El Ministerio de Fomento ha adjudicado los contratos de servicios para la redacción de los proyectos básicos de los tramos O Irixo-Cerdedo y Cerdedo-Barro, pertenecientes a la Línea de Alta Velocidad de Vigo. El presupuesto conjunto de estas adjudicaciones, publicadas hoy en el Boletín Oficial del Estado, asciende a más de dos millones de euros. Se cumple así el compromiso adquirido por el ministro de Fomento, José Blanco, en su reciente visita a Vigo en relación a la formalización de estos contratos. Estas adjudicaciones se suman a la del proyecto básico del tramo O Carballiño-O Irixo, aprobada por Fomento el mes pasado. Así, toda la línea de alta velocidad Ourense-Vigo se encuentra ya en fase de proyecto.
La línea Ourense-Vigo parte de la conexión con la Línea de Alta Velocidad Ourense-Santiago en el término municipal de O Carballiño y finaliza en la conexión con el Eje Atlántico de Alta Velocidad al norte de Pontevedra.
Los tres subtramos en los que se ha dividido la línea tienen una longitud conjunta de más de 54 kilómetros y se caracterizan fundamentalmente por la complicada orografía, que prevé gran parte del recorrido en túneles o viaductos. Se diseñará una plataforma para doble vía electrificada de alta velocidad ferroviaria, considerando además que la ejecución de las obras minimice las afecciones a las circulaciones existentes.
Los proyectos básicos, necesarios para la construcción de la línea, definirán, junto con el diseño de la plataforma del tramo, la vía, electrificación e instalaciones de seguridad y comunicaciones.
Además, será objeto de estos contratos la realización de un análisis global para toda la línea que permita determinar la demanda de viajeros y las subestaciones y acometidas eléctricas en alta tensión.
Proyectos básicos adjudicados hoy
O Irixo-Cerdedo
Fomento ha adjudicado a la UTE formada por las empresas Geoconsult, S.A. y GPO,S.A. la redacción del proyecto básico del tramo O Irixo-Cerdedo. El presupuesto es de 863.087,4 euros.
El trazado, de 18,5 kilómetros de longitud, discurrirá en su práctica totalidad en túnel.
Cerdedo-Barro
Se ha adjudicado a la UTE formada por las empresas GOC, S.A. y Calter Ing., S.L. con un presupuesto de 1.161.828 euros. Este tramo tiene 25,4 kilómetros de longitud.
De completo éxito, asi foi calificado tanto polos responsables municipais como polos representantes das inmobiliarias e promotoras, o resultado da campaña "Vive O Carballiño, vive no Carballiño", que se desenvolveu o ano pasado e que conseguíu vender un total de 140 pisos, ainda que dos seus compradores, 37 quedaronse fora do sorteo de 6.000 euros, o non poder escriturar as súas propiedades antes da celebración do citado sorteo, do que resultou premiado Juan Carlos Rodríguez González. Os números dados a coñecer polos promotores da campaña veñen, ademáis, de ser corraborados polo Ministerio da Vivenda, xa que según os datos relativos as transacións de vivendas no municipio do Carballiño durante os primeiros nove meses de 2010, o número total ascendeu a 201, aínda que nesta cifra tamèn se recollen as transacións das vivendas de segunda man. Este dato representa un 63,61 % de aumento en relación ó mesmo periodo de 2009. Antonio Nogueira e Diego Bernárdez, en representación das 15 inmobiliarias e constructoras participantes nesta campaña promocional, manifestaron a satisfación tanto polas vendas acadadas como pola unión acadada no sector "o que nos anima a futuras iniciativas". Na actualidade, unhos 500 esperan aínda comprador na vila do Carballiño.
Dous goles de Kennedy, ún en cada parte e o primeiro de penalti, deron o Arenteiro a quinta victoria no que vai de liga, ante unha U.D. Atios que se víu superada na maior parte do partido polo equipo de Francisco Romero, que na recta final do encontro tivo varias oportunidades para ampliar o marcador. Dous penaltis, ún en cada área, ámbos en xogadas sen aparente perigo dos atacantes, levaron o 1-1 ó marcador. Kennedy transformou a pena máxima aínda na primeira parte, e xa na reaunudación, empataba tamén desde os 11 metros o Atios. Sería novamente Kennedy quen desnivelaría o partido a favor do Arenteiro, a un cuarto para o final, ó cabecear maxistralmente un balón que se foi o fondo da portería porriñense. Resultado xusto polas ocasións de gol creadas por unhos e por outros. A próxima cita o vindeiro domingo no Miguel Anxo Cortizo ante o líder da categoria, o Lalín, unha victoria do Arenteiro abriría as portas á esperanza.
O Concello de Boborás suspenderá este ano a organización institucional da festa do antroido, renunciando á celebración das distintas actividades que se viñan promovendo desde a institución municipal, como a contratación dunha orquestra, concursos, asi como as subvencións que se concedian ás comparsas e grupos que acudian a Boborás o domingo de antroido, un capítulo no que o Concello viña gastando cada ano arredor dos 10.000 euros. En declaracións ó programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño", o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "quen queira fuxir para adiante a base de bailes e mascaradas, alá eles". Caamaño razonou que "non se pode gastar en festas cando hai familias que teñen necesidades básicas que compre atender", e explicou que nesta situación de crise económica pola que estamos atravesando "hai que priorizar gastos, e este Alcalde entende que é moito máis importante axudar ás persoas maiores, os nenos, manter servizos como o Punto de Atención á Infancia, ou o xantar sobre rodas e a asistencia á domicilio". Desta maneira, o Concello de Boborás suprime os actos que se celebraban durante a festa do antroido "dentro desta política de austeridade, e tendo en conta os grandes recortes nas aportacións do Estado ás adiminstracións locais". Finalmente, Caamaño aclaraba que "O Concello de Boborás invitará a toda a veciñanza a manter esta festa do antroido, como expresión da nosa cultura popular".
Un grupo de veciños de Maside traballa na presentación dunha candidatura independente, coa intención de concurrir ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Entre os promotores da candidatura atópase Gustavo Alvarez Pérez, e con él un grupo de persoas que fai 4 anos apoiaron a Celso Fernández, o actúal Alcalde do PSOE. Agora, entenden que non se cumpliron as expectativas polas que apostaron daquéla e por eso -declarou Alvarez a esta emisora de radio- "decidimos crear unha candidatura independente, porque estamos nas mesmas de sempre, aquí en Maside non se fixo nada do que se prometeu, e desta maneira Maside non tira". Gustavo Alvarez Pérez xa tén unha coñecida traxectoria política, e aínda que nas eleccións de 2007 apoiara o PSOE, xa en 1991 encabezara a candidatura do PP en Maside, e obtivera daquéla 4 concelleiros, que sumados os 5 de Centristas deran a Alcaldia de Maside a Benigno Alvarez. Incluso, durante 4 anos, Gustavo Alvarez fora deputado provincial do PP pola Comarca do Carballiño, e exercera a responsabilidade como Deputado de Cultura na entidade provincial.
O accidente tivo lugar ás 12,30 do mediodia nunha finca, no lugar de O Pazo, na carballiñesa parroquia de Madarnás. O tractor co que traballaba Domingo Barja Fernández., de 55 anos de idade, envorcou. A victima quedou atrapada debaixo do vehículo e faleceu no mesmo lugar do sinistro. Era veciño desta mesma parroquia de Madarnás, no Concello do Carballiño.
A Parroquia do Carballiño está aínda pendiente de algunas facturas para completar a avaliación económica dos danos causados por esta avería, aínda que polas estimacións feitas calcúlase que "serán entre 13 e 14 mil euros euros o que coste reparar os danos provocados", según confirmou o Párroco Xosè Benito Sieiro. Tamén manifestou o responsable da Parroquia que os técnicos certificaron que a avería fora provocada polas obras no exterior da Veracruz. Desde que se producíu esta incidencia aínda non pudo recuperarse o funcionamento da calefacción "e non poderá facerse aínda por unhos dias xa que os danos son cuantiosos", ademáis tamén quedou inutilizado todo o sistema eléctrico da Igrexa, o reloxio e as alarmas. A asesoría xuridica da Parroquia prepara unha denuncia para reclamar a contía económica dos danos causados. Precisamente, coíncidindo con esta incidencia, a empresa adxudicataria do proxecto de construcción da praza na contorna da Veracruz ven de abandonar a obra, ó parecer xa de maneira definitiva. Na reunión que a finais do pasado mes de decembro mantiñan os responsables municipais có Conselleiro Agustín Hernández, éste comprometerase a que a Xunta negociaría coa empresa para que rematase a construcción dos viais e continuase os traballos fora dos muros do recinto do bispado, mentres non se chegase o consenso social para darlle contiuidade o resto do proxecto. Agora, e cos viais aínda sen rematar, como demandaban as autoridades municipais, a empresa retirou esta semana os operarios que mantiña traballando nesta obra.
Os rumores, cada vez máis extendidos, apuntan a algún Concello da Comarca do Carballiño para a ubicación da futura Sogama-2, a planta que tratará o lixo do sur de Galicia, das provincias de Pontevedra e Ourense. A oposición social que o proxecto suscita no Ribeiro, e as continuas manifesacións de algunhos políticos, entre eles o Presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar, que descartan ó Ribeiro, aumentan as posiblidades para que esta infraestructura se sitúe na comarca carballiñesa, xa que no Plan xeral de resíduos urbanos de Galicia indícase que "o lugar axeitado para a ubicación da planta sería algún concello limítrofe entre as provincias de Ourense e Pontevedra no eixo da A-52". A futura planta construiràse cun orzamento de 250 millóns de euros, que en gran parte procederian da empresa privada, xa que a a adxudicataría do proxecto será a empresa "Estela Eólica", unha das concesionarias do recente concurso eólico.
O BNG presentará no pleno que celebrará este vindeiro xoves a Corporación do Carballiño unha moción na que se pide un pronunciamento intitucional do Concello no que "se manifeste o rexeitamento á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos urbanos do sur de Galiza na Comarca do Carballiño e limítrofes, xa que este tratamento dos residuos afecta de xeito prexudicial e irreversibel ao noso medio ambiente e á saúde das persoas". En declaracións a "Cope O Carballiño", o concelleiro de medio ambiente, Bernardo García, decía que "falan da creación de 500 postos de traballo, pero non se pode xustificar a creación de traballo a calquera prezo, se esto fora para adiante, xa nos podemos ir olvidando do turísmo e da promoción dos balnearios". O Concelleiro do BNG insistiu en que este proxecto "é altamente contaminante" e no seu lugar, aposta "pola reciclaxe, en vez da incineración que representa o modelo de SOGAMA, criticado non só desde o ámbito político, senón tamen desde o cientfico e o ecoloxista"
Comezou ben o Arenteiro nesta visita ó campo de Burgáns, controlando o xogo durante os primeiros minutos, e incluso se adiantaba no marcador cun gol de Lamín, atá que os despistes defensivos e do porteiro Pedro servianlle ó Cambados para darlle a vota ó marcador en apenas un cuarto de hora. O empate, o executar unha falta lateral que roza un dianteiro do Cambados e o balón vaise ó fondo da portería, e o 2-1 nun contragolpe que colle a contrapé a defensa carballiñesa e no que tamén pudo facer algo máis o meta carballiñés. Marcos e Martín, éste último de cabeza, desaprobeitarían a oportunidade de empatar o partido. Tralo descanso, e na primeira aproximación a portería do Cambados chegaba o terceiro gol local. Xa en pleno desconcerto do Arenteiro caía o cuarto, nunha bonita combinación da dianteira do Cambados, que estivo moi efectiva durante toda a tarde. Xa na recta final do partido o Arenteiro maquillaba o marcador có segundo gol, obra de Pereiro. Como noutros partidos anteriores, as carencias defensivas e as pérdidas de balón no medio do campo volven condenar ó Arenteiro a una nova derrota.
Maria del Carmen Cives Martinez tomará posesión como nova Concelleira da Corporación Municipal de Boborás, o seu esposo, o Alcalde Cipriano José Caamaño Castro, convocou para este venres dia 28 de xaneiro ás 9 da mañá, o pleno extraordinario no que a súa esposa tomará posesión como Concelleira do grupo municipal do Partido Popular. Maria del Carmen Cives sustituirá na corporación bobarense a outra muller, a que fora 1ª Tenente de Alcalde Eva Pardo, que no pasado mes de novembro de 2010 presentara a súa demisión, alegando motivos personais. A seguinte na lista do PP nas municipais de 2007 renunciou a tomar posesión, polo que correspondía facélo a Cives Martiínez, que sí aceptou. Asi que desde esta semana, daráse esta singular circustancia na vida política da nosa comarca: o matrimonio Caamaño-Cives forma parte da mesma Corporación Municipal, neste caso do Concello de Boborás.
O outro punto da orden do dia desta convocatoria plenaria extraordinaria será a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Boborás, para remitir o documento novamente á Xunta de Galicia, e asi dar continuidade a súa tramitación con vistas a súa aprobación definitiva.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 721
- 722
- 723
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- …
- seguinte ›
- última »