorizou o levantamento do cadáver.
A sinatura dun convenio que o Alcalde de San Amaro Ernesto Pérez ven de asinar co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustin Hernández, permitirá ó Concello de San Amaro financiar as obras de construcción de beirarúas entre O Cruceiro e a antiga escola de As Neves de Grixoa, ademáis nesta mesma parroquia crearánse dúas zonas de lecer, unha infantil con diversos xogos e outra para os maiores, ésta última consistirá na instalación dun parque biosaudable. A Consellería procederá nos próximos 20 dias a adxudicación deste proxecto, que terá un orzamento de 98.000 euros, foi éste un dos anuncios que fixo o rexidor municipal amarense no transcurso da súa intervención no programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño" que se emitíu este venres desde San Amaro. Outra das actuacións inmediatas á que tamén se referíu o Alcalde foi o proxecto de aforro enerxético que se vai implantar na parroquia de Eiras, por medio dunha achega económica de 100.000 euros que aporta o INEGA, e que renovará por completo as iluminacións públicas nas localidades desta parroquia. Tamén destacou Pérez "a obra de ampliación e mellora da Casa do Concello, que logo será xa unha realidade e que nos permitirá unha notable mellora das dependencias municipais e polo tanto nos servizos que prestamos ós veciños". Xa finalmente, O Alcalde de San Amaro fixou os dous grandes obxetivos para este novo mandato municipal, que serán " a apertura do centro de interpretación da cultura castrexa de san Cibrán de Las, que espero sexa xa unha realidade durante este ano 2011, e para o resto da lexislatura espero que antes de rematala poder dotar ó municipio de San Amaro dun plan xeral de ordenación municipal".
A Crise interna desatada no BNG carballiñés tras o batacazo electoral do pasado 22 de maio motivou tensas asambleas na militancia nacionalista que forzaron a demisión do responsable do consello local, Eladino Cabanelas. Ademaís, nas últimas semanas, tamén presentaban a súa renuncia outros dous integrantes deste órgano local de dirección, Marco Antonio Reboredo e Pilar Barros, que deixaban outras dúas vacantes. As tres baixas xa foron cubertas con outras tantas altas, as de Elvira Fernández Fernández, Soidade Sobrado Lois e Xosé Manuel Codesido Souto, que se incorporan a este novo consello local, do que será o seu máximo responsable Diego González Valeiras. Continúan da anterior etapa, Victor Vázquez Gulías, Eduardo Bernárdez López, Ramiro Alberte Sánchez Francisco e Aúrea Francisco Lorenzo, a única concelleira coa que conta o BNG na Corporación Muncipal do Carballiño. O novo responsable local do BNG manifestou no acto de presentación do renovado consello local que "o pasado 22 de maio a cidadanía expresou con rotundidade que o camiño que tiña o BNG no Carballiño non era o correcto, tomamos nota e o que agora pretendemos é corrrexir erros, para desta maneira retomar a confianza que a cidadanía do Carballiño puxo sempre no Bloque". Diego González recoñeceu que "sabemos no BNG que non fumos capaces de explicar o pacto de goberno có PSOE e iso foi fundamental no resultado electoral no Carballiño, asi e todo consideramos e considerarémos sempre que o traballo desenvolvido polos catro concellais do BNG durante ese ano e medio foi excelente". De todas formas, este novo consello local agora presentado, é considerado entre os nacionalistas como "de transición", e asi o recoñeceu o propio novo responsable local "xa que no outono celebraráse a asemblea nacional do BNG e será ahí onde se marque o camiño a seguir para o futuro da nosa formación". Neste novo consello local do Carballiño hai chamativas ausencias, como poden ser as de Manuel Amil, Bernardo García ou Chema Ferreiro, agora retirados da primeira liña da política municipal e autonómica.
En menos dun ano o Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia posibilitou que preto de 2.000 veciños do Concello de San Cristovo de Cea, que carecían de acceso á Rede, teñan a posibilidade de conectarse a Internet. Isto supuxo incrementar nun 73% a porcentaxe de poboación con cobertura no ámbito xeografico deste Concello. Antes da posta en marcha do Plan tan só o 17% dos habitantes deste municipio dispoñían de acceso á Rede. Tras o despregamento de redes fixas e redes sen fíos nas distintas parroquias do Concello de Cea, a cobertura incrementouse ata máis do 90% da poboación. A previsión é que no 2013 o Concello acade de preto do 97% de cobertura a través deste tipo de redes, unha porcentaxe que chegará ata o 100% a través de satélite.
Unha das liñas de acción que o Plan desenvolve neste Concello de san Cristovo de Cea é a extensión de redes fixas, que está a realizar o operador Telefónica e que garanten unha velocidade de 6 Mbps. Para o despregamento destas infraestruturas de telecomunicación na Comunidade a Xunta concedeu a Telefónica o pasado mes de setembro unha subvención de preto de 5,3 millóns de euros, un plan que tamén abrangue a outros concellos galegos.. O operador Telefónica, tras o despregamento de redes no municipio ceano, mellorou a súa oferta na zona ofrecendo desde finais de 2010 un servizo de 10Mbps en lugar do de 6Mbps ao mesmo prezo. Ademais, os clientes dispoñen sen custe adicional dun sistema de almacenamento privado, “Terabox”, cunha capacidade de ata 100Mbps. Estas melloras forman parte dos compromisos acadados polo operador dentro do Plan de Banda Larga da Xunta.
O
A Corporación do Carballiño celebrou a primeira sesión do novo mandato municipal, tralo cámbeo político que situou ó Partido Popular no Goberno do Concello e a PSOE e BNG na oposición. Nesta sesión quedou aprobada a dedicación exclusiva que terá Argimiro Marnotes na súa condición de Alcalde e a correspondente asignación económica, que será de 40.444 euros brutos anunais, repartidos en 14 pagas, a mesma cantidade que viña cobrando nos últimos anos o seu predecesor no cargo, o socialista Carlos Montes. Aínda que a principios desta semana o grupo de goberno avanzara que a proposta sería de 51.300 euros, finalmente foi o propio Alcalde no transcurso da sesión plenaria quen recoñecia que sobre este asunto pedíu moitas opiniós nos últimos dias e "rectificar é de sabios", desta maneira Marnotes cobrará o mesmo que o anterior Alcalde. Os portavoces da oposición, Paco Fumega e Aúrea Francisco, felicitanbanse desta "marcha atrás" do Partido Popular, entendendo que "chega forzada polas críticas dos veciños e a presión exercida desde os medios de comunicación". Onde non houbo debate foi nas asigacións económicas ós 3 grupos políticos da Corporación, seguindose o mesmo baremo do anterior mandato no reparto dos 20.000 euros anuais para este capítulo, correspondendolle 10.000 o PP, 8.000 ós socialistas, e 2.000 ó BNG, distribución que se fai en base á representatividade de cada grupo no Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 715
- 716
- 717
- 718
- 719
- 720
- 721
- 722
- 723
- …
- seguinte ›
- última »