10, Xaneiro 2011

O Centro de Servizos Sociais Alvetus de Avión incluirá, entre as súas prestacións, unha nova modalidade "as estadías nocturnas", que convertirá novamente ó Concello de Avión en pioneiro na creación de novas fórmulas de servizos , como xa o foi no seu dia coa lavandería social, o comedor e o xantar sobre rodas ou o transporte adaptado. O Pleno da Corporación Municipal ven de aproba  a tariifa que deberán abonar os usuarios, mediante a creación da correspondente ordenanza fiscal, que regulará o funcionamento deste novo servizo. As "estadías nocturnas" abrirán a posibilidade ás persoas residentes no municipio que queiran pasar a noite no Centro Integral Alvetus", á inversa do que é un centro de dia, no que os usuarios pasan o dia nas intalacións municipais e regresan ós seus domicilios ó completarse o horario diurno. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, destacaba no programa "Asi son as mañás de Cope" que coa implantación destas estadias nocturnas,  O Concello avionense  sigue apostando decididamente polos servizos sociais "os veciños que o desexen e cumplan os requisitos poderán benefiarse destas estadias nocturnas desde a tardiña atá as 10 da mañá do día seguinte, mentres que polo dia poderán seguir activos e desenvolvendo a vida cotián nos seus pobos". Montero dixo que a idea xurdíu "de escoitar á xente e as súas necesidades, xa que a dispersión poboacional e o envellecemento da mesma, leva a algunhos veciños a non sentirse cómodos nos seus domicilios cando chega a noite, sen embargo polo dia sintense a gusto no seu hábitat de sempre, foi o que nos levou a idear este novo servizo" 

6, Xaneiro 2011

As intensas choivas caídas nas últimas xornadas provocaron o desbordamento do río Arenteiro en distintos tramos, afectando a gran parte do paseo fluvial, na zona semi-urbana do Carballiño. Como pode comprobarse na foto, na zona entre  O Cornuval e Toscaña, resultaron anegados tanto o camiño como as fincas colindantes. As inundacións tamén afectaron a outras zonas, como o bañiño de Arcos, a área recreativa do Cuco ou a piscifactoria, asi como a avenida do parque municipal. O aspecto era tamén imponente na desembocadura do río Marañao, no límite dos Concellos de San Cristovo de Cea e O Carballiño, ónde varias estradas locais estiveron cortadas ó tráfico.

5, Xaneiro 2011

A Xunta xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" tén moi claro que deberán  chegar a Espiñedo futbolistas contrastados para complir o obxetivo de salvar a categoria, e con esta idea están a traballar contra reloxio, para poñer a disposición de Mindo ó menor tempo posible novas pezas para un Arenteiro que se quere seguir o ano que vén na preferente terá que gañar 12 dos 20 partidos que lle restan á competición, para deste maneira estar a salvo tanto dos postos directos de descenso directo como dos posibles arrastres. A marxe de erro para a segunda volta é bastante limitado e por eso os novos rectores do club saben que teñen que acertar coas fichaxes e buscar eses novos xogadores, que unidos ó grupo xa existente, deberán loitar para ir remontando postos na táboa de clasificación. Asi que ás últimas incorporacións que xa vimos en Espiñedo no partido contra o Verín, como foron o meta portugués Pedro Velho e o mediocampista marroquino Munir, poderían unirse de forma inminente novos futbolistas, que xa este pasado martes tomaron parte no primeiro adestramento da semana e con bastantes boas sensacións, trátase de futbolistas que proceden de equipos da 3ª división andaluza e asturiana, e da 2ª división portuguesa. Ademáis, o Presidente da Xestora mantiña esta semana contactos na Coruña para traer Ó Carballiño "un xogador relevante". Xa está tamén confirmado o regreso ó Arenteiro de Takón, que xa militou no club durante as últimas temporadas. En canto a nova cúpula directiva, acompañan a Cadavid, Antonio Nogueira, Maximino González e Toni Mateo, axudados polo resto da anterior directiva.

 

4, Xaneiro 2011

A asociación ecoloxista "Matar por matar non" considera que este proxecto é "contaminante e pestilente e toda a vila de Maside está no radio de acción das súas consecuencias perniciosas", polo que invita á veciñanza de Maside a presentar alegacións para non permitir a instalación de estas plantas "ás que traerán os lodos fecais de toda a provincia". As advertencias ecoloxistas coinciden coa apertura do  prazo de 20 dias hábiles para a presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra este proxecto, a contar desde o dia 5 de xaneiro, data posterior á publicación do Edicto do Concello de Maside no BOP, no que se da conta da petición de licenza promovida pola UTE Sercoysa-Tesagua para a instalación de 2 plantas"depuradoras nodrizas para augas residuais", no lugar coñecido como "As Varandillas", na estrada da Estación de Maside. A infraestructura está financiada pola Deputación Provincial  de Ourense, dentro dun plan no que tamén están previstas outras plantas similares nas comarcas da Limia e Valdeorras. O proxecto pode examinarse na Secretaría Municipal do Concello de Maside.

28, Decembro 2010

Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".

Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están  na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.

27, Decembro 2010

A solución definitiva chegará, moi probablemente, coa redacción dun novo proxecto, que sexa de consenso municipal, será entón cando a Xunta retomará as obras no entorno da Veracruz. Foi éste o compromiso que o Conselleiro de Medio-ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, transmitíu á comitiva municipal integrada polo Alcalde Carlos Montes, O Concelleiro de Obras, Manuel Amil, e o Portavoz do Partido Popular Argimiro Marnotes. Tras esta reunión, quedou claro que atá que se chegue a ese acordo que deberá promover o propio concello, non se acometerá o proxecto para o acondicionamento deste praza. O Conselleiro reiterou que desde a adminstración autonómica sempre se actuou desde a colaboración e o diálogo, e recordou como o pasado 14 de setembro a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas xa se desplazarara atá O Carballiño para atender as reclamacións dos gobernantes municipais. Tamén lembrou Hernández que o proxecto que se estaba a executar foi aprobado polo Concello, previo informe favorable da comisión territorial de patrimonio. Trala reunión có Conselleiro, os 3 portavoces dos grupos políticos carballiñeses que se desplazaron atá Santiago, xantaron xuntos, e acordaron seguir colaborando conxuntamente, agora, para buscar ese consenso que permita a continuidade das obras, que estaban adxudicadas en 1,1 millóns de euros.

23, Decembro 2010

A "Plataforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" volverá a convocar ós carballiñeses o vindeiro dia 30 de decembro, ás oito da tarde, de esta vez será a un acto informativo que se celebrará no Casino do Carballiño. Tratáse, asi pois, dunha nova convocatoria trala exitosa concentracón celebrada o pasado dia 8, e na que centos de carballiñeses amosaron o seu rexeitamento ó proxecto de urbanización no entorno da Veracruz, que está executando a Xunta de Galicia. Nesa reunión do vindeiro dia 30 os membos da plataforma irformarán ós asistentes das xestións promovidas durante as últimas semanas desde este colectivo e tamén as últimas novidades en relación a esta polémica. Ademáis, para ese dia xa se coñecerá o resultado da reunión que o lúns 27 van manter en Santiago o titular de medio-ambiente, territorio e infraestructuras, Agustín Hernàndez, e os representantes dos 3 grupos políticos da Corporación Carballiñesa, O Alcalde Carlos Montes, O Voceiro do Partido Popular, Argimiro Marnotes, e o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil. Éste último, en declaracións a esta emisora de radio, apelou "o espírito do nadal, que é o espírito da concordia" para chegar a unha solución de consenso, que pasaría inevitablemente "polo reformado do proxecto". Amil considera "unha boa señal" que se convocase esta reunión por parte do Conselleiro e agarda que desa reunión  regresen Ó Carballiño có compromiso "de que se vai manter o investimento previsto por parte da conselleriía para a execución deste proxecto",

20, Decembro 2010

O adxudicatario da concesión deberá satisfacerlle ó Concello do Carballiño un canon fixo anual mínimo de 10.608 euros, asi como un canon variable que virá dado pola cantidade que resulte a favor do Concello pola aplicación dunha porcentaxe que, como mínimo, será do 50% sobre o posible superavit económico que se obteña na concesión, e que deberá acreditarse a través da liquidación que o concesiorario deberá presentar no Concello. O servizo público da ORA nas rúas carballiñesas, cos prezos que xa no seu dia fixou o pleno da Corporación Municipal, prestaráse mediante expendedores de tickes ou con tratamento de tarxetas ou similar. O Adxudicatario da ORA tamén prestará o servizo municipal de guindastre, que desta maneira pasa a privatizarse no Concello do Carballiño. O Prazo para a presentación de ofertas será de 15 dias naturais, a contar desde o pasado sábado dia 18. Previsiblemente, no vindeiro mes de xaneiro de 2011 poderá reunirse a mesa de contratación, que resolverá o concurso. No BOP e na Secretaría Municipal do Concello do Carballiño poden consultarse as bases que rixen a oferta pública para esta concesión administrativa.

17, Decembro 2010

As xestións que desde fai varias semanas se estivron levando a cabo para buscar una solución á situación transitoria que vive a Directiva do C.D.Arenteiro tras a renuncia presentada polo Ex-Presidente Antonio Valiñas, parece que se confiman como fructíferas e no transcurso da semana que ven faráse pública por parte da actúal directiva a proposta que será presentada ós socios do club. A fórmula elexida será a da constitución dunha Xunta Xestora que se fará cargo de inmediato da xestión da entidade deportiva e coa entrada na mesma dun grupo de empresarios da Comarca do Carballiño relacionados có sector da construcción, con eles integraránse na nova xestora os membros da actúal Directiva. O obxetivo inmediato do novo equipo rector do club será reforzar o equipo para salvarse do descenso de categoria na preferente sur do fútbol galego, aínda que a intención inicial vai más alá e pasaría por un proxecto sólido e ambicioso para o futuro inmediato do C.D. Arenteiro.

17, Decembro 2010

O PSdeG preguntará no Parlamento  a razón pola que o pasado 7 de decembro non houbo médico de primaria no concello de Leiro. A parlamentaria María del Carmen Acuña lembra que no día laborable en medio da ponte da Constitución o Centro de Saúde de Leiro non dispuxo de ningún médico de atención primaria, pese a que habitualmente conta con dous facultativos para atender as necesidades sanitarias dese concello. Explica que a ausencia de médico durante tantos días trouxo graves molestias aos veciños, e algúns deles incrédulos ante a ausencia do médico esperaron pacientemente a que mandaran algún doutro punto, xa que eles tiñan cita. Engade que outros veciños, con máis presa, foron desprazándose para lograr ser atendidos por médicos de concellos limítrofes, aínda que os profesionais sanitarios non entendían nada porque nin sequera foron avisados e protestaban por este incremento de pacientes, xa que ben lles chegaba cos que lles correspondían ese día das súas propias cotas. Acuña salienta que o máis grave foi que en Leiro xurdiu ese día unha urxencia vital coa conseguinte desesperación do enfermo e dos seus familiares, urxencia que foi desprazada polo 061 sen valoración facultativa previa. A deputada presentou unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre como se resolveu esta situación, cantos pacientes se desprazaron e a que  puntos, e cantas urxencias e de que natureza se presentaron en Leiro ese día.  Ademais prguntará cal é a media de demanda diaria de consulta do médico de atención de primaria no centro de saúde de Leiro, e se está adaptado para a atención e acceso de minusválidos, así como se conta con aseos adaptados a este colectivo.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS