Rodeada dunha gran expectación mediática, a visita dos inspectores da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia resultou infructuosa, xa que igual que acontecera unhas semanas atrás, cando realizaron a primeira visita, os inpectores non puideron acceder ó interior da propiedade, xa que ninguén respondeu as sucesivas chamadas que fixeron ás portas, polo que tras unha espera de 20 minutos, optaron por abandoar o lugar, sen poder desenvolver o seu traballo. A investigación sobre o pazo de Pachi Vázquez, enclavado na localidade de Montes, no Concello de San Amaro, obedece ó expediente aberta pola inspección urbaanistica, despois de saltar á opinión pública diversas irregularidades tanto urbanísticas como fiscais que o Ex-Alcalde do Carballiño e actúal Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, tería cometido en relación ás obras feitas desde o ano 2006 na súa propiedade, que ocupa unha parcela de varias hectáreas, con varias construccións, piscina, e instalacións hípicas.
Pachi Vázquez afirmou sentirse acosado e xustificou que "a investigación non ten base legal", ademáis anunciou que acudirá a via xudicial, querelandose contra o Concello de San Amaro e a Xunta. Mentres, desde o Partido Popular, preguntanse qué ten que esconder o dirixente socialista para non abrir as portas da súa propedade e non deixar entrar na mesma ós Inspectores de Urbanismo.
A boa sorte do líder e a mala estrela do vicecolista puxeronse de manifesto no partido que C.D.Lalín e C.D. Arenteiro desputaron no patacal do Manuel Anxo Cortizo, ante unhas 250 persoas, a maioria desplazadas desde O Carballiño. A boa sorte do líder, que tirou tres veces a porteria en todo o partido e marcou dous goles, o primeiro deles nunha xogada embarullada na área carballiñesa, e o segundo en apenas 5 minutos, cando o Arenteiro trataba de repoñerse despois do mazazo do gol dezano. A mala estrela do vicecolista, que durante toda a primeira parte non só tuteou ó lider da categoria, senón que tivo varias chegadas con perigo á porteira lalinense. O signo do partido pudo cambear se o árbitro pitase un penalty sobre Kennedy cando estaba a punto de rematar a primeira parte, aínda có 0-0 no marcador. Marcone marcaría o gol do Arenteiro cando xa era tarde para a reacción, xa que se xogaba o último minuto dun partido que o Lalín gañou sen facer moito más có Arenteiro, e no que debutaron os dous novos xogadores brasileiros chegados esta semana, ún deles, o central Marcone, foi o mellor dos verdes neste partido.
O Arenteiro espera poder hoxe tramitar as fichas federativas de dúas novas incorporacións, ás que Francisco Romero deu o visto bó, tralo adestramento do pasado xoves. Trátase de dous xogadores brasileiros que proceden da da 2ª B portuguesa, aínda que ún deles chegara incluso a debutar na 1ª división brasileira, é o caso do defensa central Costa Damasceno, de 24 anos. "Marcone" é o seu nome futbolístico. Tamén se incorpora á disciplina do Arenteiro o lateral de 22 anos Abner Dasilva. Ambos poderían xa debutar este próximo domingo no partido do Arenteiro ante o lider C.D.Lalín, no Miguel Anxo Cortizo. Con ambas fichaxes, a Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" sigue facendo un esforzo económico, e pensando en que a salvación aínda é posible.
Dende o Partido Popular do Carballiño, tense posto de manifesto en varias ocasións que a finca da Labandeira,sobre a que se está a construir o Museo do Papel recuperando unha edificiación xa utilizada como fábrica de papel no seu día, prantexaba moitas dúbidas sobre a titularidade do Concello e sobre as condicións de parcela edificable polo seu tamaño. O Concello do Carballiño, asinara sendo alcalde Pachi Vázquez, un documento de compravenda no ano 2001. Este documento sempre se dixo que era “raquítico” administrativamente, para ser feito por unha administración que pretende facerse con patrimonio e por un importe de 90.000 €, e que nunca se rexistrou por non poder ser segregada ao non ter condición de parcela mínima en rústico, pola mesma razón que tampouco se pudo poñer a disposición da Xunta aínda que sendo Conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vazquez, púxose a disposición da súa Consellería para o inicio das obras.
Xa coas obras escomenzadas, os lexítimos donos rexistrais da finca que afecta tanto á labandeira como á Pena dos Namorados, entran en Fase Concursal de bens, sendo estes parte dos seus bens afectados e que poden responder da súa débeda ante varios acreedores.
As propiedades en cuestión atópanse rexistradas sen cargas e sen anotacións que diran pé a pensar que fosen doutro dono.
Recentemente, o xuzgado que leva o asunto do trámite concursal, e logo incluso de que o Concello se persoara para defender estos bens como propios, falla decindo que os mesmos son propiedade da familia Otero e que se entende que os 90.000 euros xa pagados a eles polo concello, non son suficientes por non terse cumprido a totalidade dos acordos tomados no seu día, referíndose a que non se rematou coa aprobación do planeamento necesario para desnvolver urbanísticamente o resto da finca, sobre a que os propios donos xa estaban a facer vendas de futuras parcelas para a construcción de vivendas unifamiliares. Di tamén o Xuiz que o Concello pasa a ser un acreedor máis no propio proceso concursal por importe de 90.000 €, tendo que polo tanto, esperar o seu turno xunto cos demás acreedores para poder cobrar, afirma o Partido Popular.
Todo este proceso se xestionou mal dende o principio, pois nin é un contrato digno dunha administración o que se fixo, nin se pode esperar máis de 10 anos a rexistrar esta propiedade, nin se pode deixar de rematar cos compromisos durante tanto tempo, e tampouco agora é de recibo, que non se dé unha información exaustiva sobre este asunto, nin ao grupo da oposición nin a os veciños e veciñas do Carballiño.
Con todo esto, a Xunta de Galicia, está a envestir unha importante cantidade de cartos, sobre esta finca posta a disposición dende o Concello a favor da Xunta, polo que, se pode asegurar que as obras se están a facer en finca de titularidade privada, tendo serias dúbidas de que dende o Concello se lle teña informado á Xunta sobre esta cuestión, pois a obra será moi complicado por non dicir imposible o poder entregarlla ao Concello.
Débese recordar tamén que sobre a Pena do Namorados tense feito unha obra de recuperación paisaxsitica por medio dun Obradorio de Emprego, e que por lóxica agora pertenecerán aos donos da finca.
Xa estamos no fin do mandato do actual goberno municipal, e casi non vale a pena pedir a demisión dun alcalde que se está marchando, aínda que a súa dimisión sería un feito que lle dignificaría políticamente, pois a cuestión é sumamente importante, mais cando as costas xa acumuladas polo proceso xudicial e sobre as que o Concello ten que facer frente ascenden a 100.000 €, engade o Partido Popular.
Sobre este fallo, pouco se pode facer para conquerir que esta propiedade sexa do Concello, a non ser por medio dunha negociación na que teríamos que participar todos os grupos políticos cos seus portavoces e cos novos candidatos ao frente e sentarnos cos representantes dos lexítimos donos da finca labandeira e Pena dos Namorados, pois calqueira recurso que se presente ante a xusticia, neste caso, e imposible gañalo e solo conseguiríamos retrasar o asunto seis meses e incrementar alomenons nun 60% o importe das costas.
Dende o Partido Popular do Carballiño solicítase que se den todas as esplicacións que se teñan que dar, e que non se oculte algo tan importante para o Carballiño.
El Ministerio de Fomento ha adjudicado los contratos de servicios para la redacción de los proyectos básicos de los tramos O Irixo-Cerdedo y Cerdedo-Barro, pertenecientes a la Línea de Alta Velocidad de Vigo. El presupuesto conjunto de estas adjudicaciones, publicadas hoy en el Boletín Oficial del Estado, asciende a más de dos millones de euros. Se cumple así el compromiso adquirido por el ministro de Fomento, José Blanco, en su reciente visita a Vigo en relación a la formalización de estos contratos. Estas adjudicaciones se suman a la del proyecto básico del tramo O Carballiño-O Irixo, aprobada por Fomento el mes pasado. Así, toda la línea de alta velocidad Ourense-Vigo se encuentra ya en fase de proyecto.
La línea Ourense-Vigo parte de la conexión con la Línea de Alta Velocidad Ourense-Santiago en el término municipal de O Carballiño y finaliza en la conexión con el Eje Atlántico de Alta Velocidad al norte de Pontevedra.
Los tres subtramos en los que se ha dividido la línea tienen una longitud conjunta de más de 54 kilómetros y se caracterizan fundamentalmente por la complicada orografía, que prevé gran parte del recorrido en túneles o viaductos. Se diseñará una plataforma para doble vía electrificada de alta velocidad ferroviaria, considerando además que la ejecución de las obras minimice las afecciones a las circulaciones existentes.
Los proyectos básicos, necesarios para la construcción de la línea, definirán, junto con el diseño de la plataforma del tramo, la vía, electrificación e instalaciones de seguridad y comunicaciones.
Además, será objeto de estos contratos la realización de un análisis global para toda la línea que permita determinar la demanda de viajeros y las subestaciones y acometidas eléctricas en alta tensión.
Proyectos básicos adjudicados hoy
O Irixo-Cerdedo
Fomento ha adjudicado a la UTE formada por las empresas Geoconsult, S.A. y GPO,S.A. la redacción del proyecto básico del tramo O Irixo-Cerdedo. El presupuesto es de 863.087,4 euros.
El trazado, de 18,5 kilómetros de longitud, discurrirá en su práctica totalidad en túnel.
Cerdedo-Barro
Se ha adjudicado a la UTE formada por las empresas GOC, S.A. y Calter Ing., S.L. con un presupuesto de 1.161.828 euros. Este tramo tiene 25,4 kilómetros de longitud.
De completo éxito, asi foi calificado tanto polos responsables municipais como polos representantes das inmobiliarias e promotoras, o resultado da campaña "Vive O Carballiño, vive no Carballiño", que se desenvolveu o ano pasado e que conseguíu vender un total de 140 pisos, ainda que dos seus compradores, 37 quedaronse fora do sorteo de 6.000 euros, o non poder escriturar as súas propiedades antes da celebración do citado sorteo, do que resultou premiado Juan Carlos Rodríguez González. Os números dados a coñecer polos promotores da campaña veñen, ademáis, de ser corraborados polo Ministerio da Vivenda, xa que según os datos relativos as transacións de vivendas no municipio do Carballiño durante os primeiros nove meses de 2010, o número total ascendeu a 201, aínda que nesta cifra tamèn se recollen as transacións das vivendas de segunda man. Este dato representa un 63,61 % de aumento en relación ó mesmo periodo de 2009. Antonio Nogueira e Diego Bernárdez, en representación das 15 inmobiliarias e constructoras participantes nesta campaña promocional, manifestaron a satisfación tanto polas vendas acadadas como pola unión acadada no sector "o que nos anima a futuras iniciativas". Na actualidade, unhos 500 esperan aínda comprador na vila do Carballiño.
Dous goles de Kennedy, ún en cada parte e o primeiro de penalti, deron o Arenteiro a quinta victoria no que vai de liga, ante unha U.D. Atios que se víu superada na maior parte do partido polo equipo de Francisco Romero, que na recta final do encontro tivo varias oportunidades para ampliar o marcador. Dous penaltis, ún en cada área, ámbos en xogadas sen aparente perigo dos atacantes, levaron o 1-1 ó marcador. Kennedy transformou a pena máxima aínda na primeira parte, e xa na reaunudación, empataba tamén desde os 11 metros o Atios. Sería novamente Kennedy quen desnivelaría o partido a favor do Arenteiro, a un cuarto para o final, ó cabecear maxistralmente un balón que se foi o fondo da portería porriñense. Resultado xusto polas ocasións de gol creadas por unhos e por outros. A próxima cita o vindeiro domingo no Miguel Anxo Cortizo ante o líder da categoria, o Lalín, unha victoria do Arenteiro abriría as portas á esperanza.
O Concello de Boborás suspenderá este ano a organización institucional da festa do antroido, renunciando á celebración das distintas actividades que se viñan promovendo desde a institución municipal, como a contratación dunha orquestra, concursos, asi como as subvencións que se concedian ás comparsas e grupos que acudian a Boborás o domingo de antroido, un capítulo no que o Concello viña gastando cada ano arredor dos 10.000 euros. En declaracións ó programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño", o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "quen queira fuxir para adiante a base de bailes e mascaradas, alá eles". Caamaño razonou que "non se pode gastar en festas cando hai familias que teñen necesidades básicas que compre atender", e explicou que nesta situación de crise económica pola que estamos atravesando "hai que priorizar gastos, e este Alcalde entende que é moito máis importante axudar ás persoas maiores, os nenos, manter servizos como o Punto de Atención á Infancia, ou o xantar sobre rodas e a asistencia á domicilio". Desta maneira, o Concello de Boborás suprime os actos que se celebraban durante a festa do antroido "dentro desta política de austeridade, e tendo en conta os grandes recortes nas aportacións do Estado ás adiminstracións locais". Finalmente, Caamaño aclaraba que "O Concello de Boborás invitará a toda a veciñanza a manter esta festa do antroido, como expresión da nosa cultura popular".
Un grupo de veciños de Maside traballa na presentación dunha candidatura independente, coa intención de concurrir ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Entre os promotores da candidatura atópase Gustavo Alvarez Pérez, e con él un grupo de persoas que fai 4 anos apoiaron a Celso Fernández, o actúal Alcalde do PSOE. Agora, entenden que non se cumpliron as expectativas polas que apostaron daquéla e por eso -declarou Alvarez a esta emisora de radio- "decidimos crear unha candidatura independente, porque estamos nas mesmas de sempre, aquí en Maside non se fixo nada do que se prometeu, e desta maneira Maside non tira". Gustavo Alvarez Pérez xa tén unha coñecida traxectoria política, e aínda que nas eleccións de 2007 apoiara o PSOE, xa en 1991 encabezara a candidatura do PP en Maside, e obtivera daquéla 4 concelleiros, que sumados os 5 de Centristas deran a Alcaldia de Maside a Benigno Alvarez. Incluso, durante 4 anos, Gustavo Alvarez fora deputado provincial do PP pola Comarca do Carballiño, e exercera a responsabilidade como Deputado de Cultura na entidade provincial.
O accidente tivo lugar ás 12,30 do mediodia nunha finca, no lugar de O Pazo, na carballiñesa parroquia de Madarnás. O tractor co que traballaba Domingo Barja Fernández., de 55 anos de idade, envorcou. A victima quedou atrapada debaixo do vehículo e faleceu no mesmo lugar do sinistro. Era veciño desta mesma parroquia de Madarnás, no Concello do Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 722
- 723
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- 730
- …
- seguinte ›
- última »