A rotura, á ultima hora da tarde do domingo, afectou á tubería principal da rede municipal de abastecemento á altura do cruce das rúas Conde Vallelano con Curros Enríquez e Rosalia de Castro. Durante aproximadamente media hora, a gran cantidade de auga que saíu á superficie convertíu á rúa Pincipal nun pequeno río, e provocou grandes desperfectos na calzada. Os traballos de reparación motivaron que tivese que cortarse o tráfico neste punto neurálxico do centro urbano do Carballiño e numerosos usuarios quedaronse sen suministro domiciliario, atá que os operarios de Aquagest lograron restablecer o servizo. Antes, arredor das catro da tarde, unha impresionante treboada descargou gran cantidade de auga sobre O Carballiño e o resto do ámbito municipal, na estación meteorolóxica do IES Manuel Chamoso Lamas recolleronse 60 litros por metro cadrado, en forma de choiva e saraiba. En apenas 20 minutos anegadas varias rúas, a auga entrou en baixos comerciais e sotos de edificios, unha problemática que afectou sobre todo os inmobles da rúa Calvo Sotelo. Coma consecuencia da tromba de auga e os fortes ventos, a maioria dos postos da feira ecolóxica "Bioterra" que se celebraba na Praza Maior optaron por retirarse. A treboada tamén enfriou o ambiente e deslucíu a Festa das Parroquias, que tiña lugar na localidade de Pol de Piteira,
O bó traballo feito no equipo xuvenil da Escola Municipal que militou na liga galega, o coñecemento do fútbol provincial e o pasado recente como xogador do propio Arenteiro, foron as claves que levaron á Xunta Directiva de Antonio Iglesias "Cadavid" a elexir a Ramón Dacosta para dirixir o novo proxecto do club, que a vindeira tempada competirá na 1ª autonómica, e cun único obxetivo, o retorno pola via rápida á categoria da Preferente. Unha vez confirmada a elección de Dacosta, será él mesmo quen inicio os contactos para a confección da plantilla, que xa conta cunha primeira incorporación, a do dianteiro centro Julio Alén, que regresa dous anos despois ó Arenteiro, despois de xogar esta última tempada no Cortegada.
No capítulo social, e tras confirmarse a continuidade do equipo que preside "Cadavid", esperase sentar as bases para un ambicioso proxecto de futuro que tería o seu destino deportivo na 3ª división, esa é a meta que Cadavid se marcou, e asi o manifestou na Asemblea de Socios, na que tamén se díu conta da situación económica da entidade, que presenta un deficit de 68.000 euros.
A candidata á Alcaldia de Boborás Eva Pardo e futura Concelleira de Move Boborás, grupo que acadou 2 concellais o pasado 22 de maio, referíuse ó candidato do Partido Popular Cipriano Caamaño como o culpable de "todas esas incidencias e toda esa tensión, él fixo esa campaña sucia que agora di que fixemos outros, él foi quen nos chamou ladróns, sobre todo nesta emisora de radio, e tamén cando tuvo cabida nos medios escritos". Máis adiante, na súa intervención radiofónica, a nº 1 de Move Boborás manifestou que "foi él quen enervou a xente e para eso tampouco lle foron ben as cousas, porque a pesar de todo tan só sacou o 51% dos votos, nós fixemos unha campaña explicando o noso programa porta a porta, e outros fixeron chamadas telefónicas advertindo das consecuencias de non votarlle ". Eva Pardo tamén asegurou que dentro de esa " campaña sucia" se fixeran "regalos porta a porta, aínda asi solo sacaron o 51%". En relación ó cheque que foi abonado a unha empresa de informática polo suministro de ordenadores, por importe de 15.000 euros, e no que tesoureiro municipal LIto González, e tamén membro de Move Boborás, denunciou no Xulgado a falsificación da súa sinatura, Eva Pardo dixo que non tiña ningunha relación persoal con esa empresa, negando calquera trato de favor na contratación que ela fixera deste suministro cando aínda exercía de 1ª tenente de Alcalde no Concello de Boborás.
O futuro Goberno do Partido Popular fará un exhaustivo estudio da situación económica e financieira do Concello do Carballiño, será unha das prioridades para o equipo de goberno que presidírá Argimiro Marnotes. Os novos gobernantes municipais do Carballiño están moi preocupados coa herdanza económica que recibirán tras 16 anos de gobernos socialistas, " é a preocupación de todo O Carballiño, non só do Partido Popular" suliñaba en declaracións a esta emisora de radio o futuro Alcalde Argimiro Marnotes, e por eso anunciaba que "unha vez que estemos dentro do Concello farémos unha análise tanto da situación económica como dos recursos humanos existentes, e poñerémolo en coñecemento de todos os veciños, tal como nos demandan, ese é o noso compromiso". Aínda que Marnotes non aclarou na súa intervención radiofónica si entre esas posibles medidas estará a contratación dunha auditoria de contas, a opinión maioritaria entre os integrantes do futuro goberno do Concello é que se proceda a auditar as contas municipais dos últimos anos, e que se encargue esa auditoria a unha empresa especializada. Outras dúas medidas que serán prioritarias para o Partido Popular e polo tanto acometerá nos primeiros meses do novo mandato municipal, serán o reingreso do Carballiño na Mancomunidade Comarcal de Concellos e reformular a xestión da recollida do lixo, un servizo que o Partido Popular quere mellorar, e para conseguilo consideran que a fórmula máis axeitada pasaría por ceder a xestión deste servizo á Deputación de Ourense, que xa se encarga da recollida nos concellos mancomunados.
A victoria blaugrana no Wembley Stadium desatou a euforia dos seguidores carballiñeses, concentrados no entorno do santuario culé, a "Casa Piruxo", ónde a empanada galega e o cava catalán fixeron unha perfecta maridaxe para celebrar un novo éxito do Barça. Nada máis rematar o partido que deu os culés a cuarta Copa de Europa, centos de afeccionados sairon ás ruas do Carballiño, unha boa parte deles deronse cita na sede da Peña Barcelonista liderados polo "mítico Pituxo", que repartiu abrazos e saúdos entre numerosos amigos. Un espectáculo de fogos artificiais e clásicos cánticos como os de "boti, boti, madridista el que no boti" resoaron na noite carballiñesa. A anécdota da celebración, que transcurríu sen incidentes, foi a chamada da atención dunha patrulla da Policia Local a unhos afeccionados que se dispoñían a pintar coas coores azul e grana o paso de peóns, sen embargo pouco efectiva foi a advertencia, xa que momentos despois da retirada da dotación policial, proseguiron coa súa idea, e finalmente, materializaron o seu obxetivo no medio dos aplausos da concurrencia.
Pasaron as eleccións municipais pero este feito non parece que rebaixe a tensión política no Concello de Boborás, alomenos tras unhas novas manifestacións do gañador desta xornada electoral do pasado domingo, o Candidato do PP e reelexido Alcalde de Boborás, Cirpriano Caamaño, que volvía referirse ós seus opoñentes políticos de MOVE BOBORÁS afirmando que "teño a conciencia moi tranquila e dígolle a todos os veciños que non fagan puto caso a estos enfurecidos e desorientados que andan polo Concello adiante contando mentiras, e que tiñan como punto principal no programa chimpar ó Alcalde". Caamaño lamentou que "no momento das eleccións proxectaran unha mala imaxe do Concello de Boborás, con mentiras, con comportamentos xenófobos, de odio, e de tratar mal á xente". O rexidor municipal, que calificou a pasada campaña electoral como "a máis sucia" da hsitoria de Boborás, tamén se referíu na súa interveción a través desta emisora de radio á denuncia xudicial presentada polo tesoreiro municpal e promotor de MOVE BOBORÄS Lito González Trigás, por unha presunta falsificación da súa sinatura nun cheque. Cipriano Caamaño dixo que será o propio tesoureiro quen deberá aclarar todo este asunto, "esos 15 mil euros que se pagaron con ese cheque, quen fixo o encargo e o contacto coa empresa que fixo ese suministro foi Eva, e eu xiquera sei si "esa empresa son ou non son amigos dela". O Alcalde afirmou que tanto a factura como o mandamento de pago que él asinou son correctos e "o único que dí o tesoureiro é que a firma non é dél".
A entrada dos IIndependentes de Pedro Ríos na Corporación Municipal de Leiro non impide unha nova maioria absoluta do Partido Popular. A Candidatura de Paco Fernández logra 5 concellais, ún menos en relación a fai catro anos. Conservan a súa represntación tanto o PSOE, con 2 concelleiros, e o BNG con ún, aínda que ambos os dous perden un siñificativo número de votos. O Partido Popular tamén conserva a maioria absoluta na Entidade Local de Berán, ónde José Maria Doval Mateo será o novo Presidente.
AIMAS non cumplíu as expectativas en Maside, quedaronse ás portas de acadar representación con 132 votos. Os Socialistas de Celso Fernández volven gañar as eleccións municpais neste Concello, ó impoñerse por 1.150 votos, por enriba dos 989 que acadou Casimiro Campo para o Paritdo Popular. Tamén especialmente apretado foi o resultado no Concello de Piñor, ónde a caída do BNG facilita a permanencia na Alcaldia de Francisco Fraga, os nacionalistas caeron atá os 88 votos, mentres que PSOE e PP quedaronse 40 votos de diferencia a favor dos socialistas, 516 fronte a 476. Finalmente, en Punxín, O PSOE perde a Alcaldia en favor dos Populares, tamén por unha moi estrreita marxe de votos, 284 fronte a 269.
En San Cristovo de Cea, Valladares amplia a súa maiora na Corporación, atá chegar ós 9 Concelleiros, que lle dan os 1.410 votos que obtivo o Partido Popular neste Concello. BNG e PSOE repartense os outros dous Concelleiros que completan a Corporación Municipal. Tamén amplias as súas maiorias absolutas os Populares en Avión e O Irixo. Antonio Montero obtivo un respaldo maioritario en Avión, que se traduce en 10 actas de Concellais, nunha Corporación na que perde a súa representación o PSOE, mentres que o BNG conserva a súa única Concelleira. En San Amaro, Ernesto Pérez tamén mellora os seus resultados en relación a fai 4 anos, e contará con 6 Concellais na futura Corporación, os outros 3 son para os socialistas. Curiosamente, o Partido Popular, que obtivo 8 concellais en Beariz, vé como por vez primeira nos últimos anos o Concello gobernado polo Alcalde Manuel Prado terá oposición, ó entrar por vez primeira na Corporación Bearicense o Bloque Nacionalista Galego, Pilar Barros será a súa representante.
Una campaña electoral plagada de denuncias entre O Candidato do Partido Popular e o resto das Candidaturas que se presentaban a estas eleccións municipais no Concello de Boborás, culminou coa victoria electoral de Cipriano Caamaño, que conserva a maiora absoluta con 6 concellais, ún menos en relación as eleccións de 2007. Entra na futura Corporación MOVE BOBORÁS, con 2 Concellais, conserva os 2 o BNG e perde ún Concelleiro o PSOE, que se queda cun único representate. O Partido Popular acada 954 votos, MOVE BOBORÄS obtén 338, o BNG 305, e fnalmente, o PSOE 230.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 716
- 717
- 718
- 719
- 720
- 721
- 722
- 723
- 724
- …
- seguinte ›
- última »